Xoves, 17 Xullo de 2025

Baiona presenta as actividades de verán baixo o programa “Baiverán 2023”

0

Baiona prepara un amplo programa de actividades para este verán. Hoxe dá comezo o programa cultural Baiverán 2023 promovido polo Concello de Baiona. Ao longo de catro meses programouse máis dun centenar de actividades durante todos os días. O Concello de Baiona deseñou un programa de actividades para todos os públicos , para todas as idades da familia.

A axenda de 2023, Baiverán, foi presentada esta onte no Concello de Baiona pola concelleira de Festexos, Ruth Álvarez González, e o concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa, no acto tamén interveu o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e o presidente da Asociación de Comerciantes e Empresario de Baiona (ACEBA), Marcos Comesaña.

Unha das principais novidades desta edición 2023 é o festival organizado para os máis pequenos do municipio. Baixo o título de “Peque Fest”, o mércores 9 de agosto, os máis peques da familia poderán gozar na praza do concello de 17:00h a 20:00h de pintacaras e inchables. Ás 20:00h terá lugar o espectáculo de maxia infantil de Yago Barra.

Tamén se organizou o día 23 de agosto o “Día da Mocidade” baixo o nome de “Mocidade Fest”. A praza do concello acollerá as actuacións de Ganjahr Family, Dj Diego Mariño e DJ Yaggo, a partir das 20:00 h.

Outra das grandes novidades da programación será a programación deseñada como peche do mes de agosto: É o Festival Peregrino: encontro no camiño, pensado para potenciar o Camiño Portugués da Costa entre a veciñanza, peregrinos e visitantes. Así, Peregrinarche, trátase de actividades infantís na Praza do Concello de 12:00 a 19:30h (necsaria inscrición previa na oficina de turismo). Ás 22:00 terán lugar as actuacións estelares no Parque de “A Palma” de Pepe Suevos, Manuel Manuiña e Pili Pampín, todas elas forman parte do espectáculo “Camiñantes e Cantantes. 30 Anos do Camiño coa Ocaband”. Pechará o festival o Bruxo Queiman co espectáculo “Queiman Folki” ás 24:00h. Terá lugar o 23 de agosto.

O “Baiverán 2023” inclúe máis dun centenar de actividades: concertos e actuacións musicais, monólogos, espectáculos familiares, conferencias, charlas, festas populares, feira de actividades e coleccionismo; actividades populares realizadas polos distintos colectivos e asociacións baionesas e tamén do Val Miñor. Cinema ao aire libre , así como o Ciclo Mestre Mateo que levará

as proxeccións das longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do noso audiovisual galego ao Multiusos Mercado de Sabarís os luns. A pintura tamén terá o seu espazo no Multiusos, xa que se programaron 9 exposicións neste espazo.  O ciclo de conferencias “ Ou Falar das Pedras” organizado polo Arquivo Histórico e a Biblioteca Pública Municipal de Baiona tamén levará a cabo neste espazo.

“O noso obxectivo principal é brindar tanto á veciñanza, as persoas visitantes, como aos turistas, a oportunidade de gozar dun verán excepcional nun lugar que se distingue polo seu excelenia turística na Rías Baixas. Queremos que todas as persoas visitantes mergúllense na rica cultura e tradicións do noso municipio, e para logralo, preparamos un programa diverso. O Baiverán presenta unha ampla gama de actividades culturais para todos os gustos e nutrimos dita programación co noso talento e artistas locais. Tamén cos colectivos e o talento de nosas cinco parroquias. Tamén pretendemos que esta oferta complementaria teña un importante impacto económico tanto para a hostalería como para o comercio local. Pretendemos implusar así a economía tola e crear novas oportunidades de negocio”, conclúe o rexedor.

O campamento Mañás de Verán facilitará a 300 familias de Mos a conciliación

0

A concelleira de Educación, Julia Loureiro, visitou onte pola mañá aos cativos que están a participar na primeira quenda do campamento estival infantil Mañás de Verán, que deu comezo esta semana e nesta ocasión ten como principal obxectivo a inmersión ligüística dos participantes na lingua inglesa enmarcando a temática da iniciativa na Volta ao Mundo de Willy Fog.

Como novidade, a edil infomou de que este ano desde o Concello subvenciónanse os servizos de aula matinal e fiambrera para as familias que precisen deles por motivos laboráis. Engadindo unha iniciativa a maiores que fomenta a conciliación da vida familiar e laboral.

Ademais o prezo do campamento conta cun desconto a maiores a partir do segundo irmán inscrito.

O campamento desenvólvese nas instalacións do colexio mosense CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos (con saídas a diferentes lolacizacións como o Parque da Auga da Pesqueira, etc.), baixo a temática A Volta ao Mundo con Willy Fog. A través deste fío condutor a cativada mosense participante poderá facer unha auténtica inmersión lingüística no inglés pasándoo ben, xogando cos/as amigos/as e sen saír de Mos.

As familias interesadas en inscribir aos seus nenos e nenas aínda están a tempo de facelo na 2ª, 3ª, 4ª, 5ª quenda e para a semana de setembro.

O número de participantes nesta primera quenda é de 34. Na segunda quenda correspondente á primeira quincena de xullo, que empeza o luns día 4, hai 79 inscritos. Na 3ª quenda da segunda quincena de xullo son 60 os inscritos. Na 4ª quenda da primeira quincena de agosto hai 55 inscritos. E na quinta quenda da segunda quincena de agosto son 46 os inscritos. En total xa hai 274 inscritos.

O programa A Volta ao Mundo con Willy Fog ten como obxectivo ofrecer actividades de lecer e tempo libre para os nenos do Concello de Mos incorporando o linguas en función dos niveis dos grupos.

Recepción do CPA Condado en Salvaterra

O venres recibiuse, na Casa do Concello de Salvaterra de Miño, a case a totalidade da expedición do CPA Condado, que viaxou a Arxentina para conquistar a COPA MUNDIAL de patinaxe artístico na modalidade de Grupos Show.

Logo de compartir unas interesantes verbas coa alcaldesa e o concelleiro de Deportes, as patinadoras foron obsequiadas cunhas camisolas conmemorativas da gran xesta acadada.

Estamos ante un clube que, dende unha humildade e sobre todo moitísimo traballo, veñen de cumprir un soño ata agora inimaxinable.

Dende O Concello son coñecedores do esforzo e sacrificio que fai Edu, na súa labor de adestrador, como da súa directiva para poder levar a cabo os seus proxectos deportivos; por iso, queren transmitir os seus parabéns a este enorme clube que sitúa, unha vez máis, o nome de Salvaterra na cúspide da patinaxe mundial.

Ao mesmo tempo, cómpre homenaxear aos pais que, dende ven cativas, apoiaron ás súas fillas para acompañalas a cada adestramento, cada competición local, rexional, autonómica… agora todo é Nacional, Europeo e Mundial, pero o esforzo e adicación foi sempre o mesmo.

Areeiro recomenda a intensiva vixiancia das viñas ante o mildio e o risco de oídio

A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que advirte dun forte ataque de mildio, exteriorizado en certas viñas de todas as comarcas, polo que recomenda unha vixilancia intensiva e tratamento das plantas en caso de que continúe ou se produza un avance dos síntomas. A mesma recomendación realízaa para o oídio, xa que aínda que os tratamentos aplicados ata agora lograron controlar as infeccións, a uva aínda é moi sensible a este fungo e nesta época soe haber néboas locais, que o favorecen. Amais, a EFA detectou os primeiros restos das mudas do cicadelido vector da flavescencia dourada (Scaphoideus titanus), sinal que amosa que o inicio dos tratamentos recomendado a pasada semana foi oportuno, e aconsella tratar aqueles viñedos do sur da provincia que non teñan realizado unha anterior intervención insecticida para tentar limitar, na medida do posible, a dispersión desta grave enfermidade que transmite este insecto.

No que atinxe ao mildio, o aviso de Areeiro sinala que a aparición masiva de síntomas en certas zonas/viñas de todas as comarcas tivo lugar desde o domingo. Nalgúns casos a sintomatoloxía estaba presente en máis do 50% dos acios cunha intensidade próxima  ao 100% da súa superficie. Desde a EFA sinalaron que a pesar da recente mellora da climatoloxía, a humidade relativa continuou a ser moi alta durante todos os días, o que sumado a unhas temperaturas mínimas elevadas, derivou nun ambiente favorable para o desenvolvemento do patóxeno. Con todo, foi maioritario o número de viñas visitadas nas que antigos síntomas estaban controlados ou eran inexistentes. Nestas viñas, que apuntan a unha colleita moi abundante e sa, aínda que os acios poden verse afectados ata o cambio de cor, non é probable xa que se produzan perdas salvo condicións meteorolóxicas moi favorables. Sen embargo, Areeiro recomenda a vixilancia intensiva das viñas nos próximos días, manter as labores culturais básicas e tratar no caso de que continúe ou se produza un avance dos síntomas.

