Eva García "asume persoalmente" a solución aos problemas do edificio de Torneiros

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de asumir, persoalmente, a solución ao “gravísimo” problema de filtracións de auga que están a padecer, dende hai anos, os veciños dun edificio da Fase V de Torneiros. A Alcaldesa, que visitou varias veces o lugar e mantivo entrevistas e xuntanzas cos habitantes do inmoble, comprobou que, tal e coma sinalan os informes dos técnicos municipais, o “estado da terraza é desastroso".

Eva García cualifica de "acto de deslealdade" a visita do conselleiro de Sanidade

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de cualficiar de “acto de deslealde institucional” e “falla de respecto as porriñesas e porriñeses”, o feito de que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, visitase este venres o Centro de Saúde da vila e, “nin invitase nin tan sequera o comunicase á alcaldesa e ao Goberno municipal”.

As licencias de obra maior en Mos crecen un 37% "polo impulso do PXOM"

A implantación do PXOM no concello de Mos, aprobado definitivamente en xaneiro de 2017, fixo que o municipio experimente un "importantísimo" incremento no número de licenzas urbanísticas concedidas. No pasado ano 2018, segundo os datos que aporta o Concello mosense, "incrementáronse nun 16% as licenzas concedidas respecto das do 2017, mentres que en 2017 xa creceran un 6% respecto do exercizo anterior de 2016".

Todo preparado para a Cabalgata de Mos

O Colexio Mestre Martínez Alonso, en Castro-Mos, é estes días a fábrica de ilusión para os máis pequenos. No recinto do centro educativo estanse a dar os últimos retoques para que Mos volva ter a súa mellor Cabalgata de Reis. As carrozas están listas para recibir o vindeiro sábado a Melchor, Gaspar e Baltasar. A temática deste ano será a fantasía, polo que o universo, a música e os contos serán os grandes protagonistas da comitiva real.

Verónica Tourón, optará a ser a candidata socialista á Alcaldía de Salceda

Verónica Tourón, actual portavoz municipal do Grupo socialista e secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas, optará a ser a candidata do seu partido a alcaldía na vindeira cita electoral do mes de maio. A agrupación socialista local optou por facer un proceso "aberto e transparente" para a elección da persoa que encabece as listas nas próximas municipais, de tal xeito que as militantes ou militantes que así o desexen, poidan presentar a súa candidatura. En caso de non presentarse ningún ou ningunha, a elección de Verónica Tourón realizaríase de xeito directo.

Suscribirse a este canal RSS