Xoves, 18 Setembro de 2025

Nigrán regresa en xullo coa súa programación ‘Equilibrio natural’

0

O Concello de Nigrán continúa este verán co seu lema ‘Nigrán, equilibrio natural’ para presentar unha programación sociocultural de xullo chea de actividades ao aire libre, concertos, roteiros, festivais, etc. para todo tipo de públicos e gustos. As citas xa habituais do calendario estival manteranse  neste 2021 coa boa nova de que festivais como Vive Nigrán (15,16 e 17) ou Solpor Monteferro (finalmente o 22 e 23 de xullo e co aforo xa completo) regresarán ao seu lugar orixinal tras un 2020 máis marcado polas restricións sanitarias. Igualmente, neste 2021 nace un novo concepto de festival chamado ‘Espazos’ nos pazos de Cea, Urzaiz e Touza como escenario vespertino para concertos de artistas como Taburete, Ivan Ferreiro, Carlos Sadness…

“Levamos xa moitos anos dando continuidade a unha programación de verán que, incluso no 2020, conseguimos manter cumprindo a normativa sanitaria, así que este 2021 non ía a ser diferente. Con paciencia, cariño e calma chegaremos a un 2022 de plena normalidade e, por tanto, sen estes problemas de limitacións nos aforos”, destaca o alcalde, Juan González, quen novamente aposta polos roteiros ao aire libre. “A pandemia axudounos a descentralizar as opcións de ocio e a mirar cara os nosos marabillosos carreiros naturais do interior”, engade en referencia á programacón de roteiros guiados todos os mércores polos diferentes sendeiros do municipio ou máis específicos como o xeolóxico por Patos-Monteferro.

Unha das principais novidades será o regreso do Vive Nigrán ao campo de fútbol de Lourido e de Solpor ao Miradoiro de Monteferro, manténdose Sona Gaifar no punto que leva o seu nome e Nigranjazz no esteiro da Foz no seu 15 aniversario o 30 e 31 de xullo. Pola súa banda, o exterior do Templo Votivo de Panxón voltará este verán a ser o gran escenario dun concerto, neste caso o do tenor José Manuel Zapata. Igualmente, Serafín Zubiri repetirá o seu concerto inclusivo ‘Homenaje a Nino Bravo’ en San Fiz o 31 de xullo e se celebrará Santiago de Parada as súas festas patronais con Proxi. Entre as novidades musicais, o concerto da escola de rock do festival de Paredes de Coura (Portugal)

A cita estelar da travesía a nado Costa Serena foi este domingo día 4 de xullo, que marcou o inicio dunha tempada deportiva de verán onde tamén será protagonista o Campionato de España de Petanca ou o Rallie Rías Baixas e onde non faltará o torneo de volley-praia ou o ecuestre de enganches en Porto do Molle (25). Ademais, durante todo o verán ofrécense campus deportivos para os máis pequenos en colaboración cos clubes e as actividades na praia en Patos e Praia América.

Os tradicionais ‘Beachmarkets’ en Gaifar ou artesanais en Panxón convivirán co multicultural de Praia América e con citas como o Día dos Avós o día 26 en Priegue ou espectáculo do grupo de teatro do Ar o día 11.

“Agosto seguirá na mesma liña, mantendo roteiros e os nosos festivais, como ValMiñor Fest adicado á cervexa artesana ou Parrulas Fest pensado nun público familiar”, resume o alcalde.

[su_image_carousel source=”media: 40410,40409,40411″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

Volve a Gondomar ‘Gladiator Kids’, a carreira de obstáculos máis divertida para grandes e pequenos

0

Gondomar poderá volver a gozar de Gladiator Kids, unha proba dirixida aos nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anosna que a competitividade queda a un lado para dar paso a momentos divertidos e unha experiencia distinta para as e os participantes.

A proba, organizada polas concellerías de Deportes e Xuventude, dirixidas por Nuria Lameiro, celebrarase o próximo 7 de agosto no Parque da Coelleira. Nesta ocasión haberá 400 prazas e os interesados xa poden facerse coa súa inscribíndose entre o próximo luns, 5 de xullo, e o 5 de agosto na oficina da Omix, no teléfono 986.369 746, ou a través da web www.chapionchipnorte.com.

Os participantes son pequenos ou pequenas de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos que deberán ir acompañados por un adulto, e as prazas adxudicaranse por orde de inscrición.

Na súa terceira edición, Gladiator Kids de Gondomar, desenvolverase en dous percorridos diferentes adaptados á idade dos participantes. En todas eles as nenas e nenos poderán poñer a proba as súas habilidades fronte os obstáculos que deberán ir sorteando nun reto que se caracteriza polo seu carácter lúdico e non competitivo, “sendo sempre o máis importante a diversión e o intre que se comparte en familia”.

A Fundação Bienal de Arte de Cerveira busca ‘Novos Artistas’ para exposição

O Concurso ‘Novos Artistas 2021’ tem como objetivo dar oportunidade a novos criadores e consolidar a Fundação Bienal de Arte de Cerveira (FBAC) como uma instituição atuante no panorama artístico (inter)nacional, através da promoção e difusão da produção artística contemporânea e da experimentação criativa. A convocatória é dirigida a artistas visuais emergentes, nacionais e estrangeiros, que tenham no máximo até 15 anos de carreira.

O Concurso prevê a seleção de duas propostas de exposições individuais, que decorrerão de 9 de outubro a 18 de dezembro de 2021, nas duas salas da Galeria do Museu Bienal de Cerveira. Para a realização das mostras, os autores receberão uma ajuda de custo para a produção das exposições no valor de 1.626,02 € (mil seiscentos e vinte e seis euros e dois cêntimos).

As candidaturas decorrem até ao dia 1 de agosto de 2021 (até às 23h59, hora de Lisboa), sendo que as mesmas deverão ser submetidas através de um formulário online, de acordo com as Normas do Concurso. As propostas serão sujeitas à apreciação de uma Comissão Consultiva, composta por profissionais de reconhecida competência, a qual terá em consideração: a clareza, objetividade e viabilidade da exposição, a qualidade da obra e a sua inserção no campo artístico contemporâneo.

De referir que o ‘Concurso Novos Artistas 2021’ é promovido no âmbito da candidatura Fundação Bienal de Arte de Cerveira: a Arte Contemporânea integrada na sociedade e no mundo” (2020 – 2021 – Apoio Sustentado – Artes Visuais), que conta com o apoio da República Portuguesa – Cultura | DGARTES Direção-Geral das Artes.

Normas do Concurso (PT | EN)

Formulário de inscrição

O Balonmán Cañiza aposta pola experiencia de Mino Borja para dirixir ao equipo feminino na súa nova etapa na División de Prata

0

O Balonmán Saeplast Cañiza vén de anunciar a fichaxe do alacantino Mino Borja como novo adestrador do seu equipo feminino que este ano, por méritos propios, conseguía o ascenso á División de Prata. Aposta o equipo cañicense por un adestrador que ten xa experiencia na categoría –ven de adestrar ao Benidorm de Plata Feminina– e que ademais posúe unha ampla experiencia na Nacional Masculina valenciana.

Dicía un adestrador, con anos de experiencia ás costas, cando lle preguntaban polo ascenso do seu equipo que “ascender non é dificil, é complicado. O difícil e manterse na categoría á que ascendes”. Seguindo esa premisa, o Balonmán Cañiza sabe que o complicado foi ascender e que o difícil ven agora.

A fichaxe de Mino Borja aporta, polo tanto, ese punto de experiencia que se vai precisar nunha nova categoría, dura, moi dura e na que as cañicenses terán que poñer todo dende o primeiro partido. Pero a aposta por Mino Borja ten unha segunda lectura, a do traballo coa base, a de preparar as nenas e nenos dende as categorías inferiores, algo no que tamén traballará o novo adestrador.

Comeza, sen dúbida, unha época ilusionante. Quédome coa frase de Valero Rivera, un adestrador capaz de dominar Europa durante cinco tempadas seguidas: “Se só pensas en gañar, é máis facil que perdas. É mellor pensar en como gañar”.

O Concello de Ponteareas apoia a unha empresa local pioneira na cría de vermes

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, visitou as instalacións que ten en Cristiñade Galinsect, unha empresa ponteareá pioneira na cría de vermes a escala industrial en todas as súas fases. Unha granxa de insectos coa que se busca a cría e comercialización do Tenebrio molitos como fonte de alimentación rica en proteína, natural e de alta calidade para gandaría ou mesmo para abono ecolóxico.

“Para nós é un orgullo apoiar a empresas que aspiran a ser un referente no seu sector e que son un exemplo de emprendemento e innovación, sobre todo nunhas circunstancias tan complicadas como as actuais. Proxectos responsables e sostibles como os desta empresa son esenciais para o futuro da nosa economía e da nosa vila”, destaca a rexedora. Na visita estivo acompañada polas concelleiras de Promoción Económica e Formación e Emprego, Eva Gil Solla e Vanesa Fernández Soage.

Galinsect nace do compromiso de cinco amigos que ven que as necesidades mundiais de proteína aumentan tanto para o consumo humano como para o animal e que hai que “buscar alternativas sostibles para unha alimentación saudábel e respectuosa co medio ambiente. E decidimos mergullarnos nun mercado que se en Europa é moi incipiente, en España aínda o é máis”, explica Pablo Domínguez, un dos fundadores. Fernando Castro, Rubén Recamán, Jaume Mouro e Pablo Moure son as outras patas que conforman Galinsect.

Tras pasar pola aceleradora do Clúster Alimentario e levar á realidade o proxecto que tiñan en papel, déronlle unha segunda vida a unhas granxas xa en desuso na parroquia de Cristiñade para crear unha cámara de cría de 108 metros cadrados que produce máis de 1,5 toneladas ao mes de verme comercializable. O obxectivo é ir ampliando ata chegar ás 15 toneladas mensuais e poder comezar a comercializar o seu produto a finais de verán.

Nesta cría, Galinsect dá prioridade á economía de proximidade consumindo produtos locais e reproducindo os vermes de forma natural e libre de elementos químicos.

Valença reforça a oferta hoteleira

A oferta hoteleira de Valença está nas 71 unidades de alojamento. Face a 2019 verifica-se um aumento de 39,2%, fruto sobretudo das novas unidades de alojamento local. A dinâmica crescente dos Caminhos de Santiago, o turismo patrimonial e comercial focado na Fortaleza, o de natureza na Ecopista do Rio Minho e o gastronómico, numa restauração emblemática atrai cada vez mais turistas. Fatores que tem motivado a confiança dos empresários em investir no setor do turismo no concelho.

Para o Presidente da Câmara, Manuel Lopes, “Os empresários do turismo investem em Valença confiantes nas elevadas potencialidades de um setor que é estratégico para o concelho. A Fortaleza de Valença é dos monumentos que mais turistas recebe a diário em Portugal, em média 10 mil, e estamos confiantes e com muita esperança na recuperação pós pandemia”.