Respecto do oídio, Areeiro recomenda non descoidar a vixilancia, que debe ser máis intensiva nas variedades máis sensibles e nos predios onde xa houbera síntomas da infección, xa que un mal control deste fungo pode producir a rotura da pel da uva e favorecer a instalación de patóxenos como a botrite. Tamén recomenda non descoidar as viñas polo momento de elevada sensibilidade ante o Black rot, aínda que non se teñen observado aínda síntomas.

Por outra banda, non se atoparon síntomas da actividade de avelaíñas da uva nos acios, pero si aumentou o número de predios onde se recolleron entre 30 e 45 machos nunha das trampas. Deste xeito, Areeiro recomenda manter un seguimento das trampas, aínda que non é necesario tratar de momento. Amais, co aumento das temperaturas esta semana encontráronse os primeiros acios con golpes de sol e había máis plantas con síntomas propios de enfermidades de madeira nas viñas.

Por último, o aviso refírese tamén á presencia dos primeiros ovos de bolboreta do buxo nunha sebe que controla Areeiro, o que obriga a iniciar novamente unha vixilancia para actuar a tempo e evitar as defoliacións que causa.

Campaña de detección precoz do cancro de mama para as veciñas de Oia

0

O Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama, consistente na realización de mamografías gratuítas a mulleres de entre 50 e 59 anos, comeza a súa campaña en Oia o vindeiro 4 de xullo.

O programa é unha iniciativa da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en colaboración coa AECC, a través da que se facilita a realización das anteditas probas, así como opcións gratuítas de transporte ata o hospital onde se levan a cabo. Nese caso, as mamografías faranse na Unidade Fixa de Exploración, situada no Hospital  Meixoeiro de Vigo (Consultas externas, planta -1).

Mediante unha carta, ás mulleres das idades incluídas no programa comunicaraselle o día, hora e lugar ao que teñen que acudir. As que, cumplindo os requisitos de idade non teñan recibido a carta, poden chamar ao teléfono 981 14 14 14, onde lles darán unha cita.

Servizo de transporte gratuíto

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama tamén pon a disposición das usuarias un medio de transporte gratuíto para facilitar o traslado dende o concello de Oia ata a Unidade de Exploración sita no Hospital Meixoeiro.

Dependendo da hora á que teñan cita na Unidade de Exploración, as paradas e horarios do autobús serán os seguintes:

  • Santa María de Oia (diante do Concello): ás 8:00 e ás 11:30 horas.
  • Viladesuso (parada de autobús): ás 8:05 e ás 11:35 horas.
  • Mougás (parada de autobús): ás 8:10 e ás 11:40 horas.

O uso deste transporte non é obrigatorio, polo que se alguén o desexa pode acudir á cita polos seus propios medios.

Nigrán bautiza oficialmente o ‘Alto da Pintora’

0

De popular a oficial. A zona de Mallón coñecida pola veciñanza como ‘Alto da Pintora’ foi ‘bautizada’ onte pola mañá polo Concello de Nigrán cunha placa que así o indica. O acto, ao que asistíu o alcalde, concelleiros e veciños, foi realizado aproveitando o concerto matinal que cada ano a banda de música realiza ante as portas da histórica panadaría para inaugurar as festas de San Pedro e agradecer deste xeito a colaboración fiel do negocio. As tres xeracións de ‘La Pintora’ formadas por ‘Maruja’ Carballo, Adolfo Villafines e Mara (avoa, fillo e neta, respectivamente) descubriron orgullosos esta placa que identifica a contorna grazas ao seu negocio, recoñecido como unha das mellores panadarías de España en diferentes certames e ‘Premio Nigrán 2014 ao Mérito Empresarial’.

O Concello de Nigrán colabora coa celebración das festas de San Pedro da Ramallosa, do 29 de xuño (festivo local) ao 1 de xullo, achegando 4.000 € a través da iniciativa ‘Música nas Parroquias’. 

Os coidados Porta a Porta volven a Covelo

0

Os Coidados Porta a Porta volven ao Concello de Covelo para ofrecer consultas de podoloxía, audición e estimulación da memoria. Na área para autocaravanas instalarase o autobús sanitario que atenderá os días 4, 5 e 6 de xullo en horario de 09:00 a 20:00 horas.

O prazo para solicitar citas ábrese o día 2 de xullo e as persoas interesadas en recibir coidado de audioloxía, podoloxía e memoria deberán chamar a un destes números de teléfono, 622.748.283 /623 546 992 ou contactar por correo electrónico en  [email protected].

A aula CeMIT achega as últimas innovacións tecnolóxicas á mocidade tomiñesa

0

A aula CeMIT de Tomiño prepara un verán cargado de actividades coas que os rapaces terán a oportunidade de explorar e aprender sobre as últimas innovacións tecnolóxicas dun xeito divertido e creativo. Durante os meses de xullo e agosto, a aula impartirá un curso sobre tecnoloxías disruptivas para nenos a partir de 10 anos.

“Este curso permitiralles experimentar con tecnoloxías emerxentes e desenvolver competencias relevantes para o mundo actual e futuro. As novas tecnoloxías están a transformar rapidamente a nosa sociedade e debemos asegurarnos de que os nosos mozos e mozas estean preparadas para aproveitar as oportunidades e converterse en cidadáns e cidadás dixitais competentes e creativos”, sinalou a alcaldesa, Sandra González.

Será un curso de balde cunha duración de 10 horas e con diferentes datas e quendas de participación para que as persoas interesadas poidan escoller a que mellor se adapte á súa axenda. Así haberá clases as persoas interesadas en participar poderán elixir entre sete quendas diferentes:

  • Quenda 1: semana do 3 ao 7 de xullo
  • Quenda 2: semana do 10 ao 14 de xullo
  • Quenda 3: semana do 17 ao 21 de xullo
  • Quenda 4: semana do 31 de xullo ao 4 de agosto
  • Quenda 5: semana do 7 ao 11 de agosto
  • Quenda 6: semana do 21 ao 25 de agosto
  • Quenda 7: semana do 28de agosto ao 1 de setembro

En horario de 10.00 a 14.00 horas menos e nenas desfrutarán das novas tecnoloxías deseñando obxectos para logo imprimilos nunha impresora 3D, coñecendo o metaverso do Educa360 a través dunhas gafas de realidade virtual, programando un dron para que faga voos de forma automática, aprendendo programación e robótica coa placa Micro:Bit e falando dos fundamentos da electrónica a través das placas Arduino.

Para obter máis información ou inscribirse as persoas interesadas poden chamar ao 986 62 33 04, mandar un correo a [email protected] ou pasar pola aula CeMIT, situada no parque do Campo da Feira de Tomiño, de luns a venres de 9.15 a 13.45 horas, ademáis dos martes de 16.30 a 20.30 h.

Ponteareas ofrece o domingo un Festival de bandas

A banda de música ‘Unión de Guláns’ prepara un novo acto para conmemorar o seu 150 aniversario por todo o alto. Este domingo 2 de xullo celebrarase o 1º Festival de Bandas Centenarias de Ponteareas, un encontro no que o público poderá gozar da boa música coa actuación de tres bandas de música.

A actividade comezará ás 18.00 horas coa música resoando polas rúas de Ponteareas cun pasarrúas que irá dende a Casa do Concello ata o auditorio municipal Reveriano Soutullo. Xa no auditorio subiranse ao escenario a banda de música ‘Unión de Guláns’ e dúas bandas convidadas, a de música popular de Moaña ‘Airiños do Morrazo’ e a Banda Artística de Merza. A entrada será de balde ata completar aforo.

Fundada no ano 1870, pola ‘Unión de Guláns’ pasaron 20 directores e centenares de músicos e músicas que deron a coñecer á banda e fixeron dela o maior orgullo da parroquia, converténdoa nun verdadeiro nexo de unión entre veciñas e veciños. A banda retomou este ano os actos conmemorativos do seu aniversario previstos para o 2020 e adiados por mor da crise sanitaria. “Con este festival poñeremos en valor unha vez máis a ampla traxectoria e legado da banda de música ‘Unión de Guláns’, parte integral da cultura musical ponteareá durante máis de 150 anos, enriquecendo a vida da vila co talento e paixón pola música de todas e todos os seus integrantes”, resaltou a alcaldesa, Nava Castro.

Reestructuración salarial no Concello de Redondela para non superar o orzamento actual

0

Entre as propostas que se levan ao pleno de organización do Concello de Redondela, que se celebrará a semana que entra, está a reestructuración dos salarios da corporación e o persoal eventual. A intención é axustalos para non superar os orzamentos estipulados actualmente. A corporación municipal vai pasar de un membro con exclusividade para o concello a dous e de unha persoa contratada como persoal eventual a tres. Entre o persoal eventual plantéxase unha persoa de confianza para o BNG, polo que “para non aumentar a cuantía dos orzamentos destinados a persoal. Eu, como alcaldesa de Redondela, decidín propor baixar o meu soldo para compensar os novos gastos”, explica Digna Rivas.

A rexedora local engade que “a miña prioridade é que os concelleiros e concelleiras teñan un soldo digno e acorde co seu traballo. O máis importante é que poidan estar a disposición da cidadanía e por iso, aqueles que forman parte da equipa de goberno estarán tódalas mañás no horario de portas abertas para cumprir co seu deber que é servir aos veciños e veciñas de Redondela”.

É imprescindicble que os e as concelleiras teñan un traballo compatible co itinerario do Concello e sobre todo co horario de cara ao público. “Este é un dos motivos polos que María Castro decidiu deixar o seu posto como concelleira. É unha pena que o seu horario laboral sexa incompatible coas necesidades deste concello. Agradezo o seu traballo estes catro anos. Sempre tiven o seu respaldo e confianza e así o demostrou revalidando a súa candidatura nas listas electorais e apoiando a miña investidura”, conclúe Rivas.

Campus de Rugby do Concello de Baiona

0

A concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, realizou esta mañá unha visita ao Campus de Rugby, que se vén celebrando durante esta semana nas instalacións do campo de fútbol do Aral, en horario de 10:00 a 14:00 horas, coa opción de poder deixar ás persoas participantes ás 9:00 h por motivos de conciliación familiar.

Marcos Muñiz Meijide, do FCB Rugby, foi o deportista convidado a este campus cuxo corpo técnico son adiestradores de Rugby nivel 1 e 2, Licenciados en Actividade Física e Deporte. Como actividades complementarias realizáronse adestramentos por grupos de nivel de idade e actividades na praia  ou o monte.

Chega a segunda queda de “Depo Aventura”

Este domingo, 2 de xullo, arranca a segunda das once quendas dos campamentos de “Depo Aventura” na Lanzada, na que participarán 140 nenos de 32 concellos da provincia que ao longo de sete días desenvolverán múltiples actividades lúdicas e formativas para o seu enriquecemento persoal e tamén de coñecemento de lugares fóra da contorna habitual. Ao longo do verán, serán en total 1.540 menores de 58 concellos da provincia os que participen ata o 9 de setembro nas once quendas en que se dividen os campamentos.

Neste segundo campamento, que arranca o domingo, participan 70 nenas e 70 nenos, todos eles nados entre os anos 2010 e 2015. En concreto, proceden de Vigo (30); Pontevedra (17); Redondela (9); Ponte Caldelas (6); Ponteareas (6); A Cañiza (5); Bueu (5); Salceda de Caselas (5); A Guarda (5); Moraña (5); Lalín (4); Barro (4); Cangas (3); Baiona (3); Moaña (3); Mondariz (3);  Caldas de Reis (2); Vilagarcía (2); Campo Lameiro (2); Cerdedo-Cotobade (2); A Estrada (2); Sanxenxo (2); O Porriño (2); Salvaterra (2); O Grove (2); O Rosal (2); Forcarei (1); A Illa de Arousa (1); As Neves (1); Nigrán (1); Poio (1); Tui (1) e Silleda (1).

Baixo o nome “A Lanzada, un paseo pola historia”, a Deputación ofrécelles aos nenos un programa de actividades destinado a favorecer a igualdade de xénero, a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a inclusión, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza e a dinamización e coñecemento multicultural da contorna. Tamén realizarán o tradicional obradoiro para elixir a mascota oficial deste programa provincial e, entre as moitas iniciativas programadas no marco de Depo Aventura 2023, inclúese unha visita á Illa de Ons e unha segunda excursión relacionada coa natureza e o coidado do medio ambiente.

A Cañiza abre á veciñanza a piscina municipal e a praia fluvial

0

A piscina municipal “das Grades” da Cañiza abre as súas instalacións este sábado, día 1 de xullo, ata o vindeiro 15 de setembro (sempre que o tempo o permita), en horario de 13.30 h a 21 h de luns a domingos. Pola mañá permanecerá pechada para dar servizo exclusivo aos 50 nenos inscritos nos campamentos municipais de verán que accederán en horario de 11 h a 13 h.

Os prezos non subirán respecto a anos pasados, quedando establecida a entrada para adultos en 1,50 € e a entrada infantil e para xubilados e pensionistas en 1,00 €.

Tamén, a partires do 1 de xullo, queda aberta a Praia Fluvial na parroquia de Luneda. Un espazo natural  e de lecer, acondicionado a carón da Regueira do Aceval, afluente do río Deva,  cun aforo aproximado de 225 persoas. Esta zona recreativa situada no lugar de Gonda, conta tamén con merendeiro, asadores e zona de xogos para nenos.

O Concello de Tui e AFAGA clausuran unha nova edición de ‘Cultiva a Mente’

0

A ribeira de Caldelas de Tui acolleu este mediodía a clausura dunha nova edición do programa ‘Cultiva a Mente’, iniciado en 2019 e impulsado polo Concello de Tui en colaboración AFAGA, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia). Nel participaron 134 persoas nun programa que se desenvolveu este ano en nove parroquias de Tui: Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Rebordáns, Randufe, Ribadelouro, Pexegueiro e Malvas.

Nese sinxelo acto de clausura entregáronse os diplomas aos veciños e veciñas participantes nesta edición, que logo compartían unha comida informal na ribeira de Caldelas. Presentes no acto estiveron o alcalde de Tui Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais Ismael Diz, e membros de AFAGA, entre eles o seu presidente Juan Carlos Rodríguez.

O rexedor tudense tomou a palabra para dar os parabéns e agradecer aos presentes a súa participación neste programa. Amais, incidiu na aposta do goberno municipal en materia de servizos sociais, engadindo que seguirán investindo neste programa e en máis iniciativas que favorezan o envellecemento activo e a mellor calidade de vida para as persoas máis vulnerables e que máis o precisan do municipio.

O principal obxectivo do programa ‘Cultiva a Mente’ é previr o deterioro neurodexenerativo e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo, emocional, físico, funcional e social, promovendo un envellecemento activo. Actualmente, o 83 % das participantes son mulleres e a idade media dos usuarios e usuarias é 76,5 anos.

Dende o primeiro ano, continúan no programa 42 persoas (o 56 % do total) e o motivo máis habitual das baixas é o deterioro de saúde, seguido de falecementos ou incompatibilidade de horarios e asuntos persoais. A inversión total do programa ascendeu aos 83.927,39 € en total nestes catro anos.

Baiona amplia a oferta das visitas guiadas gratuítas durante o verán

0

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, aposta por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio con diferentes programas de visitas gratuítas durante a tempada de verán 2023.

Deste xeito, a Concellería de Turismo retoma a oferta de visitas guiadas polo Casco Histórico durante o verán e tan boa acollida ten na Vila e amplía a oferta: Engádese unha visita guiada nova polo Paseo Monte Boi. Serán os venres 7 e 21 de xullo e 4 e 18 de agosto.  Trátase dun percorrido circular por todo o paseo para poñer en valor todo o patrimonio histórico, tradicional e natural do percorrido con explicacións sobre a Fortaleza e a súa importancia, pero tamén sobre a costa de Baiona, vexetación, así como curiosidades que nos atopamos no percorrido.Esta nova proposta ten unha duración dunha hora.

As visitas son gratuítas e  é necesaria a inscrición previa na Oficina de Turismo de Baiona no correo electrónico: [email protected], ou por teléfono no  986 68 70 67.

Visita Casco Histórico Baiona

Durante 90 minutos, unha guía oficial de Galicia, acompañará aos participantes durante un interesante percorrido por diferentes lugares emblemáticos da localidade entre os que se atopan o monumento Atopo Entre Dous Mundos, o Paseo Ribeira, cun percorrido polo Centro histórico finalizando no paseo marítimo.

Os veciños de Baiona e os visitantes poderán gozar do amplo patrimonio cultural do municipio acompañados por unha guía oficial durante mércores e sábados, como viña sendo habitual, ampliando a porposto aos venres. O punto de encontro para a saída será o exterior da oficina de turismo de Baiona (entrada ao Parador)ás 11:00 horas.

Charlot Bennet, primeira Drag Queen do Porriño

O Porriño celebrou o día do Porriño Orgulloso co seu primeiro certame de Drag Queen e o espectáculo de Drag Star, “Soy lo que soy”.

Nunha praza ateigada a porriñesa Charlot Bennet coronouse como Drag Queen do Porriño Orgulloso 2023 coa súa fantasía “Yea queso”, cunha alegoría no seu vestiario a un traxe de boda. Detrás de Charlot está Adrián Rodríguez que se impuxo pola súa presencia sobre o escenario, a súa valentía e a forza que transmitía o seu show.

O segundo premio foi para Electra-Tra (Samuel Fernández) coa súa fantasía “Y punch” e o terceiro para Ketty Pinn (Aitor Martínez) con “Prepárese que llegó la reina”. Os recoñecementos están dotado cun premio económico de 500 euros para a gañadora e 300 e 200 euros para a segunda e terceira clasificada.

En total foron seis as propostas que pisaron o escenario, con Kim Miller (Santiago Fernández), Marlen (Oliver Soto) e Conchita y sus almejas (Fátima Armada) completando a lista de participantes.

Unha vez rematado o certame deu comezo o espectáculo de Drag Star, “Soy lo que soy”. Unha vez máis, o porriñés David Bugarín puxo en pé a praza co show.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, quixo lanzar unha mensaxe de respecto e liberdade no día do Orgullo LGTBI+, “vivamos e amemos en liberdade e nunca, nunca, renunciemos a ser quen somos. Oxalá pronto non teñamos que seguir reivindicando algo tan esencial como o respecto”.

Panxón acolle o primeiro campamento de España para nenos xordos

0

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, destaca o apoio do Goberno galego ao primeiro Campamento Estatal para a Infancia Xorda, que organizan a Federación de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) e a Confederación Estatal de Personas Sordas (CNSE) e que se celebra estes días na Residencia de Tempo libre que o Goberno galego ten en Panxón.

Fabiola García achegouse esta tarde ao campamento no que participan 52 nenos xordos e con discapacidade auditiva de diferentes lugares de España: Madrid, Andalucía, Galicia, Barcelona, Murcia, Estremadura, Castela e León e Gran Canaria.

A conselleira puxo en valor a colaboración da Administración autonómica para facilitar a celebración do campamento, que ofrece un espazo común e actividades de ocio a todos os nenos nas que non se encontren con barreiras de comunicación nas que no seu día a día si teñen que enfrontarse. Así, durante a semana de duración do campamento os rapaces celebran actividades como, surf, paddle surf, xincanas, xornadas de convivencia e tamén excursións para coñecer Galicia.

Así mesmo, Fabiola García salientou a campaña de verán da Xunta de Galicia como unha programación pensada para facilitar a conciliación dos fogares e adaptada para todos os rapaces. Neste sentido, o Goberno galego ademais de contar cunha oferta xeral preparada para nenos con discapacidade tamén se pon á disposición das familias unha orde específica con 250 prazas.

Persoal técnico sanitario ensina coidados do oído en Covelo

0

O Concello de Covelo informa que o persoal técnico sanitario do programa Coidados Porta a Porta da Xunta de Galicia ofrecerá unha formación sobre os coidados básicos do oído o vindeiro martes, día 4 de xullo, ás 19:00 horas no auditorio municipal.

Catro días de cervexa coa III Festa da Cervexa Artesá de Baiona “A Pinta”

0

A cervexa artesá regresa a Baiona. A partir de hoxe, 29 de xuño, Baiona acollerá a terceira edición da Pinta, a Feira dá Cervexa Artesá, que chega con catro xornadas de música, gastronomía, actividades e máis de 50 tipos diferentes de cervexa. O evento, organizado polo Roteiro do Lúpulo, terá lugar no parque da Palma os días 29 e 30 de xuño e 1 e 2 de xullo. Trátase dun festival de carácter familiar, que ten como obxectivo principal “fusionar a cervexa artesá coa comida de rúa creando así un espazo cultura diferente”.

Nesta feira participarán un total de oito marcas que ofrecerán máis de 50 tipos diferentes de cervexa artesá de diferentes puntos do país. Así, as cervexas participantes serán Nós de Vigo, Banda de Nigrán, Sevebrau de Estremadura, O Xardín da Cervexa de Madrid, The One de Sanxenxo, Go de Madrid, Atlántica de Redondela e Madroa de Vigo. Pola súa banda, a gastronomía chegará da man das food trucks O Despacho de billetes Street Food de comida mexicana, Baden Baden de salchichas, Yummy world con hamburguesas e La Gallega con asador.

O festival arrincará este xoves 29 de xuño ás 19:00 horas coa posterior actuación de Viktor Flores Dj, que amenizará a xornada inaugural a partir das 20:00 horas. O venres, sábado e domingo o festival abrirá ás 12:30 horas e, no apartado musical, será a quenda de The Lear Papers o venres 30 de xuño a 22:00 horas, O Pelotón dos Torpes o sábado 1 de xullo ás 22:00 horas e Fanatic Four o domingo 2 de xullo ás 21:00 horas. Ademais, tanto o sábado como o domingo pola tarde, os máis pequenos poderán gozar de talleres infantís.

Programación

Xoves 29 de xuño

  • 19:00 horas: Inauguración do Festival
  • 20:00 horas: Actuación de VIKTOR FLORES DJ
  • 00:00 horas: Peche do festival

Venres 30 de xuño

  • 12:30 horas: Apertura do festival
  • 12:00 horas: Música ambiente toda a xornada
  • 14:00 horas: Sesion beer-mú
  • 22:00 horas: Concerto de THE LEAR PAPERS
  • 01:00 horas: Peche do festival

Sábado 1 de xullo

  • 12:30 horas: Apertura do festival
  • 14:00 horas: Sesion beer-mú
  • 17:30 horas: Taller infantil
  • 22:00 horas: Concerto do PELOTÓN DOS TORPES
  • 01:00 horas: Peche do festival

Domingo 2 de xullo

  • 12:30 horas: Apertura do festival
  • 14:00 horas: Sesion beer-mú
  • 17:00 horas: Taller infantil
  • 21:00 horas: Concerto de FANATIC FOUR
  • 20:30 horas: Concurso á mellor etiqueta e á mellor cervexa
  • 20:40 horas: Concurso á mellor food truck
  • 20:45 horas: Entrega de premios cervexeiros
  • 23:30 horas: Clausura do festival

A obra de teatro “Mulleres do téxtil” chega a Redondela

0

O Concello de Redondela colabora coa iniciativa Mulleres do téxtil de José Manuel González e Roberto Casal Mouriño. O proxecto estrease no Multiúsos da Xunqueira este sábado 1 de xullo e terá un segundo pase o 2 de xullo, ambos ás 20:00 horas da tarde.

Mulleres do textil recolle as vivencias de todas as mulleres que formaron parte da empresa téxtil Regojo, pilar da economía redondelá dende 1937 a 1978. O proxecto creouse coa participación do grupo de treatro afeccionado de Reboreda e a colaboración dos 4 institutos do municipio (IES Chapela, IES Floriani, IES Mendiño e IES Illa de San Simón). Os organizadores guiaron ao alumnado para recompilar información mantendo xuntanzas cun total de 22 traballadoras de diferentes xeracións para crear esta obra de teatro comunitaria. O grupo de actrices e actores está formado por parte do alumnado dos institutos redondeláns e 11 mulleres e 1 home de idade adulta sen experiencia profesional no mundo do teatro.  A obra desenvólvese alternando escenas corais, drama e comedia.

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que “cando chegou as miñas mans esta iniciativa non dubidei en apoiala, pois pon en valor as mulleres traballadoras de Redondela e sobre todo de aquelas mulleres que traballaron en Regojo e forman parta da historia viva do municipio. Moitas delas comezaron a traballar con 14 anos e teñen vivencias moi importantes para a memoria de Redondela. É importante para este goberno recoñecer o traballo da muller e recuperar os espazos que lles negaron no relato histórico oficial”.

Rivas quere agradecer o traballo deste colectivo e dos 4 institutos do municipio “que uníronse co obxectivo de poñer en valor a historia de Redondela para que a nosa memoria perdure e as mulleres traballadoras de Regojo sexan recoñecidas recuperando os espazos que lles negaron no relato histórico oficial. Unha labor educativa fundamental e imprescindible de cara a unha sociedade máis igualitaria”.

Traspaso de poderes na Deputación de Pontevedra

O goberno en funcións da Deputación de Pontevedra fixo oficial esta mañá o traspaso de poderes ao grupo provincial do Partido Popular, nun encontro no que participaron o deputado portavoz do PSdG-PSOE en funcións, Carlos Font, o voceiro do BNG e vicepresidente en funcións César Mosquera, e o deputado e voceiro en funcións do PP, Jorge Cubela, acompañado de Marta Fernández Tapias.

