A Deputación destina 750.000 euros para a contratación de 102 persoas en 7 concellos

Os Concellos de Mondariz, Arbo e Covelo, amais Moraña, Pazos de Borbén, Portas e Silleda, vanse beneficiar das achegas acordadas pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na liña 3 de fomento do emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais do Plan Concellos 2018, e que supoñerá un investimento de preto dos 750.000 euros para a contratación de 102 persoas.

Mondariz contratará 19 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos 2018

O Concello de Mondariz, vén de solicitar a Deputación de Pontevedra unha subvención para a contratación de 19 persoas, ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos 2018, destinada ao emprego, iniciativa para a que destinará un orzamento total superior aos 119.000 dos que o organismo provincial achegará preto dos 116.000 euros sendo o importe restante aportado polas arcas municipais.

  • Publicado en Mondariz

Nigrán creará 26 empregos temporais ao abeiro do Plan Concellos 2018

O Concello de Nigrán creará este ano a través da liña 3 do «Plan Concellos 2018» da Deputación de Pontevedra, 26 postos de traballo temporal (21 peóns forestais, 2 albaneis e 3 conserxes) entre veciños en paro do municipio, o que suporá un importe total de 230.710,31 € dos que o organismo provincial aportará 225.333 € e o Concello 5.376,35 € (o salario mensual suporá preto de 900 €).

  • Publicado en Nigrán

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o «Plan de Práctica Laboral» 2018

A Deputación de Pontevedra vén de pór en marcha unha nova edición do Plan de Práctica Laboral nos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, a través do cal ofrece a estes 59 concellos un total de 162 bolsas de práctica laboral co obxectivo de promover e completar a formación de persoas con titulación universitaria ou formación profesional de ciclo superior, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación.

Redondela xa ten en marcha os traballos en «Leira da Xunqueira»

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, acompañado polo alcalde de Redondela, Javier Bas, visitaron os traballos que os alumnos/as traballadores/as do Obradoiro de Emprego «Redondela Vila Bela» están a executar na «Leira da Xunqueira», unha visita na que estiveron acompañados polo xefe territorial de Economía e Emprego, e a concelleira de emprego Maria del Carmen Amoedo.

Tomiño contratará a 25 persoas desempregadas para obras e servizos municipais

O Concello de Tomiño contratará a 25 persoas desempregadas para distintos postos de obras e servizos, contratacións subvencionadas ao abeiro do Plan Provincial de Obras e Servizos 2018-2019 de emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. Serán contratos a sete horas diarias e de entre 9 e 10 meses de duración.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS