Sábado, 12 Xullo de 2025

A Deputación reúne este luns ao mundo da cultura para celebrar o Día das Escritoras

Unha vintena de recoñecidas autoras, que ao longo da historia contribuíron coas súas obras á igualdade desde a literatura, serán protagonistas na tarde deste luns do acto de celebración da Deputación de Pontevedra na sede de Vigo organizado ao abeiro do Día das Escritoras. O evento consistirá nunha lectura pública de fragmentos das obras destas escritoras por parte de mulleres e homes da cultura da provincia, e se encadra na Alianza Local pola Axenda 2030 que impulsa a Deputación coa celebración dos Días Mundiais relacionados co cumprimento dos ODS.

O acto, que comezará ás 19 horas, será unha excelente ocasión para achegarse á obra dunha vintena de creadoras como Rosalía de Castro, Pardo Bazán, Carmen Baroja, Elena Fortún, Concha Méndez, Teresa de Jesús, Mercé Rodoreda, Josefina Carabias, Gloria Fuertes, Ana María Matute o Circe Maia entre outras. Para homenaxealas, un potente elenco de mulleres e homes da literatura actual, do xornalismo, do ensino, das artes escénicas ou da música, prestarán as súas voces para ler fragmentos destas autoras que no seu momento sufriron a marxinación polo feito de ser mulleres que se atrevían a escribir, e contribuíron á igualdade dende as súas obras.

Entre as lectoras, amais da propia presidenta da Deputación, Carmela Silva, que lerá unha pasaxe de “La Hija del Mar” de Rosalía de Castro, figuran escritoras como Isabel Blanco, Ledicia Costas, Silvia Penas, María Lado, María Xosé Queizán, Inma López Silva, Mar Nieto, Lara Dopazo ou An Alfaya. Tamén soarán as voces do director do MARCO, Miguel Fernández Cid; Carla Sofía Amado, directora do Instituto Camoes; Esteban Valverde, director do Conservatorio Superior de Música; xornalistas como Sandra Penelas e Ana Fuentes; a profesora María Jesús Pérez; María Costa, profesional das artes escénicas; Raquel Vázquez, doutora en Filosofía; e o libreiro Xurxo Patiño.

O evento, que será introducido pola editora viguesa Teresa Zataraín, socia de “Clásicas e Modernas”, terá estritas medidas anticovid19 e por elo celebrarase cun formato consistente en dúas quendas de lectura con 10 intervencións cada unha delas. Só unha parte das/os lectoras/es farán a lectura presencialmente na sede da Deputación, na rúa Eduardo Chao, mentres o resto conectarase a través da plataforma Zoom co obxectivo garantir en todo momento o respecto ao aforo máximo. Ao mesmo tempo, para facilitar o seguimento para o público interesado farase unha retransmisión do acto por streaming a través do portal www.depo.es.

Esta celebración toma como referencia o gran acto do Día das Escritoras que coordina a Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas e Modernas. O comisariado nesta quinta edición está a cargo de Elvira Lindo, quen seleccionou ás autoras en torno ás que xirará a lectura dos textos. Tres de elas, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Pura Vázquez, representan ás letras galegas.

Galicia roza os 5.000 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.932, deles 839 son da área da Coruña, 450 da de Lugo, 1.577 da de Ourense, 457 da de Pontevedra, 708 da área de Vigo, 719 da de Santiago, e 182 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 246 en unidades de hospitalización e 4.643 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.326 persoas curadas, rexistrándose 818 falecementos. O número de PCR realizadas é de 586.482.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Nigrán lembra ao mestre republicano asasinado, José Vázquez Grela, cun panel informativo no parque que leva o seu nome

0

O Concello de Nigrán adica o seu Mes de Recuperación da Memoria Histórica a José Vázquez Grela, mestre republicano de Nigrán asasinado o 12 de setembro de 1936. Así, esta mañá quedou instalado no parque inagurado no 2018 e que leva o seu nome (ao carón da Avda.Val Miñor, onde estaba a súa escola) un panel coa súa biografía, fotos e documentos da ‘Comisión Depuradora del Personal de Magisterio de Pontevedra’. Ao lugar acudíu o alcalde acompañado do neto de Grela, José Vázquez, e da edil de Cultura, Nuria Lorenzo.

Posteriormente, desprazáronse a Panxón para depositar un ramo de flores no monumento adicada á ‘volta dos nove’ ao carón do Pavillón Municipal, no coñecido como o ‘Xardín da Memoria’; onde estivo Pilar Vieitez, nora do asasinado Modesto Fernández ‘Rei Chiquito’. O Concello de Nigrán celebra cada ano desde 2015 o Mes da Memoria Histórica facéndoo coincidir precisamente coa coñecida como ‘Volta dos Nove’, un dos sucesos máis terribles da comarca porque supuxo a execución a sangue fría de nove veciños do Val Miñor o 15 de outubro de 1936. Nesta ocasión, debido ás actuais circunstancias sanitarias, non se celebrou ningún acto público.

[su_image_carousel source=”media: 23308,23307,23305,23304″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

“José Vázquez Grela é tamén protagonista dun dos episodios máis tristes da Guerra Civil en Nigrán e exercía a súa labor na escola situada nas inmediacións deste espazo público que rehabilitamos no 2018 e ao que bautizamos no seu nome. Consideramos unha obriga moral manter viva a nosa memoria, por iso era preciso instalar este panel, para que todos os veciños poidan coñecer quen era Grela e que inxusto final tivo; para que non se repita o peor da nosa Historia debemos coñecer estes episodios tan vergoñentos”, considera o alcalde, Juan González, quen como historiador recolleu este caso no seu libro ‘Nigrán. Memoria dunha Guerra 1936-1939’. “Os seus alumnos xamais puideron esquecer como a mañá do 12 de setembro de 1936 uns homes interromperon a clase para levarse a Grela e como minutos despois soaron cinco disparos”, escolma no seu traballo.

Natural de Ames (Padrón) coñeceu a súa muller Josefa Iglesias en Bos Aires, onde emigrou con 12 anos para gañarse a vida como panadeiro. O matrimonio tivo seis fillos e pasou uns anos en Cuba antes de retornar a Galicia. Foi xa na terra onde con 33 anos (1930) sacou as oposicións de Mestre Nacional e, tras diversos destinos, en 1932 tomou posesión en Nigrán. Dende a súa chegada ao municipio gañouse a admiración e respeto dos veciños grazas a súa bondade e disposición a axudar sempre. Grela asumiu dende o inicio a presidencia do Consello Local de Primeiro Ensino, onde loitou por adecuar o ensino aos postulados máis renovadores e liberais, intentando levar a educación aos lugares máis afastados co fin de conseguir a alfabetización de toda a poboación e conquerir unha sociedade máis xusta e igualitaria. A súa labor non se limitaba aos cativos, tamén contribuía formando aos demais mestres da comarca e coa súa biblioteca participaba en tódolos eidos culturais de Nigrán. “En definitiva, era o prototipo de mestre da República, comprometido cos principios desa nova ensinanza e políticamente moi activo, ao punto de que foi un dos organizadores do mitin de xuño de 1936 nas Angustias a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia ao que asistiría Castelao como orador”, resume González.

Entre a propia información que recolle o panel figura este texto:
“O Golpe de Estado de xullo de 1936 e a feroz represión ían deixar a Nigrán sen moitas das persoas que traballaban por facer un mundo mellor e máis xusto, tal como desexaba o mestre José Vázquez Grela. Así, o 12 de setembro, ao redor das 12.30 horas da mañá, foron a buscalo a escola. Algúns alumnos, como Severino Crespo, recordan que no centro entraron o famoso garda civil de Bouzas ‘O Rabioso’ e tres falanxistas que os mandaron saír, entre eles estaba o fillo pequeno de Grela. Todos intuíron o que ía pasar, opropio mestre pediu que o deixaran despedirse da súa esposa e, aínda que non llo permitiron, suspirou profundamente para que ela o escoitase no piso de arriba, onde vivía. Metérono no coche patrulla dirección a As Angustias e despois fixéronlle baixar coa escusa de ir ver ao cura, en canto comezou a andar déronlle cinco tiros polas costas. Juan Cabreira Sanromán, tamén alumno, relatou como escoitaron os disparos pouco despois de levalo e como ao ir correndo para casa topouno morto nunha cuneta coa bata completamente ensanguentada. Grela contaba entón con 50 anos, a súa morte foi certificada á tarde do día seguinte e o seu corpo enterrado na foxa 21 do cemiterio de Nigrán, onde o Concello celebrou no 2015 na súa honra o Día da Recuperación da Memoria Lingüística de Galicia traducindo a súa lápida ao galego nun acto público coa súa familia”.

Tarta de otoño sin gluten (una versión de la ‘Pumpkin Pie’ o tarta de calabaza americana)

Partiendo de una receta muy típica del otoño, el Pastel de calabaza o “Pumpkin Pie” (un clásico de la repostería americana que no falta en el Día de Acción de Gracias y también en Halloween), hoy os traigo una versión sin gluten a la que he añadido otros ingredientes también otoñales: boniato y manzana (por supuesto podéis hacerla solo de calabaza). La mezcla de estos ingredientes y el toque de las especias, hacen de este postre algo diferente, un sabor suave, ligeramente dulce y especiado.

Si tenéis pensado vaciar una calabaza para decorarla terroríficamente este próximo Samaín, esta es una idea de aprovechamiento estupenda.

¡Veréis qué rica!

Ingredientes

(si hay alguna persona celíaca, aseguraros de que son aptos)

PARA LA BASE

  • 115 g harina sin gluten
  • 115 g de harina de almendras (almendra molida)
  • 50 g azúcar moreno
  • 115 g de mantequilla fría
  • 2 yemas de huevo
  • Huevo para pincelar los bordes de la masa
  • Tamizamos las harinas con el azúcar. Incorporamos la mantequilla y mezclamos con las manos.
  • Agregamos las yemas de huevo e incorporamos perfectamente a la mezcla.
  • Envolvemos en film y dejamos reposar en la nevera al menos 1 hora.
  • Una vez pasado este tiempo, la estiramos sobre papel de horno y la volcamos sobre el molde (yo utilicé uno de 26 cm), de forma que el papel quede por encima.
  • Retiramos cuidadosamente el papel y pegamos bien los bordes de la masa al molde, retirando la masa que sobresalga.
  • Pincelamos los bordes con huevo batido.
  • Horneamos a 180º unos 10 minutos.

Con la masa sobrante podemos hacer unas galletas con forma de hojas y de calabazas para decorar después la tarta. Solo tenemos que cortarlas en forma de hojas, o darles forma de calabacitas (les puse una pepita de chocolate para hacer el rabo), dejarlas enfriar en la nevera, o incluso en el congelador, y hornearlas a 180º unos 10 minutos, hasta que los bordes estén dorados.

Mientras, vamos a ir preparando el relleno de la tarta:

INGREDIENTES PARA EL RELLENO

  • 150 g de calabaza asada
  • 150 g de boniato asado
  • 100 g de manzana asada
  • 3 huevos
  • 200 g azúcar moreno
  • 250 g almidón de maíz (por ejemplo, Maizena)
  • Sal
  • Canela en polvo

La tarta original lleva un combinado de especias en polvo que puedes modificar a tu gusto: comino, clavo, nuez moscada, jengibre, cardamomo y hasta he visto alguna receta en la que añaden una pizca de pimienta negra.