Na reunión, que se desenvolveu de forma cordial, Mosquera e Font fixeron entrega á delegación popular de toda a documentación dos proxectos e programas que está a desenvolver a Deputación. O dossier, cun total de 300 folios, ofrece toda a información detallada das 27 áreas de servizo, a fin de que o goberno entrante na institución poida tomar así as decisións que considere convenientes.

O pleno de constitución da nova corporación da Deputación de Pontevedra xa está fixado para o vindeiro xoves, 6 de xullo, ás 12.00 h, unha vez chegou esta mañá, procedente da Xunta Electoral, a documentación dos novos deputados. Ambas as dúas delegacións reuniranse de novo mañá venres para organizar o protocolo da toma de posesión da nova corporación provincial.

Abre ao público a piscina de San Eleuterio, en Mos

0

Desde a Concellería de Deportes, que dirixe a edil Feli Rodríguez, infórmase de que este vindeiro sábado, 1 de xullo, abrirase ao público a piscina municipal pública ao aire libre de San Eleuterio. A entrada á mesma é totalmente libre e gratuíta cun horario ininterrompido de 11 a 21 horas de luns a venres e as fins de semana (sábado e domingo) e festivos de 12 a 20 horas.

As instalacións contan con servizo de socorrista durante todo o horario de apertura, vestiarios e duchas con auga quente, e servizo de limpieza e mantenimiento durante os dous meses de verán. Os usuarios e usuarias poderán gozar da piscina de San Eleuterio durante os meses de xullo e agosto.

Ademais do uso libre da piscina, as persoas interesadas en facer exercizo monitorizado nestas dependencias poden optar a participar de balde nas clases de Aaquagym en grupo dous días á semana: martes e xoves de 11 a 11.45 horas e mércores e venres de 11 a 11.45 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 14 de xullo no teléfono 986334070.

Ademais desde o Concello de Mos lémbrase que dende o pasado mes de maio atópanse operativos e abertos ao público os parques de auga municipais. Os Parques da Auga da Pesqueira e de Sanguiñeda están activos todos os días en horario de mañá de 12 horas a 14 horas e de tarde de 16 horas a 21 horas.

O Punto de Información Turística do parque da Canuda abre o sábado

O PIT A Canuda abrirá as súas portas dende o día 1 deste mes de xullo e ata outubro para ofrecer un servizo de información e promoción que reforce o traballo que se realiza durante todo o ano no Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea.

O servizo que está dentro da rede de oficinas Info Rías Baixas e subvencionado polo Padroado Rías Baixas da Deputación de Pontevedra proporcionará os turistas que se acheguen ata o noso concello toda información que precisan de Salvaterra e toda a contorna.

O horario deste punto de información será de venres a domingo e festivos de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas nos meses de xullo e agosto e para os meses de setembro e outubro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Corenta nenos participan no Campus de Tenis do Concello de Baiona

0

A concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, realizou esta mañá unha visita ao Campus de Tenis que vén celebrando durante esta semana en en as instalacións do Pavillón Muncipal de Deportes, o colexio Cova Terreña e o campo de fútbol do Aral, en horario de 10:00 a 14:00 horas, coa opción de poder deixar ás persoas participantes ás 9:00 h por motivos de conciliación familiar.

Corenta participantes están inscritos no campus, case completando a totalidade de prazas ofertadas. 

O XII Campus de Tenis conta coa colaboración do Club de Tenis Baiona. Durante o trascurso do mesmo, desde este luns 26 de xuño ata este venres 30, o alumnado terá unha toma de contacto con esta disciplina, baixo  a guía de Carlos García Denis, titulado pola RPT (Rexistro Profesional de Tenis) e adestrador do Club Tenis de Baiona, que xunto aos demais monitores encargaranse das actividades.

A pontareá María Domínguez, gañadora do IV concurso de novos compositores ‘Juan José Olives’

O Concello traslada os seus parabéns á compositora ponteareá María Domínguez, gañadora do IV Concurso de Novos Compositores ‘Juan José Olives’ coa súa obra ‘No vértice na escuma’. A alcaldesa, Nava Castro, felicitou calorosamente á compositora por este prestixioso galardón, que “pon en valor o seu extraordinario talento e creatividade musical”. “María Domínguez é un exemplo do rico legado musical de Ponteareas, berce de grandes compositores e compositoras que ao longo da historia levaron o nome da nosa vila máis alá das nosas fronteiras”, subliñou a rexedora.

A peza gañadora, que será estreada na xira do Festival Ensembles 2023, parte dun poema de Marta Dacosta e pretende recrear unha atmosfera sonora que transporte ao público a ese lugar íntimo, misterioso e contemplativo que describe o poema. A obra bebe do minimalismo en canto a ambiente sonoro, mentres que de maneira procesal, o ruído e os elementos da natureza vanse dilatando, axitando e acelerando sobre construcións modais, acumulación de texturas e variacións rítmicas ata que se dilúen por completo na bruma inicial. Trátase dunha orixinal peza que propón un mundo de colores e texturas que evocan o vento, as rochas e o mar e na que a interpretación e a imaxinación xogan un papel esencial.

María Domínguez naceu en Ponteareas en 1996 no sei dunha familia musical co seu pai como referente. Cun máster artístico en Dirección sinfónica e vogal e estudos superiores nas especialidades de Composición, Dirección e Canto ademais do título profesional de piano, dende moi nova recibe clases de danza y música ampliando a súa experiencia en agrupacións corais e didáctica musical con nenos e nenas. Actualmente cursa un posgrao de Dirección en Vilnius, Lituania.

O Consorcio de Augas do Louro entrega os premios do seu concurso de debuxo infantil

Sofía Campos Freiría do CEIP de Petelos en Mos, Uxía Lorenzo Alonso do CPR Hermanos Quiroga no Porriño, Arantxa Díaz Lazo do CEP Altamira en Salceda de Caselas e Eduardo Ríos González do Colegio Maristas Santa María en Tui, foron os catro gañadores do concurso de debuxo infantil convocado polo Consorcio de Augas do Louro. Todos eles, escolares de 3º e 4º de Educación Primaria, recibiron como premio unha tablet, que lles foi entregada polo presidente do Consorcio e alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira; o rexedor tudense, Enrique Cabaleiro e o tenente de alcalde de Mos, Camilo Grandal nun acto celebrado onte á tarde nas instalacións da EDAR de Guillarei, no cal agradeceron á cativada a súa participación neste concurso e o seu compromiso coa auga, o medio ambiente e o coidado do planeta.

Son amigos, aman a natureza e teñen unha misión: protexer a auga e mellorar o mundo. Eles son os integrantes da Cuadrilla Sostible, os personaxes da historia na que se sustenta este certame baixo o título “QUAL e ODS6, Acuaventura coa cuadrilla sostible”. Ademais dun gañador por cada municipio, establecéronse dous finalistas, cuxo premio consistiu nun reloxo dixital. Os agraciados foron: Ana Méndez Saá do CEIP Atín Cela e Hugo Rodríguez González do CEIP Mestre Martínez Alonso en Mos, Uxía Romo Otero e Carolina Estévez Rodríguez do CPR Hermanos Quiroga no Porriño, Carla Vaqueiro Pérez e Noa López Martínez do CEP Altamira en Salceda de Caselas e Cristina Jorge Tyurikova do Colegio Maristas Santa María e Izan Díaz Vila do CEIP Plurilingüe Guillarei en Tui.

Nesta sexta edición recibíronse un total de 274 debuxos, procedentes de 16 colexios dos catro concellos que integran o Consorcio, no que debía quedar reflexado o coidado da auga e do medio para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

 “Trátase dun xeito lúdico de concienciar á cativada no uso responsable da auga, dándolle a coñecer a importancia que este recurso ten nas nosas vidas e as claves e protexer a biodiversidade”, explica o presidente do Consorcio. Así, ao longo desta aventura danse exemplos de reciclar, de non malgastar a auga, de usar menos plásticos, non estragar a comida, de que cousas non se deben tirar no inodoro…. todo dun xeito didáctico e divertido da man dun personaxes animados que, ao final da historia, invitan a poñer en práctica todos os bos consellos aprendidos.

Os debuxos gañadores e finalistas, os cales están colgados e se poden ver na páxina web do Consorcio (consorciodolouro.es), protagonizarán o calendario que a entidade edite para o 2024, ilustrando cada un deles cada un dos meses do ano.

