Xoves, 18 Setembro de 2025

O Camiño Escolar Seguro a carón do Colexio Pedro Caselles de Tomiño xa é unha realidade

0

O convenio que converterá en realidade o Camiño Escolar Seguro da estrada provincial EP-3102 nas inmediacións do colexio Pedro Caselles, en Tomiño, deu o último paso antes da licitación das obras. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a alcaldesa, Sandra González, asinaron o convenio dunhas obras valoradas en 286.235 euros nas que a Deputación asumirá o 70% do importe (200.364 euros) e o concello do Baixo Miño asumirá o 30% restante (85.870 euros).

A actuación finaliza deste xeito a súa tramitación administrativa previa á licitación, que se efectuará deseguido. O proxecto, elaborado pola Deputación, ten como obxectivo acondicionar o tramo de 400 metros que vai dende o comezo da estrada provincial, no PQ o+000 ata o PQ 0+400 na contorna deste centro educativo e da igrexa de Santa María de Tomiño e o cemiterio, unha zona con forte presión peonil ao dar acceso a estes equipamentos. Coas obras proxectadas garantirase a seguridade viaria ao tempo que se melloran algúns servizos de titularidade municipal. Deste xeito adaptarase a rede de drenaxe de augas pluviais, renovarase completamente a iluminación e soterraranse os servizos de electricidade e telecomunicacións.

A nova senda peonil terá un ancho variable, pero non será inferior en ningún punto aos 3,80 metros. Está deseñada pola marxe dereita da vía e mantén a tipoloxía xa existente na EP-3104 para enlazar coa avenida do Baixo Miño. As obras inclúen tamén a renovación do pavimento dos dous carrís de circulación existentes. A actuación significa, ademais, a transferencia ao Concello deste tramo, unha vez rematadas as obras. A EP-3102 ten unha lonxitude total de 19,7 Km e comunica Tomiño con Sabarís. Neste primeiro tramo ten unha intensidade media diaria de circulación de preto de 2.500 vehículos.

Con esta nova actuación, a Deputación leva investidos máis de catro millóns de euros en obras de mellora da rede provincial de estradas ao seu paso por Tomiño dende que se produciu o cambio no Goberno provincial no verán de 2015. Entre as obras xa realizadas destaca a Variante de Tomiño (conexión entre a PO-3102 e a PO-344 ao paso polo núcleo urbano de Seixo), con máis de 2,8 millóns de euros, así como a mellora da seguridade viaria coa rotonda da EP-3101 en Tebra-Cristelos, con outros 131.441 euros. Neste tempo, a Deputación executou seis pasos de peóns elevados e 25 badéns (redutores físicos de velocidade) ao abeiro do Plan Móvese, de seguridade viaria, e investiu 280.000 euros en conservación de pavimentos.

Mos mellora as súas instalacións deportivas grazas ao Plan Concellos da Deputación

0

As instalacións deportivas municipais de Mos víronse novamente melloradas cun investimento de 40.500€ da Deputación de Pontevedra. Desta volta fixéronse melloras e reparacións nas cubertas do pavillón polideportivo Óscar Pereiro e nos espazos de acceso ao campo de fútbol Coto Torrón. O deputado provincial Santos Héctor e a deputada Victoria Alonso estiveron esta mañá nas instalacións, xunto coa alcaldesa, Nidia Arévalo, para comprobar os resultados das novas actuacións, financiadas co Plan Concellos.

Trátase de dúas obras moi esperadas pola veciñanza e que, no caso do pavillón, estaban a producir molestias ás persoas usuarias por mor das filtracións de auga do tellado. Os prexuízos eran especialmente acusados para os clubs de patinaxe que utilizan esta instalación para os adestramentos, que precisan dun pavimento seco e en boas condicións.

Unha vez rematadas as obras financiadas pola Deputación, o pavillón Óscar Pereiro soluciona os problemas derivados do desgaste de parte do material da cuberta. Retiráronse as pranchas defectuosas e colocáronse outras translúcidas coas que esta instalación deportiva gañou, ademais, en luminosidade, dado que o novo material permite un maior paso da luz (ata un 52%). As condicións de iluminación no interior cambiaron substancialmente, especialmente en horario diúrno, pois da superficie total de 1.298 metros cadrados da cuberta, substituíronse 500 metros cadrados. Ademais, minimizáronse as fugas térmicas, co que se reduce o consumo enerxético e contribúese á sustentabilidade ambiental.

Por outra banda, o campo de fútbol de Coto Torrón estreou unha funcional cuberta no espazo que intercomunica o ximnasio, as oficinas, o bar, os aseos e o acceso ao campo para o público. A estrutura ten unha superficie de 103 metros cadrados e consta de dúas chapas lacadas, sendo a cara exterior de cor verde e a interior branca. Está soportada por oito piares de aceiro, que contan coas súas respectivas zapatas para a ancoraxe ao solo.

As alcaldesas do Rosal e Tomiño apoian aos traballadores de IKF, en folga dende hai dúas semanas

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e a de Tomiño, Sandra González, reuníronse este luns cos traballadores e traballadoras de Imerys Kiln Forniture (IKF), unha empresa histórica na comarca do Baixo Miño dedicada á fabricación de materiais refractarios. O persoal da compañía leva en folga indefinida dende hai case dúas semanas ao non chegar a un acordo coa empresa sobre a dobre escala salarial que se quere prolongar no tempo.

As rexedoras acudiron ata a sede da empresa para amosar o seu apoio a todos os veciños e veciñas que traballan nesta compañía, así como ás súas familias, xa que con arredor de 60 empregados IKF é unha das empresas máis importantes da comarca dende o punto económico e social.

Ánxela Fernández e Sandra González quixeron agradecer aos traballadores e traballadoras que quixeran informalas dos pormenores do conflito laboral e aseguraron ao persoal que tanto os concellos do Rosal como de Tomiño farán todo o posible para que a situación atope unha pronta solución.

EU Ponteareas congratúlase da modificación da circunvalación

Esquerda Unida de Ponteareas cualificou de “boa nova” o feito de que no anteproxecto para definir a mellor solución para unha conexión entre a estrada N-120 e a autovía A-52, á altura do núcleo de Ponteareas, desbotárase a proposta inicial dunha vía paralela ao río Uma. Deste xeito, a circunvalación contemplada no PXOM pendente de aprobación e que Esquerda Unida rexeitou en todo momento pola súa grave afección ao entorno do rio Uma e por pasar a 50 m da Ponte do Cabalón, xa non será unha opción.

O novo anteproxecto contempla tres alternativas de enlace, denominadas Corredor 1, 2 e 3. Os corredores 1 e 2 parten dende a A-52, ao oeste da estrada provincial que cruza Guláns. O corredor 1 conéctase coa N-120 á altura de A Rocha e O Picoto e o corredor 2 conéctase coa N-120 á altura da Lomba.

Por outra parte, o Corredor 3 parte dende o enlace actual da A-52, en Moreira, cruza o río Uma en perpendicular de xeito que se reduce a afección sobre o espazo da Rede Natura 2000, transcorre ao oeste do lugar de O Cabalón e se conecta coa N-120 á altura do IES do Barral. Polo tanto, podemos dicir que con este anteproxecto o entorno do río Uma vese menos ameazado que coas propostas anteriores.

Aínda así, con respecto ao Corredor 3, sorpréndelle a EU que neste estudio “non se tivese en conta a alternativa prevista polo PXOM de desdobramento da PO-403 polo este do lugar de Abelleira”. Esa alternativa, explica Esquerda Unida de Ponteareas, desviaría o tráfico da estrada en Angoares, co que se podería adaptar este tramo para o uso peonil, incorporar un carril bici e así fomentar a mobilidade sostible entre Angoares e Ponteareas.

Esta nova entrada a Ponteareas conectaríase con dúas novas avenidas que, partindo desde o sur do colexio Bouza Brey, conectarían coa N-120 xunto a gasolineira e co polígono da Lomba. Como no seu momento tiña explicado Esquerda Unida, esta alternativa “crearía un acceso directo dende a A-52 ao núcleo de Ponteareas, desconxestionaría un tramo de concentración de accidentes na PO-403, tería un efecto de cosido da trama do núcleo e suporía ao mesmo tempo unha transformación do entorno de menor intensidade”. Todas estas cuestións foron trasladadas por EU ao Ministerio de Transición Ecolóxica na fase de consultas do proxecto.

En todo caso, EU considera “unha mellora” esta nova proposta e lembran tamén o compromiso do estado de urbanización da N-120 ao seu paso polas parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo. Sobre esta cuestión considera a forza asemblearia que ademais das rotondas propostas, “débense construír sendas peonís en ambos lados da estrada unidas con pasos de peóns con semáforos accionados con pulsador e un carril bici para fomentar os desprazamentos co núcleo por este medio”.

Con todo, dende Esquerda Unida lembran que a súa principal opción “pasa por reducir o uso do transporte individual, fomentando o transporte colectivo e o emprego no propio concello e o uso da bicicleta nos desprazamentos de corta distancia”.

Novas bonificacións na AP-9 para os usuarios do telepeaxe

A ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez detallou hoxe o novo esquema de bonificacións na autoestrada AP-9, o maior da historia, que onte anunciou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na súa visita a Galicia.

“Mañá aprobamos un aforro para os galegos”, aseverou a ministra durante a súa intervención nun acto na Coruña, na que estivo acompañada polo secretario xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez Torrón, facendo referencia á aprobación mañá polo Consello de Ministros do Real Decreto de bonificacións da Autoestrada da Atlántico AP-9, que une Tui e Ferrol a través de 219,6 quilómetros.

O visto e prace do Goberno é o último trámite necesario para que o texto publíquese no Boletín Oficial do Estado (BOE) e os descontos entren en vigor, o que implica que o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana ( Mitma) cumpre o seu compromiso cos galegos de aprobar as bonificacións en xullo. Estas serán de aplicación ao día seguinte da súa publicación no BOE, previsiblemente, esta mesma semana e coincidindo co que adoita ser a fin de semana de maior mobilidade do ano.

“Imos chegar a tempo con Galicia” asegurou a ministra de Transportes, Raquel Sánchez, que quixo agradecer a todo o Goberno o gran esforzo que realizou para “conseguir resultados dentro dos prazos que nos marcamos” debido a que “non foi nada fácil”. Á súa vez, agradeceu á Xunta de Galicia a súa “actitude de dialogo” á hora de elaborar o novo esquema de bonificacións.

Sánchez aproveitou a súa primeira visita a Galicia desde que asumiu a carteira de Transportes para renovar o compromiso do Ministerio con “todas as galegas e os galegos”, “darlle un impulso claro” e “anunciar novos avances”. Ademais das históricas bonificacións, a titular do departamento anunciou que “este ano se van a alcanzar varios fitos moi importantes para a mobilidade galega”, como a posta a posta en servizo do tramo de Alta Velocidade Pedralba – Taboadela – Ourense. Así mesmo, revelou que “estamos a estudar a saída ferroviaria sur de Vigo” e que o Ministerio se compromete a “realizar a conexión ferroviaria co Porto Exterior da Coruña”.

Neste punto, tal e como explicou a ministra, vai dar un impulso moi importante á rede ferroviaria galega grazas á súa inclusión no Corredor Atlántico e aos fondos europeos. Así mesmo, destacou que Galicia recibirá un investimento con cargo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia que xestiona o Ministerio de Transportes duns 1.200 millóns, dos que só este ano recibirá 225 millóns.

A importancia da AP-9

A entrada en vigor do novo esquema de bonificacións da AP-9 é, xunto coa conclusión do AVE, un dos principais fitos deste ano para Galicia xa que a autoestrada é un eixo vertebrador da economía e a mobilidade dos galegos. E é que, ademais de unir cinco das sete cidades máis importantes, onde reside máis do 60% da súa poboación, e conectar cos Portos e Aeroportos, o seu uso responde, en gran medida, á lóxica de traxectos recorrentes metropolitanos, o que fai da estrada unha infraestrutura básica para a cohesión social en Galicia.

Así, dos 95,3 millóns de tránsitos que rexistrou a autoestrada en 2019, o 92% foron de vehículos lixeiros. O resto, 7,54 millóns (8%), corresponde aos vehículos pesados. De media, uns 61.485 usuarios únicos pagan por percorrer a estrada cada día laborable. Enténdese tránsito como o paso dun vehículo entro dous puntos de control da AP-9.
“O Decreto modifica os termos da concesión da AP-9 para bonificar as peaxes que os vehículos, tanto lixeiros como pesados, teñen que pagar polo uso da autoestrada como consecuencia dun historial de decisións que colocaba sobre os usuarios galegos unha hipoteca crecente ata o ano 2048”, aseverou a ministra. Non en balde, o texto recolle que os descontos se cubrirán con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado e non con incrementos de tarifa ou do período de concesión.

Ademais, o novo esquema subsume o Real Decreto de 2013 polo que se descontaba o 100% da peaxe das voltas que se facían no día nalgúns tramos da provincia de Pontevedra, polo que deixarán de compensarse con alzas de tarifas.

“O Estado destinará cada ano uns 55 millóns de euros para bonificar a autoestrada AP-9 e uns 2.300 millóns de euros ata finalizar o prazo da concesión, aos que hai que sumar o importe das bonificacións xa vixentes”, lembrou a ministra Sánchez antes de sinalar que “máis dunha terceira parte de todas as peaxes da autoestrada galega págaos o Estado, a través do Ministerio, fundamentalmente grazas a este Decreto”.

“Son bonificacións moi cuantiosas que terán impacto directo en termos de aforro sobre a mobilidade cotiá en Galicia. Sobre os usuarios e sobre as súas necesidades básicas de desprazamento. Anualmente, 15 millóns de tránsitos verán eliminada ou reducida a súa factura”, afirmou.

