O Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible somete a información pública a modificación do proxecto de trazado para mellorar a seguridade viaria da estrada N-120 en Ponteareas, tras publicar hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE) a aprobación provisional do documento complementario ao devandito proxecto.
Tras os cambios realizados, recollidos no documento complementario, o proxecto inclúe a construción de dúas glorietas máis, a ampliación das sendas peonís previstas ao redor das glorietas e unha nova reordenación dos accesos á vía.

As obras contan cun orzamento de estimado de 3,35 millóns de euros (IVE incluído) e levarán a cabo no tramo da estrada N-120 comprendido entre o núcleo urbano de Ponteareas e a intersección do Confurco (aproximadamente de 5 km de lonxitude). As principais actuacións desenvolvidas no proxecto inicial son as seguintes:
- Acondicionamento de interseccións mediante a implantación de seis glorietas.
- Reordenación de accesos.
- Execución dunha senda peonil anexa á estrada.
- Extensión dunha nova capa de rodadura en todo o tramo.
- Adecuación da sinalización, o balizamento e as defensas á nova solución.
As modificacións incluídas neste documento complementario, en base ás alegacións admitidas no trámite de información pública, recollen, entre outras cousas:
- O deseño de dúas novas glorietas, unha no km 645,060 e outra no km 646,670. Así, en total, construiranse oito glorietas,
- Ampliación da senda peonil na contorna da glorieta do km 645,400.
- Ampliación da senda peonil na contorna da glorieta do km 648,640.
- Unha nova reordenación de accesos á estrada N-120.
- Iluminación das novas glorietas con luminarias LED, que se complementará con reforzo lumínico nos pasos de peóns, na contorna das glorietas para dar continuidade ao itinerario peonil.
Esta actuación inclúese no programa de conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado, no que se investiron máis de 65 millóns de euros desde xuño de 2018 na provincia de Pontevedra.