O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, aposta por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio con diferentes programas de visitas gratuítas durante a tempada de verán 2023.
Deste xeito, a Concellería de Turismo retoma a oferta de visitas guiadas polo Casco Histórico durante o verán e tan boa acollida ten na Vila e amplía a oferta: Engádese unha visita guiada nova polo Paseo Monte Boi. Serán os venres 7 e 21 de xullo e 4 e 18 de agosto. Trátase dun percorrido circular por todo o paseo para poñer en valor todo o patrimonio histórico, tradicional e natural do percorrido con explicacións sobre a Fortaleza e a súa importancia, pero tamén sobre a costa de Baiona, vexetación, así como curiosidades que nos atopamos no percorrido.Esta nova proposta ten unha duración dunha hora.
As visitas son gratuítas e é necesaria a inscrición previa na Oficina de Turismo de Baiona no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal, ou por teléfono no 986 68 70 67.
Visita Casco Histórico Baiona
Durante 90 minutos, unha guía oficial de Galicia, acompañará aos participantes durante un interesante percorrido por diferentes lugares emblemáticos da localidade entre os que se atopan o monumento Atopo Entre Dous Mundos, o Paseo Ribeira, cun percorrido polo Centro histórico finalizando no paseo marítimo.
Os veciños de Baiona e os visitantes poderán gozar do amplo patrimonio cultural do municipio acompañados por unha guía oficial durante mércores e sábados, como viña sendo habitual, ampliando a porposto aos venres. O punto de encontro para a saída será o exterior da oficina de turismo de Baiona (entrada ao Parador)ás 11:00 horas.