Tag: trail
O V Trail Orixes Mondariz remata o prazo de inscrición con número récord de participantes
O Trail Orixes Mondariz, organizado pola Asociación Deportiva Mondariz e o Concello de Mondariz, rexistrou na súa quinta edición un número récord de 748 inscricións nas diversas categorías.
Este domingo chega o Desafioia
Este domingo terá lugar o trail Desafioia, evento deportivo que este ano complementa a súa programación cunha proposta musical pensada para o público familiar. A competición deportiva desenvolverase durante a mañá e terá como punto de saída o Mosteiro de Oia.
Chega unha nova edición do Trail Adventure Muíños do Folón
Todo listo para celebrar unha nova edición do Trail Adventure Muíños do Folón no Rosal. O vindeiro domingo 5 de marzo arredor de 500 corredores e corredoras daranse cita nun dos lugares máis emblemáticos do concello para participar na sexta edición dunha proba que cada ano supera as súas expectativas.
O Concello de Nigrán estrea en abril o trail ‘5 Miradoiros’
ncello de Nigrán estreará este mes de abril o seu propio trail ‘5 Miradoiros’ co obxectivo de fixar no seu calendario deportivo esta proba que fusionará deporte e natureza coas vistas máis espectaculares e descoñecidas do municipio.
Xa están abertas as inscricións para o V Trail Orixes Mondariz
O vindeiro 6 de maio terá lugar a quinta edición do Trail Orixes Mondariz, unha carreira a pé polos montes de Mondariz, Fornelos de Montes e Covelo organizada polo Concello de Mondariz coa estreita colaboración da Asociación Deportiva Mondariz.
Abertas as inscricións para o Trail Adventure Muíños do Folón
O Trail Adventure Muíños do Folón prepárase para unha nova edición. Xa están abertas as inscricións para participar nesta proba que conta coa colaboración do Concello do Rosal e que o vindeiro 5 de marzo volverá percorrer os espazos naturais rosaleiros.
Últimos días para inscribirse no IX Trail Trans Serra da Groba de Baiona
A Concellería de Deportes do Concello de Baiona atópase inmersa cos últimos preparativos de organización do IX Trail Trans Serra da Groba, que se celebra o vindeiro sábado 5 de novembro de 2022.
Éxito de participación no IV Trail Orixes de Mondariz
A cuarta edición do Trail Orixes, organizado pola Asociación Deportiva Mondariz coa colaboración do Concello de Mondariz, reuniu este sábado, 21 de maio, a máis de 400 persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia.
Deporte e entorno natural combínanse no Trail do Aloia que se celebra esta fin de semana
Esta fin de semana celébrase no Parque Natural do Monte Aloia en Tui o Trail do Aloia, un evento que forma parte do calendario de probas deportivas da Eurocidade Tui-Valença e do Pontevedra Trail League.
Presentación Trail Orixes de Mondariz
O Pazo Provincial da Deputación acolleu a presentación do IV Trail Orixes de Mondariz, unha proba deportiva que o 21 de maio trasladará ás e aos participantes aos “orixes da vida” ao transcorrer por paraxes únicas nas que poderán desfrutar dun percorrido que pasará por muíños, mámoas ou petróglifos.
Oia acolle o VIII Trail Desafío do Club Marqués de Vizhoja-Cornelios
No día de onte tivo lugar o VIII TRAIL DESAFÍO DE OIA, nunha paraxe espectacular e, tras un ano no que non se puido realizar tal e como se fixo ata a data por motivos relacionados coa Covid, este ano volveron ás orixes.
364 atletas iluminan a noite na V Urban Trail Night Eurocidade
Inquedanza, nerviosismo e tamén frío era o que sentían os participantes na avenida Miguel Dantas de Valença, minutos antes de darse a saída á V Urban Trail Night Eurocidade, que regresaba tras o parón de 2020 pola Covid-19.
O “Trail do Aloia” acelera o pulso dos atletas
“Que prova tan bonita, felicidades pola organización e ou percorrido” foron as primeiras palabras de Brais Otero, flamante do vencedor do “ Trail do Aloia” que se celebrou esta fin de semana no concello de Tui.
Baiona acolle o Trail Trans Serra da Groba
O pasado día 24 de outubro, finalizou o prazo de inscrición do 8ª Trail Maratón de Montaña “Serra dá Groba 2021” e será o vindeiro venres día 29 de outubro, desde as 17:00 horas ata as 21:00 horas, cando farase a entrega de dorsales a todos os participantes do Trail e Trailiño.
Abertas as inscricións para o Trail do Monte Aloia
O Trail do Monte Aloia, que sita en Tui, acadará os vindeiros días 6 e 7 de novembro unha edición que poderase convertir na mellor da súa historia. Xa está aberto o prazo de inscrición para dous días intensos.
Adrián Rodríguez e Eva Piñel gañan un Trail do Trega marcado pola feliz volta á competición da olímpica Julia Vaquero
O Trail do Trega coroou a Adrián Rodríguez, na categoría masculina, e a Eva Piñel, na feminina como gañadores da sétima edición da proba nunha xornada marcada pola recuperación para o mundo do atletismo de olímpica Julia Vaquero. As e os deportistas volveron demostrar na Guarda o seu compromiso coa competición amais de dar un exemplo de como realizar os protocolos sanitarios.
Pamela Pérez e Daniel Pazó, primeiros líderes da recen creada ‘Pontevedra Trail League’
Tras a disputa do 'III Trail Muíños do Folón', Pamela Pérez e Daniel Pazó convértense nos primeiros líderes da 'Pontevedra Trail League', unha competición que se estrea dentro da modalidade de trail. Ademais da proba do Rosal, tamén puntuará a do 'Románico' e o 'Trail do Tegra' que se celebrarán ao longo da tempada. A liga constitúe un novo aliciente para os deportistas e conta co apoio da Deputación de Pontevedra.
«Pontevedra Trail League», a nova aposta deportiva da Deputación de Pontevedra
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou hoxe a primeira edición da Pontevedra Trail League, iniciativa deportiva que conta coa colaboración da institución provincial e que xuntará a tres probas de referencia na provincia como son o Trail Adventure Muíños do Folón, o Trail do Románico e o Trail do Trega. No acto estivo acompañada por Anxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal; Mónica González, concelleira de Deportes de Silleda; Montse Magallanes, concelleira de Deportes da Guarda; Gorka Gómez, deputado de Deportes, e Justi Peixoto, organizador da proba.
José Manuel Gil e Belén Rodríguez, gañadores do «Trail Orixes» na distancia de Maratón
José Manuel Gil Bernárdez e Belén Rodríguez Vidal, proclamáronse vencedores da terceira edición do «Trail Orixes de Mondariz» na cateogría Maratón de 46 quilómetros. Pola súa banda, Alex Sanmartín González e Aroa Sío Seijo facían o mesmo na categoría de 26 quilómetros pechando o cadro de honra, Antonio Groba Pérez e Vanesa Villar Dieguez na categoría MiniTrail de 14 quilómetros.
O ‘V Trail-Andaina Desafío de Oia’ 2019 bate récord de participación
Os sempre espectaculares montes de Oia acolleron este domingo a disputa do 'V Trail-Andaina Desafío de Oia' que este ano, e con 588 deportistas inscritos, batía récord de participación. A diferenza de anteriores anos nos que a choiva e o frío foron protagonistas, nesta quinta edición a proba disputouse...