Luz verde do Goberno de Carmela Silva á reforma do aparcadoiro de Chapela

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar este luns a nova achega para o concello de Redondela, dentro da Liña 1 do «Plan Concellos 2018», por un valor total de 60.327,12 euros, coa que se financiará a reforma do aparcadoiro anexo á Alameda de Chapela.  O proxecto supón a retirada do parque infantil da zona para poder ampliar o espazo de aparcamento na zona traseira da Alameda. As obras tamén inclúen o asfaltado da explanada.

O Multiúsos da Xunqueira acolle a exposición «Cartografía de Galicia. O rostro dun país»

O alcalde de Redondela, Javier Bas, acompañado polo director e presidente da Fundación Penzol, presidiu a inauguración da exposición dedicada á evolución da cartografía en Galicia. Con esta mostra, promovida polo Servizo de Normalización Lingüística, tamén se realiza unha homenaxe a Domingo Fontán, figura escollida en 2018 para celebrar o Día da Ciencia en Galicia.

Redondela inicia as obras no Camiño Outeiro, na parroquia de Reboreda

O alcalde de Redondela, Javier Bas acompañado polas concelleiras María José Barciela e Carmen Amoedo, visitaron as obras de ampliación da calzada que se están a desenvolver no Camiño Outeiro, no barrio Anselle de Arriba, na parroquia de Reboreda. Os traballos contemplan a desmontaxe de varios muros lindantes co camiño e a construción dos mesmos cumplindo co retranqueo necesario para dotar ao camiño dun ancho suficiente para o paso seguro de dous vehículos.

Ethel Vázquez visita as obras da Avenida de Vigo en Chapela

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o alcalde de Redondela, Javier Bas, visitou hoxe as obras de humanización que se están a desenvolver na Avenida de Vigo, de Chapela a asegurou que a veciñanza, tras as obras que contaron cun investimento de 2,3 millóns de euros, "xa dispoñen dunha vía máis accesible e segura". Vázquez Mourelle explicou que o bo avance das obras permitiu acurtar prazos, adiantando ao verán de 2018 a súa finalización, prevista inicialmente para o mes de novembro.

A Deputación remodelará o aparcadoiro de Chapela, tal e como comprometera Digna Rivas

A Deputación de Pontevedra vén de anunciar que este próximo venres, en Xunta de Goberno, procederá a aprobación do proxecto de remodelación do aparcadoiro anexo á Alameda de Chapela, obras incluídas para o Concello de Redondela na Liña 1 do Plan Concellos 2018, e que contarán coa financiación da institución provincial por importe de máis de 60.327 euros. Cúmprese así o compromiso da deputada Digna Rivas coa veciñanza de Chapela "a pesar que Goberno municipal tramitara a solicitude a finais de marzo, nos últimos días de prazo" aunta a Deputación.

Redondela acolle un concerto de solidariedade coa ONG Égueire de Costa de Marfil

O vindeiro domingo día 8, a partir de primeiras horas da tarde, Redondela encherase dos sons e a cor inigualable de Costa de Marfil, nunha iniciativa que ten como obxectivo dar a coñecer tanto ese país situado no Golfo de Guinea, como o traballo que realiza a ONG Égueire que, con base na Coruña, traballa dende hai anos na concienciación e obtención de axudas para realizar proxectos de desenvolvemento nese país africano.

Digna Rivas, “a Deputación leva investidos en Redondela máis de 6.000.000 de euros”

A deputada de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra e concelleira do Concello de Redondela, Digna Rivas, compareceu hoxe ante os medios de comunicación para dar conta, polo miúdo, dos investimentos que a Deputación realizou no concello redondelán nestes tres anos. Unha comparecencia “obrigada”, dixo Digna Rivas, “polo silencio do alcalde de Redondela que non nomea os investimentos feitos pola administración provincial e, curiosamente, tan só se lembra dos realizados pola Xunta de Galicia”.

Suscribirse a este canal RSS