Novas bonificacións

O Real Decreto introduce novas bonificacións e descontos e mellora e amplía a todos os días da semana e a toda a autoestrada as medidas que xa están vixentes nalgúns tramos. Mantense a gratuidade das circunvalacións de Santiago, Vigo, Pontevedra e o tramo Fene-Ferrol e as bonificacións na Coruña-Barcala e o O Morrazo-Vigo.

Vehículos lixeiros

1- Gratis todos os traxectos de volta co dispositivo de telepeaxe, que xa usan a maioría dos usuarios, que se realicen nun prazo máximo de 24 horas. A bonificación do 100% do percorrido de regreso ao momento de orixe aplicarase todos os días da semana, festivos incluídos. O percorrido de volta debe ser igual ao de ida.

Dous das grandes diferenzas cos descontos comerciais e as bonificacións previas é que se amplía do día natural ás 24 horas o prazo para realizar a viaxe de volta e que se suman os domingos e festivos (antes era de luns a sábados).

Por exemplo, un usuario que vive A Coruña e vai a Santiago un sábado e volve no día gasta 12,25 euros en peaxes. Coas medidas pasaría a pagar 7 euros, aforrándose 5,25 euros diarios. Se fose o domingo, que non ten o desconto comercial do 25% de Audasa, o aforro sería de sete euros. Se vai todos os domingos, leste subiría a 28 euros mensuais.

2- Bonificación adicional do 50 por cento do percorrido de ida para aqueles usuarios que realicen nun prazo máximo de 24 horas dous percorridos iguais (co mesmo orixe e destino) e de sentido contrario dentro do tramo Puxeiros (Vigo)-Tui e viceversa, en días laborables e festivos.

Así, un usuario que vive en Tui e vai e volve de Vigo en 24 horas (pasadas as 00.00 horas, por exemplo) pagará polo traxecto de ida e volta 1,4 euros, aforrándose 4,2 euros. A peaxe entre Vigo e Tui son 2,8 euros.

3- Gratuidade no acceso desde Redondela. Bonificación do cento por cento nos percorridos internos no tramo Redondela-Vigo (orixe/destino Rande-Vigo), que realicen o mesmo traxecto de ida e volta no prazo de 24 horas.

Por exemplo, un cidadán que teña que vaia e volva todos os días da semana polo tramo Rande e Vigo, pasará de pagar 34 euros ao mes a cero euros. A peaxe custa un euro.

4- Recorrencia. Rebaixa do 20% do importe pago en todos os percorridos realizados nun mes, a contar desde o percorrido inicial, para aqueles vehículos que realicen máis de 20 viaxes no devandito período. Contabilizarase como un desprazamento o conxunto de percorridos realizados nun mesmo día e nun mesmo sentido de circulación, calquera que sexan as entradas e saídas parciais rexistradas dentro do mesmo.

Por exemplo, un usuario que vive en Fene e estuda na Coruña (40 desprazamentos ao mes) pagará 4,9 euros ao día en peaxes grazas ás bonificacións, no canto de abonar os 8,75 euros previos, aforrando 3,67 euros ao día. Só coa volta gratis, ao mes pagaría uns 98 euros, pero, grazas ao desconto extra por recorrencia, a factura mensual redúcese aos 78,4 euros, o que implica un aforro mensual de 93 euros.

As bonificacións e descontos aplicaranse aos vehículos lixeiros que utilicen a telepeaxe como medio de pago. Audasa só cargará a peaxe da viaxe de ida, polo que os usuarios rexistrarán o aforro cada 24 horas.

En canto ao desconto do 20% adicional por recorrencia, á hora de contabilizar un desprazamento hai que ter en conta que:

• Non se inclúen os desprazamentos efectuados polos tramos libres de peaxe ou con bonificacións (peaxe en sombra).
• Como máximo contaranse dous desprazamentos ao día, un por cada sentido da circulación.

Ao final do mes Audasa realizará un abono polo importe correspondente ao 20% de todos os desprazamentos realizados nese mes con telepeaxe.

Vehículos pesados

1- Desconto do 20% do importe da peaxe en todos os percorridos.

2- Gratuidade no acceso desde Redondela: bonificación do 100% dos percorridos internos no tramo Redondela-Vigo (orixe/destino Rande-Vigo), incluído o acceso ao porto de Vigo.
Por exemplo, un camión que cobre o roteiro entre A Coruña e Vigo catro veces á semana aforrarase 234,5 euros en peaxes ao mes co desconto do 20% en cada percorrido. A peaxe dos 32 desprazamentos (ida e volta) mensuais costa 1.172,8 euros e coa rebaixa queda en 938,2 euros.

As bonificacións para os vehículos pesados aplicaranse sen ningún tipo de condicións xa que están dispoñibles todos o día da semana (laborais e festivos) e para calquera sistema de pago de peaxe. O desconto realizarase de forma automática no momento do pago na barreira (cabina de peaxe) e redondéase aos 0 ou 5 céntimos.

“Conseguir estes beneficios implica un esforzo orzamentario moi especial, que ten en conta a función que ten esta autoestrada na mobilidade do día a día e, tamén, ás complicadas vicisitudes que pasou esta autoestrada das que os usuarios actuais e futuros eran os principais prexudicados”, explicou a ministra Raquel Sánchez.

Un aforro para Galicia

Co esquema de bonificacións aprobado, os vehículos lixeiros poderán realizar traxectos gratuítos e con algún tipo de desconto extra no 219,6 km que conforman a AP-9 todos os días da semana.

Así, coa entrada en vigor do Real Decreto, o 19,4% dos tránsitos que realicen os vehículos lixeiros nos tramos de pago directo pasarán a ser gratuítos de forma inmediata fronte ao 8% previo. En concreto, con datos de 2019, serán gratuítos 8,4 millóns de tránsitos que se realizan ao ano en vías de pago, fronte aos 3,5 millóns. Espérase alcanzar os 10 millóns tránsitos gratuítos en 2028.

A AP-9 rexistrou en 2019 unha media de 240.471 tránsitos diarios, dos que o 49% pagaron peaxes. Destes últimos, o 48% realizáronse en ida e volta en 24 horas abonando o percorrido con tarxeta de crédito ou telepeaxe, o que implica que, nada máis aprobarse, as medidas impulsadas polo Goberno beneficiarán a miles de galegos que usan asiduamente a infraestrutura.

Os vehículos pesados realizan uns 7,5 millóns de tránsitos pola AP-9 ao ano, dos que o 54% (4,2 millóns) rexistrarán unha rebaixa do 20% da peaxe por primeira vez na historia recente da infraestrutura. O resto son ou serán gratuítos.

Conta de compensación

Os máis de 55 millóns de euros anuais utilizaranse para cubrir os descontos recolleitos no Real Decreto, pero se algún ano non se chegase a gastar todo o orzamento en compensar a Audasa, o importe restante destinarase a reducir a conta de compensación prevista no Real Decreto 1733/2011 que, segundo as últimas estimacións, podería alcanzar os 405 millóns de euros ao termo da concesión.

O Real Decreto de 2011 recolle a ampliación de capacidade dos tramos de circunvalación de Santiago e ligazón de Cangas-enlace de Teis, incluído a ponte de Rande. Para compensar o investimento realizado e os gastos de conservación, estableceuse unha conta de compensación que capitaliza os saldos (a débeda) ao oito por cento anual e que cada ano dotábase cun incremento adicional do un por cento da tarifa ordinaria. Devanditos aumentos, previstos ata 2037, son acumulativos. Así, o novo Real Decreto abre a porta para utilizar os excedentes orzamentarios para reducir o saldo de compensación anticipadamente.

Por outra banda, o Real Decreto 104/2013 fixa a bonificación do 75% da viaxe de volta no día nos percorridos Pontevedra-Vilaboa, Pontevedra-Morrazo, Pontevedra-Vigo, Rande-Vigo e viceversa ( Ausada asume o 25% ata chegar ao 100%). O pago das devanditas bonificacións incluíuse na conta de compensación creada tras o Real Decreto de 2011, polo que tamén capitalizan a un oito por cento anual. Segundo os cálculos de Mitma, con esta partida, a conta de compensación pode chegar a superar os 1.100 millóns de euros.

Para evitar subidas extraordinarias de tarifas, asociadas ás bonificacións de peaxe vixentes entre Pontevedra e Vigo, como as que xa se deron en 2018, 2019 e 2020, e reducir o importe dos intereses anuais, que a partir de 2023 superarán sempre ás achegas, o Goberno decidiu sacar a compensación destas bonificacións da conta de compensación e pagalas con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado.

A Guarda vibrou coa música de “A Guarda Mar de Blues”

0

A pasada fin de semana a Praza do Reló da Guarda foi o escenario para a primeira edición do festival musical “A Guarda Mar de Blues”, co cal A Guarda quixo ampliar o seu interese turístico cultural, ofrecendo deste xeito á súa veciñanza e visitantes a oportunidade de ver en directo artistas e bandas de calado internacional dentro do panorama musical do xénero blues.

Deste xeito “A Guarda Mar de Blues” nace a partir desa idea, a de facer da Guarda non só un lugar con atractivo turístico e gastronómico, senón tamén cultural, ao redor da música en directo.

Nesta primeira edición e debido á situación pandémica, foi un grupo moi reducido de persoas as que poideroan asistir ao evento e que gozaron en directo de artistas internacionais como Marcos Coll & Javier Turner, The Peter Storm & The Blues Society e  Jay Doe & The Blues Preachers.

Na xornada do venres 23 de xullo subían ao escenario Marcos Coll & Javier Turnes e The Peter Storm & The Blues Society, encargados de abrir esta primeira edición dun festival que, sen dúbida, volverá a celebrarse en vindeiros anos e que se pretende consolidar.

Xa na xornada do sábado 24 de xullo realizouse unha das actividades nas que os músicos máis conectaron cos asistentes, sobretodo cos máis cativos mediante unha masterclass con Marcos Coll, na que puideron aprender a usar unha armónica xunto cos músicos.

Pola noite tocaba o turno de voltar ao escenario cos concertos de Marcos Coll & Javier Turnes e de Jay Doe & The Blues Preachers, encargados de por o broche final a unha primeira edición cargada de boas sensacións, emocións e desfrute por parte dos asistentes e músicos participantes.

A Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, valorou moi positivamente esta primeira edición de “A Guarda Mar de Blues”, recoñecendo que “desfrutei moito estas dúas xornadas de blues” e facendo fincapé no compromiso das persoas que estaban detrás de que este evento chegase á Guarda, do seu compromiso e implicación co proxecto para que saíse ás mil maravillas, agradecendo aos diferentes servizos que colaboraron na planificación e no desenvolvemento neste “A Guarda Mar de Blues”, ao servizo de Cultura, Servizos municipais, Policía Local e GES, “fago extensivo o meu  agradecemento a Oscar e Alba de River Bucks e a todos os que estes días colaboraron neste evento”. Tamén agradeceu Magallanes aos músicos Marcos Coll e a Javier Turnes por “sacarnos tantas sorisas, aplausos e facernos desfrutar da boa música, estiveches magníficos”.

Pola súa banda Rafa Álvarez, Concelleiro de Turismo, quixo por de manifesto que unha vez máis o éxito ven da man de complementar esforzos entre un colectivo cunha ampla experiencia na organización de eventos coma a Asociación River Bucks e unha institución coma o Concello da Guarda, xerando sinerxias que traen como resultado un festival en pequeno formato, limitado polas restricións covid, pero cunha excelente calidade musical e artística, que puxo no mapa a nosa vila no mundo do Blues e que, pretende dar continuidade, misturando este festival co Festival de Blues de Fisterra, a través do Camiño Portugués pola Costa.

Óscar Martínez, representante da Asociación River Bucks, agradeceu a implicación do Concello da Guarda para que o festival vise a luz e que os veciños e visitantes puidesen gozar da calidade excepcional dos músicos e artistas convidados nun entorno privilexiado como e a Praza do Reló en “dúas noites para nós máxicas”. Tivo palabras de agradecemento tamén para os nenos e nenas que participaron na masterclass do sábado “con  só a vosa  presenza, o voso sorriso e a vosa ledicia o remate da masterclass, xa valeu a pena todo o esforzo realizado..” Rematou agardando que “A Guarda Mar de Blues” sexa un lugar de encontro onde vir e esquecerse dos problemas cotiás por uns días… longa vida ao “Mar de Blues”

O evento foi totalmente gratuíto, organizado dende as concellerías de Cultura e Turismo do Concello da Guarda en colaboración con River Bucks Asociación Cultural , Cervezas Alhambra e Hohner Music.

Sobre os artistas

MARCOS COLL

Un dos maiores representantes do BLUES nacional e internacional, Fundador xunto a Adrián Costa dos míticos Los Reyes del KO. Músico que colabora con infinidade de bandas gravando discos ou subindo con elas o escenario. Un domador de armónicas e representante da marca Hohner Music, que tocou xunto a lendas do BLUES como: Buddy  Miles, Mick Taylor Buddy Guy, ChuckBerry, Johnny Winter, Robert Cray, John Mayall, Solomon Burke, TheAnimals o los Fabulous Thunderbirds.

JAVIER TURNES

Músico que leva mais de vinte anos nos escenarios, principalmente a fronte da Bakin Blues Band, banda  compostelana que tocou xunto agrandes nomes do blues, soul e rhythm’and’blues como: BarbaraLynn, Bonney Fields, Greg Izor, Edu Bighands, Trudy Lynn, Marcos Coll ou Emilio Arsuaga. Tamén dirixe o festival internacional de blues “Fisterra Blues Experience” co cal o “A Guarda Mar De Blues” está irmanado.

JAY DOE & THE BLUES PREACHERS

Jay Doe é un veterán músico e estudioso do Blues que en 2018 tras anos de andanzas en solitario xúntase cos Blues Preachers, un compendio de experimentados músicos procedentes de bandas como: Dr. Hello, Cool Funeral, The Blues Moonshiners, Booty Sweet, Moon Cresta, The Bluesfellas, Monk BluesBand… “Jay Doe & The Blues Preachers” é puro blues, o cal sempre aderezan cunha dose de Rythm and blues, country e jazz.