  • 125 ml leche
  • 125 g yogur natural
  • 145 nata
  • (la leche y el yogur pueden sustituirse por 250 g más de nata)
  • Lo primero que haremos será asar la calabaza, el boniato y la manzana. Para ello, los pondremos más o menos 1 hora en el horno, sobre papel de hornear, a 180º. La manzana se hará antes. Pincharemos para ver si están tiernas, lo suficiente como para hacerlas puré.
  • Si hemos metido la calabaza con piel, la pelamos, y pelamos también el boniato y la manzana. Dejamos templar.
  • Trituramos junto con el azúcar y los huevos.
  • Agregamos la maizena, la sal y las especias. Integramos bien.
  • Mezclamos la leche, el yogur y la nata e incorporamos, mezclando bien.
  • Vertemos el relleno en el molde y horneamos a 190º durante unos 40 minutos.
  • Para saber si la tarta está hecha, podemos pinchar con una brocheta y ver si sale limpia. Si la queremos más jugosa, hornear hasta que al agitar veamos que el centro está casi firme, pero aún tiembla un poco.
  • Para que los bordes no se quemen, a mitad de cocción podemos cubrirlos con papel de aluminio.
  • Retiramos y dejamos enfriar en el molde sobre una rejilla.
  • Podemos acompañarla con nata montada o merengue.

Aunque estará buenísimo en el día, ya os digo que he comprobado que gana en sabor si la haces de un día para otro.

¡Buen provecho!

Receta adaptada del libro ‘Pastelería sin gluten’ y del blog Sally´s baking addiction

Técnicos da Deputación de Pontevedra visitarán as parroquias de Tomiño para a entrega ou visita de composteiros

0

O Concello de Tomiño e a Deputación de Pontevedra inician unha nova fase no sistema de entregas de composteiros individuais encadrados dentro do plan Revitaliza, que pretende establecer un novo modelo de xestión dos residuos orgánicos a través da compostaxe dos mesmos. O sistema de entrega, que ata agora se realizou a través de reunións periódicas cos veciños, pasará a ser levado a cabo por técnicos da Deputación de Pontevedra que visitarán as vivendas de todas as parroquias a partir da vindeira semana. Esta entrega realizarase porta a porta a todos os veciños e veciñas que conten cunha vivenda con terreo dispoñible para poder reciclar no seu propio domicilio os restos xerados e que aínda non conten co composteiro.

O obxectivo deste novo sistema, alén de para extremar as precaucións e o cumprimento de medidas de protección fronte á COVID-19, é o de dar un pulo ao proxecto coa intención de ter repartidos uns 1.500 composteiros antes de finalizar o ano. Ata o de agora, a través das reunións realizadas entre o 18 de agosto e o 14 de outubro, foron repartidos un total de 326 composteiros individuais entre os veciños. Estes, previa chamada dos técnicos, tamén serán visitados para ser asesorados no seu funcionamento e resolver dúbidas.

A entrega do composteiro e os seu complementos (aireador e termómetro) producirase previa a sinatura dun compromiso de que vai ser empregado para a compostaxe dos residuos orgánicos na súa vivenda. Do mesmo xeito, co fin de que toda a veciñanza saiba como realizar o proceso, desenvolveranse campañas formativas e informativas en cada parroquia, explicando tamén os beneficios ambientais, económicos e sociais que ofrece este modelo de xestión de residuos.

Os veciños que non se atopen no seu domicilio no momento da visita dos técnicos recibirán na súa caixa do correo un aviso de que esta se produciu, acompañado dun teléfono de contacto co fin de que poidan comunicar cando van estar presentes para formalizar a entrega.

Alén da entrega dos composteiros individuais, nos vindeiros días terá lugar tamén a instalación de 4 centros de compostaxe comunitario (CCC) no núcleo urbanos de Seixo, localizados no aparcadoiro da rúa Daniel Calzado, na rúa da Guarda e na rúa Tui, que darán servizo a 310 habitantes así como outro nas inmediacións do CEP Pedro Caselles, que atenderá ó comedor escolar. Pola súa banda, os técnicos xa están planificando como será a apertura destes CCC, con sendas visitas á veciñanza dos edificios usuarios de cada un.

O goberno de Ponteareas propón o recoñecemento de 93.000 m² do casco histórico como Área de Rehabilitación Integral

O goberno do BNG e do PSOE informa á veciñanza que está tramitando o recoñecemento dos 92.875 metros cadrados que ocupa o casco histórico de Ponteareas como Área de Rehabilitación Integral (ARI). Declaración que será solicitada á Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia.

A Área de Rehabilitación Integral de Ponteareas beneficiará a un total de 518 vivendas agrupadas en 74 edificios de uso residencial colectivo e 133 vivendas unifamiliares. Ademais, no ámbito existen 5 edificios de equipamentos e suporá tamén unha inversión na reurbanización de rúas e prazas incluídas nesta contorna (mellora en alumeado público, nas redes de servizos e subministros, no mobiliario urbano…)

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, destacou que “esta nova medida forma parte da estratexia de cambio iniciada en 2015 para dinamizar o núcleo urbano, e especialmente o caso histórico coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas, recuperando os espazos, tanto públicos como privados. Unha iniciativa que axudará á recuperación urbanística do caso histórico e favorecerá a creacion de emprego. Medidas entre as que se encadra tamén a recente adquisición dun edificio na praza Maior para destinalo a servizos municipais á cidadanía”.

O goberno municipal xa ten adiantados os traballos para esta declaración, “ contamos xa coa memoria e a planificación para a delimitación da ARI, un expediente detallado no que se recollen as actuacións para que a solicitude poida remitirse á Xunta, logo da súa aprobación polo Pleno Municipal”, manifestou a Concelleira Chus Garrote que xa iniciara éstes traballos no pasado mandato.

O goberno local quere facer partícipe aos veciños e veciñas do casco histórico deste proxecto e, aínda que neste momento non é posible realizar reunións abertas á cidadanía, comunicará directamente a proposta e nos vindeiros días abrirá na web municipal un espazo informativo sobre o ARI de Ponteareas e unha canle de comunicación para recibir ás aportacións da cidadanía. Posteriormente, cando as condicións sanitarias da pandemia o permitan, manterase un encontro aberto no que participará o equipo técnico redactor do proxecto para explicar os beneficios que reportará á Área de Rehabilitación Integral, “queremos traballar xunto cos veciños/as e propietarios/as para lograr a declaración do ARI”, declarou Represas.

O ámbito do ARI de Ponteareas organízase en torno ás dúas prazas principais da vila, a Praza Maior e a Praza de Bugallal. Estas compoñen o centro do ARI, e a partir de aí medra comezando dende o sur, os Xardíns da Xiralda, a Casa do Concello, e a Praza de Bugallal, a conexión entre ambos espazos pola Avenida da Constitución, e tamén entra o entorno da Igrexa. A continuación está a conexión entre ambas prazas principais, que se desenvolve pola Rúa de Oriente e a Rúa da Esperanza. Os edificios do entorno destas rúas constitúen outra parte recoñecible do ámbito. Por suposto un punto importante do Casco Vello é a Praza Maior e as rúas que de esta saen para conectala con distintos espazos da Vila. As rúas traseiras da Praza Maior, xunto coa Rúa dos Ferreiros forman outro espazo cun carácter propio, e de gran importancia no ámbito. Así, a Rúa dos Ferreiros prolóngase cara o sur coa Rúa do Doutor Fernández Vega, que remata o ámbito antes da Praza de Abastos. Finalmente, a parte máis ao norte do ámbito, a Rúa Real, que corresponde ao paso da N-120 pola vila. Na zona desta rúa onde desembocamos dende a Praza Maior baixando pola Baixada de San Gregorio atopamos cuns edificios históricos da vila con clara necesidade de rehabilitación.

Galicia eleva o número de casos activos por coronarivus ata os 4.745

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.745, deles 807 son da área da Coruña, 425 da de Lugo, 1.610 da de Ourense, 416 da de Pontevedra, 632 da área de Vigo, 686 da de Santiago, e 169 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 40 están en UCI, 229 en unidades de hospitalización e 4.476 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.078 persoas curadas, rexistrándose 815 falecementos. O número de PCR realizadas é de 579.828.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

O porriñés Diego Giráldez finalista do premio de xornalismo ‘Fernández del Riego’

O escritor e xornalista porriñés Diego Giráldez é un dos tres finalistas con posibilidades de gañar un dos premios de xornalismo máis importantes de Galicia, o Fernández del Riego, que convoca Afundación e que este ano cumpre a súa décimo séptima edición.

O artigo ‘A cardiopatía de Xulia’, publicado no diario dixital Praza Pública o pasado ano, serviulle a Giráldez para entrar na terna de finalistas xunto a Míriam Ferradáns e Cristina Pato. Na súa columna, o escritor e xornalista do Porriño, fai unha emotiva e contundente defensa da sanidade pública a través dunha vivenza persoal coa súa filla. O texto é un eficaz exemplo de xornalismo literario que, segundo di o autor, “só me dá satisfaccións”.

Giráldez comenta que desde o momento que foi publicado, “non deixaron de chegarme mensaxes de persoal médico, de enfermería, do equipp de Neonatoloxía do Álvaro Cunqueiro agradecendo o artigo ou mesmo de persoas que pasaron por unha situación parecida”. “É un texto escrito dende o estómago pero en positivo que só trata de poñer en valor a sanidade pública. Unha sanidade deostada que, tal e como estamos a comprobar hoxe en día, merece respecto e unha estrita atención”, finaliza.

Ou xurado, presidido polo presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, destacou o “sobresaínte nivel” dos artigos presentados e publicados en distintos medios de comunicación durante o 2019.

Un porriñés premiado

Diego Giráldez (O Porriño, 1976) exerceu o xornalismo en distintos medios escritos e dixitais. Ademais de coordinar varias cabeceiras, colaborou como columnista de opinión nos xornais A Nosa Terra ou Xornal de Galicia e, a través de reportaxes culturais, con El País.

Na actualidade, colabora no diario dixital Praza Pública e a revista Luzes. Fundou e dirixiu as revistas Malladoura e CanZine e ten escrito diversos libros relacionados coa arquitectura e a historia económica de Galicia.

En 2016, publicou ‘Galería de saldos’, o seu primeiro traballo literario de narrativa, da man da editorial Xerais. Este libro de relatos curtos, valeulle o aplauso unánime de crítica e público, sendo elixido ‘Autor galego do ano’ pola revista Fervenzas Literarias. En 2019, publica con Galaxia a súa novela ‘Hotel para coleccionistas discretos’ e colabora cos seus relatos en varias obras colectivas, da man da mesma editorial.

En 2010, recibiu o Premio Literario ‘José Saramago’ de relato curto; en 2015, fíxose co primeiro accésit do Certámen Nacional de Narracións Breves ‘Modesto R. Figueiredo’ e un ano despois gañaba o premio literario ‘Manuel Murguía’.

Baiona continua a desenvolver a programación de «OutubroDiverso» coa conversa ‘Diversidade nas Artes Escénicas’

0

O domingo, 18 de outubro, ás 12:00 horas o vestíbulo da Casa do Concello de Baiona acollerá a conversa ‘Diversidades nas Artes Escénicas’, actividade que correrá a cargo de Mónica Sueiro, directora da aula de teatro de Baiona e do colectivo 85C de Vigo, e que está enmarcada dentro da programación ‘OutubroDiverso’, un completo programa de actividades ao redor da visualización das realidades LGBTIQA+ que se sucederán ao longo do mes de outubro e que se celebra por primeira vez na Vila.