Unidades Por Todo o Concelho

Valença tem 71 unidades de alojamento distribuídas por todo o concelho, com mais significado na cidade e nas freguesias atravessadas pelo Caminho de Santiago (Central e da Costa). Pelo concelho encontramos 26 unidades em Valença, 9 em Cerdal, 7 em Fontoura, 6 em São Pedro da Torre, 6 em Ganfei, 3 em Cristelo Côvo, 3 em Gandra, 3 em Gondomil, 2 na Silva, 2 em Friestas, 2 em Arão, 1 em Taião e 1 em São Julião. A oferta pode ser consultada no site www.visitvalenca.com.

Espera-se para breve a abertura de novas unidades que se encontram, de momento, em fase final do processo de licenciamento.

Registo Obrigatório dos Alojamentos Locais

As unidades de Alojamento Local, para poderem operar, tem obrigatoriamente de ter um número de registo. O registo deverá ser formalizado nos Serviços Técnicos de Obras, do Município de Valença, na Rua Mouzinho de Albuquerque, ou através do e-mail: [email protected] ou telefone 251 809 513.

A Deputación mantén a súa aposta pola mobilidade segura cun investimento de medio millón de euros en Salvaterra e Gondomar

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar un novo investimento de preto de medio millón de euros para desenvolver dúas obras de mellora de infraestruturas baixo os parámetros do modelo de mobilidade amable e sostible da institución provincial nos concellos de Gondomar e Salvaterra. Son actuacións, como destacou a presidenta provincial Carmela Silva, dirixidas a “mellorar a seguridade e mobilidade peonil e rodada” nestes viarios.

No caso de Gondomar, o goberno acaba de adxudicar as obras de humanización da interconexión entre as rúas San Bieito e Emigrante coas estradas provinciais de Peitieiros e Chaín-Morgadáns, por un orzamento de 250.000 €. Os traballos contemplan a ampliación e construción de beirarrúas cun ancho xeral de 2,5 metros e a habilitación de novos pasos de cebra elevados, tamén coa redución da velocidade para os vehículos. Incluirase tamén a renovación do alumeado público, recollida de pluviais e residuais e canalizaranse as instalacións de enerxía, alumeado e comunicacións.

Doutra banda, a Xunta de Goberno aprobou o expediente de contratación para licitar as obras de mellora da mobilidade peonil na EP-4006 no treito antigo do colexio de Leirado, en Salvaterra de Miño, cun orzamento que supera os 214.000 euros. Estes traballos darán resposta, como destacou Carmela Silva, “a unha reclamación histórica da veciñanza de Leirado” e mellorarán a seguridade, amais de habilitar un camiño escolar seguro cara o centro escolar. As obras incluirán a execución dunha senda peonil de 2,5 m de ancho, á que dará continuidade unha beirarrúa de formigón coloreado, e prevese a redución da velocidade do tráfico rodado a 30 quilómetros por hora á altura do CEIP Leirado. Habilitarase un paso sobreelevado para dar acceso ao alumnado do centro de forma segura e tamén se creará unha zona de estacionamento de autobuses segura e ben delimitada á beira do colexio. As obras completaranse coa nova rede de pluviais, amais dunha nova capa de rodadura e novo pavimento, pintado e sinalización horizontal e vertical.

Carlos Núñez regresa, por aclamación popular, a Monteferro o 7 de agosto

0

O Concello de Nigrán ofrecerá novamente dentro da súa programación especial de verán o concerto estelar de Carlos Núñez o 7 de agosto no miradoiro de Monteferro como parte da xira conmemorativa do 25 aniversario de A irmandade das estrelas’ O gaiteiro internacional, que debutou o ano pasado neste marabilloso escenario natural esgotando as entradas en sendas citas de Lugares Máxicos, ofrece nesta ocasión un concerto baseado no seu primeiro disco (que Sony Music reeditará en vinilo e sae á venda o 2 de xullo).

A cita será ás 20:30 horas para fusionar novamente música e natureza co espectacular solpor deste balcón cara ao Atlántico. As entradas están xa á venda a través de ATAQUILLA cun custe de 20 euros + gastos de xestión, sendo un aforo reducido por mor das circunstancias sanitarias.

“Carlos Núñez e o miradoiro de Monteferro forman unha simbiose insuperable, así o demostrou o ano pasado. Agora xuntamos novamente ao mellor gaiteiro do mundo no que consideramos o mellor escenario do mundo para conmemorar un disco que mudou a Historia da nosa música; é unha honra e un orgullo para Nigrán “, incide o alcalde, Juan González.

“O concerto de Monteferro foi a sorpresa do verán pasado para todos nós. Os artistas e o público sentimos dende a primeira nota que estabamos a vivir unha experiencia única. Como unha peregrinación musical a un paraíso frente ao mar, na que fixemos amig@s que viñan de todas partes. E como unha gran familia, prometimos facer tradición e reencontrarnos un ano despois.

Monteferro é un deses paraísos onde as veces veño a tocar, na intimidade, só para min e para a natureza. Porque ten un dos solpores mais impresionantes do mundo. A diferencia cos de lugares como Bahía, Rio de Janeiro, ou California é que, mentres que alí a xente aplaude como se o sol e a terra ofrecesen un show, nós cecais sentímos ese intre como unha cerimonia. Según os nosos arqueólogos, os antigos habitantes de Monteferro e dos castros da costa de Galicia xa sabían moito de todas estas cousas”, sinala o propio Carlos Núñez, quen levará a súa xira a lugares entre outros como o Dolmen de Menga (Málaga), os Xardins da Atalaya en Jerez, a Ciudadela de Jaca, a Quincena Musical Donostiarra ou a Clausura do 50 aniversario do Festival Interceltico de Lorient.

Novamente, co obxectivo de respectar ao máximo á singularidade deste espazo natural e de facelo coa mínima intervención, só se reservarán cadeiras para persoas con problemas de mobilidade, xa que o obxectivo é gozar da música sentados no propio chan, nun ambiente íntimo e en comunión coa contorna.

A Escola de Música de Xinzo despide o curso escolar cun magnífico concerto

A Audición de Fin de Curso da Escola de Música de Xinzo pechou este pasado sábado 26 de xuño o curso escolar 2020/2021. Fíxoo no auditorio do Centro Cultural de Xinzo coas interpretacións solistas e grupais dos alumnos, participando tanto os máis pequenos que acaban de iniciarse no mundo da música como os máis veteranos.

Entre todas as actuacións, houbo un momento especialmente destacado coa despedida da directora da Banda de Música Infantil da Escola, Branca Represas. Tras máis dunha década á fronte da agrupación, dirixiu un dos seus últimos concertos. A directora agradeceu os anos e momentos vividos no seu posto despois de recibir un obsequio por parte da directiva da asociación.

O auditorio encheuse para a ocasión, respectando as medidas de seguridade pertinentes pola COVID-19, como a distancia de seguridade e o uso obrigatorio da máscara para todos os asistentes.

A aula CeMIT de Ponteareas ofrece unha ducia de cursos de balde para este mes de xullo

A aula CeMIT de Ponteareas xa ten aberto o prazo de inscrición para os novos cursos presenciais que oferta de balde e que comezarán o vindeiro 5 de xullo. Dende a Concellaría de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico que dirixe Benito Márquez anímase a toda a veciñanza a participar nestas actividades que buscan “promover a inclusión no uso das novas tecnoloxías, ofrecendo os coñecementos necesarios para que as persoas poidan desenvolverse cun ordenador ou cun dispositivo móbil, prestando especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital”.

Serán unha ducia de propostas a través das que as persoas interesadas poderán participar en calquera dos cursos de manexo básico de móbil Android para diferentes niveis ou aprender a elaborar un currículum; a facer trámites coa administración a través do E-saude e da Chave 365; a manexar o procesador de textos LibreOffice Writter ou o LibreOffice Calc; a traballar na nube con ferramentas de Google; a mellorar as súas fotografías dixitais; a facer retoque de imaxe co ordenador co programa GIMP; ou a manexar aplicacións de retoque e mellora fotográfica no móbil.

As persoas interesadas en realizar calquera destes cursos deben facer a súa preinscrición a través do espazo da aula CeMIT habilitado na web da Xunta.

Para máis información as persoas interesadas poden contactar a través do correo electrónico [email protected] ou chamando ou enviando unha mensaxe de whatsapp ao número 634 238 962.

Tui xa ten a súa propia Guía Turística da Red de Juderías

0

O Parador Hostal Reis Católicos en Santiago de Compostela acolleu onte o acto de presentación das Guías Turísticas das Xuderías de Tui, Monforte de Lemos e Ribadavia, as tres cidades que forman parte en Galicia da Red de Juderías de España.

No acto participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, e a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez. Tamén asistiron a xerente da Red de Juderías, Marta Puig, xunto á autora das guías, Alejandra Abulafia e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

As tres novas guías veñen a ampliar a colección de máis de 20 publicacións que xa ten editadas Camino de Sefarad, conformado un amplo católogo que permite dar a coñecer as xuderías existentes en España e o seu altísimo valor patrimonial e cultural. As publicacións nacen co obxectivo de por en valor este patrimonio, dos seus conxuntos medievais e, sobre todo, da herdanza das Comunidades xudías que os habitaron.

Desde o punto de vista turístico trátase de publicacións que, ademais, veñen a enriquecer a oferta turística cultural de calidade en Galicia, ofrecendo novas experiencias nestes enclaves das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

No enderezo electrónico da Red de Juderías (https://redjuderias.org/) atópanse as 22 guías dispoñibles sobre cada unha das Rutas polas Xuderías de España que se poden consultar gratuitamente en liña ou adquirilas na súa versión en papel.

A Guía Turística de Tui comeza sinalando “Con acento galego e fornos que ofrecen pans recén feitos, Tui enmárcase nunha paisaxe privilexiada. Bloques de pedras impoñen o estilo das casas entre as cales se coan anacos da súa bela campiña. Nun recuncho da súa catedral unha pequena Menorá parece dicirnos: non nos esquezan, aquí vivimos”.

Trátase dunha recompilación da historia xudía de Tui centrada na súa cronoloxía, personaxes ilustres e que conta tamén con mapas e información sobre os lugares de interese xudeu e de interese xeral para o visitante. Tamén conta cunha sección específica de paisaxes onde o río Miño cobra gran protagonismo, ou outra de Gastronomía Serfardí.

A Casa da Navegación de Baiona acolle unha máis que interesante exposición ‘A Campaña do Argus’ sobre a pesca do bacallau

0

A Casa da Navegación de Baiona acolle, dende o venres 2 de xullo, unha máis que interesante e recomendable exposición na que, baixo o título A Campaña do Argus amosa o traballo realizado polo reporteiro do National Geographic Magazine e oficial da Armada australiana, Alan Villiers, que en 1950 acompañou aos pescadores portugueses na pesca de bacallau nos caladoiros de Terranova, en Canadá. Villiers viviu máis de cinco meses como camarada dos pescadores lusos e amosa a súa historia e experiencia a bordo do Argus a través de impactantes fotografías.

No acto inaugural participaron o alcalde de Baiona, Carlos Gómez; a concelleira de Cultura, Miriam Costa, e Elena Herbello, xerente en Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda. A mostra inclúe tamén exemplares da primeira edición do libro A Campanha do Argus, considerado un clásico da literatura marítima mundial e que retrata a campaña de pesca do bacallau.

