Este domingo 4 de xullo dispútanse as finais do XI Open Tenis Vila do Corpus nas pistas da Freixa, en Ponteareas, tras as semifinais deste próximo sábado. A partir das 16:00h decidiranse os gañadores das categorías xuvenís e da categoría Absoluta Feminina. Para coñecer ao gañador da categoría de Veteranos +35 e +45 Masculino, e o da de Absoluta Masculino haberá que esperar ás 17:30h da tarde.
Entre os 190 tenistas que participaron nesta edición do torneo, destacan varios nomes tanto a nivel autonómico como nacional. Na categoría Absoluto Masculino, os cabezas de serio foron os galegos Tomás Currás, José Basanta, Iago Domínguez e Jesús Bouza, os mellores clasificados na clasificación nacional de entre todos os participantes. Xunto a estes, os máis destacados son Roberto Rodríguez, os madrileños Víctor Risueño e Alberto Barrios, e o manchego Yahir Alcolea.
Tamén houbo nomes sobresalientes na categoría Absoluta Feminina, coas galegas Paula Casares, Adriana Subiás, Lucía Del Valle e Salma Del Río, tamén cabezas de serie. A madrileña Raquel Peñalver preséntase como a gran opoñente abater.
Tras a celebración das finais, terá lugar a última hora da tarde a entrega de premios na pista principal da Freixa.