A actividade desenvolverase cun aforo limitado de 20 persoas, mantendo as distancias de seguridade e tomando todas as medidas de seguridade pertinentes. Desde a Concellería de Igualdade mándase unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía xa que se van a poñer as medidas de seguridade e preventivas necesarias.

O obxectivo xeral é reducir ao máximo o risco de contaxio e transmisión da pandemia á vez que se goza da programación. Tamén poderase ver en streaming a conversa a través dun directo do Instagram da Casa Colorida e da canle de youtube do Concello de Baiona.

En concreto, o programa é froito do traballo conxunto da Concellería de Igualdade de Baiona, de activistas da Marcha Mundial das Mulleres e da Casa Colorida.

O programa Cultiva a Mente realiza a súa segunda edición en cinco parroquias tudenses

0

Esta semana comezou a segunda edición do programa “Cultiva a Mente” froito da colaboración entre o Concello de Tui e AFAGA, a Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras demencias de Galicia.

Oitenta persoas asisten unha vez á semana aos obradoiros que teñen lugar en Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis e Rebordáns.  Durante hora e media realizan técnicas de memoria, reciben consellos saudables ao tempo que se fomenta a socialización e as emocións positivas. Este ano amais coma novidade abordarán tamén o uso das novas tecnoloxías.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ao concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, achegáronse onte ao Centro Cultural de Areas onde tiña lugar o primeiro dos obradoiros na parroquia desta nova edición.  O alcalde, Enrique Cabaleiro, sinalou o compromiso do goberno municipal de trasladar este tipo de actividades ao rural , dando resposta á necesidade de cohesionar as parroquias e atender as necesidades das persoas que alí viven. O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, destacou o éxito da actividade  e a acollida que tivo tanto a primeira edición coma esta segunda. Pola súa parte o presidente de AFAGA, Juan Carlos Blanco, salientou que “Cultiva a mente” un proxecto innovador que apostaron por manter con todas as medidas de seguridade derivadas da actual situación de pandemia.

Os grupos en cada unha destas parroquias están completos pero estase a confeccionar lista de agarda para cubrir as prazas vacantes que se poidan rexistrar. Por iso as persoas interesadas poden cubrir o impreso de solicitude, accesible en tui.gal, e presentalo por rexistro de entrada na Casa do Concello.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 23 e sábado 24 de outubro

0

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres 23 e sábado 24 de outubro.

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao Carón do Centro Cultural) o venres 23 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 24 de 10:00h ás 15:00h.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos. Todas as persoas que desexan doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828. O sistema de CITA PREVIA reforza os protocolos de seguridade nas unidades móbiles e locais de doazón e tentar garantir unha afluencia axeitada e ordenada para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.

Redondela celebra esta fin de semana ‘A Batalla de Rande’ rodeada dun estrito protocolo de seguridade sanitaria

0

O Concello de Redondela confirmou hoxe a celebración, esta fin de semana, da ‘Batalla de Rande’, unha das celebracións máis destacadas do municipio é que este ano desenvolverase rodeada dun estrito protocolo de seguridade sanitaria.

A Alcaldía redondelá, que mantén un “continuo e fluído” contacto coa Consellería de Sanidade, recibiu onte a confirmación explícita da administración sanitaria de que, este tipo de eventos, non estaban incluídos nas prohibicións da Orde publicada onte no Diario Oficial de Galicia, e polo tanto, non existía ningún impedimento para a súa celebración.

En todo caso, a alcaldesa Digna Rivas adiantou que este evento “estará rodeado dun estrito protocolo de seguridade sanitaria de cara a garantir, en todo momento, a saúde de todas as persoas participantes”.

Nesa liña, tanto a rexedora local coma o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, lembraron que Redondela foi, durante todo este tempo, “un exemplo en canto a organización de eventos culturais nos que primou a seguridade por enriba de calquera outra consideración” e agradeceu “os esforzos e traballo que, para que isto fora posible, desenvolveu o persoal do Concello de Redondela”.

Dada a importancia deste evento, os protocolos sanitarios que habitualmente adopta o Concello para os eventos culturais, “serán máis estritos que nunca, con controis de temperatura na entrada, control do uso de máscaras por parte do público durante todo o evento, aforo restrinxido e coas cadeiras debidamente separadas, e control á hora de entrada e saída para evitar aglomeracións”.

Digna Rivas lembra que o aforo será limitado “mediante entradas que se poden retirar con antelación tanto na Oficina de Turismo da Casa do Concello ou no Museo Meirande, entradas que serán obrigatorias para poder acceder ao recinto que estará debidamente acotado”.

A celebración da Batalla de Rande “era un compromiso que tíñamos adquirido coa veciñanza que leva moito tempo traballando arreo na súa organización e que miraban con preocupación a posibilidade de suspensión”, explica a alcaldesa redondelá.

Cómpre salientar que, para unha celebración da actividade máis segura, ás medidas antes mencionadas engádese o alongamento da ‘Batalla’ en dúas xornadas –sábado 17 durante todo o día e domingo 18 pola mañá– de cara a distribuír as actividades ao longo de toda a fin de semana.

O Concello de Redondela apostou sempre pola cultura, un sector que como tantos outros foi duramente golpeado pola pandemia da COVID-19. A intención do Goberno local, polo tanto, é tentar de manter na medida do posible as actividades culturais previstas pero, enfatiza Digna Rivas “primando, por enriba de todo, a seguridade sanitaria que ten, para este Goberno, prioridade absoluta sobre calquera outra consideración e sempre dependendo da evolución da COVID-19”. A Batalla de Rande celebrarase, remata a alcaldesa de Redondela, “porque se pode facer de xeito seguro e cun protocolo estrito que todos e todas deberemos cumprir”.

O concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, sinalou que ‘A Batalla de Rande’ aspira ao recoñecemento de Festa de Interese Turístico de Galicia “e para iso precisa que se teña celebrado durante 15 anos de xeito ininterrompido polo que, a súa suspensión aínda que sexa por circunstancias excepcionais como as que se están a vivir, podería supoñer un grave contratempo para dita declaración”.

Antón Riveiro Coello, «O paraíso dos inocentes»

O regreso de Antón Riveiro Coello vén avalado, se tal cousa fose necesaria tratándose dun dos nomes máis relevantes da narrativa galega contemporánea, polo Premio Torrente Ballester do ano pasado, que por razóns que a ninguén se lle escapan tivo que retrasar a publicación da obra galardoada. O caso é que chega agora a nós «O paraíso dos inocentes», unha historia de ficción ben asentada sobre a realidade ata o punto de que por momentos case semella unha amplísima reportaxe xornalística, coa guerra de Siria como telón de fondo.

O autor sitúa a novela entre marzo e abril de 2016, no marco do “alto o fogo” decretado polas Nacións Unidas logo da intervención das potencias estranxeiras no conflito tras cinco anos de enfrontamentos. A trama iníciase en Alepo, unha cidade desbaratada polos horrores da guerra e dividida en dous bandos enfrontados. Na zona este, ocupada polos rebeldes, atopamos a Amina, xornalista e activista; o seu mozo socorreu ao neno Karim recuperando o seu corpo entre os cascallos dun edificio derruido que acabou con toda a súa familia. Amina e Karim iniciarán unha viaxe coa que pretende reunir o neno co seu irmán, único familiar vivo, fuxido en Europa. Na zona oeste, leal ao réxime, Isam, químico que traballa nunha fábrica de xabón, vén de ser recrutado de maneira forzosa polas tropas gubernamentais, polo que decide desertar e escapar do país antes de formar parte do conflito. Por outra banda, en Bruxelas, Tristán, un mozo galego, ten un extrano comportamento días antes de morrer no atentado terrorista no aeroporto de Zaventem, o que fai que a súa moza, Alicia, e o seu pai, Alfredo, indaguen sobre os seus últimos movementos.

Estas tres tramas, aparentemente inconexas, desenvólvense en paralelo ao longo de todo o relato para ofrecer unha visión global das consecuencias dun conflito e, sobre todo, da repercusión que ten sobre os refuxiados e os exiliados, tan a miúdo a cara máis inocente de calquera enfrontamento armado. Convértese, deste xeito, nun canto á solidariedade e ás ansias de liberdade no que, entre todo o horror, sobrevoa unha luz de esperanza que é quen de contrarrestar a dureza de moitas das páxinas que integran a narración. Non quero das pistas sobre o final para que o lector descubra por si mesmo os detalles que lle dan solidez á trama, pero si quero apuntar que a confluencia das tres tramas ensancha a cada unha delas dotando a cada relato dunha maior amplitude.

Tamén quero destacar a creación de personaxes certamente memorables, como Amina, a activista colaboradora que o deixa todo por axudar; Alfredo, o atónito pai sorprendido por un fillo ao que non recoñece; ou Tristán, o eterno interrogante da trama. Pero entre todos eles, ao meu entender, sobresae Karim, o neno da infancia derrotada que é quen de sobreporse a calquera situación. A súa miudeza agocha un espírito certamente forte e arroutado que, pese a ser protagonista dos horrores máis crueis, sobreponse e axuda a sobreporse aos que o rodean.

Antón Riveiro Coello

O paraíso dos inocentes

Galaxia

Ponteareas vístese de cor rosa con motivo do día mundial contra o cancro de mama

A Concellería de Saúde, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, e a asociación de Cancro de Mama Pilar Domingo convidan a toda a cidadanía a amosar o seu apoio a todas as mulleres que padecen esta enfermidade.

Con motivo do día mundial contra o cancro de mama que será o vindeiro día 19 de outubro, a Casa do Concello lucirá un lazo de cor rosa que nos recordará a necesidade de seguir investigando e investindo fondos na loita contra esta enfermidade.

En Ponteareas, a Asociación Cancro de Mama Pilar Domingo ofrece asesoramento, información e apoio a través de obradoiros, terapias e diversas actividades coas que facer mellor o día a día das familias que conviven ou conviviron con esta doenza. As persoas interesadas en contactar coa asociación poden facelo no número de teléfono 617 33 01 71.

Cristina F. Davila explica que este ano, por mor das medidas Covid-19, non se poderán realizar as actividades de concienciación e visibilización que de costume se realizaban pero  quere trasladar unha mensaxe de ánimo a todas as familias e manifesta a importancia de non perder os folgos e apostar pola investigación e pola prevención para atopar solucións a tempo. Segundo o observatorioi do cancro da Asociación Española contra o Cancro de Mama (AECC) en España diagnosticáronse 33.307 novos casos no 2019, o que representa algo máis do 30% de todos os tumores do sexo feminino. O maior número total de diagnósticos atópase nas mulleres na franxa dos 45-65 anos, pero a partir dos 75 anos, co envellecemento, aumenta o  número de mulleres diagnosticadas.

A subdelegada do Goberno da a coñercer ao Concello de Ponteareas o proxecto de mellora da N-120 ao seu paso por Xinzo, Arnoso e Areas

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote reuníronse hoxe coa subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, nun encontro no que Larriba avanzoulles a redacción do deseño de trazado de mellora da seguridade viaria da N-120 ao seu paso polas parroquias de Xinzo, Areas e Arnoso. Na xuntanza tamén participaron o xefe da Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra, Pablo Domínguez, un representante da empresa redactora do proxecto de trazado e membros da plataforma pola mellora da seguridade viaria da N-120.

