a guarda 2019

A Guarda

Ultimos día de inscrición para o curso de camareiros/as da Guarda

Por segundo ano a Concellería de Turismo do Concello da Guarda ofrece un novo curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, que terá lugar do 9 de febreiro ao 6 de abril, o prazo de inscrición remata este vindeiro mércores, 6 de febreiro. O obxectivo principal é formar a novos camareiros, algo esencial de cara á profesionalización dun sector tan importante para A Guarda como é o turismo e a Hostalería, ofertando á veciños e visitantes un servizo de calidade e profesional.

As 'Barferencias' da Guarda seguen enchendo os locais

O pasado venres día 1 de febreiro de 2019 celebrouse a penúltima Barferencia da Guarda, unha charla centrada no 'Barrio de Mergelina, un modelo de restauración arqueolóxica' a cargo de Luis Francisco López González. Esta foi a cuarta Barferencia do ciclo 2018-19 e celebrouse no bar O Couto de Camposancos, contando cunha gran afluencia de asistentes o que denota a importancia que ten para a poboación guardesa o xacemento arqueolóxico de Santa Trega.

XII Gala do Deporte, o 15 de febreiro, no Centro Cultural da Guarda

O Centro Cultural da Guarda será o escenario o vindeiro venres día 15 de xaneiro da gran festa do deporte guardés coa celebración da XII Gala do Deporte. Neste evento recoñeceranse os logros e méritos deportivos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas da Guarda, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.

A Guarda amplía o horario de atención do Punto Limpo

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, ven de anunciar un cambio de horarios na atención que se presta aos cidadáns no Punto Limpo do municipio, ampliando o horario de apertura de xeito que se facilita o acceso a este servizo.

O 'Anel Verde' do Miño medra cunha nova actuación na Guarda

O convenio de colaboración asinado hoxe para o acondicionamento da praia do Muíño, na Guarda, porta do espazo natural protexido do Esteiro do río Miño e enmarcada dentro do proxecto Visit Rio Minho, consolida un novo treito do denominado 'Anel Verde' do río transfronteirizo formado por rutas galego-portuguesas, un dos maiores atractivos do sur da provincia. Esta actuación é especialmente importante á hora de recuperar un espazo natural de altísimo valor tanto turístico coma medioambiental.

Suscribirse a este canal RSS