Mondariz inicia os seus pagamentos á Xunta polo Centro de Día

0

O Centro de Día de Mondariz, que no ano 2019 acumulaba impagamentos deste concello por valor de 97.500 € que ameazaban a renovación do convenio e a propia situación económica-financieira municipal, está hoxe en día totalmente estabilizado. O Goberno municipal, malia estar en minoría, foi quen de negociar a débeda acumulada co Consorcio Galego de Benestar Social, renovar o convenio en 2020 e cumprir cos seus compromisos tras incluír no orzamento municipal a previsión destes pagamentos. Así pois, este mes de xullo, ao recibir a liquidación correspondente ao primeiro semestre de 2021, o Concello de Mondariz procedeu ao pertinente pagamento e non arquivou o asunto, como se fixera anteriormente.

“Tamén estamos negociando coa Xunta de Galicia o pagamento das liquidacións pendentes dos anos 2019 e 2020, para o que contamos dispoñer de fondos orzamentarios oportunos, e o pagamento das débedas correspondentes aos anos 2017 e 2018”, explica José Luis Fernández, concelleiro de Facenda e de Servizos Sociais de Mondariz.

En marzo de 2020, o Concello de Mondariz negociou un novo convenio a cinco anos para substituír ao convenio a dez anos que se asinará en 2010 co Consorcio Galego de Benestar Social. O actual Goberno municipal, que se puxo a traballar despois das elecciones de xuño de 2019, soubo dos impagamentos acumulados que reclamaba a Xunta no verán dese mesmo ano e tivo que asumir un proceso de xestión administrativa e negociación sen contar cun orzamento actualizado que recollese eses compromisos.

Naquel momento, a Xunta reclamaba un pagamento de liquidacións semestrais pendentes desde 2017 por valor de 97.500 €. Malia que o Centro de Día de Mondariz comezara a funcionar anos antes, en 2017 mudouse o sistema de cofinanciación. Deuse aos concellos a posibilidade de manterse no sistema de cofinanciación anterior, pero o Goberno daquel momento aceptou o novo sistema de cofinanciación por omisión. En 2017, o Concello de Mondariz comezou a recibir as liquidacións correspondentes ao novo sistema de cofinanciación, pero non se pagou nin se incluíu ningunha partida no orzamento de 2017 para esta fin. Anteriormente tampouco se pagara nada. O propio Consorcio, durante unha reunión que mantivo co Goberno actual, confirmou que esa débeda anterior a 2017 estaba “aparcada lexislativamente”. 

Co sistema de cofinanciación que entrou en vigor en 2017, Mondariz paga 2.500 euros por cada habitante do Concello que faga uso do Centro de Día a pesar de que as instalacións son de propiedade municipal, pero non pode asignar ningunha das 30 prazas entre os seus veciños porque esta é unha competencia da Xunta. Polos usuarios do Centro de Día que veñen doutros concellos, a Xunta asume o custo total do servizo (7.500 euros por usuario). 

A ‘Arqueoloxía en pandemia’, un ciclo para reivindicar o valor dunha profesión “moi valiosa para a toma de decisións”

Co gallo do Día Internacional da Arqueoloxía, que se celebra cada ano o 28 de xullo, a Deputación de Pontevedra e a Asociación Empresarial Galega de Arqueoloxía (AEGA) organizan ‘Arqueoloxía en Pandemia’, unhas xornadas nas que participarán profesionais e persoas investigadoras de toda Galicia. Tal e como anunciaron a presidenta provincial, Carmela Silva, e o presidente de AEGA, Ángel Concheiro, as actividades terán lugar os días 28 e 29 de xullo no Pazo de Liñares (Lalín). O prazo de inscrición está aberto dende este pasado venres ata un día antes do inicio das actividades. Ademais, para todas as persoas que queiran coñecer de preto o Centro de Xestión Arqueolóxica que a Deputación ten en Liñares, levaranse a cabo durante estes dous días xornadas de portas abertas en horario de 10.00 a 13.00 horas.

Carmela Silva amosou a súa ledicia por realizar estas xornadas. Así afirmou que “a arqueoloxía ten unha enorme capacidade de atracción turística e de referenciarnos como unha provincia que aposta polo seu patrimonio”, destacou. “A Deputación é moi consciente de que o coñecemento está nas expertas e expertos e que son elas e eles quen nos teñen que acompañar na toma de decisións, que a arqueoloxía é moi valiosa no eido público”. Neste senso, considerou moi relevante a colaboración e axuda dun colectivo como AEGA que representa ao colectivo profesional que se dedica a este campo.

Ángel Concheiro explicou que con estas xornadas “imos demostrar que a arqueoloxía empresarial está ao servizo da divulgación do coñecemento e non baixo o mando das grandes empresas”. Así subliñou que a práctica totalidade das/os arqueólogas/os son persoas autónomas ou pequenas empresas. “Á parte de facer traballo e obra tamén facemos ciencia e divulgamos coñecemento; estas xornadas amosarán que a ciencia arqueolóxica galega é punteira e extraordinaria”.

Concheiro cualificou a Pontevedra provincia como “a proa da arqueoloxía en Galicia” e resaltou o compromiso da Deputación con esta rama do coñecemento. O presidente de AEGA explicou que o propio título das xornadas “é moi revelador” posto que a pandemia “supuxo unha merma moi grande dos ingresos” no sector. “Eu vivín moitas crises; pero como esta da Covid19, ningunha”. A Covid-19 trouxo canda si a adaptación aos novos tempos e as e os membros de AEGA aproveitaron este período para actualizarse, modernizarse e mellorar os seus coñecementos, tal e como indicou o presidente da asociación.

Programación

‘Arqueoloxía en Pandemia’ comezará o mércores 28. A primeira charla, titulada Chove sobre mollado. Unha PEME de arqueoloxía e xestión de patrimonio en pandemia, chegará da man de Israel Picón, de Citania Arqueoloxía. Despois Yolanda Álvarez e Luis Francisco López, de Terra Arqueos, amosarán Dous exemplos de actuacións arqueolóxicas de posta en valor en castros das Rías Baixas: Castrode Montealegre (Moaña) e Castro da Cidá (Ribeira). A continuación Benito Vilas, de Árbore Arqueoloxía e restauración, centrarse na Arqueoloxía en Lalín en tempos de pandemia.

Na súa quenda de palabra, Juan Manuel Galiña e Eduardo Breogán Nieto, de Breogán Arqueoloxía, falarán sobre o Castelo da Piconha (Calvos de Randín, Ourense): a recuperación dun singular espazo interfronteirizo a través da arqueoloxía e Purificación Soto versará sobre as Actividades de mantemento arqueolóxico no concello de A Laracha (A Coruña): Castro de Montes Claros e pedrafita de Marco da Anta. Esta primeira xornada rematará cunha actividade titulada Encontros ao aire libre: visita guiada ao Castro de Doade, Lalín, que correrá a cargo da directora da escavación, Vanesa Trevín, de Cadro Arqueoloxía.

Durante a mañá do xoves 29 persoal de Tempos Arqueólogos amosarán como é a Arqueoloxía en pandemia. Traballos arqueolóxicos no sector Sur do Castro e Mosteiro de Cálago, Vilanova de Arousa (Pontevedra) e despois María del Carmen Cabezudo, de Lesering, falará sobre o Control arqueolóxico de segunda fase de restauración da igrexa de Santa baia de Palio, Cercio, Lalín. Cristina Seoane pechará este ciclo de charlas cunha ponencia sobre Investigación en tempo de pandemia: o esqueuomorfismo como xeito de achegarse aos materiais arqueolóxicos. A xornada rematará cun obradoiro con materiais no Centro de Xestión Arqueolóxica da Deputación de Pontevedra no Pazo de Liñares.

O Aceites Abril gana o seu quinto Trofeo Conde de Gondomar

0

O Aceites Abril, patroneado por Luis e Jorge Pérez Canal, gañou a cuadraxésimo sexta edición do Trofeo Conde de Gondomar – Gran Premio Zelnova Zeltia Banco Sabadell tras selar unha fin de semana perfecta que lle permitiu ao equipo do Real Club Náutico de Vigo sumar o seu quinto triunfo na emblemática regata cunha vantaxe de cinco puntos sobre o segundo clasificado.

A terceira e última xornada celebrada este domingo amenceu gris, con algo de choiva e sen apenas vento tanto na baía de Baiona como no campo de regatas situado fronte ás illas Cíes. Cun primeiro aprazamento en terra de ata dúas horas sobre a hora programada -as doce do mediodía- o Comité de Regatas tomou a decisión de sacar á frota ao auga pasada únaa da tarde co obxectivo de tentar completar polo menos unha manga.

Finalmente, ao fío da hora límite e cuns cinco nós de vento do noroeste, os participantes escoitaron o pistoletazo de saída da única proba de formato barlovento-sotavento que puido celebrarse. Unha regata na que Eolo non llo puxo fácil aos participantes, con roles e unha caída de intensidade na recta final que obrigou ao Comité para acurtar a manga.
Entre os equipos de ORC que se disputaban o Trofeo do Conde de Gondomar, a última regata adxudicoulla o Mar de Frades de Jorge Carneiro (CN San Telmo) pero a gran vitoria da xeral foi para o Aceites Abril no novo e flamante vencedor da cita.

Con esta vitoria, o equipo que dirixen os irmáns Luis e Jorge Pérez Canal acumula xa un total de cinco triunfos no Conde de Gondomar, superando ao Ardora de Paz Andrade, o Castrosúa liderado por Willy Alonso e o Alaxe de Julio Martínez Gil, e quedándose a só un título do equipo que ostenta ata o momento o maior número de galardóns, o Pairo de José Luis Freire.

[su_image_carousel source=”media: 41857,41855,41854″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

Por detrás do Aceites Abril, o segundo posto foi a parar a mans do Pairo Marnatura de José Luis Freire, co mozo Luís Bugallo aos mandos; e a terceira posición levoulla o Magical de Julio Rodríguez, que foi ademais o gañador en tempo real da etapa do Carrumeiro. O barco do Real Club Náutico de Vigo empregou un total de doce horas e cincuenta e cinco minutos para cubrir as 94 millas de percorrido, quedándose a pouco máis de dous minutos dos Pérez Canle tras a compensación de tempos.

Ao final da proba, Luís Pérez Canal mostrábase moi contento pola vitoria. “O meu irmán e eu -aseguraba- levamos 38 anos subindo ao Carrumeiro cunha tripulación de amigos que nos coñecemos desde sempre. De feito, o noso equipo leva navegando xunto unha media duns 30 anos, que é toda unha vida”. O patrón ourensán destacaba a vitoria no Conde como o primeiro gran triunfo da tempada. “Imos tentar gañar todas as regatas que podamos -dixo- pero o máis importante para nós é gozar e pasalo ben”.

No Trofeo Erizana, no que puntuaban os barcos que non subiron ao Carrumeiro, a segunda xornada provocou un envorco na xeral con respecto á primeira etapa. O Deep Blue 2.1 de Vicente Cid (RCN Vigo), que onte era segundo, anotouse hoxe un primeiro que lle permitiu revalidar a vitoria en ORC da pasada edición. Seguíronlle no caixón A Burla Negra de Juan José Martínez (CN Castrelo de Miño) en segunda posición e o Nahela de Víctor Manuel Álvarez no terceiro posto da xeral.

En Open, o Albarellos caeu do liderado á segunda posición da táboa, cediento a vitoria ao Ladeira de Elena Raga (MRCYB). Pechou o podio o Silleiro de Paula Rey (MRCYB).
Menos cambiaron as cousas para os monotipos J80, entre os que o Ifaclinic de Joao Allen (MRCYB) foi o máis destacado e logrou proclamarse vencedor por diante do Alboroto de Juan Carlos Ameneiro (MRCYB) e do Luna Nova de Juan Luís Tuero, segundo e terceiro respectivamente.

En canto á frota de Fígaros, que tamén competiron dentro da división Open, o mellor resultado foi o do Ladeira, seguido do Silleiro e do Bouvento de Óscar Comesaña, todos representando ao Monte Real.

Por último, dentro do proxecto Vela en Feminino do club baionés para tratar de impulsar o papel da muller no deporte da vela en Galicia, entregouse un premio á mellor tripulación feminina da competición, que foi parar a mans do Silleiro, liderado por Paula Rey.

Coa xornada xa finiquitada, os xardíns do Monte Real acolleron a entrega de trofeos aos vencedores da edición. Os encargados da repartición de galardóns foron o presidente do club, José Luis Álvarez; o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez; o alcalde de Baiona, Carlos Gómez; e o Director Rexional de Galicia sur de Banco Sabadell, Adolfo García-Ciaño; e o Director de Marketing de Zelnova Zeltia, Adrián Salgado, patrocinadores do evento.

No 46º Trofeo Conde de Gondomar – Gran Premio Zelnova Zeltia Banco Sabadell tamén colaboraron a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia a través de Deporte Galego, Volvo Autesa, Terras Gauda e Martin Miller.

Tras poñerlle o punto e final á competición, o Monte Real Club de Iates prepárase xa para o seu outra gran cita da tempada, o Trofeo Príncipe de Asturias, que se celebrará os días 3, 4 e 5 de setembro. Incluirá, como vén sendo habitual, a cerimonia de entrega dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda e, este ano, as vodas de prata da Ladies Cup, a competición feminina que cumpre 25 anos de vida.

A Deputación “agradece” ao PP que volva a pedir unhas obras de reparación nunha estrada provincial “que xa están adxudicadas”

A “denuncia” do PP sobre o afundimento nun lateral (fóra da calzada) da estrada provincial EP-4306, en Mondariz, “chega tarde”, afirma a Deputación de Pontevedra. O deputado de Vías e Infraestruturas, Gregorio Agís, explica que a adxudicación dos traballos de reparación produciuse o pasado 12 deste mes de xullo, cun importe de 75.220 euros e as obras comezarán nos próximos días.

O deputado destaca que o grupo provincial do Partido Popular “vaise facendo un currículum”, pois nos últimos meses afeccionouse a retratarse nas estradas provinciais para reclamar o que veñen de comprobar no servizo provincial de Contratación que xa está a piques de facerse. Nesta ocasión, un deputado provincial “foi correndo” para posar diante do burato producido polas augas pluviais e “que está correctamente sinalizado á espera dunha reparación inminente”.

Agís non dubida que o PP sabe que o procedemento administrativo de contratación rematou e que tiña que darse présa para non coincidir coas máquinas. “En todo caso, hai que agradecerlle ao PP esta preocupación por facer a foto”, explicou, “porque demostra un traballo máis intenso que o de limitarse a presentar mocións nos plenos provinciais para reclamar obras nas estradas nas que saben que se están a redactar os proxectos en colaboración cos concellos”.

Finalmente, o deputado recoméndalle ás/aos deputadas/os do PP que tamén se fagan fotos na rede autonómica de estradas, é dicir, as estradas da Xunta de Galicia, “onde atoparán, por toda a provincia, paraxes incomparables de tramos cunha pésima conservación e unha moi deficiente aposta pola seguridade viaria”.

O programa ‘Coñece Ponteareas’ volve neste mes de agosto cunha visita guiada a Angoares

O programa ‘Coñece Ponteareas’ volve este mes de agosto con novas visitas guiadas no municipio. O departamento de Turismo, dependente da Concellaría de Promoción económica, en colaboración coa Concellaría de Cultura, ten data para o primeiro encontro, unha visita o vindeiro domingo 1 de agosto a través do que se poderá coñecer un pouco máis Angoares.

Neste percorrido, as persoas participantes comezarán a visita na igrexa románica de San Pedro de Angoares, única en Galicia pola súa planta de cruz latina e ábsida rectangular, na que destacan os capiteis e os canzorros, dos que conta cunha ampla colección moi interesante. Dende alí, o grupo partirá cara a ponte do Cabalón, de época medieval e situada sobre o río Uma.

A actividade, de balde, contará con prazas limitadas, polo que será necesaria a reserva previa de praza. As persoas interesadas poderán inscribirse dende este mesmo sábado 24 de xullo na Oficina de Turismo, enviando un correo a [email protected] ou no teléfono 986 660 765 de luns a venres en horario de mañá. Durante a visita será obrigatorio cumprir con todas as medidas de prevención necesarias.

Con esta iniciativa, a Concellaría de Promoción económica que dirixe Eva Gil “busca poñer en valor o patrimonio histórico, cultural e natural do municipio”.

O Campionato de España Infantil de Verán, contou con representación ponteareá

Tres nadadoras do Club Natación Ponteareas –Naroa Estévez, Sofía Carballo e Iria Lemos– participaron no Campionato de España Infantil de Verán que tivo lugar do 21 ao 23 de xullo na piscina do Club Natación Sabadel.

Naroa Estévez, no seu debut, deixou moi boas sensacións nadando os 800 libres moi preto da súa mellor marca persoal.

Sofía Carballo conseguía clasificarse para todas as finais das probas que participou, acadando o título de campioa de España infantil de 100 e 200 braza –parando o crono na mellor marca galega de 15 anos– e de subcampioa de España de 400 estilos. Xa nos 200 estilos remataba na quinta posición asinando a súa mellor marca persoal.

Iria Lemos, al igual que a súa compañeira Sofía, tamén accedeu a todas as finais das catro probas nas que competía, subindo ao podio como subcampioa de España infantil de 50 e 100 libres –coa mellor marca galega de 15 en ambas–, e medalla de bronce nos 200 libre. Por último, nos 100 bolboreta, remataba na 4ª posición, rozando o podio.

O equipo feminino do Club Natación Ponteareas, formado por estas tres magníficas nadadoras, quedaba na 10ª posición xeral do campionato.

Se acadar as marcas mínimas para acceder a unha cita nacional é complexo, entrar nas finais e subir ao podio, como fixeron estas nadadoras ponteareás, ten un enorme mérito que queremos destacar moi especialmente.

Concellería de Seguridade e Policía Local chegan a un acordo que da resposta as “lexítimas reivindicacións” do colectivo policial

0

A Concellería de Interior e Seguridade, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, e a Policía Local de Redondela chegaron, esta semana, a un principio de acordo –plasmado nun borrador– polo que se da resposta ás “lexítimas reivindicacións” do colectivo policial no que fai referencia á compensacións por nocturnidade e festividades “algo que veñen reclamando dende hai anos sen que ninguén lles escoitara”, afirma.

“Dende o primeiro día en que asumín as competencias de Interior e Seguridade Cidadá –recalca a alcaldesa– mantiven reunións, a través o Comité de Empresa e Mesa de Negociación, “para atopar unha solución, o máis rápida posible, a un asunto que facía referencia a algo tan sensible como a seguridade cidadá”.

Rivas subliñou que circunstancias como as dadas nestes pasados días, en que o servizo quedou sen persoal, “e que non se poden volver a repetir”. En todo caso, a alcaldesa e concelleira de Seguridade subliñou que esa “circunstancia extraordinaria” viu dada por baixas laborais de ultima hora e que, polo tanto, eran impredecibles.

Nese sentido a alcaldesa e concelleira de Seguridade adiantou que, en colaboración co xefe da Policía Local, elaboráronse cadrantes semestrais “nos que se recollan todas as posibles incidencias que se poidan dar e que, polo tanto, permitan que o servizo estea sempre atendido”.

O traballo realizado nestes días permite que, en menos dunha semana, se dea solución a un problema que vén de moitos anos atrás e que quede plasmado nun borrador que, segundo explicaba a alcaldesa de Redondela, “presentouse o venres 23 ao Comité de Empresa para, na vindeira semana e logo dos preceptivos informes técnicos –dado que algúns dos temas repercuten no resto do funcionariado–, ser levado á Mesa de Negociación.

Outra das medidas urxentes adoptada pola Concellería de Interior e Seguridade foi a de reforzar o cadro de persoal con catro novos auxiliares de Policía que comezaron a traballar a mediados desta semana “e que foron solicitados no mesmo momento en que asumín as competencias de Seguridade”, aclara Digna Rivas.

O PSOE de Tomiño denuncia a falta de transparencia nas actuacions do goberno nacionalista

0

As concelleiras socialistas de Tomiño, Violeta de Santiago e Mirta Misa volveron a demandar, no último pleno celebrado o pasado 12 de xullo, que se poñan en marcha os acordos aprobados por unanimidade no mes de novembro, a raíz dunha moción socialista, referentes a unha maior transparencia das sesións plenarias.

A moción instaba ao Goberno, en primeiro lugar, a que dera forma á posibilidade de retransmitir as sesións plenarias a través da web municipal, tal e como fan outros concellos e, na mesma liña, solicitábase a creación dunha hemeroteca “na que queden as gravacións ‘íntegras’ de todas as sesións plenarias”.

Asi mesmo, a moción socialista facía fincapé que tanto a emisión coma o arquivo das gravacións “realizaranse de forma íntegra e obxectiva, sen ningún tratamento nin edición, para garantir a imparcialidade que require este exercicio de información e transparencia”.

Finalmente, a moción aprobada por unanimidade, pedía que a través dos recursos propios do Concello, se difundira esta ferramenta entre a cidadanía.

Pese a ser aprobada por unanimidade, Violeta de Santiago e Mirta Misa denuncian que o pasado pleno “foi por fin gravado, ou iso cremos, pero nin emitido, nin difundido, nin publicitado… polo que seguen a incumprir o acordado” o que leva ás concelleiras do PSOE preguntarlle ao Goberno os motivos de “votar a favor se non cren na transparencia”.

De feito, segundo o PSOE tomiñés, o pleno do pasado 12 de xullo, sorprende pola opacidade do Goberno ante a importancia e transcendencia dos puntos debatidos e aprobados. Entre outros, unha modificación de créditos que suporá un suplemento de crédito de 1.000.000 € que se financiará cun préstamo bancario, para sufragar, 14 anos despois,  a construción da biblioteca pública. 

Por outra banda, foi aprobada inicialmente a modificación puntual n° 9 do PXOM. Se cadra neste tema, afirman as concelleiras socialistas, “sorprende máis o escurantismo neste tema” xa que se ben está en exposición pública como corresponde, “non foi publicitado por ningunha canle do Concello, o que non deixa de ser sorprendente cando afecta a moita veciñanza”.

As concelleiras socialistas, pola súa banda, levaron temas de interese para a veciñanza como a ordenanza fiscal sobre as plusvalías, tema sobre o que a portavoz Violeta de Santiago preguntou que é que a pasar con este importo “xa que veciñas e veciños están a recibir uns recibos desorbitados por herdanzas”. Falamos, engadiu a portavoz socialista, “de moitos miles de euros nesta situación actual de pandemia, pagamentos que moitas familias non poden afrontar e cun total descoñecemento sobre esta taxa municipal inxusta e desproporcionada” pregunta á que o voceiro nacionalista respondeu que “os veciños deberían ter lido as ordenanzas municipais e descargou as responsabilidades nas asesorías xurídicas do Concello”.

A Xunta sufraga melloras na Escola Infantil de Mos-Porteliña

0

A Xunta de Galicia sufragará varias obras de mellora na Escola Infantil de Mos-Porteliña, pertencente á rede pública autonómica, que contan cun orzamento de 47.200 euros e que se desenvolverán durante o mes de agosto aproveitando o período de vacacións no centro. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, a alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, visitaron o equipamento para dar conta destes traballos, que estarán rematados para o inicio do novo curso escolar en setembro, e de cuxo proxecto encárgase a arquitecta mosense Fani Grandal, galardoada xa con varios importantes premios pola construción de outra Escola Infantil da rede A Galiña Azul en Mos: a da Veigadaña. Grandal estivo presente tamén durante a visita á Porteliña realizada esta mañá.

Perfecto Rodríguez explicou que a intervención céntrase, fundamentalmente, na mellora do illamento térmico da escola, así como en aspectos relacionados coa seguridade. Así, actuarase na fachada; nas carpinterías de aluminio e madeira; nas instalacións de ventilación, fontanería e iluminación; e substituiranse os pavimentos exteriores deteriorados por outros novos.

As tarefas proxectadas axústanse ás necesidade postas en común coa comunidade educativa e contan coa supervisión dos servizos técnicos do Consorcio e municipais. A execución dos traballos correrá a cargo do Concello e serán financiados polo ente autonómico mediante a compensación das liquidacións que corresponde abonar á Administración local por este servizo público.

Instalacións de primeiro nivel

O xerente do Consorcio apuntou que con estas obras “queremos seguir mellorando as nosas Escolas Infantís para poñer á disposición das familias galegas e os seus nenos unha atención educativa e uns coidados de calidade nuns centros de primeiro nivel”.

A escola comezará o día 6 de setembro o novo curso cunha trintena de nenas e nenos de 0 a 3 anos matriculados.

O Morrazo e O Salnés, éxito asegurado

Con motivo del día de la patria gallega esta publicación está dedicada a nuestra mágica tierra. “Miña terra galega, donde el cielo es siempre gris” cantaba Siniestro Total allá por los 80. Nuestro cielo será gris, señores, pero gracias a ello tenemos unos paisajes espectaculares que todos los que nos visitan se quedan con ganas de repetir. De ahí el artículo de hoy, mis aventuras del fin de semana pasado en territorio gallego. Buena gastronomía, espectaculares paisajes y excelente compañía.

El pasado fin de semana, mientras disfrutaba de un soleado día en la playa Pragueira, leí en el Instagram de La Vecina Rubia una frase que decía: “Una terapia de chiringuito en la playa con amigas te reinicia la vida”. Desde luego, no puedo estar más de acuerdo con ella y confirmo que el finde pasado los chiringuitos fueron la mejor medicina para la desconexión.

Lo bien que nos lo pasamos y la cantidad de cosas que hicimos fueron el resultado de unos días muy bien aprovechados y organizados que nos ayudaron a desconectar de la rutina. Así que hoy os dejo un resumen de esos tres días para que toméis nota de sitios molones sin salir de la provincia.

Comenzamos:

El viernes llegamos a Marín a última hora ya directas para disfrutar de una cena en la terraza de La Huerta de la Abuela. Allí saboreamos unos platos deliciosos a la vez que veíamos el concierto del maravilloso grupo venezolano “Los Coleguitas”; se celebraban las fiestas del Carmen en Marín y había múltiples eventos a lo largo del fin de semana. Nos lo pasamos genial, sentimos un poquito de normalidad disfrutando cada una de las canciones y bailando al son de su música. Finalizado el concierto, sobre la 1 de la madrugada, pusimos punto y final a la noche para irnos a dormir y comenzar el sábado cargadas de energía.

El sábado comenzó con un solazo colándose a través de las persianas y augurando un día de calor y ausencia de nubes. Así que, tras un delicioso desayuno casero, nos dirigimos a la playa Pragueira. Eso sí, nos esperaba un atasco de manual. Está claro que en los días de calor todos llevamos la misma dirección (tendríamos que haber madrugado más), pero las ganas de llegar y el ritmo de una buena música hicieron que el tiempo se nos pasase rápido… Una vez allí, disfrutamos de esos pequeños placeres que nos ofrece la vida: paseos por la orilla, esos baños que duran segundos para escapar de las gélidas aguas y, para rematar, una ensalada de pasta exquisita que degustamos entre risas y conversaciones de amigas que, si bien no arreglan en mundo, sin duda te hacen más feliz.