Maica Larriba informou aos asistentes que “se trata dun tramo de vía de 5 quilómetros, que vai contemplar a construción de seis rotondas que mellorarán a mobilidade na estrada e garantirán unha maior seguridade, evitando os xiros á esquerda”. Así mesmo engadíu que o deseño do novo trazado contempla unha senda peonil ao longo dos 5 quilómetros que se alternará entrambas marxes da estrada, alén dos conseguintes pases de peóns.

O encontro mantido entre os representantes e técnicos da Administración Xeral do Estado e do Concello, así como cos veciños das parroquias afectadas, buscaba “mellorar a coordinación entre as diferentes Administracións e a propia plataforma veciñal, amais de adiantarlles o traballo realizado ata agora pola Demarcación de Estradas do Estado”.

Maica Larriba quixo subliñar “o compromiso do Goberno e desta Subdelegación coa veciñanza de Ponteareas, que se concreta neste proxecto de trazado que da resposta a unha reclamación histórica da localidade”. A subdelegada agradeceu, así mesmo, “a boa recepción entre os veciños e o equipo de Goberno da proposta, que supón a materialización dun primeiro paso para atender a demanda dos habitantes destas parroquias”.

Unha vez rematado, o proxecto de deseño de trazado someterase a un período de información publica, durante o cal tanto o Concello como calquera veciño poderá presentar as alegacións que considere oportunas. Concluído dito período e unha vez resoltas todas as alegacións presentadas, procederase á licitación do proxecto construtivo definitivo e, posteriormente, á licitación e execución das obras.

Pola súa banda, o alcalde de Ponteareas agradeceu á subdelegada o seu compromiso coa vila e valorou a súa boa disposición, así como o feito de que a veciñanza puidera coñecer xa como será a reforma do vial. “A reunión de hoxe é unha mostra da boa interlocución de Ponteareas co goberno do Estado e co Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana e tamén un feito que nos permite coñecer os pasos que se van dando e o cumprimento do compromiso para darlle solución a esta estrada pola que pasan 17.000 vehículos diairos nun tramo con alta densidade de poboación nas marxes”.

A concelleira Chus Garrote manifestaba que “se materializa o compromiso real do Estado e que queda claro que o Ministerio de Transportes xa ten un proxecto enriba mesa, un proxecto que recolle as aportacións e demandas tanto da plataforma como do goberno local”.

Mos aporta este ano preto de 50.000 euros aos seus deportistas

0

A pesar da crise da Covid-19, que facía dudar ao Concello de Mos de se podería asumir a cantidade orzamentaria presupostada para adicar a axudas deportivas, a máis alta dos últimos tempos e que ascendeu de 33.100 euros en 2019 a 49.100 euros en 2020, como así llo trasladara hai uns meses aos clubes e deportistas beneficiarios das memas o equipo de goberno local; a administración local mosense estalle a gañar o pulso á crise e anunciou xa que sí está en disposición de aboar as 13 subvencións que suman preto de 50.000 euros, e que así o fará antes de que remate o ano.

Ademais a alcaldesa, Nidia Arévalo, xunto cos concelleiros de Facenda e Deportes, Alberto Méndez e Begoña Toucedo, respectivamente, aproveitaron para anunciar que o goberno mosense atópase inmerso na elaboración do orzamento para o vindeiro ano 2021 e no capítulo de gastos relativo a subvencións deportivas contemplará un pulo económico para o U.D. Mos Feminino, de xeito que o Concello de Mos se convirta no principal patrocinador do equipo, como así llo trasladou ás xogadoras do equipo a rexedora local mosense a semana pasada na visita que lles fixo no Campo de Fútbol das Baloutas.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e Alejandro Gómez achegáronse o pasado xoves 8 de outubro ata o Campo de Fútbol das Baloutas para animar ás xogadoras do U.D. Mos Femenino antes do seu adestramento. Xa que veñen de comezar os entrenos desta nova tempada 2020-2021 na que xogan nunha nova categoría: Primeira Nacional, tras ter ascendido a tempada pasada. Tamén estiveron presentes Pablo Alonso Serodio, presidente da U.D. Mos, Telmo González, adestrador do U.D. Mos Feminino, e Cristian Taibo, coordinador deportivo da U.D. Mos. O ascenso a Primeira do U.D. Mos Femenino supón para o clube un grandísimo logro. A rexedora local mosense destacou “a valía destas mulleres e o meteórico da súa traxectoria deportiva, sendo un auténtico exemplo de traballo duro, esforzo, superación e deportividade para toda a cidadanía mosense e un verdadeiro orgullo para o Concello de Mos”. Por elo adquiriu o compromiso de que o Concello sexa o principal patrocinador da equipaxe oficial do equipo para esta tempada. Ademais de animar e felicitar ás xogadoras, Alejandro Gómez foi tamén receptor dun agasallo por parte delas e do clube, para darlle forzas na súa recuperación e agradecerlle tantos anos de traballo e apoio e incondicional ao equipo e á Unión Deportiva Mos. Forza e gratitude que tamén lle adicou a alcaldesa en representación do Concello de Mos “por ser un gran deportista comprometido co deporte do municipio mosense e unha mellor persoa”.

Este ano 2020 en total repártense en Mos 49.100 euros (16.000 euros máis que en 2019) en 13 subvencións cuxos beneficiarios son a bailarina Patricia Martínez, a ciclista Susana Alonso, o Club de Patinaxe Artística Rosaleira, as Escolas de Patinaxe de Mos, o Club Tiro con Arco Archers Team, o Club Louro Tameiga, o Club Deportivo Alerta de Sanguiñeda, a Unión Deportiva Mos, Unión Deportiva Mos Feminino, o boxeador Juan Rivera, o Club Natación Mos, o Club Xadrez Mos e a Agrupación de Patinaxe Xiramos.

A rexedora local destaca destes 13 clubes e deportistas a súa entrega e implicación co Concello de Mos como promotores da práctica deportiva. “O deporte non só fomenta os hábitos de vida saúdables, senón tamén principios educacionais tales coma o traballo en equipo, o esforzo, o afán de superación, a competitividade sá e o compañeirismo entre rivais; valores tan necesarios e importantes na sociedade actual”, dixo Arévalo. “Estas axudas municipais de apoio ao deporte local e de base entréganse anualmente co obxectivo de dar continuidade e promover a actividade de clubes deportivos, tan importante para o enriquecemento da localidade nestes intres, e agora especialmente, sempre coas debidas medidas de seguridade sanitaria ante o coronavirus”.

A Deputación destina máis dun millón de euros a concellos e entidades sociais da provincia

O goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar este venres novos recursos para os concellos e entidades sociais da provincia que ascenden a máis dun millón de euros. En concreto, preto de 616.000 euros irán dirixidos ao concellos da Cañiza, Ponteareas, Salvaterra e Baiona, no marco do Plan Concellos 2020, e máis de 409.000 € a 80 entidades de 16 municipios da provincia para programas sociais dirixidos á poboación de maior vulnerabilidade

En canto aos investimentos do Plan Concellos, A Cañiza recibirá 126.880 euros para a financiación da ‘Substitución do material da cuberta do pavillón de Touzosas-Valeixe’ que presenta na actualidade unha cuberta deteriorada que provoca filtracións de auga e humidades sobre a fachada. Coa achega do Plan Concellos, o goberno local poderá financiar unha nova cuberta de panel sándwich, mellorará a impermeabilización e illamento do espazo, revestirá o interior baixo cuberta, instalará novas baixantes e redes de canalización e pintará vigas e pilares.

No que respecta a Ponteareas, a Deputación aprobou destinar preto de 70.000€ para o financiamento da ‘Mellora de accesos no lugar de O Toucedo-Paredes’. Deste xeito a actuación converterá en accesibles os camiños municipais destes núcleos da vila, renovando ademais a súa capa de rodadura e o pavimento.

Pola súa banda Salvaterra de Miño recibirá 72.319,92 euros da Deputación para o ‘Saneamento en Ermitas, Couto e Toucedo’, dotando, así, deste servizo ás vivendas que actualmente non o posuían. Tamén no marco do Plan Concellos, pero da liña 3 de emprego, a vila recibirá 165.796 euros para contratar a 15 persoas traballadoras.

No caso de Baiona, as achegas aprobadas polo goberno provincial enmárcanse na liña 3 de emprego do Plan Concellos 2020 e ascenden a 189.883 euros para que a vila poida financiar a contratación de 19 persoas traballadoras.

Subvencións para entidades con programas sociais

A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou tamén hoxe destinar 409.921 euros a un total de 78 entidades de 16 concellos da provincia para actuacións e proxectos de atención especializada a persoas de especial vulnerabilidade e que, polas súas circunstancias persoais, psíquicas, físicas ou socioeconómicas, se atopen en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social.

As entidades que se van beneficiar desta liña de subvencións da Deputación pertencen aos concellos de Cangas, A Guarda, Lalín, Mos, Nigrán, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Inclúense entre as iniciativas subvencionadas proxectos de promoción da autonomía persoal en persoas con enfermidades mentais, servizo de información e orientación para persoas con parálise cerebral, fomento do emprego, prevención e apoio en hábitos saudables en persoas con TEA, atención integral ao neno/a con patoloxía oncohematolóxica, clases de educación musical e expresión plástica, ou reparto de alimentos.

Uso responsable do servizo municipal de recollida de voluminosos

0

O Concello da Guarda dispón dun servizo municipal de recollida de voluminosos porta a porta. A prestación deste servizo é totalmente de balde e ten como obxectivo facilitar á veciñanza o traslado de aqueles residuos que polo seu peso ou volume, o posuidor non poida trasladar.

Tal e como establece o regulamento municipal de limpeza pública e de recollida do lixo para os residuos voluminosos “Por regra xeral cando este tipo de lixo sexa de procedencia doméstica terá que ser trasladado ao punto limpo polo responsable do residuo”.

Por iso, apelamos á veciñanza a facer un uso responsable deste servizo para evitar tempos de espera innecesarios por un mal uso do mesmo.

Información de interese

Horario Punto Limpo (contacto: 690 016 976):

  • Luns: 8.30-13.30h
  • Martes: 8.30-13.30h
  • Mércores: 8.30-17.30h
  • Xoves: 8.30-13.30h
  • Venres: 8.30-13.30h
  • Sábado: 9.00-13.00h

Servizo de recollida de voluminosos (todo aquilo que a xente non pode trasladar polos seus propios medios por peso ou volume): 676 674 837 (Medio Ambiente)

Cancélase a asamblea da comunidade de montes de Atios prevista para este sábado

A asemblea xeral ordinaria da comunidade de montes de Atios prevista para este sábado non poderá celebrarse finalmente. Responsables municipais puxéronse en contacto verbalmente co presidente da xunta reitora e comunicáronlle que, amparándose na orde de onte da Xunta, o Concello do Porriño non permite a celebración de eventos asemblearios, nin deportivos, nin doutro tipo que xunten máis de dez persoas.

Hai unha evidente discrepancia na interpretación da orde da Consellería de Sanidade por parte do gabinete xurídico da comunidade de montes e os responsables do goberno local, pero é evidente que hai que acatar a decisión da autoridade municipal.

Laméntanse polas molestias ocasionadas aos comuneiros e veciños. Se agardará a que a situación sanitaria se normalice para recuperar a vida normal da comunidade, que precisa obrigadamente para o seu funcionamento das decisións que se toman en asemblea. Un feito que dadas as circunstancias por agora non é posible, coas consecuencias que iso conleva. Iso si, se antepoñe a saúde sobre todo o demais.