Por outra banda, durante a exposición, no auditorio da Casa da Navegación proxectarase a película The Bankers – The Voyage of the Schooner Argus, de martes a sábado en horario de 12:00 e 18:00 horas.

Con esta iniciativa preténdese poñer en valor a cultura mariñeira como elemento de unión, promoción e intercambio cultural entre as diferentes zonas costeiras atlánticas. A campaña do Argus poderá visitarse en Baiona ata o próximo 31 de xullo.

A Rede de Espazos con contido Museístico Atlántico (REMA) continua, despois de partir do Aquarim Finesterrae, a singradura da mostra temporal A Campaña do Argus, unha exposición cedida polo Museo Marítimo de Ílhavo (Portugal) e que desembarca hoxe na Casa dá Navegación.

Pasaporte REMA

Pasaporte REMA, proxecto financiado polo Fondo Marítimo de Pesca (FEMP), ten como obxectivo desenvolver unha actividade turística creativa e adaptada a unha nova realidade. Para iso, o proxecto pon en marcha unha serie de actividades informativas, formativas e culturais que se apoian nas novas tecnoloxías, como nova canle de aprendizaxe, entretemento, formación e promoción da oferta cultural dos espazos que compoñen a Rede REMA.

Novos contidos culturais

No marco do proxecto desenvólvense novos contidos culturais, un deles é a Guía da Rede Rema. As persoas que visiten os distintos espazos da Rede poderán ir acumulando selos Remiña e, unha vez que alcancen cinco estampaxes, participarán no sorteo de 20 cestas mariñeiras.

Cabe destacar tamén a exposición conxunta, O Océano que nos une, un percorrido polos fondos culturais máis destacados da Rede; as mostras itinerantes con contido museístico localizados nos GALP galegos e os percorridos virtuais a través do xogo REMA 360 por 27 dos espazos que compoñen a Rede, localizados en Portugal, Galicia e Asturias.
O proxecto inclúe tamén a celebración de tres seminarios técnicos dirixidos a sacar o máximo potencial ao traballo conxunto entre espazos con contido museístico.

A Cañiza reunifica as paradas de taxis e as amplia para dar espazo a todas as licenzas do municipio e desaparecen as paradas parroquiais

0

Despois das tres reunións que nas últimas semanas se mantiveron cos taxistas da Cañiza e atendendo á actual normativa da Lei de Transportes, quedan unificadas todas as licenzas de taxis nunha única zona que é a do termo municipal desaparecendo as pardas parroquais. O alcalde Luis Piña, amosou a súa satisfacción polo consenso acadado que permitiu adoptar a decisión por unanimidade.

Co beneplácito dos 12 taxistas da Cañiza unificaranse na actual ubicación na rúa Vilanova. O alcalde Luis Piña xa deu instrucións para que se distribúan as 12 prazas, amplíense un pouco as existentes para que sexan máis cómodas e se instale un sinal vertical de parada de taxis.

O máis relevante da reunión mantida onte na Casa Consistorial é que esta medida conta co beneplácito de todo o colectivo.

Na reunión tamén estivo presente o xerente da plataforma online DBarrio, unha web de compra online e a domicilio nas tendas e bares e restaurantes locais que ten por obxectivo modernizar o pequeno comercio proporcionándolle a súa propia web de venta online a baixo custe.  

O xerente explicou aos taxistas a dinámica da web e a posibilidade de que poidan actuar como repartidores para o que terán que chegar a un acordo entre eles para consensuar os custes do reparto. Onte mantiveron un primeiro encontro que será madurado en futuras reunións.

Nos vindeiros días, o Luis Piña reunirase tamén cos comerciantes e hostaleiros para presentarlle este proxecto que pode modernizar, revitalizar e impulsar a economía local.

Salvaterra entrega os ‘Premios de Educación curso 2020/2021’

O Concello de Salvaterra ven de facer a entrega da XVI convocatoria dos Premios de Educación para o curso 2020/2021, en dúas quendas: ás 11:00 h entregáronse os premios de Primaria e ás 12:00 h os do IES. Este ano continúa a ser unha edición particular pola propia especialidade da situación que nos toca vivir, motivo precisamente polo cal e, máis que nunca –co esforzo extra que isto está a supoñer–, o Concello quería que o alumnado pudera optar tanto á convocatoria e os premios como a esta pequena homenaxe, pequeño xesto de recoñecemento para con eles…, aínda coas limitacións e adaptacións oportunas.

Os ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’  naceron co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes. 

O proxecto e un froito máis da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na busca “de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábitos que marcarán o seu futuro e que os poñerán en valor como persoas e profesionais”, sinala o Concello.

Nese sentido e se cadra, agora máis que nunca “tendo en conta a situación na que nos atopamos e a importancia que incluso áinda máis haberemos de outorgalle a valores como os que precisamente este tipo de convocatorias pretende incentivar, como o esforzo, loita, superación…, nun mundo cada vez máis difícil e incerto, crimos necesario manter esta convocatoria”, di a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel que engade que “sería moi inxusto ademáis, co gran traballo e esforzo, reto e desafío… , que TODOS (dende alumn@s familias, centros!…) houberon de realizar, que precisamente non puideran optar a eles…”.

[su_image_carousel source=”media: 40333,40331,40332″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Ese é o motivo de dividir o acto en dous por etapas e asimesmo, continuando nesta liña de adaptacións, este ano o Concello repartirá un total de 14 lotes informáticos. O cambio nesta edición estivo no alumnado de bacharelato, onde habitualmente se conceden as bolsas ao estranxeiro que nestas edicións houberon de ser adaptadas debido as restriccións de movilidade provocadas pola crise sanitaria na que estamos inmersos. Os premios, en substitución das bolsas ao Reino Unido impedidas polo COVID, consistirán en 3 ordenadores portátiles  dun valor de case 1.400 € cada un deles.

Premios

A). 14 lotes informáticos valorados en 344 € e compostos de tablet, funda, powerbank portátil e tarxeta memoria micro 64 GB, que se distribuirán entre o alumnado de primaria, 4º de eso, ciclo formativo de grado medio de soldadura e caldereiría e FP básica de carpintaría e moble.

B).- 3 ordenadores portátiles (para bacharalato en substitución das becas ao Reino Unido impedidas pola Covid) por importe cada un de 1.390 €

Lista premiados

  • A. Lotes informáticos
    • CAP Carlos Casares Alxén
      • Ainoa Porto Castro
      • Julia Bernárdez Lago
    • CEIP de Leirado
      • Héctor Pérez Domínguez
      • Álvaro Souto Fonseca
    • CEIP Infante Felipe de Borbón
      • Noa Cambra Martínez
      • Inés Álvarez Murillo
      • Carla Domínguez García
      • Sabela Mata Álvarez
    • 4º ESO
      • Cristian Páramos López.
      • Noelia Serrano Sainza.
      • Sara Ferreira Pereira.
    • Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería
      • Brais Gómez Muñoz
    • FP Básica de Carpintaría e Moble
      • Pedro Mora Míguez
  • B. 3 portátiles valorados en 1.390 euros
    • Alba ojea domínguez.
    • Daniel álvarez núñez.
    • Anxo añón rodríguez.

O Concello de Tomiño lamenta “o desleixo” do Sergas ante o estado da Atención Primaria no municipio

0

Meses despois de manter unha entrevista co conselleiro de Sanidade e logo de múltiples reunións periódicas co persoal do Centro de Saúde, o Concello de Tomiño constata que a precaria situación da Atención Sanitaria no municipio continúa sen estar resolta.

A falta de persoal médico e sanitario é un problema que afecta a Tomiño desde xa fai anos, pero cuxas consecuencias se están vendo agravadas desde o inicio da pandemia. Dos oito médicos/as que lle correspondería ter ao Centro de Saúde, a non reposición das baixas e das vacacións por parte do Sergas fai que só estean prestando atención cinco, o que provoca que unha cota de case 5.000 pacientes teña que ser repartido entre os que están. A situación agrávase aínda máis cando o persoal médico precisa desprazarse para facer consultas en domicilios particulares ou realizar saídas por motivos de emerxencia, facendo que haxa ocasións nas que só haxa catro deles no centro ou incluso menos, a metade dos necesarios.

A isto hai que engadirlle a ausencia do médico no consultorio de Goián, un servizo que foi suspendido por mor da pandemia e que aínda non foi reposto a pesar da esixencia reiterada por parte do Concello. Este peche provocou que a veciñanza usuaria deste centro tivese que desprazarse ao de Tomiño, facendo que a saturación e o desbordamento neste último se acentuasen aínda máis.

Desde o Centro de Saúde comentan que a situación é “moi complicada” e que están “moi cansados”, un malestar que vai en aumento tanto entre o persoal sanitario como entre a poboación. A decisión da Xunta de non activar as axendas para a atención presencial priorizando as consultas a distancia é outro dos motivos do descontento entre a veciñanza, que demora unha media entre 7 e 10 días en conseguir unha simple cita telefónica.

“Desde o Concello só podemos constatar a falta de compromiso por parte do Sergas por buscar solución a un asunto que non é novo, senón que vén de fai bastantes anos atrás, e que están sufrindo tamén outros municipios da comarca. Reiterámoslle ao conselleiro de Sanidade que é a súa responsabilidade poñerlle fin a este problema, que está tendo importantes consecuencias tanto na cidadanía como na propia saúde do persoal sanitario”, afirmou a alcaldesa Sandra González.

Con todo, desde o goberno local queren destacar o enorme labor que está levando a cabo o persoal médico no Centro de Saúde, que traballan día a día baixo unhas condicións moi difíciles nas que a miúdo pagan de forma directa coa frustración da xente. “Queremos que saiban que teñen todo o noso apoio e apelamos á veciñanza a defender unha atención sanitaria mellor, con máis recursos e mellor servizo, porque nesta loita estamos todos no mesmo barco”, sinalan desde o consistorio.

O Rosal, un clamor en defensa do servizo de Atención Primaria

0

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza do Calvario do Rosal para denunciar, unha vez máis, as carencias do servizo de Atención Primaria que está a sufrir municipio dende hai tempo e pedir que se lle poña freo ao progresivo desmantelamento. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal recalca que a situación dende o comezo da pandemia foi a peor, xa que o Sergas tomou unha serie de medidas presentadas como temporais “que agora ten intención de prolongar de xeito indefinido”.

Unha das eivas atópase no servizo de Pediatría, que se desprazou á Guarda de forma temporal pero que aínda non volveu ao centro de saúde rosaleiro e que nos últimos meses viuse agravada ao estar de baixa a pediatra titular e non ser substituída, polo que os nenos e nenas do Rosal carecen dun seguimento médico axeitado.

[su_image_carousel source=”media: 40367,40364,40368,40365,40366″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Non é unha situación illada: non se envían substitutos para o persoal de baixa, deixando ás e aos pacientes sen continuidade na asistencia médica, e impúxose a atención telefónica prioritaria, sobrecargando ao persoal sanitario na atención de pacientes e deixando a rosaleiros e rosaleiras cunha demora de máis de dúas semanas para poder acudir ao médico.

Por outra banda, o consultorio de San Miguel de Tabagón leva pechado pola Consellería dende comezos da pandemia sen perspectiva de que se lle dote do persoal e do material necesarios para reactivar a súa actividade.

Ademais, de cara ao verán, o Sergas xa anunciou que non se van substituír as vacacións do persoal, o que deixará ao centro de saúde cunha soa médica para máis de 6.000 persoas. Ante esta situación “absolutamente inaceptable que non fai outra cousa que deteriorar gravemente o servizo de atención primaria e poñer en grave perigo a saúde da veciñanza”, a Plataforma reclama á Consellería de Sanidade:

  • Un servizo de pediatría de calidade no Rosal.
  • A recuperación da praza de matrona.
  • A substitución das baixas e vacacións do persoal sanitario.
  • Atención presencial na Atención Primaria dotando aos profesionais dos medios precisos.
  • A creación dunha praza máis de persoal médico e dúas de persoal de enfermería.
  • A dotación das infraestruturas, espazos e equipamentos necesarios para unha Atención Primaria de calidade.

Durante a concentración as persoas participantes escoitaron o testemuño dunha das médicas do centro de saúde e recolléronse sinaturas para que se tomen medidas ante o progresivo deterioro do servizo que se entregarán nos vindeiros días na delegación da Consellería de Sanidade e na xerencia do SERGAS. Ademais, dende o pasado 1 de xullo a Plataforma ten un cartel no centro de saúde no que se vai actualizando cada día a información sobre o persoal que está de servizo nesa xornada.

‘Pasaporte Condado Paradanta’ vantaxes especiais para as persoas usuarias e dinamización turística para as comarcas

Usuario da comarca do Condado Paradanta, ben sexa veciño ou turista asiduo, ese é o perfil da persoa á que vai dirixido o “Pasaporte ao Condado Paradanta” (PCP). Trátase dunha iniciativa singular é única en Galicia promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta, que permite acceder a unha coidada selección de 24 propostas exclusivas en empresas turísticas da zona.

Deste xeito, esta credencial permite obter unha serie de vantaxes para aqueles que opten por aloxarse en determinados hoteis ou casas rurais da comarca, gozar da gastronomía e dos deliciosos viños da zona, coñecer fermosos recunchos da man de guías con gran experiencia, mercar produtos de calidade ou achegárense ao patrimonio cultural dos dez concellos (Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas) que integran o GDR.

As primeiras mil unidades deste pasaporte xa están en distribución e poden adquirirse, de xeito totalmente gratuíto, en calquera das 24 empresas participantes no proxecto, que son as que ofertan as 24 propostas turísticas e que están identificadas como tal, e tamén nas oficinas de turismo dos dez concellos, así como nos museos da Ciencia do Viño de Salvaterra, no Arabo en Arbo e no municipal de Ponteareas.

A iniciativa ten como misión atraer e fidelizar tanto a chegada de persoas de fóra á comarca como manter como clientes os propios veciños.

Como funciona?

  1. Completar o formulario cos datos de cadaquén e a enquisa de validación do PCP que se atopa na páxina web do gdr (https://gdrcp.typeform.com/to/ktL6hoqm). Unha vez recibido o correo electrónico de confirmación pódese empezar a usar xa o pasaporte.
  2. Escoller as experiencias que a un máis lle gusten e gozar delas con quen queira e cantas veces queira.
  3. Cada vez que se use o PCP, lembrar que deben selar o recadro correspondente. Se se quere repetir algunha experiencia, selarase un novo recadro. Ademais, deberase completar unha pequena enquisa, seguindo o código QR en cada experiencia.

A vixencia deste pasaporte e das ofertas que inclúe remata o 31 de decembro do 2021. Na web https://www.gdrcondadoparadanta.gal/xeodestino/pasaporte-ao-condado-paradanta/ pódese consultar cada unha das 24 experiencias ademais de toda a información respecto deste proxecto

Sorteos

Para participar nos sorteos é preciso completar un número determinado de selos que acrediten ter desfrutado das distintas experiencias, enviar unha foto da folla de datos debidamente cuberta e as fotos das follas de selos ao número de WhatsApp 986663329.

Os premios distribúense en función do número de selos, podendo optar a:

  • 4 selos: un lote de produtos do Condado Paradanta.
  • 8 selos: unha comida ou cea para dúas persoas.
  • 12 selos: unha comida ou cea para dúas persoas + actividade.
  • 16 selos: comida + actividade + cea + unha noite de aloxamento para dúas persoas.
  • 17 ou máis selos: unha estadía dunha fin de semana (dúas noites) con aloxamento, manutención e actividades guiadas.

Ademais, outorgarase un premio á difusión, consistente nun lote de produtos do Condado Paradanta, para a persoa que acade a maior repercusión en redes sociais, Facebook e Instagram, dunha fotografía da súa participación nunha das propostas do PCP. Para isto, contabilizaranse o número de gústame ou likes conseguidos en cada unha das rondas de concurso

Habitação a Custos Controlados já pode avançar no concelho de Vila Nova de Cerveira

A Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e a União de Freguesias de Campos e Vila Meã formalizaram o processo de cedência (por doação) dos terrenos localizados entre o Alto das Cerejas e o Monte da Tomada, numa área de cerca de 14.000 m2, para acolher um projeto de habitação a custos controlados no concelho.

Ultrapassados os inúmeros entraves e procedimentos administrativo-burocráticos, e estando o projeto da autoria da Escola Superior Gallaecia concluído, a autarquia cerveirense vai avançar com os mecanismos necessários para a submissão de candidaturas a fundos específicos do Instituto da Habitação e Reabilitação Urbana.

Segundo o Presidente da Câmara Municipal, “a efetiva concretização deste projeto é necessária e premente, para minimizar as enormes lacunas existentes no concelho na área habitacional, em especial para jovens e para os trabalhadores da zona industrial de Vila Nova de Cerveira”. Fernando Nogueira reitera que, “há duas décadas, que não se constrói em Vila Nova de Cerveira, nem a custos controlados nem sociais, pelo que esta área está identificada como uma prioridade”.

O projeto, já aprovado pela Câmara Municipal, vai nascer na União de Freguesias de Campos e Vila Meã, numa área de implantação de 13.840m2, para a construção de 44 habitações, representando o passo decisivo para a sua concretização.

As Habitações a Custos Controlados (HCC) são construídas ou adquiridas com o apoio financeiro do Estado, que concede benefícios fiscais e financeiros para a sua promoção, e destinam-se a habitação própria e permanente dos adquirentes, ou a arrendamento. A concessão destes apoios tem como pressuposto a construção de qualidade, e que obedeçam aos limites de área bruta, custos de construção e preço de venda fixados na Portaria 500/97, de 21 de julho.

O futuro Arquivo da Imaxe de Tomiño suma 300 novas fotos achegadas pola veciñanza

0

Hai cousa de dous meses e medio que o Concello de Tomiño emprendeu a 2ª fase da creación do Arquivo da Imaxe Municipal, solicitando a colaboración de todas aquelas persoas da zona que tiveran fotos antigas nas súas casas.

Neste tempo houbo concretamente catro achegas realizadas por este sistema, nas que se recolleron máis de 300 instantáneas; incluída unha colección particular impresionante pola súa antigüidade e tamén pola súa magnitude (nada menos que 220 fotografías dunha primeira entrega, xa que haberá outra en breve).

Por outro lado, recolléronse unhas 90 imaxes do Centro Cultural de Estás; estase preparando material da parroquia de Tebra e está prevista a organización de xuntanzas veciñais por distintos  lugares da vila, co fin de explicar o proxecto dunha forma máis directa á cidadanía e sumar así máis fotografías.

Desde a Concellería de Cultura continúan convidando á veciñanza en xeral, a buscar fotos antigas de Tomiño nas súas casas ou que estean relacionadas co municipio. As persoas que queiran colaborar na construción deste importante proxecto para a memoria colectiva de Tomiño, só terán que chamar ao Concello para que dende este, se despracen os técnicos ou técnicas a recoller as imaxes polos domicilios. As fotografías serán dixitalizadas e catalogadas, levándoas de volta ao domicilio nun prazo máximo de 72 horas.

Este método de recollida foi elixido por ser considerado o máis seguro e fiable, tendo en conta o contexto da pandemia da Covid-19, co fin de evitar o contacto interpersoal o máximo posible.

[su_image_carousel source=”media: 40223,40222,40221″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

De todos os xeitos, no caso de que algunha persoa ou familia contase cunha colección de grande importancia e antigüidade e tivesen reparos sobre a súa recollida, desde o Concello valoran a posibilidade de facer excepcións puntuais, realizando desprazamentos ás casas para realizar a dixitalización in situ.

Para porse en contacto só é preciso chamar por teléfono ao Concello en horario de 8 a 14 horas (986 62 20 01/03), solicitando a atención do Departamento de Cultura.

A concelleira encargada da área, Ana Isabel Fernández, destaca a importancia do proxecto. “A creación do arquivo ten unha importancia fundamental para a conservación e a divulgación da historia de Tomiño e loxicamente queremos contar coa colaboración da veciñanza. O proceso de dixitalización é 100% seguro e as familias terán de volta as súas fotografías nun máximo de tres días”, explica.

Espérase que o arquivo da imaxe sexa instalado na futura biblioteca de Tomiño, podendo ser consultado por todas as persoas interesadas, e divulgándoo ademais a través de exposicións temáticas periódicas.

A primeira fase da creación do fondo consistiu na recollida de máis de 3.000 fotografíasprocedentesde múltiples, fontes tales como hemerotecas de xornais, revistas e outras publicacións; arquivos fotográficos e fundacións, etc.

Nigrán adía para os días 22 e 23 de xullo o ‘Solpor Monteferro’ polas malas previsións meteorolóxicas desta fin de semana

0

O Concello de Nigrán vén de anunciar o adiamento do Solpor Monteferro aos días 22 e 23 de xullo por mor das malas previsións meteorolóxicas para esta fin de semana. O Festival volve ao seu escenario inicial, “o mellor escenario do mundo”, o miradoiro de Monteferro tras terce celebraro o ano 2020 no espazo público de Gaifar.

‘Isius’ e ‘Eladio e os Seres Queridos’ no primeiro día á tardiña (19:00 h) e ‘Roma’, ‘Tinta’ e ‘Bafana Bafana’ no segundo, serán os protagonistas deste Solpor con aforo limitado a 500 persoas mediante inscrición previa que se mantén parta as novas datas. (máximo de dúas entradas por solicitude e indicando para qué día ou días sería, nome e apelidos dos asistentes e teléfono de contacto). O festival conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos.

“Tras unha edición no 2020 en Gaifar por cuestións de normativa sanitaria, agora regresamos ao mellor escenario do mundo, o que motivou este festival e do que estamos tan orgullosos. Agardamos que no 2022 a normalidade sexa completa e, con elo, o aforo regrese ao anterior á pandemia”, afirma Juan González, alcalde de Nigrán, quen subliña o outro obxectivo co que naceu Solpor: “apoiar aos mellores músicos da escena local e galega ofrecéndolles o noso mellor escenario e o máis agardado polo público”. “A situación do mundo da cultura é moi complicada agora mesmo e desde o Concello somos conscientes, por iso seguimos apoiando con máis forza a súa presencia na programación de verán”, reafirma Juan González, alcalde de Nigrán.