Una vez vista la puesta de sol, nos dirigimos al chiringuito Bico Beach que se encuentra en la misma playa (nuestros estómagos ya estaban saboreando una buena cena). Allí, junto con unos mojitos, nachos, tacos y hamburguesas disfrutamos de una velada maravillosa viendo el atardecer y al ritmo de una música chill. En este momento es cuando el gallego saca su chaqueta, jersey o sudadera y hace uso de ella; en Galicia todos sabemos que, cuando se va el sol, refresca.

[su_image_carousel source=”media: 41805,41806,41807″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Finalizada la cena, nos parecía una retirada demasiado temprana irnos ya para casa, así que pusimos rumbo a La Arrocería de la Lanzada y allí nos adjudicamos una mesa ubicada entre la barra y el DJ (chicas estrategas en todo momento, nunca sabes cuando vas a querer tomarte un mojito o pedir que pongan la canción favorita de tu amiga). Y así, al ritmo de la música y con canciones de ese reggaetón antiguo que los millenial tan bien conocemos, volvimos a sentir un poquito de normalidad (bailar alrededor de una mesa, con mascarilla y con distancia de metro y medio, nunca habría pensado que me podía hacer tan feliz). Una vez terminada la sesión DJ a la 1,00 h, como Cenicienta a las 12, pusimos rumbo de nuevo a Marín. Nos quedaba otro día de playa para broncearnos y había que estar bien descansadas.

Domingo, once de la mañana y ni un rayito de sol. Consecuentemente, alargamos el desayuno y este acabó convirtiéndose en un brunch de categoría (un piscolabis para los de antes). Quisimos ser positivas, “a las dos de la tarde sale el sol” nos repetíamos. A esa hora estábamos tomando un café en el chiringuito Arrieiro en la Playa de Lapamán (me encantó la decoración de este local tan especial), aunque nos faltase el cielo azul y un poquito de calor para disfrutarlo todavía más. Posteriormente y todavía con la esperanza de que se disipasen las nubes, disfrutamos de una jornada de playa y sudadera. Hinchamos la tabla de paddle surf y mis amigas estuvieron probándola. Yo, como buena friolera, no contemplé la opción de meter un dedo en el agua sin Lorenzo presente.

Ya avanzada la tarde, pusimos rumbo a Bueu. Paseamos, visitamos la tienda de ropa y decoración Pick Banda y tomamos algo haciendo hambre para disfrutar a las 20:00 de una cena en O Farol. ¡Maravilla de pizzas! ¡Nos supieron a gloria! Al terminar nos dimos un abrazo “free covid” y nos despedimos de la amiga que nos hizo de huésped durante estos días. (Gracias por todo, Ichi. Gracias a ti queremos mudarnos a O Morrazo).

A las 23:00 estábamos en Vigo con mucho sueño y cansancio, pero con una sonrisa de oreja a oreja después de haber disfrutado de un fin de semana de amigas tan fantástico.

¡Feliz domingo y feliz día de Galicia!

Santiago Lopo, «A carteira»

Santiago Lopo volve a sorprendernos cunha novela na que demostra a súa habilidade para conxugar unha chea de elementos que semellan dispares e que, baixo a súa pluma, combinan á perfección, e facelo dun xeito ameno sen que iso signifique deixar de lado nin a fondura de pensamento nin certa capacidade reivindicativa. «A carteira» é un proxecto moi persoal e orixinal no que a denuncia social se viste con roupaxes retranqueiras a través dunha morea de personaxes ben peculiares, dunha ambientación un tanto opresiva e dunha ringleira de escenas variopintas, compoñendo así unha especie de mosaico da nosa sociedade actual.

Unha rapaza en situación laboral precaria acepta un traballo temporal como substituta en Correos e comeza a repartir nun barrio nos arrabaldes dunha cidade que non é a súa e que descoñece por completo. O barrio, ao que a propia carteira e narradora bautiza como «Algures», convértese así nun entorno abafante, unha especie de limbo polo que a protagonista deberá camiñar a diario e enfrontarse aos problemas derivados da súa dedicación temporal e da convivencia cos veciños. Entre estes, personaxes memorables rebautizados pola protagonista como Humpty, o ex-ionqui afeccionado á literatura de terror e á ciencia ficción; dona Rosa, a veciña entremetida; o Sr. Vermello, vello roqueiro e moteiro, amante de Johnny Winter; Azul, a adolescente en plena descuberta de si mesma; ou a impagable Selena, vella con certa capacidade de videncia ocasional… Mesmo Primitivo, o difícil carriño no que a carteira transporta o correo, que se converte para a ocasión nunha personaxe máis do relato.

A novela está estruturada en pequenos capítulos de apenas un par de páxinas cada un, o que lle concede un plus de axilidade á lectura. Ao tempo, agrúpanse en xornadas independentes separadas entre si por soños surrealistas e polas viaxes en automóbil dende o seu lugar de residencia ao barrio de reparto ao carón doutro descoñecido, unha especie de chofer ao que a carteira presenta como Bautista. Son capítulos independentes que mesmo se poderían ler, case todos, desordeados, coma se fose unha compilación de contos coa mesma temática, personaxes e ambientación, mais entre eles existe unha complicidade que é a que lle dá corpo á narración.

Un dos temas centrais de «A carteira» é o da precariedade laboral, pero non é o único. A soidade, a empatía ou a marxinalidade son outras cuestións que aparecen e desaparecen ao longo do relato, que ben poderiamos dicir que se centra, sobre todo, nas relacións humanas. Todo isto adobiado cunha escrita moi coidada e, como queda dito, moi retranqueira, que fai da lectura desta novela unha grata experiencia. Mais non se trata só dun divertimento livián, pois hai máis profundidade de pensamento do que inicialmente pode parecer e que o lector deberá ir descubrindo por si mesmo.

Santiago Lopo

A carteira

Xerais

O bosque do Castelo do Sobroso recupera “o seu esplendor medieval” coa plantación de 1.200 árbores autóctonas

Unha achega de máis de 45.000 euros da Deputación permitirá ao bosque de Sobroso recuperar o seu esplendor medieval. A actuación, que foi visitada pola presidenta, Carmela Silva, permitiu a eliminación de especies invasoras e a plantación de 1.200 novos exemplares de árbores autóctonas. Á visita asistiron tamén a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández; as deputadas Iria Lamas e Victoria Alonso; a tenente de alcaldesa, Chus Garrote e concelleiros/as ponteareáns. O percorrido estivo guiado polo enxeñeiro técnico do Servizo de Medio Ambiente, Roberto Vázquez.

A reforestación, que comezou a finais de 2020, trátase dun paso previo ás obras de musealización do Castelo coas que a institución provincial está a impulsar a posta en valor do recinto como espazo cultural e natural. Estes traballos enmárcanse no plan de valorización do Bosque Atlántico que rodea o Castelo, e consistiron na erradicación das especies invasoras existentes en 13 das súas 23 hectáreas (principalmente acacias e eucaliptos) e na plantación de carballos, castiñeiros, acevos, albedros e ameneiros, que terán un mantemento anual para garantir o seu óptimo desenvolvemento. Neste senso, nos últimos anos leváronse a cabo múltiples actuacións forestais e de campo, así como a sinalización da senda ambiental con códigos QR.

Con esta actuación a Deputación de Pontevedra dá un novo paso cara a esperada musealización de Sobroso, adxudicada por preto de 262.000 euros. A previsión do ente provincial é que dote ao castelo dun equipamento museográfico actual, apoiándose nas tecnoloxías audiovisuais do século XXI cun modelo turístico baseado nas experiencias. Así, os/as visitantes gozarán dunha ruta dunha hora de duración en galego, castelán ou inglés na que coñecerán a historia do castelo a través de sete pezas audiovisuais. A súa visita rematará co acceso á terraza, que estará equipada con atrís con imaxes panorámicas para permitir identificar todos os filtros e elementos da paisaxe.

O Castelo de Sobroso é un gran atractivo turístico da nosa provincia, que foi visitado en 2020 por preto de 11.000 persoas pese aos peches e as restricións derivadas da situación sanitaria. De feito, 3.500 destas visitas tiveron lugar entre xuño e agosto sumando máis que as realizadas durante o verán de 2019. A institución provincial leva destinado, en total nos últimos 3 anos, máis de 300.000 euros a súa repoboación e musealización. Ademais, tras o confinamento, a Deputación integrou Sobroso no programa “Re-acción nos castelos”, que levou á fortaleza música, danza, teatro e obradoiros para nenas e nenos, enchendo o espazo de contido cultural seguro e esgotando todas as prazas dispoñibles.

O CEIP Santiago de Oliveira aposta por un proxecto educativo que fomenta a innovación e a participación de alumnado e docentes

Un proxecto educativo integral no que a innovación, a participación e a implicación de nenas, nenos e docentes son a base principal. É do que desfruta o alumnado do CEIP Santiago de Oliveira, que dende hai anos aposta pola innovación educativa nas súas aulas e que vén de rematar o seu primeiro curso como centro E-Dixgal, un proxecto que lle permitiu incorporar recursos dixitais ao seu día a día nas aulas.

“É unha maneira diferente de educar aos nenos e nenas e de aprender a través das TIC, dándolle novas opcións. Esta fórmula non só lle permitiu ao alumnado traballar con libros dixitais e dun modo complementario a outros modelos, senón que nos permite ao profesorado introducir novas materias, novas ideas”, salienta a directora do centro, Elizabeth Pregal.

Unha iniciativa coa que docentes, pais e nais están moi contentos e ilusionados que decidiron incorporar ás aulas de 5º e 6º de Primaria tras detectar unha importante brecha dixital no salto ao instituto entre aquelas nenas e nenos que empregaban as TIC e os que non. “As novas tecnoloxías achéganlles novas competencias, novas vivencias, e ofrécennos unha posibilidade infinita de opcións. Utilizáronas como unha ferramenta máis e non só enriqueceu moito aos nenos e nenas, senón que lles deu moita autonomía”, explica Pregal.

O CEIP Santiago de Oliveira destaca pola súa participación en programas educativos para fomentar a innovación e na incorporación ás aulas de todas as iniciativas que consideran boas para o seu alumnado. E iso nótase ata no proxecto educativo, que contempla que os nenos e nenas do centro vaian pasando por distintas fases ao longo da súa vida no centro. O alumnado de 1º e 2º comezan co método Montessori e avanzan dun xeito innovador ata chegar en 5º e 6º ás TICs.

Participan no proxecto Biblioteca Creativa, para fomentar a cultura da experimentación e a investigación, a robótica e a linguaxe de programación nas biblioteca escolar; no plan Proxecta da Xunta para promover a realización de proxectos interdisciplinarios que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais presentes e futuros ou na iniciativa Arco para a mellora do rendemento académico e que permite ter a un docente de apoio para os nenos e nenas con algunha necesidade dentro da aula.

Pero no colexio non soamente aprenden os rapaces e rapazas. O CEIP participa tamén nos contratos programa da Consellería de Educación os centros conseguen as ferramentas necesarias para desenvolver un plan de mellora do proxecto educativo. “Somos un centro moi activo. Non pechamos as portas a nada, calquera proxecto que podamos ir incorporando para ir mellorando é benvido e sempre o acollemos con ganas”, asegura a directora.

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, quixo resaltar o bo facer deste centro escolar “amplo, preparado e con profesionais que se esforzan a diario para ofrecer ao nosos nenos e nenas un proxecto educativo interesante, consolidado e en evolución constante. E todo nun enclave único como é o rural de Ponteareas”.

O alcalde da Guarda reúnese cos traballadores de IKF

0

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, mantivo durante esta semana conversas cos traballadores e a dirección da empresa IKF para coñecer de primeira man os motivos do desencontro entre ambas partes e que motivaron a rotura das negociacións sobre un novo pacto.

Antonio Lomba trasladou a súa inquedanza a ambas partes pola actual situación e, a súa vez comentou cos traballadores que lle houbera gustado “ter unha xuntanza con eles antes de romper as negociacións”, como sucedera en anteriores ocasións.

O alcalde mostrou o “seu apoio aos traballadores e as súas familias” e trasladoulles a súa preocupación pola situación desta empresa, unha das mais importantes e grandes da localidade, “que forma parte da historia da comarca”, asegurou Lomba.

Así mesmo comunicou a dirección e comité de empresa o seu desexo de que retomen, a maior brevidade, as negociacións, xa que entende o rexedor guardés “que queda marxe para chegar a acordos e que para conseguilo debe haber cesións por ambas partes”.

O Concello de Ponteareas remata as obras de pavimentación das estradas de San Amaro, na parroquia de San Mateo de Oliveira

O Concello de Ponteareas vén de rematar as obras de pavimentación en San Amaro, na parroquia de San Mateo de Oliveira, uns traballos coas que “se buscaba mellorar o servizo ofrecido por esta infraestrutura aos seus usuarios e usuarias”. A Concellaría de Vías, Obras e Alumeado que dirixe Chus Garrote levou a cabo o asfaltado de dous tramos de estrada neste barrio cun total de 518 m de longo e de 2.336 metros cadrados. Estas obras supuxeron un investimento total de arredor de 34.000 euros financiados ao abeiro do Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra.

Click para ampliar

Os traballos realizáronse en dous tramos diferenciados que presentaban distintas necesidades. Por un lado, na estrada que vai dende a intersección da estrada provincial ata a capela de San Amaro de Abaixo observábase unha capa de rodadura en deficiente estado de conservación, aínda que sen deterioro no firme situado debaixo, polo que se procedeu á limpeza das marxes e apertura de cunetas antes de facer unha pavimentación completa, mantendo o ancho de 4,5 metros da estrada.

O segundo tramo de obras recolleu dende a capela de San Amaro de Abaixo ata a seguinte intersección, unha zona que contaba cunha capa de material de fresado nun intento de mellora provisional da transitabilidade, e dende esa intersección ata o lugar de Alcázar, que se topaba en terras sen ningún tipo de acondicionamento. En total 424 metros cun ancho que oscila entre os 4,5 e os 4 metros. Nesta zona realizáronse as actuacións necesarias para levar a cabo a nova pavimentación completa de todo o trazado.