Redondela crea un mural para o acto institucional do Día do Orgullo LGTBIQ+

0

“Desde finais dos anos 70 a bandeira de arco da vella simbolizou a diversidade e o orgullo da comunidade LGTB. Na actualidade, hai unha nova proposta aínda máis inclusiva, deseñada por Daniel Quasar en 2018, que suma a popular bandeira multicolor á do colectivo transxénero”. Así o manifestou na mañá de onte a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, no acto institucional do Día do Orgullo LGTBIQ+ que tivo lugar na Senda Verde en Chapela.

O acto, insistiu a rexedora local, quere expresar o sentir da cidadanía “en apoio de aqueles e aquelas que, por motivos de identidade ou da súa orientación sexual, son vítimas de persecución, acoso e mesmo violencia”. Redondela, afirmou con rotundidade Digna Rivas, “foi sempre referente en defensa dos valores individuais. Por ese motivo queremos seguir avanzando cara unha sociedade máis igualitaria e o novo mural da Senda Verde é un reflexo disto. Se ata o de agora estes colectivos usaban dúas bandeiras, agora unifícanse nunha mesma a través da creación de Quasar . A intención é que esta insignia común aos poucos vaia calando e popularícese”.

O manifesto foi escrito polo portavoz da asociación IRISAR de Redondela e lido polas redondelás Noa, Noela, Noelia e Claudia que foron as encargadas de realizar o mural xunto coa artista plástica Paula Amoedo. No escrito, faise fincapé nos cambios que están acontecendo na sociedade xa que, “despois de 54 anos de loita, temos que voltar ás rúas para loitar contra a ideoloxía de partidos extremistas de dereitas que quere rematar coa liberdade e coa igualdade, poñendo no punto de mira os nosos dereitos. Dereitos acadados dende ás rúas ata ás institucións, dende os parlamentos ata os boletíns oficiais, onde se cambia a vida da xente. Dereitos que estes partidos queren revocar ou negarnos, como a Lei do matrimonio igualitario ou a adopción monoparental”.

Dende Asociación Irisar de Redondela, que lamentablemente por motivos laborais non puideron estar presentes, quere agradecer “o esforzo do goberno de Redondela por apoiar os dereitos de todas as persoas, independentemente das cores que nos representan, as institucións teñen a obriga de  loitar a diario para manter os dereitos da cidadanía”

O concello de Redondela anima a veciñanza “a sentir o orgullo de vivir nun dos concellos que máis respectan os dereitos das persoas LGTBIQ+. A defender e reivindicar que non estamos dispostos a retroceder nin un milímetro a un pasado gris e reaccionario, senón a seguir avanzando con paso firme cara ao futuro”.

No manifesto púxose en valor as iniciativas do municipio en favor dos dereitos LGTBIQ+ e como dato identificativo sinalouse a Redondela como “unha vila que apoia ás asociacións e colectivos minoritarios e que conta con bancos LGTBIQ+ nas parroquias, e con bancos coa bandeira trans en colexios e institutos. Ademais dunha bandeira grande pintada no lateral do multiusos, graffitis coas cores LGTBIQ+ en Chapela e Redondela”.

Ademais da lectura do manifesto, inaugurouse a exposición REFERENTES que ten o obxectivo de defender os dereitos da infancia LGTBIQ+ a non sufrir insultos nin agresións, o dereito de ter REFERENTES como os da exposición, cos que poden sentirse identificados e identificadas”, conclúe a rexedora local.

Este sábado celébrase o VII Festival Vila de Baiona

0

Este sábado 01 de xullo, ás 22:30 h, a praza do Concello acolle o 7º “Festival Vila de Baiona” organizado pola Asociación Folclórica Vila de Baiona.

Os asistentes poderán gozar do mellor baile e música folclórica tradicional. Entre os grupos participantes atópanse o Grupo de Coros y Danzas Virguen de La Guía (León), a propia A.F. Vila de Baiona, as Pandereteiras de Monte Boi e A Seneira.

Desde a A.F. Vila de Baiona presentan unha cartelería moi especial e inclusiva: ao cartel incorporaron un código QR para discapacitados visuais. Ao activalo, enlaza á canle de YouTube da asociación onde se pode escoitar a información do cartel.

Temas tradicionais cun novo aire en Tomiño con ‘Uxía Lambona e a Banda Molona’

0

Fin de semana de música en Tomiño con ‘Uxía Lambona e a Banda Molona’, un espectáculo para todos os públicos co que Troula Animación conquistará á cativada e a maiores este domingo 2 de xullo. A Praza Pintor Antonio Fernández acollerá este espectáculo lúdico, educativo e musical no que temas tradicionais galegos son tratados dun xeito novo e atractivo, con estilos musicais coma o rock, o ska, o hip-hop, o reggae, o klezmer, a cumbia ou o tango.

Un concerto dinámico onde artistas e público participarán de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa e no que se escoitarán clásicos populares cun novo aire, como ‘A Carolina’ rapeada ou ‘O Jato rockeiro’.

A alcaldesa, Sandra González, convida a toda a veciñanza “a gozar desta experiencia musical única e refrescante, unha xornada de diversión, como moitas das que poderemos desfrutar este verán coa ampla programación de actividades da nosa axenda, unha oferta cultural e de lecer de calidade pensada e deseñada para atraer a todos os públicos”.

O concerto de ‘Uxía Lambona e a Banda Molona’ será ás 21.00 horas con entrada de balde.

A Guarda organiza “Baños de natureza” no Monte Santa Trega

0

O Concello da Guarda continúa no mes de xullo coas actividades enmarcadas na terceira edición do ciclo “Sostendo o Futuro”, realizadas coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna.

O vindeiro domingo día 9 de xullo realizarase a actividade Baños de Natureza” no Monte Santa Trega, unha estancia no bosque para coñecer e profundizar na nosa conexión coa natureza con axuda dos 5 sentidos. Experimentar o equilibrio e benestar co que nos agasalla o canto dun paxaro ou a suavidade do vento. Exercicios que estimulan os sentidos mentres facemos o camiño, así como coñecementos sobre plantas e árbores e da natureza en xeral.

As inscricións están abertas no 986 61 00 00 ou en [email protected].

Esta actividade terá lugar ás 10:00 h con saída dende a Casa Forestal do Monte Santa Trega e cunha duración aproximada de entre 1,5 e 2 horas. Actividade pensada para adultos e crianzas cun cupo máximo por grupo de 18 persoas.

Tamén en xullo, o día 21, realizarase na Xunqueira de Salcidos a actividade “Bolboretas nocturnas”, unha actividade cunha duración aproximada de entre tres e catro horas que arrancará ás 21:15h.

Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda convídase a toda a cidadanía a participar nestas actividades programadas baixo a terceira edición de “Sostendo o futuro”.

Mos instala máis de 1.200 novos contedores

0

A concelleira de Atención Veciñal, Medio Ambiente, Mantemento de Zonas Urbanas, Parques e Xardíns, Laura Méndez, reuniuse coa enxeñeira municipal, Raquel González, e coa empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, FCC, para tratar sobre a inminente renovación de contedores que suporá un incremento do 23,9 % da capacidade de recollida e a incorporación de 60 contenedores dunha nova fracción, a orgánica de biorresiduos (contedor marrón), inexistente ata o de agora en Mos.

En total FCC instalará 1.208 novos contedores en todo Mos, distribuídos do seguinte xeito por fracción: fracción resto 637 contedores verdes, envases (plástico, latas e briks) 276 amarelos, papel e cartón 105 azuis, vidro 100, orgánica 60 marróns, roupa e calzado 15 e aceite doméstico outros 15.

Os novos contedores para a recollida orgánica de biorresiduos (contedor marrón), serán de carga traseira e de 360 litros /ud.

Méndez Senlle destacou a importancia da reciclaxe nos fogares mosenses, pois “a reciclaxe de envases aforra materias primas, enerxía, evita as emisións de CO2 á atmosfera e o aumento de residuos que van á entulleira, o que constitúe un elemento esencial de minimización dos efectos do cambio climático. Cada vez que un cidadán recicla tres botellas de vidro, reduce nun quilo o lixo que vai á entulleira e aforra suficiente enerxía como para poñer tres lavadoras ou lavar tres veces toda a roupa dunha familia de catro membros. De ahí a importancia da sensibilización, concienciación e educación ambiental, xa que a reciclaxe está en mans e depende de todos e todas os/as cidadáns”. “Para elo”, continuou a edil, “durante a presente lexislatura promoveremos iniciativas para conseguir un aumento na taxa de reciclaxe a través da recollida selectiva de envases e papel cartón mediante campañas de comunicación e formación co fin de facilitar a recollida selectiva e reciclado”.

“Cada vez estase a reciclar máis en Mos e esa é unha moi boa nova para este municipio que ademais está adherido ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía e moi sensibilizado coas políticas medioambientais” declarou a concelleira, quen incidiu na importancia de facer a selección dos distintos residuos xerados nas vivendas, que os máis pequenos tomen conciencia dos residuos que se xeran en cada fogar a diario, e de concienciar sobre a relevancia de manter limpos os espazos”.

