16.2 C
Pontevedra
Xoves, 7 de Decembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaRúa Concepción Arenal, A Guarda gaña espazos para a cidadanía e marca...

    Rúa Concepción Arenal, A Guarda gaña espazos para a cidadanía e marca un cambio de modelo urbano

    O Concello da Guarda estrea estes días a súa nova rúa Concepción Arenal tras as obras acometidas nos últimos meses nun proxecto cofinanciado pola Diputación de Pontevedra.

    Anteriormente esta rúa soportaba unha alta presión de tráfico rodado, e coa intervención acometida convertiuse nun espazo onde as guardesas e guardeses poden pasear, mercar ou tomar algo nos establecementos da zona. Na actual configuración da rúa o tráfico rodado está restrinxido e toda a zona é prioritaria para os peóns.

    Esta rúa supón o pistoletazo de saída a un novo modelo de mobilidade na Guarda, que recuperará o espazo público no centro da vila para as persoas. Esta visión responde á necesidade de transformar o centro urbano nun espazo integrador, accesible e dinámico.

    O Concelleiro de Mobilidade, Modelo Urbano e Comercio e tenente de alcalde, Anxo Baz sinala a importancia deste paso “como o primeiro de moitos no camiño de transformación do centro da vila no corazón do municipio cun novo modelo pensado nas persoas”.

    O concelleiro lembra, ademais, que está máis que demostrado “que este tipo de intervencións supoñen un impulso positivo para os comercios e establecementos hostaleiros e polo tanto para un sector que é clave na economía do municipio”.

    “Miramos cara a un futuro no que o centro da Guarda sexa un lugar aberto e agradable onde as veciñas e veciños se atopen, convivan, paseen, fagan a compra, lean o xornal, tomen algo e onde acollamos ás persoas que nos visitan cada ano cun sentimento de orgullo, presumindo da nosa preciosa vila”, conclúe Anxo Baz.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.