A Guarda

A Guarda pecha a Festa da Langosta con récord de participación

A Guarda pechou onte a vixésimo oitava edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira e o fixo batendo récord de participación xa que pola vila guardesa pasaron, nos dous días e medio de festa ─abríase oficialmente ás 9 da noite do venres─, máis de 20.000 persoas que tiveron a ocasión de gozar dunha oferta gastronómica de máis de 24 pratos de cociña puramente mariñeira acompañada de viños da subzona do Rosal da D.O. Rías Baixas.

Máis de 50 deportistas, na XXIII Travesía a nado do Porto da Guarda

Na mañá do sábado día 7 de xullo de 2018 o Porto da Guarda acolleu a XXIII edición da «Travesía a Nado do Porto da Guarda», un evento deportivo ligado á celebración da XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira que dende o pasado venres celébrabase na vila da Guarda e que convería a localidade na capital indiscutible da gastronomía ligada ao mar e á calidade dos seus produtos.

Conta atrás para a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira da Guarda

O Concello da Guarda acolle, dende este venres día 6 de xullo, a XXVIII edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, Festa de Interese Turístico de Galicia e un evento que é unha das citas de máis sona dentro das festas gastronómicas de Galicia. Este evento gastronómico que conta cunha gran traxectoria, ofertará un total de 24 pratos da cociña mariñeira ademais de sobremesas, acompañados dos caldos da Subzona do Rosal da D.O. Rías Baixas.

MITIC e Celina da Piedade pratos musicais da Festa da Langosta da Guarda

Todo está disposto. Mañá venres 6 de xullo a Guarda comeza a vivir unha das súas festas grandes, a «Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira» que con esta acada a súa vixésimo oitava edición e que, ao longo de tres días e excelencia gastronómica aparte, ofrece a veciñanza e visitantes unha ampla e variada programación que, na súa vertente musical, ten en MITIC e Celina da Piedade os seus pratos fortes.

Suscribirse a este canal RSS