Martes, 1 Xullo de 2025

A Guarda

A Guarda ofrece, na fin de semana, visitas guiadas, música e exposicións

Como se fora preciso buscar algunha excusa para achegarse a un lugar fermoso como poucos, que é A Guarda, o Concello ofrece unha fin de semana chea de actividades para toda as idades nas que a música, as visitas guiadas e as exposicións, teñen un lugar destacado. Se a iso unímoslle unha feira de oportunidades, o plan xa está feito

A Guarda continúa coa «Música nas Prazas coa actuación «Blues do País»

O vindeiro venres día 16 de agosto a Praza de Avelino Vicente (As de Copas) acolle a segunda cita do Música nas Prazas 2019, cuarto ano desta actividade promovida dende a concellería de Cultura do Concello da Guarda e que este ano conta cun total de 3 concertos nas Prazas de San Queitano, Avelino Vicente e Os Seixiños.

A Guarda organiza unha visita guiada ás salinas romanas

O Concello da Guarda organiza, para o vindeiro sábado día 17 de agosto, unha visita guiada ás escavacións das Salinas do Seixal. Esta visita, que conta coa coordinación de Anabam, realizarase de xeito gratuíto con saída ás 10:45 h dende o Porto da Guarda e un percorrido aproximado de 2 horas empregando a senda litoral.

O Concello da Guarda pide a colaboración cidadá para respectar o patrimonio do Monte Santa Trega

O Concello da Guarda vén de pedir a colaboración cidadá para que, con motivo das Festas do monte, veciñanza e visitantes "respecten as sinalizacións que delimitan os espazos protexidos dun elemento patrimonial tan importante para a nosa vila como o é o Monte Santa Trega, evitando o uso da zona arqueolóxica para o xantar, de xeito que non se produzan agresións que provoquen danos nas estruturas".

A Guarda establece un dispositivo especial de tráfico para o ‘Día do Monte 2019’

A Concellería de Mobilidade e a Concellaría de Tráfico do Concello da Guarda, veñen de poñeren marcha un dispositivo de tráfico para o 'Día...

A Guarda entrega os últimos Premios da Educación 2019

Claudia Gómez Lomba, de 4º da ESO e Olalla Fuentefría Jareño, do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración e Finanzas, ámbalas dúas do IES A Sangriña recibiron do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, os dous últimos Premios de Educación 2019, nun acto que tivo lugar na Casa dos Alonsos, sede do concello guardés.

A Guarda incrementa o número de cursos ofertados pola Aula CeMIT

A Aula CeMIT da Guarda ven de ampliar a cantidade dos cursos ofertados cunha programación continua de actividades ao longo do ano, tanto para perfís básicos coma avanzados e para todas as idades. Curiosamente, no caso da Guarda, aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia.

A cultura urbana enche o porto da Guarda no ‘V Galifornia Beat’

A pasada fin de semana o Skate Park Atalaia do Porto da Guarda acolleu a V edición do Galifornia Beat, un evento congregou a unha gran cantidade de público cunha ampla variedade de actividades e disciplinas deportivas, conxugadas con arte urbano e outras manifestacións artísticas, o que lle da un atractivo singular e especial.

Rúa Concepción Arenal, A Guarda gaña espazos para a cidadanía e marca un cambio de modelo urbano

O Concello da Guarda estrea estes días a súa nova rúa Concepción Arenal tras as obras acometidas nos últimos meses nun proxecto cofinanciado pola Diputación de Pontevedra. Anteriormente esta rúa soportaba unha alta presión de tráfico rodado, e coa intervención acometida convertiuse nun espazo onde as guardesas e guardeses poden pasear, mercar ou tomar algo nos establecementos da zona.

A Guarda amosa a súa historia comercial e industrial nunha exposición na Casa dos Alonsos

O pasado xoves día 1 de agosto a Casa dos Alonsos acolleu a inauguración da Exposición da a Asociación ACIGU - A Guarda Centro Comercial Aberto titulada «Historia Comercial e Industrial guardesa: Dende Mediados do Século XX ata a actualidade».

O proxecto da Nova Escola Infantil da Guarda pendente do visto e prace da Consellería de Política Social

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, asistiu o xoves día 1 de agosto a unha reunión co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, para pechar de forma definitiva o proxecto de Escola Infantil Municipal, tanto dende o punto de vista técnico como económico. Na reunión estiveron presentes, tanto o arquitecto redactor do proxecto como o do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

A Guarda acolleu a terceira proba do IV Campionato Galego inclusivo

O club Deportivo Sen Amarras ven de celebrar a terceira proba náutica do IV Campionato Galego Inclusivo, disputada o pasado sábado día 27 de xullo no Porto da Guarda, enmarcada na celebración da Festa do Peixe Espada. A principal característica da proba é a integración, contando coa participaron de 12 equipos de diferentes localidades, formados por persoas con e sen discapacidade, empregando unha embarcación adaptada que pode ser patroneada de maneira fácil e sinxela.