Así mesmo a edil de Medio Ambiente e Mantemento de Zonas Urbanas, Laura Méndez, informou de que se habilita no departamento municipal que dirixe un novo número de teléfono de contacto para solicitar a recollida de entullos a domicilio que é o 672729860.

O Concello de Nigrán ofrece tres campus artísticos

0

O Concello de Nigrán, coa colaboración de diferentes profesionais da comarca, ofrece diferentes campus artísticos totalmente gratuítos e dirixidos a crianzas empadroadas no municipio. Trátase de Guitarra e/ou Batería impartido pola academia de música Gain Over (sen necesidade de coñecementos previos e dirixido a crianzas de 8 a 14 anos); Lettering (arte de debuxar letras bonitas) a cargo do estudo Papelier (de 8 a 14 anos) e Cómic pola licenciada en Belas Artes Coral Martínez (de 7 a 17 anos).

O prazo de inscrición para os tres campus está aberto ata esgotarse as prazas e só poderase inscribir de forma presencial a través da Oficina de Información do Concello de Nigrán de 9:00 a 13:00 horas. Os requerimentos para cada curso (idades comprendidas, número de prazas, datas de celebración, localización e horarios están publicados na web www.nigran.es).

“Ao igual que ofrecemos campus deportivos a través dos diferentes clubes do municipio, con esta iniciativa que arrancamos o ano pasado coa escola de música Gain Over engadimos disciplinas máis artísticas para cubrir outros intereses das crianzas”, indica o alcalde, Juan González.

Tomiño incorpora un desfibrilador semiautomático no mercado municipal

0

Tomiño incorpora un Desfibrilador Externo Semiautomático (DESA) ás instalacións municipais. O mercado de Tomiño conta xa con este novo aparello eléctrico portátil, adquirido polo Concello e subvencionado pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte da Xunta de Galicia e que permite tratar unha parada cardiorrespiratoria, actuar rápido e salvar miles de vidas ao ano.

Praceiros e praceiras do mercado municipal xa realizaron o curso formativo para aprender a empregar o desfibrilador, que durante cinco horas achegáronse ás particularidades deste aparello e a como poder manexalo en caso de necesidade. Todas e todos os participantes remataron o curso co seu correspondente diploma que acredita a súa capacidade para usar o aparello en caso de necesidade.

Con esta adquisición, que foi entregada a Protección Civil, xa son catro os desfibriladores portátiles colocados polo Concello en instalacións municipais, tres en campos de fútbol e un no Mercado de Tomiño, todos eles lugares con moita afluencia de xente. Tras a instalación dos desfibriladores realizáronse os correspondentes cursos de formación para que as persoas habituais nestes centros poidan empregalos chegado o caso.

A alcaldesa, Sandra González, amosou a súa satisfacción pola adquisición deste novo desfibrilador portátil e a formación do persoal e asegurou que o Concello seguirá “promovendo as medidas e ferramentas necesarias para garantir a seguridade e saúde da veciñanza, con instalacións municipais preparadas ante calquera situación de emerxencia”.

Os “Bosques Terapéuticos” comezan xullo cunha ruta pola fervenza do Toxa e a illa de Tambo

O programa “Bosques Terapéuticos”, co que a Deputación está a promover actividades baseadas na terapia de shinrin yoku ou “baño de bosque”, unha técnica orixinaria de Xapón que consiste en internarse na natureza para relaxar a mente e reducir o nivel de tensión, abre a súa andaina do mes de xullo en Silleda e Poio. O sábado 1 terá lugar un percorrido pola Fervenza do Toxa e o domingo 2 de xullo pola contorna da illa de Tambo, onde as persoas participantes poderán desfrutar dunha actividade que mestura natureza, exercicio, cultura, historia e saúde.

A ruta pola Fervenza do Toxa amosa a beleza desta contorna situada en Pazos, no concello de Silleda, onde a verde vexetación, a rocha e a auga se funden para acadar esta obra mestra da natureza. O río Toxa cae uns 30 metros en vertical e esculpe a rocha de mil xeitos, todo rodeado dun denso bosque de carballos, castiñeiros, sobreiras e decenas de especies máis. En Galicia as fervenzas chámanse de forma diferente segundo a zona na que se atopen e reciben moitos nomes como abanqueiro, cadoiro, freixa, feixa, ruxida, ruxidaira ou seimeira. A Fervenza do Toxa tamén se coñece ás veces como Cataratas de Pazos, pola parroquia onde se atopa.

Pola súa banda, o itinerario pola illa de Tambo, de 2,5 quilómetros, percorre un enclave natural e histórico cheo de espazos para desfrutar con toda a intensidade dos baños de bosque. O percorrido por esta illa, que abrangue unha extensión total de 28 hectáreas e acada unha altitude de 80 metros no alto de San Facundo, atravesa elementos naturais como é o caso da praia Area Grande e o seu sistema de dunas. Tamén destacan os taffonis e o abundante patrimonio construído, que inclúe o faro, restos dun lazareto e un albergue, un polvorín e os peiraos.

As dúas rutas, que comezarán ás 10.00 horas, parten dunha premisa fundamental: abrir os cinco sentidos, respirando a fondo e camiñando mentres se conecta coa natureza. Porén, os e as asistentes son instados a desconectar os dispositivos móbiles, observar a luz solar que penetra entre as follas, percibir os sons e aromas que as e os rodean, camiñar en silencio e en calma e deixarse levar sentíndose parte da experiencia. De feito, o importante non é facer moitos quilómetros, senón desfrutar do camiño lentamente e prestando atención ao que se atopa no paseo.

Quen queira desfrutar destas saídas dos “Bosques Terapéuticos” terá que agardar ata agosto xa que as rutas do mes de xullo esgotaron a totalidade das prazas ofertadas. Neste vindeiro mes os percorridos pola fervenza do río Toxa continuarán os días 16 e 30 e pola Illa de Tambo o 22 de xullo. Amais, o día 8 o programa recalará no lago de Castiñeiras; o domingo 9 de xullo continuará pola carballeira de San Xusto; o sábado 15 polo río Eifonso; o domingo 23 pola Ruta da Pedra e da Auga e o sábado 29 pola ponte colgante do Lérez. Para as rutas do mes de agosto o prazo de inscrición abrirá o 17 de xullo e os percorridos comezarán o día 5 pola Ruta da Pedra e da Auga e continuarán o 6 pola illa de Tambo, o 12 polo lago de Castiñeiras, o 13 na carballeira de San Xusto, o 19 polo río Eifonso. Para finalizar, o domingo 20 de agosto a ruta será pola ponte colgante do Lérez.

Obradoiros de cociña en directo, este sábado, en Covelo

0

Como cada primeiro sábado de mes a praza Mestre Cerviño ateigarase de produtos de proximidade, artesanía, segunda man, música, gastronomía e actuacións para abrir as portas da Mostra de Produtos de Covelo a partir das 10:00 da mañá deste sábado día 1 de xullo.

Cosmética natural, xoiaría, maquetería, textil, moda, cestaría, panadaría, horta eco, caracois de terra, cerámica polimérica, artesanía, madeira, tambores chamánicos, queixos, caracois de mar xoias con cortiza e aceiro, tattoos de henna, prata, prantas e moito máis por descubrir para as persoas que se acheguen a Covelo antes das 14 horas.

O posto de polbo non faltará e tampouco as actuacións e os obradoiros. A partir das 11:30 horas haberá cociña en directo na que aprenderemos a realizar dúas receitas da man do persoal de cociña do restaurante El Juliana. A continuación, todas as persoas presentes poderán degustar estas saborosas viandas.

A sesión vermú virá acompañada de música tamén en directo co dúo “Carla Lourdes e Raúl Ben” a partir das 12:30 horas.

O Concello de Baiona iza a bandeira azul en cinco das súas praias

0

A Praia da Ribeira acolleu o acto simbólico de izado das Bandeiras Azuis das praias do municipio. Os enclaves de Barbeira, Concheira, Frades, Ribeira e Santa Marta revalidaron o pasado mes de maio estes selos de excelencia pola calidade do litoral e das augas da costas baionesa.

O acto estivo presidido polo alcalde de Baiona, #Jesús Vázquez Almuíña; pola concelleira de Medio Ambiente, Ruth Álvarez González; a Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez; o Concelleiro de Pesca, Marisqueo e Actividades Marítimas,  Joaquín López Goce; o Presidente da  Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), Marcos Comesaña, por representantes de varias asociacións da Vila e por unha representación de Protección Civil do Val Miñor.

O Alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, comentou que  “con este acto, poñemos en valor o traballo realizado por todos  e todas os que fan posible manter a excelencia do litoral, os servizos e a calidade ambiental, e aos usuarios e usuarias que manteñen a limpeza do principal reclamo turístico do municipio”.

“A Bandeira Azul creouse como recoñecemento a todo o que cumprise cun programa de educación ambiental, como galardón a todos os que se implicarán en coidar e protexer o noso medio mariño e o Concello de Baiona seguir o exemplo de ADEAC de traballar en colaboración para coidar a nosa costa e  namorar coas nosas praias”, remarcou Vázquez Almuíña.

Así mesmo, agradeceu “o esforzo dos traballadores e traballadoras  que fan posible ano tras ano demostrar a calidade das praias de Baiona e que manifestan a importancia de coidar a contorna natural do municipio, co obxectivo de deixar un lugar mellor no que vivan as próximas xeracións e, á vez, concienciar a estas para que sigan estes pasos”.

As Bandeiras Azuis son un galardón desenvolvido pola Federación de Educación Ambiental (FEE) e coordinado en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC).

A Guarda presenta en Sanxenxo a XXXI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

0

Sanxenxo acolleu esta mañá a presentación da “XXXI Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira” que se celebrará desde este venres e ata o domingo 2 de xullo na Guarda. A Rosa dos Ventos no Paseo de Silgar serviu como escaparate e punto de degustación do crustáceo en distintas elaboracións, unha pequena demostración gastronómica do que poderán atoparse os que acudan esta fin de semana á Guarda. A presentación xerou unha gran expectación de público que se congregou na zona para poder probar a ampla mostra de degustación de lagostinos, zamburiñas, lagosta, luras, nécoras, gambas, lagostinos, berberechos, empanada… e rosca de xema, acompañado dunha copa de albariño.

A hostalaría da Guarda foi a encargada das elaboracións dos manxares do mar e da presentación. A eles agradeceu o alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, o seu labor. “Sen eles isto non sería posible”, asegurou. O encargado de explicar a importancia da cita gastronómica que terá lugar no porto foi o concelleiro, Fernando Reyes González. A festa é, ademais dun evento gastronómico, un importante evento cultural. Isto é así xa que, ademais de poder degustar os diferentes pratos, os visitantes poderán gozar dunha variada oferta de entretemento con motivo da festa. Nesa vocación de festa familiar e para todos os públicos, contarase con diferentes actuacións e actividades, tanto para os maiores como para os máis pequenos, de maneira que a diversión está garantida.

Nesta edición son catro os restaurantes locais os que participan, con especialidades propias e tamén coas que segue sendo a raíña da festa, a lagosta cocida ou á prancha. A sobremesa que acompaña a lagosta desde a primeira edición da festa, que non é outra que o roscón de xema da Guarda. Este roscón é unha sobremesa típica guardés, creado en 1593 por un pasteleiro guardés. No entanto, ofrécense tamén outras sobremesas caseiras e tradicionais como son as filloas, tortas…

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, acompañado da concelleira de Festas e Eventos, Elena Torres, e o concelleiro de Turismo, Juan Deza, destacou a importancia de “aproveitar as sinerxias” que xeran estas colaboracións entre concellos. “Galicia é unha cidade única e debemos promocionar toda a nosa riqueza paisaxística e gastronómica”, indicou. Ademais, lembrou que durante o verán “o noso municipio é líder no norte de España en pernoitas polo que estamos encantados de que se faga aquí en Sanxenxo esta presentación e que moitos dos visitantes que xa están aquí veraneando se acheguen esta fin de semana A Guarda.

Existosa acollida da apertura das piscinas de Salvaterra

As piscinas municipais de Salvaterra de Miño abriron as súas portas ao público o pasado 15 de xuño e, dende entón, contaron coa visita de máis de mil persoas.

Coa chegada do verán e o bo tempo é momento de ofrecer aos veciños da vila opcións de ocio para pequenos e maiores. Polo que este ano apostouse pola ampliación do período de apertura, así as instalacións abrirán un mes máis e continuarán en funcionamento ata o vindeiro 15 de setembro para que todo o que queira poida desfrutar nas tardes do verán.

O horario das piscinas municipais é de martes a venres de 15:00 a 21:00 h e o fin de semana, sábados e domingos, dende as 14:30 ata as 21:00h. Os luns permanecerán pechadas para o mantemento das mesmas.

Ademais, o vindeiro 4 de xullo darán comezo as clases de natación en horario de mañá.

A Escola municipal de Teatro do Rosal estréase sobre o escenario

0

A Escola Municipal de Teatro do Rosal está de estrea. Tras meses de ensaio e preparación, o alumnado subirá este venres 30 de xuño ao escenario para poñerse por primeira vez ante o público e representar ‘Noites enteiras’, unha obra no que farán un percorrido polo pasado para entender o presente.

Baixo a dirección da Compañía Artística, dende o pasado mes de outubro actores e actrices levan mergullándose nas diferentes técnicas das artes escénicas da man do actor Alfredo Rodríguez, da bailarina e experta en expresión corporal Olga Cameselle e da experta en dramatización Patricia Muñoz.

Coa súa guía, este venres levarán ao escenario do auditorio municipal ás 21.00 horas unha obra na que o tempo abala entre os moradores do Rosal e no que “as súas vidas mestúranse nos seus corpos e nas súas mans, que traballaron as tellas como ourives. A auga mestúrase coa semente e a forza dos muíños brúa nas noites escuras e feiticeiras que invaden os pensamentos. O pai Miño afasta e xunta coas súas correntes ambas beiras , enriquecidas co estraperlo daqueles que non marcharon buscando un futuro en terras alleas”.

A Escola Municipal de Teatro foi unha iniciativa posta en marcha polo Concello o pasado mes de outubro co obxectivo de “achegar o teatro á veciñanza e impulsar un punto de encontro no que poidan confluír todas as inquietudes de artes escénicas”, como explica a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, que anima a toda a veciñanza a achegarse a desfrutar desta obra de balde preparada con tanto agarimo por parte de todo o alumnado.

Alumnado de Moaña amosa o seu interese pola riqueza medioambiental de Covelo

0

Como colofón ás expedicións e actividades realizadas ao longo do curso, o Club de Ciencias do IES As Barxas de Moaña aterrou no Suído para coñecer a riqueza medioambiental de Covelo da man do guía de montaña e biólogo, Julio Eiroa.

Atraídos polo importante patrimonio natural de Covelo o profesorado, tras unha visita interpretada ao Serradoiro de Carranos, non dubidou en volver contactar co guía local para recibir clases de coñecemento do medio inmersos nel.

Na procura de adquirir teoría a través da práctica, percorreron o Suído para avistar fauna, achegarse ao coñecemento da flora de montaña, admirar o gando e os cabalos salvaxes e gozar dunha paisaxe espectacular. Escolares e profesorado subiron ata a Poza Piñeiro para logo visitar o Foxo do Lobo de Campo e visitar, xa pola tarde, o Serradoiro de Carranos. Nos camiños históricos da Serra do Suído aprenderon a identificar rastros, coñeceron as Drosera sp., que en galego chamamos  Orballiña, pranta carnívora presente nas serras do xeodestino Condado-Paradanta; o patrimonio gandeiro e histórico do Suído, a importancia dos ecosistemas de turbeiras e tremedais de montaña e pararon nos principais cotos que ofrecen fermosas vistas.

Para rematar este curso contaron cun importante aliado na serra sur da dorsal galega, o fotógrafo Julio Eiroa quen adianta ter vivido unha experiencia excepcional co alumnado e profesorado, “as experiencias educativas deste calado son fundamentais para a educación ambiental do futuro que garanta o coñecemento dos ecosistemas e dos recursos naturais, pero tamén históricos, que son legado e patrimonio de todos”.

Pero tan importante como coñecer é saber respectar os ritmos, os tempos, os silencios ou as tempadas de cría e non deixar máis rastro da pegada humana que a imprescindible. Por este motivo expertos como o guía local Julio Eiroa apelan á responsabilidade das persoas e recomendan acompañarse de persoas especialistas no medio natural que saiban interromper o menos posible o ritmo diario da fauna e protexer tamén, o máximo posible, a flora autóctona.

Esta actividade interpretada na montaña forma parte das moitas actividades que realizan no centro converténdose en exemplo de educación ambiental, conservación e desenvolvemento rural.

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, sinala que cada vez son máis as persoas de xeito individual e en grupo que se achegan ao concello na procura dun contacto directo coa natureza, de espazos libres de ruido e aire puro, de auga fresca e vistas espectaculares dende os que observar toda a área metropolitana de Vigo chegando a avistar as illas Cíes nun día despexado.