Tui inicia o procedemento para ser declarada Área de Rexeneración Urbana de Interese Autonómico, REXURBE

0

O Concello de Tui solicitará ao Instituto Galego de Vivenda e Solo a declaración do conxunto histórico e a súa contorna como Área REXURBE, Área de Rexeneración Urbana de Interese Autonómico.

Nas zonas declaradas Areas REXURBE lévanse a cabo actuacións de rehabilitación ao mesmo tempo que se artellan medidas sociais, urbanísticas, ambientais e económicas, enmarcadas nunha estratexia administrativa global e unitaria. O Concello de Tui terá que dispoñer dun plan de dinamización que será o instrumento estratéxico que marcará as actuacións a realizar en materia de rehabilitación das vivendas e protección do patrimonio cultural como de todas aquelas medidas que contribúan a unha revitalización integral do ámbito.

Os técnicos municipais, xunto a un equipo multidisciplinar, liderado polo estudio de urbanismo e arquitectura MMASA, atópanse actualmente preparando a solicitude que será presentada antes de final de ano ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo. Esta solicitude incluirá a proposta que delimita o ámbito e comprende de forma desagregada a estratexia social, económica, urbanística e arquitectónica, que se pretende levar a cabo, para a recuperación e dinamización do ámbito. Posteriormente corresponderá ao Consello da Xunta de Galicia acordar a declaración da Área REXURBE.

Lete destaca a capacidade de adaptación de Federacións como a de Balonmán que ven de presentar a súa máscara oficial

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa,  participou onte na presentación da máscara oficial da Federación Galega de Balonmán realizada xunto á empresa galega Amura Sport. O mandatario galego destacou a capacidade de adaptación das federacións deportivas galegas como a de balonmán que “imaxinan solucións intelixentes aos problemas que dispón a pandemia”.

Do mesmo xeito lembrou que “cada vez son máis os datos de científicos e expertos que avalan que coa máscara non descende o rendemento e que é a única forma segura de facer deporte”.

A máscara presentada onte destaca pola súa ergonomía, o seu alto grao de filtración bacteriana (superior ao 90%), a súa lixeireza, o seu sistema de suxeición adaptado ás necesidades do balonmán ou o seu índice de respirabilidade (13Pa/cm2). Con respecto ao seu uso, ten unha vida útil recomendada de 20 lavados (con deterxente normal a un máximo de 60 grados, na lavadora).

Federación e empresa levan semanas traballando nunha máscara que se adapte do mellor xeito á práctica deportiva aínda que xa están a desenvolver o modelo 2.0. Cómpre salientar que a Federación Galega de Balonmán investirá os cartos recadados nesta campaña no financiamento de máscaras a repartir entre os diferentes clubs, coa finalidade de que ningún neno deixe de practicar balonmán pola imposibilidade de adquirilas.

Mos abre a programación de La Vuelta 20 cunha ‘MasterClass’ a cargo de Pereiro, Pino, “Purito” e Javier Mínguez

0

Onte tivo lugar a apertura da programación municipal de actividades previas á saída dunha etapa de La Vuelta Ciclista a España 2020 desde o Pazo de Mos o 5 de novembro cunha charla ofrecida por ciclistas de recoñecido prestixio internacional entre os que se atopou o mosense Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, e embaixador de La Vuelta.

O acto consistiu nunha ‘MasterClass Ciclista’, celebrada esta tarde no Multiusos das Pozas a cargo de Óscar Pereiro e Álvaro Pino de xeito presencial, e Joaquín Rodríguez “Purito” e Javier Mínguez de xeito dixital, por videoconferencia.

A charla retransmitiuse en directo vía streaming e contou con asistentes presenciais entre o público que se achegou ata o auditorio do Multiusos, e que estivo integrado fundamentalmente por membros de clubes ciclistas e afecionados a este deporte de Mos e comarca; así como con numerosos espectadores on line que a seguiron en directo desde as páxinas web oficiais do Concello de Mos e La Vuelta a través das ligazóns https://www.mos.es/directo/ e https://www.lavuelta.es/es/noticias/2020/masterclass-ciclista-auditorio-as-pozas-mos

Esta masterclass, que contou na súa versión presencial con todos os protocolos e medidas preventivas anti Covid-19, forma parte do programa deseñado e consensuado pola Mesa de La Vuelta do Concello de Mos con motivo da etapa que sairá desde o Pazo e que inclúe iniciativas de diversa índole relacionadas co eido musical, artístico, educativo, cultural e deportivo do municipio mosense. Mos será a única localidade da provincia de Pontevedra na que haberá unha etapa de saída de La Vuelta este ano 2020. Nestes momentos, máis que nunca é preciso ilusionar a poboación e seguindo rigorosamente os protocolos anti Covid-19, celebrar actividades adaptadas á situación actual coa colaboración das institucións e de toda a veciñanza, para conmemorar esta etapa exclusiva que pasará por Mos.

[su_image_carousel source=”media: 23222,23223,23224″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O Concello de Tui vén de rematar as obras de mellora nas canles do refuxio municipal de cans

0

O Concello de Tui de vén de rematar as obras de mellora nas canles do refuxio municipal de cans situado en Guillarei. Os traballos consistiron no cambio da estrutura e do tellado nas doce canles máis antigas do refuxio.  En concreto foron retiradas as vellas e corroídas estruturas metálicas e o tellado de uralita. Colocáronse novas estruturas e  chapa de panel sándwich. Coa execución desta obra mellórase a seguridade tanto para os voluntarios que realizan alí os seus labores, coma para os cans que alí viven.  Ao tempo logrouse un mellor illamento térmico o que redunda no benestar dos animais.

O PP de Ponteareas denuncia a pouca accesibilidade para vehículos de emerxencia e persoas con movilidade reducida

O Grupo Municipal do PP lamenta que o municipio sexa pouco accesible para persoas con mobilidade reducida, transporte e vehículos de emerxencia.  

Os populares informan que esta mesma semana solicitarán o Plan de Seguridade e Movilidad onde se establecen protocolos de actuación que garantan unha rápida evacuación en casos de emerxencia, xa que todas as peonalizacións, peche de prazas, novos sentidos do tráfico, estreitamento das rúas por onde circulan os coches, e outros aspectos que derivan da peonalización dos viais, deben garantir que os veciños poidan ser evacuados en caso de accidente, enfermidade, incendio, ou calquera outra circunstancia que se produza con urxencia.

“Non se pode humanizar todas as rúas se imos empeorar a calidade de vida dos nosos veciños. As ambulancias e coches de Policía teñen dificultades para circular por algúns viais. Ademais, a falta de planificación na execución das obras, que se están realizando case todas ao mesmo tempo, fan que moitas veces o centro de Ponteareas colápsese e non haxa posibilidade de paso”.  

Os populares tamén instan a que as rúas en obras dispoñan de pasos provisionais para persoas con mobilidade reducida. “Non podemos obstaculizar durante meses o día a día destas persoas. A administración local ten que favorecer a nosa calidade de vida”.

Preto de alcanzar os 4.700 casos activos por coronavirus en Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.680, deles 784 son da área da Coruña, 475 da de Lugo, 1.601 da de Ourense, 401 da de Pontevedra, 592 da área de Vigo, 660 da de Santiago, e 167 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 41 están en UCI, 231 en unidades de hospitalización e 4.408 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 22.788 persoas curadas, rexistrándose 808 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 572.690.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 2021 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos a súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

«Cantares do Camiño» achega a Redondela, o domingo 18, a tradición oral e musical do Camiño Portugués a Santiago

0

O Multiúsos da Xunqueira será escenario, este vindeiro domingo, 18 de outubro ás 18 da iniciativa «Cantares do Camiño» que pon en valor a tradición oral e musical do Camiño Portugués a Santiago de Compostela. A actividade é totalmente gratuíta, porén, debido as medidas de seguridade sanitaria impostas pola Covid-19, será preciso reservar praza no enderezo [email protected].

O repetorio constará dunha escolma de 15 temas, cunha duración aproximada de 70 minutos, que amosarán todo tipo de cantares de tradición oral –do arquivo privado de Leni Pérez–, recollidas nas comarcas por onde pasa o camiño, tendo sempre en conta na escolla o uso do galego e a non utilización de linguaxe sexista.

Así, as veciñas e veciños poderán gozar de Cantos do Ciclo da Vida, cantos de berce, xogos,…; Cantos de labor, de arrieiro, do ciclo do millo (labrada, sachada, esfollada…); Historias e Romances; Cantos de lecer, cantares de camiño, xotas, muiñeiras, pasodobres, valses, danzas, mazurcas… e, finalmente, Cantares de Ciclo Anual: cantos de Nadal, Xaneiras, Manueles e Reis.

A alcaldesa de Redondela e concelleira de Normalización Lingüística, que animou á veciñanza a participar nesta iniciativa, salientou a súa importancia que “non só pon en valor o propio Camiño Portugués, senón que permite manter viva as nosas tradicións orais e musicais que forman parte do noso patrimonio e da nosa propia identidade como pobo”.

Leni Pérez

Leni Pérez, folclorista e intérprete, encargarase das explicacións de «Cantares do Camiño» e tocará percusións de man tradicionais e cantares de tradición oral recompilados na ruta xacobea.

Leva recompilando nosa tradición oral dende finais dos anos 80, contando cun amplo arquivo privado, dando clases de cantares de tradición oral dende fai 30 anos e, na actualidade, dirixe nove escolas no sur de Pontevedra.

Durante once anos traballou no programa Luar en apartados relacionados co folclore e na actualidade forma parte do programa Larpeiros onde tamén pon a nota musical. Acompañada por Roberto Comesaña, acordeonista profesional e mestre cunha ampla traxectoria, ten acompañando a músicos da talla de Leilía ou Cristina Pato.

Novos Valores 2020, unha aposta pola xente moza e pola calidade fronte á cantidade

A exposición temporal derivada do Certame Novos Valores 2020 abriuse hoxe ao público no Museo de Pontevedra onde permanecerá aberta ata o vindeiro 15 de novembro coas propostas de 21 artistas emerxentes entre as que están as obras das catro persoas bolsadas: Andrea Dávila Rubio, Nuria Rodríguez Figueiredo, María del Mar Ramón Soriano, e Alejandro Rego Díaz.

No acto, no que estiveron presentes as e os artistas seleccionados polo xurado para a exposición, o vicepresidente César Mosquera, a concelleira Carme Fouces e o director do Museo Xosé Manuel Rey, este último quixo lembrar a tradición do certame como “mecenado e apoio á formación artística que a Deputación de Pontevedra ven desenvolvendo desde finais do século XIX, e da que se beneficiaron con anterioridade extraordinarios artistas como Sobrino, Souto, Torres, Colmeiro ou Laxeiro… e máis recentemente Lamazares, Patiño ou Silverio Rivas”.

Destacou Rey que “gozar dunha bolsa desta contía, e expor no Museo de Pontevedra é un orgullo e un privilexio”, motivos polos que xustificou os cambios que tiveron as bases da convocatoria deste ano. Subliñou que se limitou a idade de participación a un máximo de 35 anos para reforzar a vertente máis formativa, de aprendizaxe e de proxección das novas creadoras.

Así mesmo, Rey fixo fincapé en que outro dos obxectivos era o de “primar a calidade fronte á cantidade” polo que se reduciu a obra seleccionada para a mostra a un máximo de 25 propostas o que, ao tempo, “redunda nunha montaxe expositiva máis atractiva e potenciadora das obras seleccionadas”. Neste sentido, fixo unha chamada de atención sobre o feito de que nesta ocasión o xurado tan só seleccionou 21 obras, algo que dixo, debe ser entendido polas persoas participantes nos vindeiros anos.

