A Cañiza

A Xunta avalía os danos dos incendios na Cañiza, Mondariz e Ponteareas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá os concellos da Cañiza, Mondariz e Ponteareas, co obxectivo de comprobar, xunto aos veciños e aos alcaldes, os danos causados pola vaga de lumes en diversas parroquias. Nas reunións tamén estivo presente o xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo.

A Deputación mellora a capa de rodadura na EP-5003 A Cañiza-Arbo

A Deputación de Pontevedra vai mellorar a capa de rodadura de varios treitos da estrada provincial EP-5003 entre A Cañiza e Arbo, no concello de A Cañiza. A intención, segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, é aumentar a adherencia das vías mediante a execución dunha capa de tratamento antiescorregadizo, acadando unha mellora notable da seguranza viaria.

Medio Ambiente licita o proxecto de mellora de abastecemento de auga da Cañiza

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio licita por 70.000 euros a redacción do proxecto construtivo da obra de mellora do sistema de abastecemento do municipo da Cañiza. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se da publicidade a este contrato que conta con fondos do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Unha persoa intoxicada polo fume dun pequeno incendio nunha fábrica da Cañiza

Unha persoa foi trasladada na mañá de hoxe a un centro hospitalario de Vigo logo de inhalar o fume que provocou un pequeno incendio na fábrica na que traballaba, no concello da Cañiza. Cara ás 8 horas, un particular daba aviso ao 112 Galicia, dando conta que ardían plásticos nunha fábrica situada no Polígodo Industrial do antedito municipio.

Suscribirse a este canal RSS