Deporte e solidariedade no V Torneo Basket Sen Barreiras do C.B. Nigrán

Define a Real Academia Española, no seu diccionario, a palabra redundancia como "Emprego de palabras innecesarias para expresar unha idea ou concepto por estar xa expresado con outras palabras ou por sobreentenderse en elas". Así pois, e dende esa definición, os termos C.B. Nigrán e solidariedade son redundantes porque, no primeiro xa vai implícido o segundo.

  • Publicado en Nigrán

Máis dun cento de ciclistas, nas 'I Xornada de seguridade viaria no ciclismo'

Respectamos as normas?, sabemos o risco que corremos?, temos empatía co resto dos usuarios da estrada?, mellor máis guapo ou máis seguro?... son algunhas das reflexións que todos os participantes consideraron onte na 'I Xornada de Seguridade Viaria no Ciclismo' celebrada no Auditorio Municipal de Ponteareas e organizada pola Concellería de Tráfico e Seguridade Cidadá que dirixe Vanesa Fernández.

Preto de 200 deportistas de toda España, no 'Ponteved-Raid Val Miñor' de Nigrán

Nigrán será sede este fin de semana do 13 e 14 de abril da segunda proba da Liga Nacional de Raids de Aventura, respaldada pola Federación Española de Orientación (FEDO) e a Galega co apoio do Consejo Superior de Deportes e LaLiga4Sports e o propio Concello de Nigrán. Trátase da primeira vez que a comarca de Vigo celebra unha proba que combina orientación e deporte, competindo nela 178 corredores de toda a península repartidos en 61 equipos de 3 membros.

  • Publicado en Nigrán

Cando gañar convértese en costume. Outro título de liga para o C.B. Nigrán

Aínda estaba o CB Nigrán de celebración do título conseguido polo seu equipo benxamín, cando os maiores, os senior, decidiron unirse á festa proxlamándose campións logo de gañar o seu partido disputado na Illa de Arousa. Foi un partido, eso sí, moi complicado con varias baixas dos seus integrantes nunha cancha sempre dificil e cunha bancada moi envorcada no seus pero, aínda así, os de Nigrán conseguían facerse coa vitoria que os proclama matematicamente campións de liga.

  • Publicado en Nigrán

Xiramos, de Mos, segundo posto no Trofeo Don Quijote disputado en Toledo

O pasado 6 de abril, sábado, os rapaces da Agrupación de Patinaxe 'Xiramos' de Mos participaron no 'II Trofeo Don Quijote' en Santa Cruz de la Zarza (Toledo), obtendo un magnífico segundo posto na súa categoría do grupo 'Dentro del tiempo'. 'Xiramos' competía, amais, con outros dous grupos: 'Welcome' e 'Miradas en la noche'.

  • Publicado en Mos

Aberta a inscripción para a sexta edición do 'Triatlón Concello de Porriño'

O Concello de Porriño, a través da Concellería de Deportes e coa colaboración do Concello de Tui, pon en marcha a vindeira edición do Triatlón Concello de Porriño que terá lugar, dentro de dous meses, o sábado 8 de xuño. Trátase da sexta edición da proba posto que en 2018 non chegou a celebrarse polo terrible suceso de Paramos, en Tui. A organización decidía suspender a proba ao atoparse Tui de loito oficial e máxime sendo este concello o punto de partida da Triatlón coa proba de natación no río Miño.

Nigrán abre a inscrición da 'IX Travesía a nado Costa Serena'

A IX edición da Travesía a nado Costa Serena-Nigrán abriu o luns 8 de abril as inscricións a través da páxina web www.championchipnorte.com. Esta proba, que se celebrará o 7 de xullo en Praia América, é unha das travesías con maior participación de toda Galicia e espera reunir a máis de 500 nadadores procedentes de todo o noroeste peninsular. A travesía está organizada polo club deportivo Tumetapersonal, Atlantic Extrem Sports e o Concello de Nigrán.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS