26.8 C
Pontevedra
Mércores, 8 de Maio de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda amosa a súa historia comercial e industrial nunha exposición na...

    A Guarda amosa a súa historia comercial e industrial nunha exposición na Casa dos Alonsos

    O pasado xoves día 1 de agosto a Casa dos Alonsos acolleu a inauguración da Exposición da a Asociación ACIGU – A GUARDA Centro Comercial Aberto titulada «Historia Comercial e Industrial guardesa: Dende Mediados do Século XX ata a actualidade».

    Esta mostra, que conta cun total de 18 paneis, tenta realizar unha viaxe polos últimos 70 anos da vida comercial e industrial guardesa, a través da súa publicidade, amosando diferentes anuncios e publicidades que empregaron as empresas guardesas para dar publicidade das súas marcas e produtos, xerando un feedback entre o visitante e a exposición.

    No acto de inauguración interviron a Presidenta de Acigu CCA, Carmen María García Braga; o Presidente da Federación Gallega de Comercio, José María Seijas, o Presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jesús Castiñeira e o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, contando ademais cunha ampla representación do empresariado guardés e representantes políticos. A exposición espertou moito interese, facendo recordar a moitos dos presentes as empresas que existían tempos atrás e como eran os seus «slogans», logotipos ou «ganchos» comerciais.

    Para os maiores esta mostra permite, mediante estes anuncios, realizar unha viaxe ao pasado dos seus recordos; ás tendas da súa xuventude e a evolución destas empresas da nosa vila.

    Para os máis xoves é unha oportunidade de ver que tipo de produtos e modas había tempos atrás; así como as ferramentas que se empregaban e que arestora están fora de uso ou substituídas por novas tecnoloxías. Naqueles tempos existían números de teléfono con 2 e 3 díxitos, se empregaban direccións telegráficas, telex, así como o xeito de promocionarse, antigamente se realizaba en impresión, na actualidade a través das redes sociais. Tamén se pode apreciar a denominación das rúas noutros tempos e a relación existente xa naquela época con outras áreas, como pode ser Vigo ou o norte de Portugal.

    Nesta mostra non se pretende valorar a presenza das marcas ou empresas; senón a evolución que tivo a nosa localidade co seu tecido comercial e industrial; así como a gran cantidade e a calidade de grandes emprendedores locais.

    Esta exposición estará na Casa dos Alonsos da Guarda en horario de 8:00h a 15:00h ata o vindeiro 16 de agosto.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.