O director do Museo lembrou que o certame celebrouse baixo unhas condicións moi especiais que se deixaron sentir de forma clara en moitas das obras presentadas: “A sensación de fraxilidade ante a pandemia, a presencia da dor, a renuncia á universalidade e unha volta ao próximo, a revalorización do traballo artesán, a reciclaxe e a necesidade de aproveitar os limitados materiais existentes na casa”, destacou. Porén, pese a esas limitacións, transmitiu a satisfacción do xurado coas obras seleccionadas “e o seu recoñecemento da existencia de notables traxectorias profesionais que xa comezan a agromar”.

Pola súa parte, o vicepresidente Mosquera quixo ensalzar a súa admiración e recoñecemento polas persoas que se dedican ao mundo das artes, un mundo que cualificou de “case sobrehumano”. Destacou que ‘Novos Valores’ é un alicerce para potenciar as habilidades da xente moza, destacando que as administracións públicas deben facer os máximos esforzos por axudar ao sector da creatividade. “No eido artístico non é fácil sobrevivir sen o impulso das administracións, e por iso sostemos o Museo e este tipo de iniciativas”, subliñou, ao tempo que deu os parabéns ás artistas premiadas coa bolsa.

Artistas gañadoras

As artistas gañadoras participaron da apertura da mostra no día de hoxe explicando brevemento a súa obra e tamén os obxectivos aos que destinarán a bolsa con 7.500 euros para a ampliación dos seus estudos artísticos, que as obrigará dentro dun ano a participar noutra nova exposición no Museo amosando o resultado do seu traballo. Todas elas manifestaron a súa satisfacción e alegría por ter sido seleccionadas.

Andrea Dávila Rubio explicou que a súa peza ‘I wish you’d rub your quills against my stomac’ sitúase dentro do seu proxecto de investigación doutoral na Universidade de Vigo de estudo do corpo e a súa percepción e da “pel como lugar de encontro co outro, co estraño”. Afirmou, así mesmo, que utilizará a bolsa de estudos para a súa estadía como ‘Visiting Junior Scholar’ no Boston College durante os meses de xaneiro a xuño de 2021.

Nuria Rodríguez Figueiredo asegurou, pola súa banda, que a súa obra ‘Voltar’ é unha homenaxe á infancia, definíndose a si mesma como “unha persoa nostálxica cuxas narrativas son oníricas e fragmentadas”. A súa bolsa de estudos estará destinada a participar nos cursos monográficos da Escola de Cerámica La Bisbal en Girona, así como a financiar a produción de obra.

María del Mar Ramón Soriano falou de ‘Homeworks. 58h 35 min’ como un proxecto que fala do tempo e as relación dos obxectos de uso doméstico e do corpo. “Os obxectos que hai no formar son estéticos, calquera cousa por pequena que sexa é un campo de posibilidades”, subliñou. Afirmou, así mesmo, que durante a corentena mudou o concepto de tempo que se manexa socialmente ao estar recluídos no fogar, un lugar no que manifestou traballar a gusto por ser para ela “un espazo de refuxio”. En canto á finalidade da bolsa, asegurou que servirá para financiar varias exposicións apalabradas e para seguir desenvolvendo o seu proxecto baseado no diálogo da cerámica cos obxectos cotiás.

Finalmente, Alejandro Rego Díaz, destacou que ‘Representación nº3. La mano del artista’ é a continuación dunha serie que estuda a pintura e a fotografía como medios de representación da realidade e como disciplinas que se relacionan entre si. Subliñou o seu interese en descontextualizar detalles de obras que toma como referencia para recontextualizados cun novo significado ao xuntalas entre si. Rego destinará a bolsa a continuar os seus estudos de fotografía “probablemente on-line” pola situación da pandemia, pero tamén manifestou o seu interese en financiar unha viaxe formativa que lle permita un cambio de rexisto ao variar a súa contorna.

Comezan os cursos de inverno en Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha o seu programa anual de actividades de inverno. Podes descargar o programa completo nesta ligazón.

Este ano sen dúbida veñen marcadas pola alerta sanitaria e o marco complexo que atravesa todo o país, por iso hai que establecer os protocolos adecuados para facer que sexan unhas actividades seguras para todos.

Existe unha gran diversidade temática na oferta de este inverno, xa que os veciños poderán aprender dende manexar o DNI ELECTRÓNICO e CERTIFICADOS ELECTRÓNICOS ata facer un curso de CARRETILLEIRO ou sacar o título de MONITOR DE TEMPO LIBRE, entre moitos outros.

Ademais tamén existe a posibilidade de levar a cabo a aprendizaxe de outras expresións artísticas coma poden ser a FOTOGRAFÍA CREATIVA ou a PAPIROFLEXIA, etc.
Outra novidade moi interesante e práctica a nivel social é o curso presencial de LINGUA DE SIGNOS, sen esquecer tamén a saúde co tradicional curso de DIETÉTICA.

Por estas e outras actividades, dende o Concello animan a que este inverno sexa productivo e a cidadanía participa de toda esta variedade, facendo as inscricións na web do Concello: http://concellodesalvaterra.sedelectronica.gal/info.

Arde o 90 por cento dunha casa habitada en Crecente

0

Logo de producírense 3 incendios esta noite en Galicia, os peores danos materiais producíronse a causa dun incendio nunha vivenda de Crecente, na provincia de Pontevedra. Ardeu máis do 90 por cento dunha casa habitada do lugar de As Piñas sen que se rexistrasen danos persoais. Con todo, as perdas son cuantiosas porque, ademais do que arrasou o lume, a estrutura do inmoble quedou completamente colapsada.

Foi un veciño quen, minutos despois das dúas desta madrugada, contactou co 112 Galicia para dar conta do que sucedía nesta vivenda situada á beira da estrada que une Crecente coa Cañiza. Para facer fronte ao lume, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Ponteareas, así como dos membros do GES de Ribadavia. Tamén estiveron en alerta os Bombeiros da Mancomunidade de Terras de Celanova, por se, por algún momento, fose necesaria unha achega extra de auga.

Do mesmo xeito, o persoal do 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento das autoridades locais e dos axentes da Garda Civil. Igualmente, ao punto dirixiuse unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero todos os ocupantes da casa afectada estaban fóra e en bo estado de saúde.

Xornada de limpeza de praias en Nigrán

0

Este sábado 17 terá lugar unha nova xornada de limpeza de praias en Patos, Nigrán. Outro ano máis o Concello de Nigrán e a AEESP (Asociación de Escolas de surf de Patos) uniron forzas para levar a cabo esta iniciativa que quere concienciar sobre a contaminación causada polo lixo no mar, especialmente os plásticos que se atopan nas praias.

A cita será este sábado 17 de 10:00 h a 14:00 h, para asegurar que se cumpren con todas as medidas de seguridade faranse grupos reducidos por quendas e será obrigatorio o uso da máscara. Para poder participar nesta recollida conxunta débese facer unha inscrición previa enviando un mail a [email protected]. Prado Surf Escola quere con esta iniciativa concienciar sobre a importancia de reducir o uso do plástico e a urxente necesidade de limpar as nosas praias e os nosos océanos.

A AEESP está formada por Prado Surf Escola, A Conserveira do Surf, Patos Surf Escola e Point Break Patos. Esta actividade conta co apoio do Concello de Nigrán.

Oia pon en marcha ‘Do Mosteiro a Santiago’ para que persoas con diversidade funcional fagan o Camiño acompañadas por cabalos de raza galega

0

Comeza a conta atrás para o inicio do proxecto ‘Do Mosteiro a Santiago’, a través do que varios grupos de persoas con diversidade funcional farán varios tramos do Camiño Portugués da Costa acompañados de cabalos de pura raza galega. Trátase dunha iniciativa de Finca Moreiras organizada polo Concello de Oia e cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro do programa O teu Xacobeo da Consellería de Turismo.

A próxima semana dará comezo esta innovadora proposta, que combina a posta en valor do Camiño e o cabalo autóctono coa creación de oportunidades de lecer para persoas con diversidade funcional. Entre o luns e venres, varios grupos de mozos e mozas usuarias das asociacións Avelaíña, Anela, Aceesca, Juan María e San Xerome percorrerán diferentes tramos da ruta xacobea entre Oia e Santiago, sempre acompañadas polos cabalos de pura raza galega de Finca Moreiras.

Segundo explicou este xoves o responsable do proxecto -e tamén responsable de Finca Moreiras-, Adrián Martíns, trátase dunha iniciativa que “pon en valor moitos recursos” ao tempo que axuda a dar visibilidade e oportunidades “aos que normalmente non as teñen”.

Martíns explicou que a raza de cabalo autóctono caracterízase por ter un temperamento moi tranquilo que o fai axeitado para o desenvolvemento da hipoterapia. De feito, a actividade busca aproveitar esta “capacidade terapéutica” para “poder axudar ás persoas que normalmente non teñen tantas oportunidades” e facilitarlles a posibilidade de vivir a experiencia do Camiño contando co acompañamento destes animais.

Compoñente social

O proxecto foi presentado na mañá deste xoves en Oia, nun acto no que participaron representantes da organización, as asociacións implicadas e a empresa patrocinadora Civis Global. A alcaldesa, Cristina Correa, destacou que se trata dunha iniciativa “moi ilusionante” posto que é “capaz de unificar a posta en valor do patrimonio local e a cultura” cunha compoñente social que permitirá que os grupos de persoas usuarias “gocen da natureza, dos animais e do Camiño”.

A rexedora local tamén lembrou o contexto actual derivado da pandemia da covid-19 e indicou que a ruta desenvolverase adaptándose ás restricións e aplicando as medidas necesarias para garantir a seguridade das persoas participantes.

En nome das asociacións participantes, o xerente de San Xerome, Feliciano Valcárcel, destacou que esta proposta “é moito máis que facer o Camiño de Santiago”. “Vemos unha oportunidade de respecto polo contorno e polos nosos animais. E para nós tamén é unha oportunidade para pasalo ben e participar nunha actividade moi motivadora”, asegurou.

Proxecto

O percorrido en 5 etapas que se vai desenvolver ao longo da próxima semana é unha das actividades incluídas no proxecto ‘Do Mosteiro a Santiago’, que ten entre os seus obxectivos poñer en valor a historia do concello de Oia en torno ao cabalo de pura raza galega.

Dentro desta iniciativa tamén se inclúe a edición dun pequeno vídeo que documente a saída, distintos tramos do Camiño e a chegada a Compostela, así como as experiencias vividas polas persoas participantes.

O Concerto “Cantares. Tradición oral no Camiño Portugués” chega este sábado a Tui

0

A cidade de Tui, porta do Camiños Portugueses de Santiago, acollerá este sábado, 17 de outubro, un concerto a cargo Leni Pérez e Roberto Comesaña que tras unha ampla investigación sobre o patrimonio inmaterial do Camiño Portugués teñen preparado este espectáculo sobre a nosa tradición oral que veñen interpretando nas diversas localidades do Camiño Portugués e que chegan esta vindeira fin de semana á cidade de Tui. O espectáculo terá lugar no recinto do Cárcere vello o sábado 17 de outubro a partir das 19:00 horas.