Como salienta a concelleira Chus Garrote, con esas obras “o Concello quere mellorar a súa rede viaria municipal, reparando estradas e pistas asfaltadas e pavimentando completamente as pistas que se atopan aínda en terra, ensanchándoas no caso de que sexa necesario para ofrecer á veciñanza o mellor servizo posible”.

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor fai un balance da “difícil situación” na que se atopa o sector hostaleiro

0

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI, vén de facer público un escrito onde resumen a difícil situación na que se atopa o sector da hostalaría e as dúbidas que xurden logo das medidas de restrición anunciadas polo presidente da Xunta de Galicia para os tres municipios do Val Miñor que pasan ao nivel alto ao elevarse o número de contaxios.

Dada a claridade coa que amosan a situación e as dúbidas que se formulan, reproducimos o escrito remitido ao mesdios de comunicación na súa integridade.

Coa chegada da pandemia e a declaración do estado de alarma o 14 de marzo de 2020, “comezamos unha nova etapa que marcaría a nosa vida e o ritmo da mesma ata o día de hoxe. Como é ben sabido, todos os sectores produtivos víronse gravemente prexudicados, moitos deles víronse obrigados a levar a cabo reducións de persoal ou mesmo o peche dos seus negocios. Sufriron medidas tales como a paralización total da súa actividade ata a redución de aforos ou limitación de horarios, algunhas das cales se manteñen a día de hoxe.
Ao longo de leste, case, ano e medio, o sector da hostalería foi, sen dúbida, o máis castigado e culpabilizado dos contagios que se producían.

Como quedou claramente demostrado, nin son os culpables nin son os causantes dos contagios nin do incremento do número de contaxiados. Somos moi conscientes que, toda a poboación en xeral e os empresarios en concreto, debemos ser moi prudentes e responsables coas nosas actuacións.

Somos unha Asociación, cunha traxectoria de case 30 anos, que vela polos intereses dos seus de 350 asociados, concentrados a gran maioría no Val Miñor (Baiona, Gondomar e Nigrán), de todos os sectores, entre eles a hostalería.

O mércores, 21 de xullo, o presidente da Xunta de Galicia, anunciaba un cambio nas medidas e restricións a partir deste sábado día 24 de xullo e que afectarán directamente os tres concellos do Val Miñor, que pasarán a nivel alto.

A publicación oficial, producíase onte xoves no DOGA, reflectíndose nel, as novas normas que debemos seguir, onde este cambio de nivel, trae duras restricións, sobre todo para a hostalería.

O desconcerto entre este sector fíxose visible a través das múltiples chamadas e mensaxes que se recibiron na Asociación, unha vez produciuse a comparecencia pública, por parte de D. Alberto Nuñez Feijoo.

Os hostaleiros non ven viable que toda persoa maior de 12 anos deba presentar un certificado de vacinación ou unha PCR (ou similar), con menos de 72 horas, onde se diga que é negativo. Este requisito levaría a moitas familias que aínda non teñen a pauta completa de vacinación deixen de acudir aos establecementos hostaleiros e aínda menos ao ter que desembolsar unha cantidade económica para a realización de PCRs a todos os membros da familia que non estean vacinados na devandita data.

Aínda que somos conscientes que esta obrigación non se mantén en terrazas, debemos ser realistas da zona na que vivimos, estamos en Galicia, o noso clima non é estable, nin sequera no verán, concretamente esta fin de semana no cal entrarían en vigor as novas normas, avecíñanse días de choiva e mal tempo.

Que se pode facer nestes casos?, Pasamos ao interior aos que teñas a pauta completa de vacinación e ao resto deixámolos fóra? e se esas persoas que ven obrigados a quedar fóra son menores de idade? … estas son algunhas das dúbidas que nos asaltan neste momento.

Doutra banda, moitos dos traballadores da hostalería son menores de 40, persoas que non foron vacinadas ou que soamente teñen unha dose da vacina, Que pasa con eles?, poden estar a traballar no interior dos establecementos?, Necesitan PCR negativa (ou similar) cada 72 horas para poder desempeñar o seu traballo? …

Ao mesmo tempo, atopámonos ante a posibilidade de falsificacións, Como se pode facer fronte a este tipo de situacións?, Quen é o responsable de comprobar que os datos sexan os correctos? …

Miles de preguntas, ata o de agora sen resposta asáltannos, deixando ao sector da hostalería indefenso e pechando as portas a unha recuperación económica moi necesaria. Como representantes dun colectivo duramente castigado durante este ano e medio, solicitamos que se valoren as novas restricións.

Que sexan coherentes coas mesmas e que se teña en conta que este golpe, en moitos casos, pode ser definitivo para moitos negocios, sen esquecernos que estamos no verán e que a gran maioría dos seus ingresos depende desta campaña e máis nunha tempada tan conflitiva como a vivida ata o momento.

O sector hostaleiro quere traballar, acataron e respectaron todas as normas sanitarias impostas desde ese 14 de marzo de 2020, pero o seu negocio viuse e vese gravemente afectado.

Evidentemente non se negan a seguir tomando medidas sanitarias que impidan o avance da COVID-19, o que non comprenden é por sempre sexa o seu sector o afectado e o castigado, Por que razón tómanse medidas que non son de lóxica aplicación e que conlevarán graves perdas para os seus negocios?

Desde a Asociación de empresarios e comerciantes do Val Miñor ( OVALMI), queremos animar e apoiar en todo aos nosos hostaleiros, socios e non socios, polo seu labor, a súa constancia e a súa cumprimento das medidas sanitarias impostas.

O Goberno da Deputación aproba máis de tres millóns de euros para outros trece municipios ao abeiro do Plan Concellos

Máis de tres millóns de euros chegarán a trece municipios da provincia grazas a novas achegas da liña 1 do Plan Concellos aprobadas na Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra. Os recursos irán destinados a Lalín, Moraña, Meaño, O Grove, Cambados, Marín, Mos, Gondomar, Baiona, Salvaterra de Miño, A Guarda, A Cañiza e Covelo para realizar investimentos que permitan “garantir dereitos e servizos nos concellos da provincia”, tal e como indicou Carmela Silva.

A Marín chegarán 256.400 euros para urbanizar a travesía República Arxentina. Mos empregará os 435.800 euros que lle concedeu a institución provincial para humanizar a estrada Generoso Domínguez dende o camiño da Quinta ata a Igrexa de San Pedro de Cela. Pola súa banda, Gondomar contará con 187.000 euros para as obras de mellora da pavimentación da pista de Piñeiro á Peroleira e da Estrada de Peroleira á Fonte. Do mesmo xeito Baiona poderá mellorar os pavimentos, sobreanchos e servizos do camiño Bargiela para facilitar o acceso e dar servizo ás vivendas grazas a unha achega de 193.800 euros.

Para Salvaterra de Miño a Deputación aprobou 76.900 euros co fin de financiar o saneamento do Camiño da Manquiña e do lugar da Vesada, na parroquia de Alxén. A Guarda contará con 77.000 euros para urbanizar un tramo da rúa Cal, situada a cabalo entre o centro urbano e a parroquia de Camposancos. Á Cañiza chegarán 79.000 euros que servirán para o aforro e eficiencia enerxética do alumeado público das parroquias de Oroso e Petán e Covelo recibirá 78.800 euros para o acondicionamento da rúa de Bouza (en Prado de Canda), do Camiño Petouto (en Godóns), do Camiño Oleiros e do Camiño Ecedo (en Barciademera) e da pista da Igrexa (en Prado).

A Lalín chegarán un total de 613.850 euros para realizar a pavimentación de diferentes núcleos como Alperiz, Goiás ou Madriñán (428.850 euros) e para o abastecemento de augas na Goleta (185.000 euros) co fin de prestar o servizo público e satisfacer as necesidades das persoas residentes. Moraña contará con 243.700 euros para humanizar e mellorar o pavimento da Rúa nº7 (140.700 euros) e reconstruír un muro de contención e pavimentación na parroquia de Rebón (103.000 euros). Para Meaño a Xunta de Goberno aprobou 290.300 euros para pavimentar un camiño dende o lugar de Coirón e Valdamor (164.800 euros) e para ensanchar e pavimentar un camiño en Igrexa-Dena (125.500 euros).

O Grove contará con 246.400 euros da institución provincial para realizar tres actuacións: reparar o pavimento do aglomerado no paseo de Esteiro e Lordelo (108.900 euros), mercar unha parcela con acceso á rúa Luis A. Mestre e Entrehortas que sirva como aparcadoiro (70.000 euros) e reparar o pavimento e renovar o abastecemento en rúa Rons (67.500 euros). Ademais, a Xunta de Goberno aprobou para Cambados 233.200 euros para renovar a Praza de Fefiñáns, que se atopa nun entorno declarado Ben de Interese Cultural.

Nigrán festexa San Campio este domingo na Alameda da Ramallosa

O Concello de Nigrán, se finalmente a climatoloxía o permite, festexa este domingo 25 de xullo San Campio na Alameda da Ramallosa, contorna adicada precisamente a este santo e ao que debe o nome.

Así, ás 20:00 horas terá lugar o concerto da Banda de Música do Val Miñor financidado a través da liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e, seguidamente, ás 22:00 horas para respectar as restricións horarias, será o concerto do grupo xuvenil ‘El azote de los vagos’, inspirados nos antigos grupos de rock pero tambén na música actual e fanáticos de divertirse e de tocar.

Areeiro aconsella manter a vixilancia ante os patóxenos da viña dadas as condicións meteorolóxicas

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella manter a vixilancia ante o mildio. Na observación levada a cabo esta semana apreciouse a aparición de síntomas abundantes deste patóxeno nas follas e, segundo informacións recibidas, tamén se percibiron síntomas de mildio larvado dos acios dalgúns predios, que nalgún caso chegaba a máis dun 25 % dos acios.

Non confundir os golpes de sol con mildio larvado ou black rot

Ao mesmo tempo, dende Areeiro recomendan labores de vixilancia sobre todo nas viñas que non fixeron un bo control da vexetación ou que non empregaron adecuadamente os funxicidas, o que dificulta a ventilación dos acios.

O persoal da Estación Fitopatolóxica Areeiro informa que as condicións meteorolóxicas acontecidas desde a pasada fin de semana favorecen o desenvolvemento do oídio, aínda que o estado fenolóxico actual no que se atopan os acios son pouco sensibles a esta enfermidade. No caso do botrite, débese manter a vixilancia onde haxa danos ou feridas dada a alta presenza de azucre nas uvas a partir de agora. Nunha situación moi similar atópase o black rot polo que, a pesar de que non se observaron cambios na presenza desta enfermidade, a vixilancia debe continuar.

Nalgunha sebe con eirugas L5 tamén hai L2

Por outra banda, as capturas de Lobesia botrana seguen a ser reducidas e recoméndase manter unha observación continua; ocorre o mesmo na captura de cicadelidos, que tamén se manteñen en niveis baixos. Así mesmo aconsellan cortar as plantas afectadas por patoloxías de madeira que non sexan recuperables. Por último, o persoal da EFA recomenda tamén a observación da presenza de Cydalina perspectalis dado que se prevé un predominio do tempo seco e xa hai presenza de eirugas nas sebes, e informa de que esta semana capturáronse os primeiros machos de Procesionaria do Piñeiro.

O Mercado do Rosal apúntase ás novas tecnoloxías e estrea páxina web

0

O Rosal ten un mercado municipal do século XXI, tamén na súa forma de comunicarse coa veciñanza. O mercado estrea páxina web cun deseño atractivo, limpo e intuitivo que permitirá á veciñanza estar informados de todo o que acontece na praza de abastos. Na web dáse prioridade á imaxe das renovadas instalacións e a os cinco postos que nestes intres están a desenvolver a súa actividade económica no recinto.

A veciñanza poderá atopar información sobre os produtos, a historia, os obxectivos ou as fórmulas de contacto de cada un dos comercios que traballan no mercado: carnicería Lucas, Froitas Pérez, Gusto Xusto, O Alcouve da Moura e Peixes e Mariscos Lecio.

Un exemplo da renovación integral do mercado realizada polo Concello, que non só renovou o antigo edificio construído en 1954 para adaptalo ás necesidades actuais, máis amable, atractivo e confortable para os usuarios e usuarias, senón que tamén creou novas canles de comunicación coa veciñanza. Porque ademais da web os praceiros e praceiras contan tamén cunha páxina de Facebook na que van informando aos veciños e veciñas das diferentes novidades dos seus postos.

Na web do mercado municipal tamén pódese desfrutar do vídeo da inauguración das obras de remodelación ou de imaxes do antes e despois que reflicten á perfección o paso adiante dado para converter estas instalacións municipais na mestura perfecta de tradición e modernidade. É un espazo vivo e con futuro no que fomentar a compra do produto local de proximidade, promover actuacións que fagan o comercio local máis atractivo e competitivo e dinamizar o núcleo urbano económica e socialmente e que funcione como polo de atracción de novas persoas emprendedoras.

Salceda nomea o seu primeiro oficial de policía local

O Concello de Salceda de Caselas ven de nomear ao que será o seu primeiro oficial de policía, logo dun proceso de promoción interna ao que se presentaron un e unha axente dos seis que forman actualmente o corpo de seguridade do municipio. O nomeamento deste oficial, xunto co da tesoureira habilitada nacional que se produciu fai uns meses eran compromisos do pacto de goberno entre MS e PSOE, e faise realidade logo dun proceso iniciado no ano 2020.