Tal e como xurdíu no 2017, o obxectivo é gozar da música ao aire libre nunha contorna privilexiada, no cumio de Monteferro, un palco proxectado cara ao Atlántico sobre o máis grandioso dos escenarios. Neste enclave único, fronte ás Illas Estelas, entre as caricias da brisa mariña e os aromas de sal e monte, os “solpores” permitirán vivir realidades musicais aumentadas: un xeito distinto de desfrutar dun concerto, cos cinco sentidos postos na contorna e sumando ao ritmo das ondas o das mellores actuacións en vivo.

Solpor Monteferro é unha experiencia musical para gozar sen présa e cos cinco sentidos. Un ano máis, a cervexeira Alhambra colabora con este evento, que xa forma parte de ‘Momentos Alhambra’ ao desenvolverse nun espazo máxico que convida a saborear as súas cervexas ao compás das mellores propostas musicais.

Aprender a facer piragüismo está na axenda de verán do Rosal

0

O Concello do Rosal pon en marcha un novo obradoiro este verán ao abeiro da programación de lecer destinada á mocidade rosaleira. Nesta ocasión será un curso de 8 horas de piragüismo dirixido a rapaces e rapazas de máis de 12 anos, no que o alumnado participante aprenderá todo o necesario para poder desenvolverse con soltura empregando unha piragüa en augas tranquilas.

O obradoiro desenvolverase no río Tamuxe os días 19, 21, 26 e 28 de xullo en horario de 10.00 a 12.00 horas. As persoas interesadas en participar deberán facer a inscrición previa a través da páxina web do Concello. O prezo do curso será de 18 euros por persoa e o prazo de inscrición remata o vindeiro 12 de xullo.

No caso de cubrirse o mínimo de prazas para poder desenvolver o obradoiro, dende o Concello enviarase un correo electrónico a cada participante para que proceda a facer o ingreso do prezo do curso e así garantir e formalizar a praza.

O obxectivo do Concello á hora de poñer en marcha este tipo de actividades para a mocidade é ofertar unha programación de lecer atractiva e variada que anime a participar a todas as rapazas e rapaces rosaleiros.

Salceda aposta pola segunda edición do Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

A tenente de alcaldesa e concelleira de igualdade de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira presentou esta mañá a segunda edición do Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero que empezou a desenvolverse a pasada semana e que seguirá durantes os meses de xullo, agosto e setembro.

Cómpre lembrar que na pasada edición participaron un total de 43 mulleres, tanto nos talleres como usuarias no Servizo Municipal de Asesoramento e Información Xurídica, Psicolóxica e Laboral.

Nesta segunda edición, os talleres reforzarán a inserción laboral, a aprendizaxe de estratexias no acceso ao emprego e o autoemprego así como as habilidades de comunicación para afrontar os procesos de selección.

O vindeiro martes día 6 arrancarán os talleres no Auditorio, sendo o primeiro o de Ferramentas de sensibilización e prevención da violencia de xénero.

Traballarase un taller sobre a saúde, o benestar e a actividade física dende a perspectiva de xénero e se incorporan dous novos talleres, un sobre a cultura e o audiovisual como elemento para previr a desigualdade de xénero e outro sobre a era post-Covid para as mulleres no que se analizará a situación económica, social, laboral e emocional das mulleres neste momento de reconstrución.

O Servizo Municipal de Asesoramento e Información Xurídica, Psicolóxica e Laboral seguirá sendo a demanda. Non obstante, cada martes de 9:30 a 14:30 na segunda planta do Concello estará todo o persoal para prestar atención e información.

Castiñeiras quixo poñer en valor os resultados do pasado ano e a experiencia adquirida como base para deseñar o Programa desta edición que será executado novamente por Red Talento, con profesionais expertas en diferentes áreas e disciplinas. O Programa conta cun orzamento de 11.322,70 € e está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Realizaranse encontros con todas as participantes para a posta en común de experiencias, aspectos de mellora do programa, empoderamento colectivo e activación de redes así como visitas a empresas e axentes sociais e económicos, con mediación laboral e itinerarios de inserción que faciliten ás participantes a mellora da súa situación persoal, social e profesional.

Loli Castiñeira animou a todas as mulleres de Salceda a participar activamente nas actividades e a acudir aos servizos de asesoramento, que serán completamente gratuítos.

A alcaldesa Verónica Tourón, lembrou que Salceda “continúa apostando pola igualdade” e asegurou que era unha satisfacción “seguir acollendo este tipo de programas que melloran a situación das mulleres do noso concello tanto no ámbito social como no laboral”

Concello de Ponteareas, equipo técnico e alfombristas continúan perfilando o Museo a Ceo Aberto do Corpus

O Concello de Ponteareas continúa a traballar para poder gozar das alfombras florais do Corpus durante todo o ano. A concelleira de Promoción Económica, Eva Gil; o edil de Cultura, Fernando Groba; o de Eventos, Miguel Bouzó; equipo técnico e representantes de alfombristas de cada un dos tramos, celebraron estes días unha primeira posta en común para seguir perfilando como será o futuro Museo a Ceo Aberto do Corpus.

Durante o encontro, o equipo técnico explicou a todos os participantes en que vai a consistir técnicamente este museo no que, veciñanza e turistas, poderán gozar dunha experiencia pioneira de realidade aumentada na que tradición e novas tecnoloxías camiñarán da man. Unha reunión coa que se procura crear o Museo a través dun proceso participativo no que os alfombristas e outras entidades poidan achegar a súa visión. “Estamos todos e todas as traballar por e para o Corpus. Queremos poñer en valor a toda a veciñanza que de forma vocacional transmite de xeración en xeración o coñecemento e a experiencia de crear as alfombras florais e conseguir que esta arte efémera poida ser vivida e desfrutada os 365 días do ano”, salientou Eva Gil.

O museo arrancará centrándose en catro momentos da historia do Corpus aínda por definir, pero o obxectivo é que continúa medrando ao longo dos anos. “Estamos ante un museo vivo, que seguirá crecendo e ao que se lle incorporarán novidades no futuro”, salienta Eva Gil. 

Dende o Concello quere agradecerse a implicación dos alfombristas, que atesouran unha importante información que se recompilará para incorporar neste museo, dende material fotográfico ou anacos de historia ata deseños florais de anos anteriores a través dos que se poidan desenvolver recreacións. O Concello tamén achegará todo o arquivo documental e audiovisual do que dispón, parte del xa dixitalizado.

Toda esta información irá recollida en códigos QR que se instalarán nos tramos alfombrados de Ponteareas, marcando por primeira vez na historia de xeito visible o trazado do Corpus. Deste xeito, todas as persoas que enfoquen co seu teléfono móbil algún dos códigos disporán dunha información atractiva sobre o punto no que se localizan e poderán visualizar material relativo á festa do Corpus ou desfrutar dunha recreación da rúa nunha imaxe de 360º.

O Rosal manifestarase novamente para denunciar “o desmantelamento” do servizo de Atención Primaria

0

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal iniciará esta semana unha serie de accións para denunciar o constante desmantelamento que está a sufrir o servizo de Atención Primaria no municipio. Por este motivo, convoca a todo a veciñanza a participar este sábado 3 de xullo a participar na concentración que se celebrará ás 12.00 horas na Praza do Calvario para poñer de manifesto unha vez máis a situación de precariedade provocada principalmente pola falta de medios persoais e as deficiencias nas instalacións.

Durante a concentración as persoas participantes poderán escoitar o testemuño dunha das médicas do centro de saúde. Ademais a Plataforma recollerá sinaturas para que se tomen medidas ante o progresivo deterioro do servizo que se entregarán nos vindeiros días na delegación da Consellería de Sanidade e na xerencia do SERGAS.

Por outra banda, dende este mesmo xoves a veciñanza que acuda ao centro de saúde poderá ver un cartel no que se irá poñendo cada día información sobre o persoal que está de servizo nesa xornada. O obxectivo é poñer de manifesto as carencias continuas deste centro de saúde, no que os rosaleiros e rosaleiras xa non dispoñen de matrona nin pediatra e no que non se substitúe ao persoal sanitario cando está de baixa ou colle vacacións. A Plataforma irá publicando diariamente nas redes sociais todas estas carencias.

Anos de deficiencia

O servizo de Atención Primaria dos concellos do Baixo Miño leva xa anos nunha situación de precariedade provocada principalmente polas deficiencias nas instalacións e a falta de medios persoais, que no Rosal implica que o persoal sanitario atenda a un número de pacientes que supera as recomendacións dos colexios médicos e da OMS.

A situación agravouse de xeito importante durante a pandemia. A carencia de espazo e de dotación material do Centro de Saúde obrigaron a desprazar á Guarda o servizo de pediatría e a pechar a consulta de San Miguel. Ademais, a implantación da atención telefónica supuxo un afondamento no deterioro do servizo, ademais de poñer ás profesionais do centro nunha situación límite ao enfrontarse a unha multiplicación da carga de traballo e a unha sobrecarga emocional, xa que unha parte da poboación os fai responsables do deterioro do servizo.

Nunha reunión co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a alcaldesa Ánxela Fernández explicoulle os problemas da atención primaria no Rosal. Neste encontro, aínda que o conselleiro admitiu a existencia de carencias de persoal e expresou a intención de convocar unha praza de médico, non apreciou a necesidade de reforzar o servizo de pediatría nin comprometeu melloras nas instalacións.

Rematadas en Redondela as obras de recuperación e posta en valor da Fonte de Santiago

0

O Concello de Redondela vén de dar por rematados os traballos de recuperación da Fonte de Santiago, obras que se enmarcan dentro dunha iniciativa global de rehabilitación e posta en valor do patrimonio histórico-artístico e cultural do municipio e que contaron cunha subvención da Deputación de Pontevedra de 10.667 €.

Segundo o informe previo realizado pola empresa Acanto, especialistas en conservación de patrimonio, o estado no que se atopaba a Fonte de Santiago era “malo” debido á degradación sufrida “tanto polo factor ambiental coma polo factor humano”.

Cómpre lembrar que a fonte atópase nunha praza pola que descorre o Camiño de Santiago –en Redondela conflúen o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa– e na que, pola súa propia situación a carón do río e polas propias condicións climatolóxicas da zona, “ten un alto grao de humidade ambiental que, unida á proximidade ao mar e aos contaminantes atmosféricos” propiciaron o deterioro dos materiais.

Doutra banda a empresa destaca como elemento de degradación “o factor humano nas intervencións anteriores (…) a máis importante o seu traslado ao novo emprazamento dentro da mesma praza” o que levou o desmonte íntegro da estrutura e os conseguintes danos ocasionados, “como as marcas visibles de apalancar as pezas”.

A maiores, explica o informe, o morteiro tradicional foi substituído por cemento Portland, “extremadamente duro e que pode achegar sales ao soporte pétreo” apreciándose ademais “reconstrucións inadecuadas con cemento na parte superior das molduras circulares” e faltas de volume “ocasionadas por golpes de carácter mecánico e roturas durante o traslado”. Chama especialmente a atención o deterioro causado “polo engadido de pezas metálicas por toda a superficie da fonte, como puntas e alcaiatas de ferro, utilizadas para a colocación de elementos durante as festas que ocasionan danos no material pétreo circundante”.

