a guarda 2019

A Guarda

A Guarda incrementa os efectivos da Policía Local

A Guarda ven de publicar a Oferta de Emprego Pública 2019 na que se inclúen 3 Policías Locais e un oficial de Policía local, 4 novos efectivos que formarán parte dos efectivos fixos deste corpo de seguridade para suplir as baixas e reforzar o cadro de persoal existente. Do mesmo, segun anunciou o Concello, teñense solicitado e aprobado na AGASP (Academia Galega da Seguridade Pública) 6 auxiliares de Policía Local que se incorporarán ao longo do ano como reforzo, coincidindo en activo a totalidade dos mesmos durante os meses de xullo e agosto.

A Guarda contará cun operativo ampliado de seguridade cidadá

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba comprometeu hoxe un operativo ampliado de seguridade cidadán para a localidade de A Guarda tras os roubos acontecidos nos últimos días. Larriba mantivo unha xuntanza co alcalde, Antonio Lomba, na que este mostrou a inquedanza que existe entre a veciñanza da súa localidade polos últimos roubos acontecidos na vila.

A Guarda intensifica a presenza policial

Na mañá do luns 18 de marzo o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, mantivo unha xuntanza no Concello co Comandante do Posto da Guarda, Eligio Rivas, de cara a trasladalle a preocupación de comerciantes, veciñanza e responsables municipais, polos roubos que últimamente véñense producindo na Guarda. 

O GES da Guarda participa nun simulacro de emerxencias internacional no río Miño

A pasada semana, un operativo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Guarda participou nun simulacro de emerxencias internacional no marco do proxecto ARIEM 112 con medios de emerxencias galegos e portugueses que contou coa participación de persoal da AXEGA, Guardia Civil, GES da Guarda, Armada Española, Helicóptero Pesca 1, GNR, Protección Civil, Capitanía Marítima de Caminha, INEM, Bombeiros Voluntarios de Caminha, entre outros.

Suscribirse a este canal RSS