As concelleiras de persoal, Loli Castiñeira, e seguridade e tráfico, Lucía Pereira, xunto coa alcaldesa, Verónica Tourón, felicitaron a Roberto Cameselle polo seu nomeamento logo dun duro proceso selectivo que levou meses de preparación. Así mesmo quixeron recoñecer o traballo realizado pola outra axente aspirante ao posto a pesares de non ter conseguido o obxectivo.

Loli Castiñeira indicou que “cumprimos así cun dos obxectivos do Equipo de Goberno, que xunto coa aprobación definitiva da RPT e a próxima sinatura do convenio colectivo cos sindicatos eran os grandes retos da lexislatura en materia de persoal”.

Con este nomeamento o Concello de Salceda de Caselas pretende levar a cabo unha reorganización do corpo de policía que resulte máis funcional e que ofreza un servizo o máis completo posible, sempre en coordinación coa garda civil do Porriño, coa cal se ven traballando man a man durante os últimos anos nun exemplo de cooperación e coordinación.

O novo oficial de policía, Roberto Cameselle, leva 14 anos de servizo no Concello de Salceda, e conta cunha completa formación que o capacita para o posto que acaba de acadar, e que se fará efectivo en canto complete a pertinente formación na Academia Galega de Seguridade Pública.

“Con este nomeamento conseguiremos mellorar a coordinación do corpo de Policía Local, podendo ofrecer un mellor servizo á veciñanza”, declarou Lucía Pereira.

Verónica Tourón, alcaldesa: “Cumprimos así un compromiso adquirido por este goberno municipal, aumentando servicios necesarios para a veciñanza”.

Xa están en marcha os trámites da construción do novo vial da Cañiza

0

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, informou esta mañá que xa está redactándose o proxecto de construcción do novo vial no lugar das Tapadas, entre o Centro Comarcal e o Área de Servizo.

O pasado mes de abril, o Concello adxudicou a redacción do Proxecto de desenvolvemento urbanístico do vial ao arquitecto Pedro de la Puente Crespo por importe de 18.137,90€. Este proxecto contempla a execución de dúas calzadas coas dimensións axeitadas para a circulación de vehículos pesados, dúas amplias beirarrúas, 1 carril bici e unha rotonda de conexión para comunicar a estrada EP5005 Cañiza – Crecente coa PO406 Cañiza – Filgueira.

A execución deste novo vial é imprescindible para mellorar a mobilidade dos coches e cidadáns, reducir a circulación do tráfico pesado no casco urbano e facilitar as comunicacións co polígono industrial.

Luis Piña volveu a recordar hoxe que serán necesarios varios anos para abrir ao tráfico esta nova vía xa que hai que desenvolver e tramitar este plan especial dentro do PXOM, pero a obra dará resposta a un problema viario que leva máis de 20 anos enriba da mesa sen que ata agora se adoptaran medidas. A modificación será do Plan Xeral de Planeamento Municipal aprobado o 27/06/2003 a través dun Plan Especial de Infraestruturas e Dotación.

Unha vez aprobado este Plan Especial, o Concello poderá executar a obra e materializar o proxecto de urbanización e construcción do novo Vial.

Así, o Goberno Municipal da Cañiza da outro paso adiante no proceso de reordenación da mobilidade urbana, dando protagonismo aos cidadáns sobre os vehículos e conectando coas novas formas de entender as cidades.

Arbo recupera a Antiga Casa do Conserxe

0

O Concello de Arbo recupera a Antiga Casa do Conserxe no C.E.I.P Antonio Carpintero para ofrecer o servizo de atención temperá.

Os traballos realizados para adaptar a antiga vivenda, foron financiados con cargos os fondos propios do Concello de Arbo e encargadas a empresas locais.

Os traballos consistieron no desaloxo do escombro almacenado durante anos, arranxo de fiestas e portas, estucado e pintado de paredes, limpeza e desinfección e dotación de mobiliario, ademáis de melloras na fontanería e electricidade.

O Servizo que comenzará a funcionar a finais do verán, será compartido cos Concellos de Crecente e Salvatierra, e prestarase en Arbo dous días a semana. O servizo será financiados cunha achega da Xunta de Galicia e fondos propios municipais.

O alcalde de Arbo, informa que “O Servizo comenzará a funcionar a finais de verán e foi ben acollido polos docentes do centro educativo de Arbo”, Horacio Gil engade que “con esta mellora da Antiga Casa do Conserxe o Concello recupera un local que dende hai máis de 25 Anos estaba inutilizado”.

Está acción integral destinada a satisfacer os dereitos e necesidades dos nenos e nenas arbenses de ata 6 anos con transtornos no desarrollo ou en risco de padecemos e das súa prevención, e deste modo tamén, dar respuesta á necesidades de regular os servizos de atención temperá como Unha rede integral de responsabilidade pública e de carácter universal.

“Está è a primeira vez, que o Concello de Arbo, conta con este servizo, de manera gratuita e coa comodidade de que os nenos e nenas arbenses e as suas familias non terán que desprazarse a outros municipios para recibir estás accions, posto que o gabinete está situado no recinto do colexio público”, manifesta o rexedor de Arbo, Horacio Gil.

Dende o consistorio, aseguran que gobernó Arbense seguirá apostando pola educación, pola dotación de novas infraestructura, recuperación de locais municipais, creación de novos servizos para mellorar a calidades de vida da veciñanza de Arbo.

A Deputación constata grazas ao big data os bos resultados do turismo nas Rías Baixas

O destino Rías Baixas – Pontevedra Provincia conta cunha valoración moi positiva entre as e os internautas. A análise big data que está a facer a Deputación de Pontevedra para coñecer a percepción das usuarias e os usuarios das redes sociais e doutras plataformas dixitais constata unha óptima reputación do destino turístico. O informe bimensual de maio e xuño realizado pola firma líder Brandwatch, baseado en 282.275 mencións de máis de 80.000 autores e autoras con medio millón de impactos, reflicte un sentimento positivo de ata o 44% na conversa, mentres que a notoriedade da marca Rías Baixas experimenta un crecemento do 14% respecto ao bimestre anterior. A cultura e a oferta de turismo activo da provincia espertan un alto grao de interese entre as comunidades das redes.

“A Deputación é unha grande referencia na dixitalización e estes datos permítennos tomar decisións na promoción e desenvolvemento de produtos turísticos”, destacou a presidenta Carmela Silva. A máxima responsable da institución subliña que “Rías Baixas está consolidado como destino multiexperiencial, con valores recoñecidos como a riqueza paisaxística, as actividades de natureza e aventura, e a sustentabilidade”, o que supón “unha oportunidade de desestacionalización turística que é preciso aproveitar”.

A conversa positiva alcanzou o 32% en maio e o 44% en xuño, mentres que a negativa apenas chegou ao 3%. A presentación da campaña “É o teu momento” en Fitur 2021, as praias con bandeira azul ou a normativa de areais sen fume son os contidos de maior difusión. “Hai accións que xeran notoriedade e prestixio como os galardóns das campañas turísticas, as bandeiras azuis e a eliminación do tabaco nestes espazos, ou as accións de mobilidade amable”, explicou a presidenta, que salienta que “as administracións locais están a liderar o posicionamento de Rías Baixas – Pontevedra Provincia como un destino de excelencia”.

Outro dos aspectos que subliña o informe é o alto interese polos espectáculos e os eventos musicais, particularmente os Rías Baixas Fests. “O noso ecosistema musical é un elemento de atracción de persoas ao destino que debemos potenciar”, apunta a presidenta. A cultura é, xunto ao turismo activo, o recurso que xerou maior interese entre maio e xuño. No primeiro caso as mencións aumentaron o 188% mentres que na oferta de ocio e aventura a subida alcanzou o 572%.

Carmela Silva sinala que o destino “xera un sentimento positivo sen apenas impacto de noticias como a pandemia ou a masificación doutros lugares”, e chama a “preservar esta imaxe como elemento clave para a reactivación”.

Por outra banda, as iniciativas de responsabilidade social e de loita contra a contaminación reflicten un aumento do 250%, e constátase un alto sentimento positivo sobre o modelo de mobilidade amable do destino. Outro dos factores que inciden na boa reputación e a notoriedade da marca foron os sorteos da campaña #MomentosRíasBaixas, nos que as usuarias e usuarios subían imaxes de instantes especiais vividos na provincia acompañadas de comentarios. Publicáronse máis de 3.000, e participaron activamente 10.000 internautas. A campaña obtivo máis de dous millóns de impactos.

Nigrán ofrece as festas patronais de Santiago de Parada con distintas actuacións

0

O Concello de Nigrán ofrece esta fin de semana as festas patronais de Santiago de Parada con distintas actuacións a través do programa municipal #MúsicaNasParroquias financiado mediante a liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Así, a celebración arrancará o sábado 24 de xullo ás 19:00 horas no Torreiro de Parada coa show do Rey Midas pensado para a infancia ‘Carusso-Carulo, el chef mágico’. Despois da novena, ás 21:30 horas para adaptarse mellor ás novas restricións horarias, terá lugar a actuación estelar de ‘Proxy e os seus amigos’, espectáculo no que o músico e veciño de Parada contará coa colaboración doutros artistas e do grupo de baile de Gondomar LDanzia. Ao día seguinte, domingo 25, terá lugar o concerto da Banda de Música de Belesar.

A firma de cervexa artesá Trisk-Ale disporá de barra para bebidas no Torreiro xunto con Capitán Filloa.

Aberto o prazo de inscrición para o escape room urbano de Mondariz

0

Xa está aberto o período de inscrición para a actividade de escape room urbano no Concello de Mondariz, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) a través de Territorio Comanche. Baixo o nome de “Estrelas”, este escape room urbano ofrecerá diversión á mocidade mediante unha serie de probas que xirarán tematicamente arredor das contribucións das mulleres na historia da humanidade. En concreto, está concebida como unha homenaxe a oito mulleres pioneiras, valentes, independentes e extraordinarias que, de xeito moi diverso, deixaron unha pegada de progreso na historia da humanidade, mesmo poñendo en risco as súas propias vidas.

É unha actividade por equipos (3-5 persoas), dirixida a mozos e mozas de 12 a 17 anos, que estará dividida en charla técnica, orientación, escape room e gran proba final. Requerirá enxeño e traballo en equipo.

Para inscribirse, hai que contactar coa OMIX de Mondariz a través de correo electrónico ([email protected]) ou teléfono (680 964 461) até o día 4 de agosto. De seren completadas as prazas dispoñibles, non obstante, o período de inscrición podería pecharse antes.

Dentro da programación de verán, esta actividade compleméntase con outras que tamén levan o selo de calidade de Territorio Comanche, como a proba de orientación familiar Aventura-Tea e a proba de orientación nocturna Orienta-Tea. Aventura-Tea 2021 reuniu o pasado 17 de xullo a 150 persoas de diferentes idades na praia fluvial do Val. Orienta-Tea 2021, que este ano cambia de ubicación, está programada para o 11 de setembro. Todas requiren inscrición previa de equipos na OMIX de Mondariz, polo que é recomendable estar atentas ás redes sociais do Concello de Mondariz para máis información sobre estas actividades.

Presentación do libro “Páxinas da Guarda”

0

O pasado día xoves día 22 de xullo, a Casa dos Alonsos acolleu a presentación do Libro “Páxinas da Guarda”, un libro que nace durante o confinamento coa idea de facer unha selección que abarcase a historia da Guarda e da Comarca, recopilando aqueles artigos de Antonio Martínez, Celso Fariñas e José Ángel Gándara que se publicaron nos distintos libros de festas locais de diferentes municipios do Baixo Miño.

Procedeuse ao escaneado deses artigos publicados ao longo dos anos, para amosalos nesta publicación que está realizada a proposta de Infomaxe, baixo o patrocinio do Concello da Guarda.

Montserrat Magallanes, concelleira de Cultura, valorou moi positivamente esta iniciativa, agradecendo o labor realizado polos seus impulsores, pondo en valor un prezado material da historia da nosa vila.

Ponteareas conmemora o Día de Galicia

O Concello de Ponteareas conmemora este ano o 25 de xullo, Día da Patria Galega, cun acto no Auditorio Municipal aberto a todo o público. A sala multiúsos acollerá o vindeiro sábado 24 de xullo a partir das 21.00 horas a cerimonia de celebración, na que estará presente a corporación municipal e representantes de distintos colectivos ponteareás e na que está convidado a participar toda a veciñanza.

A conmemoración comezará coa lectura de manifesto por parte da escritora ponteareá Susana Lamela. Profesora e psicopedagoga, Lamela exerce no CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas e destaca pola súa aposta pola introdución na aula das metodoloxías activas e pola súa aposta pola educación innovadora e inclusiva.

O acto rematará cunha actuación musical a cargo de Uxía, unha das grandes embaixadoras da música galega. Con máis de 30 anos de carreira artística renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás con morna, faro e ritmos brasileiros. Con máis de 12 discos e unha morea de premios ás súas costas, a cantante é directora artística e alma mater do Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré.

Gondomar clausura a I edición do curso de Skate dirixido á mocidade

0

O Concello Gondomar despide esta semana a I Edición do curso de Skate, organizado pola concellaría de Xuventude, dirixida por Nuria Lameiro, para facilitar á mocidade a iniciación neste deporte urbano, e coñecer ademais das súas técnicas os seus beneficios.

Durante dúas semanas un total de 24 mozos e mozas participaron de luns a venres nestas clases nas que un monitor dáballes a coñecer as principais técnicas para manterse enriba das súas tablas, sempre primando a responsabilidade e a seguridade.

Curso que nace coa vocación de perdurar no tempo dado o interese que esperta entre as novas xeracións.

Os participantes gozaron e divertíronse tentando aprender os principios básicos do skate, un deporte do que tamén puideron coñecer, a través da información facilitada polo instructor, que tras as piruetas e saltos existen outros beneficios como son a mellora da coordinación e o equilibrio, a creatividade, o espírito de superación ou que é un bo medio para fomentar a nosa paciencia e liberar tensións.