“Cantares. Tradición Oral no Camiño Portugués” é un proxecto co obxectivo fundamental de ofrecer unha serie de concertos didácticos para todas as idades, de pequeno formato e en lugares do camiño Portugués, no que se interprete repertorio de tradición oral das comarcas por onde pasa. O equipo artístico seleccionado para este proxecto está formado por Leni Pérez e Roberto Comesaña. A investigación sobre o patrimonio inmaterial do Camiño portugués, a selección do material, repertorio, o equipo artístico e o deseño do evento foi realizado por Leni Pérez.

Leni Pérez, folclorista e intérprete, encargarase das explicacións e tocará percusións de man tradicionais e cantares de tradición oral recompilados no camiño. Leva recompilando nosa tradición oral dende finais dos anos 80, contando cun amplo arquivo privado, dando clases de cantares de tradición oral dende fai 30 anos, na actualidade dirixe nove escolas no sur de Pontevedra. Durante once anos traballou no programa “Luar” en apartados relacionados co folclore, na actualidade forma parte do programa “Larpeiros” onde tamén pon a nota musical. Acompañada por Roberto Comesaña, acordeonista profesional e mestre, cunha ampla traxectoria acompañando a músicos da talla de Leilía ou Cristina Pato.

O repertorio constará dunha escolma de 15 temas, cunha duración aproximada de 70 min. Na escolma do repertorio contaremos con todo tipo de cantares de tradición oral, do arquivo privado de Leni Pérez, recollidas nas comarcas por onde pasa o camiño, dende cantos de labor, a cantos de lecer, cantares do ciclos festivos anuais (Nadal, Manueles, Reis e Xaneiras), historias e romances, cantos de berce, de xogos, etc Para o concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago do Concello de Tui, Laureano Alonso, a celebración deste concerto é unha óptima oportunidade para achegármonos ao patrimonio cultural do Camiño de Santiago a través, neste caso, da música popular e tradicional de Galicia, interpretada nun espazo relacionado coa historia tudense e situado á beira do Camiño Portugués.

O alcalde de Nigrán reúnese co presidente da Comunidade de Montes de Chandebrito no terceiro aniversario dos incendios

0

O alcalde de Nigrán, Juan González, mantivo un encontro esta mañá en Chandebrito co presidente da Comunidade de Montes, Víctor Vidal, coincidindo co terceiro aniversario dos incendios na parroquia. Nesta edición, ante as circunstancias sanitarias, o Concello non organizará ningún acto oficial, tal e como si se viu facendo nos dous anos anteriores.

“Desde o Concello de Nigrán trasladamos o noso agradecemento e apoio absoluto ás comunidades de montes de Camos e Chandebrito, que sufriron o peor dos incendios e superon recuperarse con iniciativas de concienciación, reforestación, deseucaliptización… “, destacou González.

Na reunión, ambos refrendaron a súa aposta por continuar colaborando na reforestación do monte e na promoción das dúas parroquias como un dos destinos naturais con máis atractivos da comarca. Así, o rexedor reiterou o seu compromiso por crear o primeiro parque forestal do Val Miñor na zona dos Matos-Ríos Camos (proxecto entre o Concello e ambas comunidades e que suma 42 hectáreas). “Levamos máis dun ano agardando pola autorización da Axencia Galega de Insfraestructuras, temos os demais informes e só nos falta ese para iniciar os traballos, pedimos á Xunta a máxima celeridade porque o prazo razoable de agardar xa pasou”, indica o alcalde, quen incide tamén no seu compromiso de irmandarse con Castanheira de Pera, municipio portugués onde faleceron en xuño de 2017 un total de 47 persoas calcinadas nos seus vehículos mentras trataban de fuxir pola estrada N236 que comunica con Figueiró dos Vinhos (o ano pasado unha delegación desta localidade acudíu aos actos do segundo aniversario). “A crise do Covid-19 impedíu oficializar o irmandamento este verán, tal e como tiñamos previsto”, indicou.

As parroquias de Chandebrito e Camos viviron o 15 de outubro un dos momentos máis tráxicos da súa historia ao sufrir uns gravísimos incendios que supuxeron a vida de dúas mulleres nunha evacuación fallida, Angelina Otero e Maximina Iglesias, e máis de 600 hectáreas arrasadas. “As vida humanas son irreparables, esa dor e ese recordo sempre estarán aí, pero temos esperanza e ilusión polo futuro do monte e pola nova mentalidade ecoloxista xerada a raíz deste lume”, considera González, alcalde de Nigrán. En Chandebrito só sobrevivíu ao lume do 15 de octubre 2 hectáreas do total de 232 que existen de monte comunal, mentras que en na parroquia veciña de Camos sobreviviron 20 ha dun total de 370 hectáreas comunais.

Gondomar suspende todas as actividades previstas para a fin de semana

0

Ante a evolución que está a rexistrar o número de contaxios da COVID-19 nos últimos días e atendendo as indicacións recollidas na orde do 14 de outubro publicada no Diario Oficial de Galicia, o Concello de Gondomar decidiu suspender as actividades culturais previstas para esta fin de semana como medida de prevención.

Mañá xoves tiña previsto celebrarse no Auditorio Lois Tobío a actividade Contos de Papel, mentres que o sábado o auditorio acollería a obra de teatro infantil Contos de Recreo. A suspensión de actividades do Concello que preside Paco Ferreira tamén afecta ao concerto Agrupación Musical de Vincios que tiña que celebrarse o domingo na Praza Paradela.

Uxío Benitez pon a Ponteareas como exemplo “de recuperación do espazo público”

“Ponteareas é un exemplo de concello con iniciativa para recuperar o espazo público para as persoas e a Deputación vai apoialo con todos os seus medios”. Así o manifestou hoxe o deputado provincial de Mobilidade e Espazos Públicos, Uxío Benítez, nunha visita á vila de Ponteareas na que coñeceu ‘in situ’ o traballo realizado polo goberno local ao abeiro da filosofía do Plan Ágora, así como a recuperación de zonas para os peóns derivada dos requerimentos de distancia física motivados pola COVID-19 -que se fixo co asesoramento dos técnicos provinciais-.

Na reunión de traballo, Benítez destacou que o concello de Ponteareas foi un dos que primeiro se adheriu ao proxecto de Rede Ágora de Concellos polo Espazo Público, que ten como obxectivo que de aquí ao ano 2023 se incrementen de maneira substancial os espazos públicos para as persoas. Subliñou que incluso solicitou axuda e asistencia técnica para as súas iniciativas tanto a longo prazo como de maneira efémera con motivo da pandemia.

“Ponteareas vai ser referente de entre todos os concellos adheridos ata o de agora polo espazo urbano que ten, pola vontade política para recuperar espazo público e polas posibilidades que ofrece a vila”, explicou o nacionalista, quen destacou que para o departamento de Mobilidade da Deputación Ponteareas é un “exemplo” de espazo urbano que é necesario recuperar, onde fomentar mobilidades alternativas ás do motor e no que a xente debe adoptar hábitos máis camiñables máis verdes e humanos. “Eses son os obxectivos de Ágora e estamos encantados de que Ponteareas sexa un dos concellos con máis iniciativa neste aspecto”, insistiu.

Como apoio, o deputado asegurou que a Deputación “vai poñer todos os seu medios, humanos e técnicos” para que o concello siga a traballar na recuperación de espazo público para aumentar a calidade de vida da súa veciñanza. Sinalou Benítez que ademais, o concello, como adherido á rede provincial, tamén se poderá beneficiar de todas as iniciativas que se desenvolverán nos vindeiros meses e anos.

Pola súa banda, o alcalde Xosé Represas destacou a boa relación do Concello coa Deputación, que dende o 2015 “é un exemplo de colaboración entre institucións cunha mesma liña de actuación nunha cuestión moi importante como a mobilidade, aínda máis relevante nestes momentos de pandemia”.

Represas salientou que no caso de Ponteareas, dos 23.000 habitantes, 12.000 viven no núcleo urbano nun espazo moi concentrado. Sinalou que co urbanismo que se organizou en décadas anteriores os espazos libres son moi reducidos, o que “fai máis necesario que o espazo público que hai no centro urbano sexa aposto en prioridade para as persoas, as que máis o necesitan, a infancia, as persoas con problemas de mobilidade, as persoas maiores”.

Destacou o rexedor que esa é a liña que se iniciou no Concello no 2015 cunha estratexia que permitiu contar con fondos europeos e tamén coas actuacións da Deputación, manifestando a súa esperanza de que coa nova rede Ágora “nos permita profundizar nos vindeiros anos”. “Queremos que a vila e o seu espazo público estea nas mellores condicións de uso para as veciñas e veciños e para as persoas que recibimos no espazo comercial de Ponteareas”, finalizou.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o deputado de Mobilidade e Espazos Públicos, Uxío Benítez, acompañados de concelleiras do goberno e do persoal técnico plan Ágora percorreron o centro urbano para estudar in situ as fortalezas e debilidades das prazas e rúas para o seu redeseño.

No verán o Concello de Ponteareas sumouse ao Plan Ágora da Deputación de Pontevedra, unha rede de acción institucional a prol de considerar e valorizar o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía. Un dos seus fundamentos é que este espazo público forme parte substancial da vida das persoas como escenario natural da vida colectiva.

Ágora ten adheridos formalmente 44 concellos, o 75% dos da provincia, habendo gobernos locais que fóra de prazo están solicitando incorporarse. “Hai unha grande aceptación do proxecto Ágora na provincia. Compartimos a sensación de que agora é o momento do proxecto Ágora”, engadíu o deputado de Mobilidade.

Baiona suspende a quinta edición de ‘Sons do Casco’ trala entrada en vigor das novas restricións sanitarias impostas pola Xunta de Galicia

0

A Xunta de Galicia vén de publicar a Orde do 14 de Outubro de 2020 pola que se establece unha medida de prevención específica como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta orde ten efectos desde as 00:00 horas de hoxe.

A raíz desta Orde do goberno galego, o Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona decidiron suspender a V edición de ‘Sons do Casco’ tras a entrada en vigor de a restrición publicada pola Xunta de Galicia que limita a 10 os grupos de persoas.

O Diario Oficial de Galicia recolle restricións ás agrupacións de persoas para a protección da saúde das persoas ante a existencia de risco de carácter transmisible. En concreto a medida recolle: “(…) limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados a un máximo de dez persoas, (…)”.

Como excepcións á orde figuran: ”os casos de persoas conviventes, en que non aplicarase esta limitación. Tampouco serán aplicable esta limitación non caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento”.

O Concello de Baiona, xunto coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona ( ACEBA), organizaron por quinto ano consecutivo o ‘Sons do Casco’ co obxectivo fundamental de dinamizar e desestacionalizar a oferta cultural e de lecer baionesa pero tras a entrada en vigor da orde viuse suspendido. Este roteiro musical que se ía a celebrar durante toda a fin de semana, 16, 17 e 18 de outubro, e traía consigo un programa repleto de música en directo na que participarían un total de 16 grupos musicais con diferentes estilos.

As actuacións ían celebrar en cinco escenarios distintos situados na Praza do Concello, a Praza de Santa Liberata, a Alameda Carabela Pinta, na intersección da rúa Carabela Pinta e a Rúa Ciudad de Vigo e no parque de ‘La Palma’. Uns escenarios alternativos aos de anteriores edicións debido ás medidas de seguridade que hai que seguir pola crise sanitaria do COVID-19 pero tras a entrada en vigor da restrición publicada pola Xunta de Galicia que limita a 10 os grupos de persoas finalmente non vai poder celebrarse.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, lamenta que o evento non se poida celebrar. É unha mágoa non poder celebrar esta quinta edición de ‘Sons do Casco’ con todo o traballo que hai detrás da súa programación e apenas a unhas horas de iniciarse”. Pero, engade Gómez, “debemos ser prudentes ante a evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 e tomar as medidas de prevención pertinentes”.