Tal e como sinala a concelleira de Patrimonio, María Castro, “os traballos permitiron recuperar o estado orixinal da Fonte e poñer en valor un elemento patrimonial de primeira orde”.

Ás labores de recuperación realizadas, engadirase agora un plan de mantemento que, tal e apunta a alcaldesa Digna, “incluirá revisións rutineiras anuais para retirar os elementos vexetais que poidan ir xurdindo amais de limpezas, cada catro anos, que serán realizadas ou ben por un técnico en restauración ou baixo a supervisión deste”.

A recuperación da Fonte de Santiago, lembran Digna Rivas e María Castro, enmárcase dentro das distintas actuacións que o Goberno local desenvolve para “a rehabilitación, conservación e posta en valor de todo o patrimonio cultural, histórico e artístico do municipio”.

Ao abeiro deste plan global, tense xa recuperado a Fonte da Raíña, en Cedeira; a rehabilitación do edificio do antigo Conservatorio na rúa Isidoro Queimaliños ou a recuperación do cemiterio de Eidos.

A Garda Civil e a Policía Local de Baiona reforzarán a vixilancia para evitar botellóns

0

Baiona afronta a súa primeira fin de semana da tempada estival cun dispositivo especial coordinado entre a Policía Local e a Garda Civil para evitar os botellóns.

Desde o Concello co obxectivo de continuar velando pola protección da saúde e seguridade da cidadanía na nosa localidade, vanse ha adoptar medidas para vixiar as zonas e lugares de maior afluencia de persoas, evitando así agrupacións nas que non se cumpran as distancias, co principal obxectivo tamén de evitar os botellóns que están prohibidos.

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Óscar Martínez, sinalou que “non se vai a baixar a garda, e a Policía Local e a Garda Civil van seguir traballando para evitar un retroceso nos avances conseguidos fronte á pandemia, e vixiaranse os botellóns para previlos”, á vez que pediu “seguir mantendo a precaución, as distancias e minimizar os risco de contagios, levamos máis de dous meses en nivel de risco baixo e o programa de vacinación está a avanzar a bo ritmo polo que é necesario continuar garantindo a seguridade e a saúde de todos e todas”.

Desde o Concello de Baiona solicítase á cidadanía, especialmente ás persoas máis novas e dado os rebrotes dos últimos días neste sector da poboación, continuar demostrando o comportamento cívico dos últimos meses, que transcorreron sen incidentes e con máximo respecto ás medidas sanitarias.

Para evitar estas aglomeracións a Policía Local e a Garda Civil vai organizar un Plan Antibotellón, os axentes realizarán controis itinerantes e estaranse movendo pola localidade, e polos lugares e zonas onde se adoitan concentrar as persoas mozas como o parque da Palma.

Pola súa banda, o Alcalde de Baiona sinala que “a Policía Local e a Garda Civil vai proceder a previr as agrupacións de mozas consumindo alcol nas prazas, parques ou zonas da vía pública, van comisar as bebidas, levantando actas de sanción, e pídese a máxima colaboración aos mozos. Ambos os efectivos continuarán traballando cunha dobre función nestas zonas co Plan Antibotellón, por unha banda preventiva, xa que coa presenza constante e os controis evítase que se monten os botellóns, e doutra banda punitivas sancionando o consumo de alcol na vía pública”.

Goméz expón que “ desde a alcaldía e o departamento de Seguridade Cidadá reunímonos con Policía Local e a Garda Civil para coordinar as accións encamiñadas a garantir o cumprimento das normas anunciadas pola Conselleria de Sanidade no noso municipio. Neste punto quero agradecer a colaboración e o traballo de ambos os efectivos”.

Baiona recupera a ‘movida’ co festival ‘La Recta’ que nace con clara vocación de continuidade

0

A ‘movida viguesa’ dos anos 80 non so se cinguiu á cidade olívica, senón que tivo un efecto de dinamización musical e cultural que se deixou sentir nos municipios circundantes especialmente en Baiona na que, da man de empresarios e empresarias de ‘la recta’ que co seu traballo e esforzo conseguiron posicionar a localidade en parada obrigatoria do roteiro da famosa movida ‘ochentera’.

Así pois, o alcalde Carlos Gómez decidía que, para un festival ‘ochentero’ ningún nome mellor que La Recta e, baixo este nome, o vindeiro sábado 10 de xullo, a península de Santa Marta converterase no mellor escenario natural para este festival “que ven para quedarse”.

Esta mañá o salón de plenos do Concello de Baiona acollía a presentación do festival ‘La Recta’, un acto no que participaron o alcalde de Baiona, Carlos Gómez; a concelleira de Cultura, Miriam Costas; representantes da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA) e unha representación dos empresarios que na época dourada da recta tiveron locais tan emblemáticos como o Persígueme Rodríguez, o Yaba, La Bici, Banús, Elígeme ou Villa María nesta coñecida zona de lecer baionesa.

Na presentación de ‘La Recta’ estaba tamén presente Santiago Sánchez del Cerro, cantante de El Capitán Inhumano que interpretou en directo ‘Qué difícil es hacer el amor en un Simca 1000’ para abrir boca para o vindeiro sábado.

“A idea é levar a cabo un Festival para Baiona, que se consolide no tempo e que recolla a varias xeracións, música sen data de caducidade que nos traslade a «calquera tempo pasado foi mellor»”, aseguraba a concelleira de Cultura, Miriam Costas, na presentación do evento.

“Concertos e gastronomía –engadiu a concelleira– que faga lembrar aos que viviron esa época e ensinen aos que non tiveron a oportunidade de facelo. Queremos converter Baiona nun referente da época dourada do Pop español”, asegurou Miriam Costas.

“Se te acordas dos 80 é que non os viviches”. Esta frase de Loquillo mide os graos de implicación na década en que España fíxose moderna e deixou o mito da ‘movida’ asociado a un tempo. A ‘movida’ foi principalmente Madrid. Tamén o foi Vigo e Baiona era unha das principais paradas da movida viguesa.

Pola súa banda o Alcalde, Carlos Gómez, destaca que, nesta primeira edición, “queremos involucrar a diferentes sectores, como a hostalería de Baiona e por suposto aos veciños e veciñas a través do propio Concello”.

Insistía o rexedor local que é un festival “que nace con afán de chegar a consolidarse no panorama musical, para iso, nesta primeira Edición será o Concello quen patrocinará todo o evento para ofrecelo en formato gratuíto. É unha oportunidade única de reinvindicar a historia da movida baionesa”.

Quería o alcalde de Baiona lembrar aos artífices da explosión da movida baionesa, “os empresarios e empresarias que apostaron por esta zona de Baiona e que co seu traballo e esforzo conseguiron posicionar a localidade en parada obrigatoria do roteiro da famosa movida ochentera”.

Nun primeiro momento a empresa encargada da produción tiña outro nome para o festival pero foi o propio rexedor foi quen tivo a idea de vincular o festival ochentero con “la recta” e “a súa movida” e con todos aquel empresario e empresarias que puxeron a Baiona no mapa da movida viguesa.

O espazo escollido o evento non podería ser outro que a península se Santa Marta, enclave ideal para contextualizar os anos 80 baioneses, debido a que é, precisamente, a entrada á La Recta de Baiona.

Máis de seis horas de música, desde as 18:30 ata a 1:00 da mañancina, aproximadamente, transaladarán a todas as persoas que se acheguen a gozar das música dos oitenta cun cartel no que estarán El Norte, The refrescos, Tenesse, Los Limones, El Capitán Inhumano, Trogloditas e un Dj ochentero.

Un alternativa de lecer segura xa que o aforo estará supervisado con control de presenza. Unha ferramenta que permitirá mostrar o aforo en tempo real.

Mondariz e Mos entre os concellos que renovarán o seu alumeado público grazas a unha achega do IDAE á Deputación de Pontevedra

A presidenta provincial, Carmela Silva, expresou hoxe a súa satisfacción ante a nova comunicación do IDAE, (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía), confirmando novos recursos para apoiar o modelo da Deputación de desenvolvemento urbano sostible. Esta subvención, que supera os 600.000 euros, é a sexta que o IDAE fai á institución provincial no que vai de ano e servirá para que os concellos de Mondariz, Mos, Ponte Caldelas, Poio e Moraña melloren o seu alumeado público exterior.

Estes concellos renovarán 1.608 luminarias e porán no seu lugar outras con tecnoloxía LED, máis respectuosas co medio ambiente, ademais de facer o propio cos cadros de mando. Con estas actuacións reducirán nun 78 % o consumo e a súa factura enerxética, polo tanto, como subliñou a presidenta provincial estas achegas supoñen tamén un “aforro de custos para os concellos”. Mondariz (113.000 euros) verá renovadas 254 luminarias e tres cadros de mando co fin de reducir o consumo nun 78,08 %. Mos (76.480 euros) fará o mesmo con 175 luminarias e catro cadros de mando para acadar un consumo 74,84 % menor. O concello de Ponte Caldelas (151.000 euros) cambiará tamén 436 luminarias e catro cadros de mando, unha acción coa que acadará unha redución de consumo do 79,19 %. Pola súa banda, Poio (162.900 euros) empregará a subvención do IDAE para mudar 501 luminarias e catro cadros de mando co fin de reducir o consumo enerxético un 78,31 %. Por último, Moraña (110.700 euros) actuará sobre 242 luminarias e seis cadros de mando para acadar un aforro no consumo do 77,25 %.

Con estas subvencións o IDAE suma xa catro millóns de euros en achegas á provincia da man da Deputación no que vai de ano. Son máis de 24 concellos os que verán mellorada a súa eficiencia enerxética, e a entidade local de Vilasobroso que poderá recuperar a súa Escola e convertela no epicentro cultural e social da parroquia.

Areeiro aconsella manter o máximo nivel de alerta ante o mildio

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella manter o máximo nivel de alerta ante o mildio, posto que están a aparecer as primeiras manchas nas follas dos gromos sen protexer. Por este motivo é importante renovar os tratamentos amais da vixilancia periódica das viñas que é fundamental neste momento para frear posibles focos non controlados da enfermidade. Do mesmo xeito, dende Areeiro lembran que as labores culturais que facilitan a aireación dos acios, como despuntes, esfollas ou rozas, son medidas preventivas imprescindibles contra o mildio.

Aparición manchas novas crecementos

O persoal da Estación Fitopatolóxica Areeiro advirte que a climatoloxia dos últimos días foi favorable á aparición de síntomas de oídio e incluso xa os observou nalgúns acios. Polo tanto, débese seguir con atención á evolución da enfermidade. Por outra banda, non se atoparon cambios na situación do black rot nin síntomas de botrite. En canto a outros parasitos da viña, non se atoparon sinais de Lobesia e as capturas de cicadelidos aumentaron moi lixeiramente. Porén, nalgunhas viñas a presenza de gromos con síntomas de erinose de verán aumentou de xeito significativo.

No que respecta ao buxo a incidencia das eirugas comeza a ser máis evidente polo que dende Areeiro aconsellan manter unha vixilancia constante, sobre todo á saída da situación de inestabilidade climática prevista cara finais da próxima semana.