Este I Curso de Skate, que se desenvolveu nas pistas inauguradas a finales do ano pasado no Concello de Gondomar, forma parte do programa de actividades organizado pola Concellería de Xuventude atendendo ás demandas dos máis novos e novas neste tempo de verán, alternativas pensadas para desenvolver no seu tempo de vacacións facilitando tamén a conciliación familiar.

Comeza o Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença

Hoxe venres, 23 de xullo, comeza Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença coas primeiras oito funcións da man de cinco compañías. Dende ás tres e media da tarde hora española e até a medianoite as rúas e prazas de Tui e Valença converteranse no escenario no que gozar de espectáculo de teatro, clown, música, …

O polifacético artista Antón Coucheiro, será o encargado de abrir o festival ás 15.30 hora española no Jardim das Amoreiras na Fortaleza de Valença, co seu  último espectáculo “Sonámbulo”. Trátase dunha comedia sen palabras a bordo dunha cama. É unha viaxe onírica na que atoparemos un bufón rosmón que non consegue durmir, un pallaso que conta ovellas, … Humor sen palabras, clown, teatro físico, efectos máxicos conforman esta comedia visual da que poderemos volver gozar ás 20.30 h no Paseo da Corredoira de Tui.

Arsenio Baruffi presentará o seu espectáculo “My Shoes” ás 16.30 h no Largo do Governo Militar na Fortaleza de Valença e ças 23 h no Paseo da Corredoira en Tui. My Shoes é un espectáculo de manipulación de obxectos e teatro de rúa que sorprenderá ao público con diversas técnicas e grandes efectos visuais.

Música e número de circo combínanse no espectáculo itinerante que o grupo portugués Farra Fanfarra ofrecerá dende ás 17.30 h pola Fortaleza de Valença e ás 21.30 h no Paseo da Corredoira en Tui.

Fredi&Cía achegan ás 18.30 h ao Jardim das Amoreiras na Fortaleza de Valença “Circanelo” no que se mestura teatro xestual, danza e acrobacia.  Volverá o sábado ás 16.30 na Praza do Concello en Tui. Para a función de Tui están xa esgotadas as entradas.

Por ultimo mañá venres, ás 22 h, no Paseo Fluvial, acollerá a Mamá Cabra en concerto co seu espectáculo máis recente “A fraga do meu avó”, que nace do amor pola natureza e do compromiso pola terra que coidaron os nosos avós e avoas.

[su_image_carousel source=”media: 41696,41693,41692,41694″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

Lembramos que para todos os espectáculos – salvo os itinerantes, é preciso reserva previa de entrada até 30 minutos antes do inicio ou até esgotar as prazas dispoñibles en www.tui.gal e www.visitvalenca.com

O festival conta con todas as medidas de seguridade derivadas da actual situación sanitaria con control de accesos, aforos limitados, desinfección con xel hidroalcohólico na entrada, uso obrigatorio de máscara, distancia de seguridade entre espectadores, …

Programación do venres 23 de xullo

  • Ás 15.30 h no Jardim das Amoreiras en Valença Antón Coucheiro presenta “Sonámbulo”.  Aforo 60 persoas.
  • Ás 16.30 h no Largo do Governo Militar en Valença Arsenio Baruffi. Aforo 50 persoas
  • Ás 17.30 h en Valença espectáculo itinerante Farra Fanfarra
  • Ás 18.30 h no Jardim das Amoreiras en Valença Fredi&Cia presenta “Circanelo”. Aforo 60 persoas.
  • Ás 20.30 h no Paseo da Corredoira Antón Coucheiro presenta “Sonámbulo”.  Aforo 120 persoas.
  • Ás 21.30 h no Paseo da Corredoira espectáculo itinerante Farra Fanfarra
  • Ás 22.00 h no Paseo Fluvial Mamá Cabra presenta “A fraga do meu avó”. Aforo 240 persoas.
  • Ás 23.00 h no Paseo da Corredoira Arsenio Barafuti. Aforo 120 persoas.

Direção-Geral das Autarquias Locais atribui Prémio Autárquico a Cerveira-Tomiño

Apresentada pela Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, a boa prática “Cerveira-Tomiño: um espaço naturalmente comum e verdadeiramente europeu” venceu a categoria “Diferenciação, Inovação e Criatividade” do Prémio Autárquico «Aristides de Sousa Mendes e outros salvadores portugueses – Holocausto, Valores Universais, Humanismo e Justiça», atribuído pela Direção-Geral das Autarquias Locais (DGAL), sob coordenação do Governo de Portugal, através dos Ministérios dos Negócios Estrangeiros e da Modernização do Estado e da Administração Pública.

O Prémio, integrado no «Projeto Nunca Esquecer – Programa Nacional em torno da Memória do Holocausto», é uma distinção honorífica e de natureza não pecuniária, entregue às autarquias que, por sua iniciativa ou em articulação com a sociedade civil, promovam práticas, programas ou projetos de elevado mérito e interesse público, em cinco categorias: «Coesão Social e Comunitária»; «Artes, Património e outros domínios Culturais»; «Modelar o Futuro sobre memórias e experiências vivas»; «Diferenciação, inovação, criatividade»; e «Fazer Acontecer».

O caráter diferenciador e inovador da cooperação transfronteiriça Cerveira-Tomiño foi distinguido com o prémio na quarta categoria – Diferenciação, inovação, criatividade-, destacando-se a filosofia base assente nos conceitos de “desfronteirização” e de “eurocidadania participativa”, promovendo ações e atividades promotoras da integração de políticas de proteção dos recursos naturais, de desenvolvimento económico sustentável e de coesão social no espaço transfronteiriço do Minho-Miño, através da cooperação inteligente entre as administrações, os agentes públicos e privados e da participação pública.

No processo de candidatura, a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira apresentou o trabalho conjunto desenvolvido desde assinatura da Carta da Amizade, em 2014, e a constituição da Eurocidade Cerveira-Tomiño, em 2018, e que acolheu o reconhecimento da parte do júri afeto ao Prémio Autárquico, por se enquadrar na homenagem à coragem, ao humanismo e europeísmo do Cônsul Aristides Sousa Mendes, contribuindo para que a paz na Europa perdure e comportamentos/acontecimentos discriminatórios nunca mais se repitam. Sob a máxima de que a verdadeira essência da Europa e dos Europeus precisa de ser continuadamente trabalhada para ser cimentada, valorizada e nunca cair no esquecimento, a Eurocidade Cerveira-Tomiño apresenta-se como uma boa prática na convergência entre ambos os concelhos, preconizados num território comum, utilizando o fator fronteiriço como uma oportunidade para o desenvolvimento territorial e socioeconómico, com maior igualdade e melhor qualidade de vida, de acordo com as prioridades definidas no âmbito europeu.

‘Cocreando Sociedade’ comeza a dar forma a novas iniciativas para un O Rosal máis inclusivo

0

‘Cocreando Sociedade’ avanza a bo ritmo e xa está a dar forma a novas iniciativas que permitan facer do Rosal un municipio máis inclusivo. Trátase dun proxecto piloto participativo e transversal impulsado polo Concello para estreitar lazos entre colectivos entre tecido asociativo, administración local e entidades que traballan a prol da diversidade e a través do que xa están a deseñar de forma conxunta estratexias e iniciativas inclusivas.

Tras as sesións participativas presenciais coas que arrancou o proxecto, durante este mes de xullo o proxecto continuou con tres sesións participativas online a modo con pequenas salas nas que se recreou o espírito de traballo en equipo en pequeno formato para detectar necesidades e desenvolver as diferentes ideas formuladas.

Durante este tempo, a Agrupación Musical do Rosal, o Club Atlético Novás, o Unión Ribera O Rosal, o Club de Ciclismo do Rosal, Galiña Azul do Rosal, CRA Maríai Zambrano, CPI Manuel Suárez Marquier, a Asociación San Xerome e a Asociación Avelaíña participaron nestas accións de mentorización que buscaban “capacitar a todas as entidades participantes para elaborar plans de acción pilotos para novas ideas vinculadas coa inclusión no territorio de xeito participativo e asegurar así que nun futuro todas poidan seguir traballando en conxunto de maneira autónoma”, como explica a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.

Nestes encontros virtuais traballáronse tres iniciativas en paralelo centradas nas entidades deportivas, na apertura dos centros educativos e dos que traballan coa diversidade e coa música. Esta última será a primeira actividade do ‘Cocreando Sociedade’ que vexa a luz: o vindeiro domingo 25 de xullo a Agrupación Musical do Rosal e as asociacións San Xerome e Avelaíña celebrarán unha experiencia sensorial durante o concerto de bandas sonoras de cine na Praza do Calvario. Nel as persoas con diversidade funcional ou enfermidade mental poderán experimentar de primeira man e dende o propio escenario o que é dar participar nunha actuación musical, xa que ocuparán asentos en medio das e dos músicos para unha inmersión total na actividade.   Con estas iniciativas o proxecto ‘Cocreando Sociedade’ da resposta aos obxectivos cos que naceu, “aumentar a participación das persoas con diversidade funcional nas actividades cotiás do tecido asociativo, xerar sinerxías entre todas as entidades implicadas, contar coas propias persoas con diversidade funcional no deseño de actividades e poñer en valor o gran tecido asociativo que temos no Rosal”.

Nigrán tripite con Carlos Núñez este verán en Monteferro

0

O Concello de Nigrán ofrece unha terceira oportunidade o día 7 de agosto ás 11:00 horas para todos aqueles que se quedaran sen entradas para ver a Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro o 6 e 7 de agosto ás 20:00 horas, citas nas que se esgotaron en tempo record. O gaiteiro internacional, que debutou o ano pasado neste marabilloso escenario natural tamén con ‘sold out’ en sendas citas de ‘Lugares Máxicos’, ofrece agora estas tres actuacións en dous días que se encadran na xira conmemorativa do 25 aniversario de ‘A irmandade das estrelas. As entradas deste concerto matinal están xa á venda a través de ATAQUILLA cun custe de 20 euros + gastos de xestión, sendo un aforo reducido por mor das circunstancias sanitarias.

“Tripite por aclamación popular porque as entradas voan en cada anuncio que facemos, agora con esta matinal daremos resposta novamente aos que quedaron coas ganas de ir e, de seguro, a moito público de carácter máis familiar.Carlos Núñez e o miradoiro de Monteferro forman unha simbiose insuperable, é unha sorte contar co mellor gaiteiro do mundo no que consideramos o mellor escenario do mundo para conmemorar un disco que mudou a Historia da nosa música”, incide o alcalde, Juan González.

“O concerto de Monteferro foi a sorpresa do verán pasado para todos nós. Os artistas e o público sentimos dende a primeira nota que estabamos a vivir unha experiencia única. Como unha peregrinación musical a un paraíso frente ao mar, na que fixemos amizades que viñan de todas partes. E como unha gran familia, prometimos facer tradición e reencontrarnos un ano despois”, explica o propio gaiteiro, quen recoñece que “Monteferro é un deses paraísos onde as veces veño a tocar, na intimidade, só para min e para a natureza. Porque ten un dos solpores mais impresionantes do mundo. A diferencia cos de lugares como Bahía, Rio de Janeiro, ou California é que, mentres que alí a xente aplaude como se o sol e a terra ofrecesen un show, nós cecais sentímos ese intre como unha cerimonia. Según os nosos arqueólogos, os antigos habitantes de Monteferro e dos castros da costa de Galicia xa sabían moito de todas estas cousas”, sinala o gaiteiro, quen levará a súa xira a lugares entre outros como o Dolmen de Menga (Málaga), os Xardins da Atalaya en Jerez, a Ciudadela de Jaca, a Quincena Musical Donostiarra ou a Clausura do 50 aniversario do Festival Interceltico de Lorient.

Novamente, co obxectivo de respectar ao máximo á singularidade deste espazo natural e de facelo coa mínima intervención, só se reservarán cadeiras para persoas con problemas de mobilidade, xa que o obxectivo é gozar da música sentados no propio chan, nun ambiente íntimo e en comunión coa contorna.

Tomiño pon a punto os campos de fútbol do municipio para a nova tempada

0

O Concello de Tomiño comezou nestes días obras de mellora no Campo de Fútbol do Regatiño de Goián, consistentes principalmente na substitución do céspede artificial, que conta xa con 15 anos de antigüidade, e na reposición de varios asentos das gradas, que se atopan deteriorados.

Ademais da instalación do novo céspede, de nova xeración, que ofrecerá unha maior resistencia ao desgaste, colocarase por debaixo unha capa amortiguadora de caucho que reducirá o impacto e prolongará a duración e a capacidade de uso do céspede, servindo tamén para reducir os custes de mantemento, unha cuestión importante tendo en conta o uso intensivo que soporta o campo, empregado por máis dun centenar de deportistas de todas as categorías do Goián F.C.

As obras, nas que se investirán máis de 205.000 euros, de fondos municipais procedentes de  remanente líquido de tesourería para gastos xerais, veñen a mellorar o equipamento deportivo municipal e dotar á poboación dun espazo de xogo en condicións idóneas para o seu uso.

Campo de fútbol do Alivio

Ao igual que no campo de fútbol do Regatiño, a administración municipal quixo aproveitar que as instalacións deportivas se atopaban pechadas para facer unha posta a punto doutros equipamentos. Así, a concellería de Deportes que dirixe Fran Campo Lago está rematando o acondicionamento do Campo de Fútbol do Alivio, no que as obras foron máis complexas, xa que consistiron no cambio de herba natural por artificial; construción de ramplas de acceso ás gradas e dun túnel de acceso aos vestiarios, etc. O investimento neste caso roldou os 350.000 euros, procedentes do Plan Concellos 2018/2019 da Deputación.

Tamén se acondicionaron as pistas de tenis e de pádel da Área deportiva do Mosteiro para poder desenvolver os campus de verán e se levou a cabo labores de mantemento no Campo de Fútbol da Carballa.