Do mesmo xeito, o rexedor comprometeuse “a recuperar o evento cando a situación epidemiolóxica mellore xa que con iniciativas como estas queremos participar na reactivación económica do municipio. Queremos que non se perda o emprego, que nos se perdan negocios. Queremos axudar á hostalería e aos comerciantes baioneses”, afirmou o rexedor local.

Desde o Concello tamén agradeceron o labor e traballo que se fai dende a Asociaciación de Comerciantes e Empresarios de Baiona ( ACEBA) “coa que organizamos esta atractiva programación para atraer xente a Baiona. Por todo iso, recuperaremos este evento”, afirma o alcalde Carlos Gómez

O BNG de Redondela considera que o goberno local ignora a participación veciñal

0

Dende a organización nacionalista saen ao paso da dinámica desenvolvida polo goberno local “realizando actos públicos, onde se da conta de propostas realizadas polos colectivos nos Consellos Parroquiais”, órganos que, lembra o portavoz do BNG Xoán Carlos González, “naceron da man do BNG no ano 2000 cando se aprobou o Regulamento como órgano de participación veciñal onde se prantexan as necesidades das parroquias, e o goberno municipal debe dar conta das súas propostas. Nel teñen presenza diversos colectivos como Traídas de Augas, Asociacións Veciñais, Comunidades de Montes, xunto aos representantes dos partidos políticos”.

González, asegura que “non se poden cambiar as normas de participación veciñal das que nos dotamos” e defende que sexa nos Consellos Parroquiais “onde primeiro se dea conta das alternativas, solucións ou propostoas que afectan directamente á parroquia”.

“Queremos destacar dende o BNG o importante labor que realizan as asociacións de representación da veciñanza, lexítimamente constituídas”, afirma o portavoz nacionalista dado que neles se formulan directamente ao goberno municipal as necesidades da súa parroquia. Considera polo tanto lóxico Xoán Carlos González que “sexa no seo destes órganos de participación democrática, onde se dea conta primeiramente de diversas actuacións que afectan ás parroquias”.

Afirma o edil nacionalista sentirse “preocupado” polo que considera “deterioro da participación veciñao” e lembra que se tardaron nove meses en convocar os Consellos Parroquiais e outros como o Consello Municipal da Muller e o Consello Escolar Municipal levan un ano sen reunirse”.

Para Xoán Carlos González “a deriva de furtar a participación veciñal constitúe un feito sen precedentes” polo que instan “a un cambio de rumbo na politica de Participación Veciñal do equipo de goberno”.

Os comuneiros de Atios convocan unha asamblea o vindeiro 17 de outubro

Cumprindo estritamente todas as medidas de hixiene e seguridade sanitarias para evitar contaxios de Covid-19, a xunta reitora da comunidade de montes de Atios convoca aos comuneiros á asemblea xeral ordinaria para este sábado 17 de outubro.

Feita a consulta cos asesores xurídicos, se entende que a orde do pasado 14 de outubro, pola que se prohíben as reunións sociais e familiares de máis de dez persoas -xa que neses ámbitos é máis probable a relaxación na toma de medidas de prevención-, non afectaría á celebración dunha reunión de carácter administrativo, profesional ou empresarial, como sería o caso dunha asemblea de comuneiros. Se garnate iso sí, o total cumprimento das normas de seguridade contempladas no Real Decreto Lei 21/2020, do 9 de xuño.

O lugar escollido para a reunión, logo de obter a autorización tanto da dirección do centro como do Concello, é o pavillón deportivo do CEIP de Atios. É un espazo que reúne as condicións acaídas para manter as distancias e outras medidas sanitarias. Na convocatoria persoal dirixida a cada comuneiro adxúntase un breve comunicado sobre as medidas que deben adoptar para estar presentes na asemblea. Ademais da máscara, que debe traer cada participante, haberá no pavillón dispensadores de xel hidroalcóholico, as cadeiras gardarán unha distancia mínima de metro e medio, habilitaranse unha entrada e unha saída independentes para para evitar os contactos, etc. A segunda convocatoria está fixada para as 20:00 h, pero dende as 18:00 estará habilitado o dispositivo de rexistro de asistencia para evitar aglomeracións.

A asemblea prevista para o pasado mes de marzo tivo que ser suspendida polo estado de alarma e os puntos da orde do día incluídos daquela trasládanse a esta convocatoria de outubro. Así, someteranse a aprobación, se procede, as contas de 2019 e os orzamentos para 2020. Ademais, a xunta reitora proporá aos comuneiros unha modificación de varios artigos dos estatutos para adaptalos á normativa vixente e á última xurisprudencia relativa ao funcionamento das comunidades de montes. Outros puntos da orde do día son a aceptación das condicións para o paso dunha liña de alta tensión polo monte comunal; varios arrendamentos de parcelas no monte Carrascal e Laxedo; e a proposta de externalización da xestión forestal dunhas 30 hectáreas de monte dedicadas ao cultivo de eucalipto.

Rematou o deslinde

Dentro do apartado de informes darase conta aos comuneiros, entre outros asuntos, das últimas resolucións da consellería do Medio Rural sobre o trámite de deslindamento do monte comunal. Recentemente o departamento xuridico da consellería resolveu os recursos de reposición presentados contra as resolucións do primeiro, segundo e terceiro treito do deslindamento do monte comunal de Atios.

Deste xeito ponse fin á vía administrativa dun procedemento longamente solicitado pola comunidade de Atios, xa que se perseguía poñer fin ao que sempre foi unha fonte de conflito polas discrepancias entre os límites do monte comunal e as propiedades ou ocupacións de particulares. Tamén se ditamina o carácter veciñal dos encravados que a clasificación do xurado privincial de montes deixou -de xeito incongruente, cómpre sinalar- a nome do concello do Porriño. Rematada a vía administrativa, calquera diferenza que persista sobre os límites ou títulos de propiedade deberá dirimirse nos tribunais, na vía civil.

A xunta reitora insta á participación dos comuneiros de Atios nesta asemblea, obrigatoria para o funcionamento legal da comunidade, pero faino sempre cun chamado á responsabilidade de todos para que sexa unha xuntanza segura, porque o primeiro é a saúde.

Relevo no Posto Principal da Garda Civil de Baiona, Marcos Lago pasará a ser o novo tenente-comandante

0

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, acompañado polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Óscar Martínez, recibiu na Casa do Concello a Felix Díaz ata agora tenente-comandante do Posto Principal da Garda Civil de Baiona e a Marcos Lago, que o substituirá no cargo. Ante a partida de Féliz Díaz, Carlos expresoulle o seu “máis profundo agradecemento así como o da concellería de Seguridade Cuidadana, o da xefatura da Policía Local, o do Concello de Baiona e a cidadanía por estes 5 anos de servizo na cidade, nos que sempre existiu un traballo coordinado co policial local e co responsable de seguridade”.

O rexedor agradeceu ao tenente comandante saínte “a súa gran vocación de servizo á fronte do Posto e recoñeceulle o seu papel crave pola seguridade no municipio”. “Desde Baiona –dixo o alcalde– desexámoslle o mellor na súa nova responsabilidade”

O acto tamén serviu para dar a benvida oficial á localidade ao novo tenente comandante, Marcos Lago, poñendo á súa disposición “toda a colaboración municipal naqueles aspectos que necesiten de colaboración conxunta”.

O alcalde de Baiona desexoulle ao novo tenente comandante do Posto da Garda Civil “a mellor das sortes”, á vez que expresou “todo o apoio e colaboración por parte do Concello de Baiona á Garda Civil para desempeñar o seu labor no noso municipio coa maior seguridade e eficacia posibles”.

Cruz Vermella O Condado inicia a campaña de venda para o Sorteo do Ouro que se celebrará o 26 de novembro

0

Cruz Vermella O Condado inicia a venda dos boletos para o Sorteo do Ouro. Por primeira vez nos seus 40 anos de historia, o Sorteo de Ouro aprazou a súa cita anual de xullo para o próximo 26 de novembro, debido á pandemia.

Cruz Vermella puxo en marcha o Plan RESPONDE, un plan concreto de actuación e resposta integral para atender ás persoas máis vulnerables afectadas por esta crise e que supuxo a maior mobilización de recursos, capacidades e persoas na historia de Cruz Vermella. Grazas a este plan, en Redondela atendeuse a máis de 400 persoas. Isto foi posible grazas a quen co seu apoio e solidariedade fan que as cousas cambien. Desde o inicio da crise, Cruz Vermella intensificou a súa actividade traballando activamente na emerxencia sanitaria e social.

O Sorteo de Ouro é fundamental para o desenvolvemento de todo o labor solidario de Cruz Vermella. Debido ás consecuencias provocadas pola COVID-19 o sorteo deste ano é máis importante que nunca.

Baixo o lema “Son fan das persoas que fan que as cousas cambien”, o Sorteo de Ouro renderá tributo a quen, durante estes meses, fixeron do compromiso e a solidariedade o seu modo de vida. Coa campaña deste ano colaboran Luz Casal, Amaia Salamanca, Pablo López e Vanesa Martín, declarándose fans das persoas que fan que as cousas cambien. O seu apoio está reflectido nos boletos, que xa saíron á rúa, e que representan diferentes causas postas en marcha por Cruz Vermella. Ser fan significa querer cambiar a vida de miles de persoas en situación de vulnerabilidade.

Un ano máis, Cruz Vermella e o Sorteo de Ouro, teñen o pracer de contar cun amplo respaldo da sociedade española, coa mobilización do seu voluntariado e dos socios e socias, traballadores e traballadoras e empresas e organizacións asociadas na venda de boletos do Sorteo de Ouro. Grazas a este gran apoio, Cruz Vermella pode achegar os boletos a cada vez máis persoas.
A través do Sorteo de Ouro ofrécese unha fórmula máis de colaboración para desenvolver mellor o seu labor e estar alí onde máis se necesita:

  • CON 1 BOLETO (5€)
    Unha persoa poderá acceder a unha caixa de primeiros auxilios de produtos básicos.
  • CON 4 BOLETOS (20€)
    Un neno ou nena poderá obter unha mochila completa con material escolar.
  • CON 12 BOLETOS (60€)
    Unha muller vítima de violencia de xénero poderá ter aloxamento e atención psicolóxica de emerxencia durante un día.

A solidariedade ten premio

O ano pasado, no Sorteo de Ouro incorporáronse novos premios, para facer posible que a sorte se reparta aínda máis. Súmanse máis terminacións premiadas, é dicir as 4 últimas cifras dos boletos gañadores tamén obterán premio.

Cada boleto do Ouro custa cinco euros e con esta cantidade pode tocar un primeiro premio 3.000.000 euros (); un segundo de 1.000.000 de euros (); un terceiro de 500.000 euros (); tres cuartos de 250.000 euros e tres quintos de 100.000 euros (); así como centos de premios máis de menor contía que suman un total de 7.000.000€ repartidos en ata 11.700 premios. Aínda que o verdadeiro valor de cada boleto é facer posible que as cousas cambien.

(*) ou o seu contravalor en ouro.