Mos

Positivos resultados do Club Xadrez Mos no Campionato do Mundo

O 15 de novembro, chegaba ao seu fin cara ás 22:00 horas, o Campionato do Mundo de Xadrez Cadete; que durante dúas semanas celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, dúas semanas que, segundo o prpio Club Xadrez Mos "estiveron cargadas de experiencias inesquecibles, emocións, amizades e de moito xadrez de moi alto nivel”. O club mosense competía neste mundial con 15 mozos e mozas que acadaron uns resultados moi positivos.

Mos presenta as súas XV Xornadas Micolóxicas

O bar restaurante «Curuxeira» en A Rans, parroquia de Tameiga, acolleu a presentación da décimo quinta edición das Xornadas Micolóxicas de Mos, acto que contou coa presenza da alcaldesa de Mos e no que seu a coñecer o amplo programa de actividades, relacionadas coa micoloxía, que se van desenvolver ao abeiro desta iniciativa.

Mos inicia as obras de abastecemento ao barrio de Quintal

O Concello de Mos vén de dar comezo as obras de abastecemento ao barrio de Quintal, na parroquia de Louredo. Tal e como sinalaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro Servizos, Camilo Augusto, esta ampliación da rede de abastecemento de auga potable realízase nunha distancia de 350 metros lineais e dará servizo a 12 vivendas e a unhas 50 persoas, cubrindo así as necesidades de abastecemento no barrio do Quintal.

O vandalismo inhabilita, por segunda vez, a tirolina da Pesqueira en Mos

A concellería de Parques e Xardíns do Concello de Mos, que dirixe o edil Cándido Pérez, vén de denunciar o acto vandálico que causou desperfectos e inhabilitou a tirolina do Parque da Pesqueira, na parroquia de Mos. O elemento roto do parque infantil mosense atópase agora precintado á espera de recepcionar a peza necesaria para reparala e proceder ao seu arranxo e espérase que en poucos días poida volver a estar operativo para uso e desfrute dos moitos cativos que diariamente xogan nesta área de lecer municipal.

Os gañadores do Concurso de Redacción da Festa da Rosa gozan do seu premio

Os catro cativos e cativas que resultaron premiados no Concurso de Redacción da Festa da Rosa que se celebrou o pasado mes de xuño no Concello de Mos, e que se desenvolvía baixo o título «Que significa o Celta para ti», puideron gozar o pasado venres, 19 de outubro, do seu merecido premio, consistente nunha experiencia única co primeiro equipo do Real Club Celta.

Suscribirse a este canal RSS