Zona Franca realizará un plan estratéxico para Nigrán, Baiona e Gondomar

O Consorcio da Zona Franca poñerá en marcha o desenvolvemento dun plan estratéxico de Nigrán, Gondomar e Baiona e a comarca do Val Miñor. O delegado do Estado, David Regades, asinou onte no Parador de Baiona un acordo cos tres alcaldes, para realizar este traballo de análise, que permitirá establecer os mecanismos e a folla de roteiro para a toma de decisións que permitan a mellora da competitividade e impulsar actividades que xeren un impacto positivo no crecemento económico, a xeración de emprego e a sustentabilidade a longo prazo.

O traballo comezará cun diagnóstico estratéxico con toda a información e datos obxectivos do municipio e a súa contorna. Non só analizarase a economía, o tecido empresarial e a situación social, demográfica, tecnolóxica ou ambiental, senón tamén a repercusión da crise do covid. A información sintetizarase nunha matriz DAFO, cun informe final que incluirá cada sector, áreas económicas e o futuro potencial que teñen os concellos do Val Miñor e a súa repercusión no desenvolvemento económico na súa área.

O plan será participativo, coa visión dos expertos e da economía de Nigrán, Gondomar e Baiona para recompilar opinións, percepcións e ideas de axentes e entidades público-privadas relevantes sobre a situación actual e os retos futuros. Tamén se estudarán casos de éxito, modelos similares no mundo, para traer eses exemplos que poidan ser inspiradores.

Con todo iso farase un plan operativo coas actuacións e instrumentos que se deben implementar, coas accións xerais para estes tres municipios e a súa área de influencia. Finalmente poñeranse sobre a mesa as propostas de colaboración, instrumentos públicos ou axudas públicas que se poden poñer en marcha para desenvolver todas as ideas, que serán tamén no ámbito público-privado.

O delegado do Estado, David Regades, precisou que “todo este proceso terá a súa propia folla de roteiro para que non quede nun documento, senón que se converta en realidade. Os alcaldes insistíronme que moitos estudos quedáronse no tinteiro, así que se elaborarán unha batería de indicadores para avaliar as accións emprendidas e tomar medidas concretas”. Xunto a todo iso haberá un comité de seguimento desde Zona Franca, onde estará persoal dos concellos, para a supervisión dos traballos.

O alcalde de Nigrán, Juan González, pola súa banda sinalou que “este plan estratéxico é oportunidade e agradecemos a Zona Franca este paso para planificar o futuro”. Engadiu que “este plan estratéxico, do que damos hoxe o pistoletazo de saída, hai que traballalo e necesitamos a participación dos cidadáns. En Nigrán estamos moi implicamos cos obxectivos da Axenda 2030 e vainos axudar a conseguilos”.

O alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, subliñou “a importancia da cooperación entre administracións para avanzar e sacar o máximo proveito das nosas localidades” e mostrou a súa confianza en que o protocolo “permita impulsar moitos novos proxectos en Gondomar e aproveitar as sinerxias existentes entre os concellos do Val Miñor, que sirvan para repuntar a economía e o desenvolvemento dunha comarca que está chamada a converterse nun referente do sur de Galicia e Norte de Portugal”.

Tamén agradeceu o apoio recibido en todo momento pola Zona Franca e o delegado, David Regades, “nun proxecto tan importante como a segunda fase do Polígono da Pasaxe, no que o organismo investirá preto de 30 millóns de euros e permitirá ampliar esta zona industrial ata os 600.000 metros cadrados, xerando miles de novos postos de traballo”. Por último, convidou á Xunta de Galicia a sumarse a este tipo de política de cooperación administrativa “polo ben de Gondomar, o Val Miñor e de toda Galicia”.

Finalmente, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, sinalou que “estou convencido de que o noso concello e a súa área de influencia está nunha das mellores localizacións do sur de Galicia, polo que considero que este estudo débese realizar dunha forma transversal, na que nos impliquemos os tres concellos da comarca para afrontar un futuro moito máis organizado e optimista onde garantiremos o asentamento empresarial, coa consecuente creación de postos de traballo, garantindo tamén así o asentamento de poboación”.

onsidera o rexedor que “para todo iso é fundamental contar coa colaboración e cooperación de Zona Franca e do seu delegado, para que este gran proxecto chegue a bo porto. Estou moi ilusionado coa firma deste convenio e coa implicación de Zona Franca”.

Nenos e nenas de Ponteareas gozan dun verán cheo de actividades no Campus Tea e no Verán Rural

Arranca un verán cheo de actividades e aventuras para os nenos e nenas de Ponteareas. Arredor de 125 cativos e cativas comezaron este xoves os campamentos organizados dende a Concellaría de Ensino, dependente da alcaldesa Cristina Fernández Davila, que buscan “ofertar unha alternativa lúdica e educativa que facilite a conciliación familiar e laboral”.

Nesta primeira quenda 100 nenos e nenas aprenden xogando cada mañá co Campus Tea, que se desenvolve nas instalacións do colexio público Nosa Señora dos Remedios. Por outra banda, outros 23 cativos e cativas participan no Verán Rural, que nesta primeira quincena de xullo se está a desenvolver no Centro Cultural de Xinzo.

Verán Rural

A través destes campamentos, o Concello de Ponteareas promove actividades lúdicas e didácticas para ofrecer un tempo de lecer de calidade aos máis pequenos e pequenas.

Combinando xogo e saídas didácticas con actividades creativas, culturais e de coñecemento, estes campamentos teñen por obxectivo espertar a curiosidade das e dos participantes, ampliar o seu coñecemento sobre a vila e a súa contorna a través dunha pedagoxía de lecer baseada na educación en igualdade, en hábitos de vida saudábeis e no respecto ao medio ambiente.

Inauguración do “Teatro no Trega” na Guarda

0

O Concello da Guarda repite experiencia cos Quinquilláns despois do éxito acadado en pasadas edicións, ofertando nos meses de xullo e agosto de 2021 “Teatro no Trega”, a cargo da compañía Os Quinquilláns.

Nesta edición realizarase a actividade no sector de Mergelina do Castro de Santa Trega con dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h, previa inscrición, dende o luns previo a cada cita, en [email protected], indicando nome completo dos asistentes e teléfono (inscrición por grupos de convivintes).

A viaxe de Exeria ao Castro é unha actividade que traslada aos asistentes á época na cal o poboado castrexo de Santa Trega estaba habitado, cunha representación teatral na cal a nobre e valente Exeria, tras anos viaxando, volve á súa terra, Gallaecia, chea de proxectos, entre os que está a conversión do Castro, supostamente abandonado, nunha vila organizada de acordo aos novos tempos. Mais o Castro garda moitas sorpresas e tesouros que custodia Grovio, o seu último e inesperado habitante.

A presente representación está inspirada na personaxe histórica de Exeria, muller peregrina no S.IV. En torno ao ano 380 esta muller procedente dunha familia nobre do Noroeste peninsular -Gallaecia- emprendeu viaxe ata Xerusalén e a súa peregrinación quedou constatada nas cartas que enviaba a amigas e familiares. Na Idade Media estes escritos foron compilados por un monxe da Abadía de MonteCasino no Itinerarium de Egeria.

Este Itinerarium inclúe detalladas descricións da viaxe ata Oriente: Constantinopla, Siria, os

Lugares santos… Entre outros lugares Éxeria visitou o martyria a Santa Tecla en Seleúcida, sendo está unha das primeiras referencias que vincularían ó culto a Santa Tecla -moi arraigado en Asia Menor e na parte oriental do Imperio Romano- coa Península Ibérica.

Creatividade a raudais nos obradoiros de verán para a mocidade do Rosal

0

O Concello do Rosal propón un verán cheo de creatividade sostible para a mocidade rosaleira. A programación estival conta este ano con obradoiros monográficos dunha única xornada nos que ademais de potenciar a imaxinación de rapaces e rapazas a partir dos 12 anos, traballaranse diferentes ideas para darlle unha segunda vida útil aos obxectos. Así, ata o vindeiro 12 de xullo as persoas interesadas poderán inscribirse a través da páxina web municipal en 5 talleres que se desenvolverán durante o mes de xullo no Centro Social. Todos os talleres serán ás 10.00 horas e terán un custo de 5 euros por curso.

No obradoiro Calcenecos o vindeiro 19 de xullo os mozos e mozas farán monecos personalizados e moi variados a partir de calcetíns desemparellados ou vellos, unha idea orixinal que pode empregarse como decoración, agasallo, xoguete… O curso desenvolverase nunha sesión de 2,5 hoaras. Xa pode facerse a  inscrición aquí.

O día 20 de xullo a bixutería de reciclaxe centrará a xornada. Un curso de 2,5 horas nas que as e os participantes poderán reciclar os colares, pendentes e pulseiras que xa non empregan e teñen gardados nun caixón, facendo novos complementos adaptados ao seu gusto e coñecendo novas técnicas. Pode xa facerse a inscrición aquí.

O mércores 21 de xullo os mozos e mozas poderán achegarse ao mundo do traballo en coiro no taller de elaboración de diferentes pulseiras. Un monográfico de dúas horas para o que hai que inscribirse na web municipal.

‘Dalle vida ao papel’ será o obradoiro do xoves 22 de xullo, un curso de 2,5 horas de duración no que os rapaces e rapazas aprenderá a facer diferentes cousas co papel que sobra no día a día, unha segunda oportunidade a este material co que poderán facer un cesto, unha carteira ou unha libreta ou axenda a partir de recortes. As persoas interesadas poden inscribirse aquí.

O último curso desa xornada será o de ‘Plástico Máxico’, un novo material que aterrou hai pouco tempo no mundo do feito a man sobre o que se pode pintar e que encolle e endurece cando se lle aplica calor. Con el rapaces e rapazas farán pequenas pezas de bixutería, adornos, chaveiros… Será o venres 23 de xullo e a inscrición pode facerse aquí.

Onte reabriu o Abergue de peregrinos do Porriño

O Albergue de peregrinos do Porriño, pertencente á rede pública da Xunta de Galicia, reabriu onte ao mediodía as súas portas logo dunha larga tempada pechado.

Onte xa se puido comprobar unha notable afluencia de peregrinos e, ademas, conta coa estrea do punto de información turística promovido polo propio Concello do Porriño.

O Concello tamén dotou ao albergue, desde onte, dunha axente turística, Belén Freire, que se encarga de atender e informar aos peregrinos e visitantes sobre monumentos, paisaxes, oferta gastronómica e de tempo libre no Porriño.

Esta técnica de turismo atenderá aos peregrinos a diario, de luns a venres, en horario de 9:00 horas da mañá a 15:00 horas da tarde, segundo informou o concelleiro de Turismo, David Alonso. 

O XI Open Tenis Vila do Corpus de Ponteareas chega ao seu final

Este domingo 4 de xullo dispútanse as finais do  XI Open Tenis Vila do Corpus nas pistas da Freixa, en Ponteareas, tras as semifinais deste próximo sábado. A partir das 16:00h decidiranse os gañadores das categorías xuvenís e da categoría Absoluta Feminina. Para coñecer ao gañador da  categoría de Veteranos +35 e +45 Masculino, e o da de Absoluta Masculino haberá que esperar ás 17:30h da tarde.

Entre os 190 tenistas que participaron nesta edición do torneo, destacan varios nomes tanto a nivel autonómico como nacional. Na categoría Absoluto Masculino, os cabezas de serio foron os galegos Tomás Currás, José Basanta, Iago Domínguez e Jesús Bouza, os mellores clasificados na clasificación nacional de entre todos os participantes. Xunto a estes, os máis destacados son Roberto Rodríguez, os madrileños Víctor Risueño e Alberto Barrios, e o manchego Yahir Alcolea.

Tamén houbo nomes sobresalientes na categoría Absoluta Feminina, coas galegas Paula Casares, Adriana Subiás, Lucía Del Valle e Salma Del Río, tamén cabezas de serie. A madrileña Raquel Peñalver preséntase como a gran opoñente abater.

Tras a celebración das finais, terá lugar a última hora da tarde a entrega de premios na pista principal da Freixa.

“Espazo do Eu” de Cora Novoa chega a Sala Municipal de Exposicións de Tui

0

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle, ata o vindeiro 10 de xullo, a mostra “Espazo do Eu”, realizada pola moza tudense Cora Novoa. Trátase do seu traballo de fin de grado realizado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo.

A propia Cora Novoa afonda na significación desta exposición coas seguintes palabras: para poder partir, en ocasións, precisamos establecer un suposto, catalogar ou fraccionar, como forma de achegamento. Este proxecto xorde da necesidade de entender, explorar e achegarme ao concepto do “Eu” dende o único “eu” que podo experimentar. O eu configura o espazo que habito. Un Eu múltiple, consciente, cambiante, fluido, fragmentado.

Para a concelleira de ensino e cultura, Sonsoles Vicente Solla, que visitou esta mañá a mostra acompañada pola autora, esta exposición “ten a vontade de apoiar á creación realizada polos novos valores nas artes que existen no noso municipio, posibilitando o achegamento do público a estas novas expresións artísticas e colaborando na divulgación destas novidosas expresións plásticas”.

Nova cita musical en Ponteareas, esta fin de semana, co Cultura24

Esta fin de semana Ponteareas ten unha nova cita musical ao abeiro do programa Cultura24. Nesta ocasión o protagonista será o Grupo Folclórico do Centro Cultural de Xinzo, que actuará na casa. Será este domingo 4 de xullo a partir das 13.30 horas no terreiro de Xinzo, onde farán gozar ao público coa súa arte.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, salienta que o programa Cultura24 “naceu para dinamizar os centros culturais e o tecido creativo do concello, así como para achegarlles ás 24 parroquias a mesma oferta de actividades”.

Todas as actuacións do programa son de balde e celébranse nas fins de semana e, preferibelmente, ao aire libre para cumprir con maior seguridade con todas as medidas sanitarias de prevención da Covid-19. A programación do Cultura24 continuará a desenvolverse ata o vindeiro mes de outubro.

Medio Ambiente adxudica as obras de mellora da contorna da Igrexa de Torroso en Mos

0

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de adxudicar por un importe de 315.000 euros as obras de mellora da contorna da igrexa de Torroso, no municipio de Mos, cun período de execución previsto de nove meses.

A finalidade desta actuación, que se executa ao abeiro dun convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello, é mellorar a funcionalidade e accesibilidade deste ámbito de 2.750 m2 da parroquia de San Mamede. Os traballos comprenden a substitución do pavimento asfáltico por un pétreo, máis acorde coa contorna, que implicará a dotación de novas ou renovación de instalacións, e a reordenación do conxunto dos espazos adxacentes da igrexa; así como unha intervención na estrada Puxeiros-Mos.

Deste xeito, realizaranse traballos de pavimentación de enlousado, definirase un muro de contención e substituirase o pavimento de pedra na entrada principal do templo. Tamén se prevén a mellora da drenaxe, a instalación de alumeado público, a retirada de liñas aéreas existentes, a execución do axardinamento e a ampliación da masa arbórea do Campo da Festa.

A execución desta obra cumpre con obxectivos do Plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta no ano 2010 para colaborar economicamente coas entidades locais na execución de diferentes intervencións e proxectos, co obxectivo común de crear, mellorar ou humanizar infraestruturas de uso público e colectivo.

Ponteareas prepárase para vivir unha Feira do Libro con alta presenza de autoras e autores do municipio e da comarca

Ponteareas converterase, a lo menos durante uns días, na capital do libro da provincia coa celebración da Feira do Libro que foi presentada, na mañá do xoves 1 de xullo, na Casa do Concello nun acto presidido pola alcaldesa, Cristina Fernández, acompañada por Victoria Alonso, deputada de Cultura; Fernando Groba, concelleiro de Cultura; Carlos Blanco, representante da Federación de Libreiros e Editores de Galicia e o ilustrador e caricaturista Pablo Prado –que o fixo a través de videoconferencia– que será o pregoeiro desta quinta edición da Feira do Libro de Ponteareas.

É indubidable a importancia dunha Feira do Libro que, dende o seu nacemento, non deixou de crecer en todos os seus aspectos: público, participantes e programa de actividades complementarias cada ano máis completo e máis atractivo.

O libro sobrevive, con forza e ganas, ao que na presentación da feira cualificouse como “feroz competencia dos medios dixitais”. Pero, o libro impreso ten algo que, como sinalaba a alcaldesa Cristina Fernández, os fai únicos. “Os libros deben seguir acompañándonos nas nosas vidas –afirmou– non é o mesmo gozar dun libro nas nosas máns que na pantalla dun ordenador ou dispositivo dixital. A implicación emocional é distinta e os espazos e momentos que logo te lembra esa lectura son únicos”.

Salientaba a rexedora ponteareá un programa “denso e amplo” no que todas as tardes haberá presentación de libros e sinaturas de exemplares por parte das autoras e autores. O pregoeiro desta quinta edición da Feira do Libro de Ponteareas será Pablo Prado, ilustrador e caricaturista novo “porque reúne unha das moitas características que buscabamos no pregoeiro deste ano e unha delas era a mocidade”. Pese a esa mocidade, a alcaldesa lembrou “que ten xa importantes éxitos, traballos moi bos e a súa trascendencia ao longo do tempo vai ser importante” augurou.

Pola súa banda, Carlos Blanco, puxo o foco de atención sobre a importancia de que os libros sigan estando na rúa. Recoñecía esa “competencia feroz” do sector dixital pero lembraba tamén que “o libro impreso ten os seus puntos fortes e con iniciativas como esta, o que intentamos e buscamos é seguir estando aí”. É un sector, afirmou, “que temos que seguir mimando para poder seguir competindo” e subliñou a importancia de actividades como a que se estaba a presentar “que permiten achegar a literatura á poboación a través dunha actividade lúdica pensada para que as persoas desfruten”.

Non podía evitar, Fernando Groba, encherse de orgullo ao falar dunha feira do libro que ten unha importantísima presenza de escritores e escritoras de Ponteareas e da súa comarca “e de persoas gañadoras dos premios organizados polo Concello ou vinculados aos nosos obradoiros de escrita creativa” e afirmaba o concelleiro de Cultura, sentirse moi satisfeito “de ver como iniciativas deste tipo repercuten na nosa sociedade e como axudamos a achegar novos nomes ao panorama literario”.

Pola súa banda a deputada de Cultura, Victoria Alonso, salientaba “a excelente programación” que acompaña a esta quinta edición da Feira do Libro. “Estades a dinamizar a cultura”, asegurou ao mesmo tempo que reafirmaba a aposta da deputación por este tio de feiras “porque entendemos que os libros acompañáronnos durante a pandemia e agora é o momento de aproveitar a situación actual para fomentar a lectura e fomentala na rúa”.

Alonso facía fincapé noutro aspecto da Feira do Libro como era “o apoio ao pequeno comercio, as librerías locais que estarán presentes cos seus stands que atravesaron unha época complicada”.

Pablo Prado, pregoeiro

O ilustrador e caricaturista Pablo Prado será o pregoeiro nesta quinta edición da Feira do Libro. Nado en Ourense en 1987 pero residente dende os 3 anos en Ponteareas, “vila na que me fixen como individuo e á que desexo volver sempre. Por iso para min é tan especial este convite e faime tanta ilusión exercer de pregoeiro este ano”.

Sendo estudante de O Garaxe Hermético, a escola profesional de cómic e ilustración de Pontevedra, comeza en 2016 a facer traballos de humor gráfico e caricatura para varios xornais galegos. Ao rematar os seus estudos asina un par de proxectos: ‘Os berros da motocicleta’, en colaboración con Kiko da Silva, e ‘O derradeiro libro de Emma Olsen’, baseado na novela homónima de Berta Dávila.

Dende fai anos colabora en proxectos vinculados á loita pola igualdade como a asociación feminista FestiVal das Brétemas ou SOS Racismo Galicia. No 2019 participa na ilustración do videoclip de animación ‘Semillas’, de Tremenda Jauría, e en 2020 traballa como storyboard na serie de Netflix ‘La casa de papel’ e colabora con Fernando Llor na banda deseñada ‘O último festi’, para o Armadiña Rock de Combarro.

Xa en 2021 gaña o premio de banda deseñada O Garaxe Hermético con ‘Nerea e o príncipe da Sorte’, un traballo con guión de Miguel Rojo e publicado pola editorial Xerais.

O Plan Revitaliza da Deputación ten preparadas quendas en Arbo e A Cañiza

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra volve levar este verán as súas actividades sobre compostaxe para crianzas ás ludotecas e campamentos estivais dos concellos da provincia. As charlas, obradoiros, contacontos e xogos comezarán neste mes de xullo, con varias quendas xa programadas nos municipios de Barro, A Lama, Marín, Cambados, Portas, Arbo, A Cañiza e Vila de Cruces.

As actividades educativas do Revitaliza están destinadas a nenas e nenos de Infantil, Primaria e Secundaria dentro da programación de verán organizada dos municipios, xa ben campamentos urbanos, obradoiros, xornadas divulgativas ou ludotecas, mais tamén se inclúen actividades para grupos familiares.

O contido das propostas  será mixto, cunha pequena parte teórica e outra práctica, traballando nos distintos aspectos da compostaxe dunha maneira lúdica para facer máis asequibles os conceptos ás crianzas que están a gozar do seu período vacacional. A oferta inclúe os obradoiros ‘Os Bichocos’ (con adaptacións á situación de verán), o     ‘Xogo da miñoca’, o obradoiro ‘Quen vive aí?’, actividades de ‘Microcompostaxe’ ou a charla ‘A voltas coa compostaxe’, entre outras.

Traballarsae en grupos reducidos para garantir a seguridade necesaria segundo o establecido polas autoridades sanitarias e escolares, podendo realizarse varios grupos no mesmo día. O número de participantes será o estipulado en cada momento polas autoridades sanitarias e adaptado á normativa vixente. A duración das actividades será de 60 minutos para cada grupo, podendo variar lixeiramente dependendo das características.

En xeral as actividades pódense adaptar ás diferentes necesidades de cada Concello, polo que pódese consultar coa equipa educativa as dúbidas ou aclaracións que se precisen. O número máximo de actividades a realizar en cada Concello –totalmente de balde financiadas pola Deputación- estará suxeito á dispoñibilidade e en función da demanda do programa. Polo de agora está aberto o prazo de solicitude.