'O Mar das Mulleres', proxecto para a visibilización das mulleres do mar

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á profesora universitaria, María Álvarez Lires, deu a coñecer hoxe a novidosa iniciativa 'O mar das mulleres' froito da colaboración entre a institución provincial e a Universidade de Vigo e no marco do proxecto 'Mar en Feminino', que lidera a Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Pontevedra. Silva destacou que se trata dun paso máis, o terceiro, trala creación da web marenfeminino.campusdomar.gal e a posta en marcha da exposición itinerante 'Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar'.

Digna Rivas, “Redondela non pode dar a espalda ao mar nin ás mariscadoras”

A Lonxa de Cesantes foi o escenario elixido pola candidata do PSdeG-Redondela á alcaldía, Digna Rivas, para manter un encontro co colectivo de mariscadoras, xuntanza que forma parte das reunións que a candidata socialista mantén con distintos colectivos e asociacións de Redondela. No seu encontro coas profesionais do marisqueo, Rivas salientou "o papel da muller e a súa contribución á economía do mar", poñendo en valor o traballo que desenvolven.

Nigrán acolle, dende o luns, a mostra 'Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar'

O salón de plenos do concello de Nigrán acollerá este luns, ás 12.00 horas, a inauguración da exposición da Deputación 'Achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar'. Trátase dunha mostra promovida pola institución provincial, en colaboración coa Universidade de Vigo, co obxectivo de darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño. Poderá visitarse de luns a venres, de 9:00 h a 15:00 horas, dende este luns ata o martes 26 de febreiro.

  • Publicado en Nigrán

O Okofen colócase líder da liga de Outono AXA J80 na súa xornada inaugural

O Okofen colocouse este sábado líder da liga de Outono AXA J80, a competición de monotipos do Monte Real Club de Iates que celebrou esta tarde a súa xornada inaugural en Baiona. A tripulación liderada por Javier de la Gándara, que partía como favorita, colocouse na cabeza da clasificación asinando un pleno de vitorias nas tres regatas disputadas cun vento que chegou ata os 25 nós, complicando a navegación dos veleiros por momentos.

  • Publicado en Baiona

A Deputación oferta obradoiros de poesía e mar en tres puntos da provincia

‘Poesía e Mar’ é o título xenérico do ciclo de obradoiros que oferta a Deputación, en colaboración coa AELG, e que terán lugar en tres concellos da provincia co obxectivo, segundo explicou esta mañá Xosé Leal, “de estender esta iniciativa polo territorio utilizando o mar como nexo común, para o que escollemos tres concellos correspondentes ás tres rías que temos na provincia”.

  • Publicado en Baiona

«Vigo Sea Fest», Carmela Silva subliña a "aposta do empresariado pola sustentabilidade do mar"

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, subliñou hoxe na presentación do «Vigo Sea Fest» a aposta pola sustentabilidade do mar e o concepto de igualdade en todas as actividades que van desenvolverse dende o próximo xoves. Silva asegurou que os “vigueses e viguesas non poden perderse unha festa vinculada ao produto estrela da pesca na cidade que é capital da pesca en Europa”.

Suscribirse a este canal RSS