ACIP pide modificar a Ordenanza das plusvalías e eximir da mesma os bens embargados

Alternativa Ciudadana de Ponteareas vén de presentar unha moción, para o seu debate no Pleno da Corporación, na que pide que se modifique a Ordenanza Fiscal do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, a coñecida como Plusvalía para que, entre outras cousas, se poña como exención “os embargos realizados polas entidades financeiras”.

O goberno asegura que o PP tentou impedir a aprobación das súas propias contas

O goberno local de Ponteareas asegurou que o grupo do PP tentou evitar a celebración da Comisión de Contas e Facenda do xoves, 27 de agosto, pedindo máis tempo para analizar unhas contas que foron elaboradas polo propio PP nunha actitude que o goberno municipal cualificou de “inaudita e irresponsable”. O atraso, asegura o goberno tripartito, repercutiría nunha maior asfixia económica do Concello.

ACIP pide ao Concello que esixa á CHMS a reposición do lavadoiro das Cachadas

O grupo municipal de ACIP solicitou ao novo goberno local de Ponteareas que "non se de por decatado da finalización das obras de canalización do Regato dá Venda" ata que non se reparen os danos causados, durante as obras deste, ao lavadoiro Das cachadas. Os independentes de Ponteareas xa alertaran no 2014 sobre a posibilidade de que o lavadoiro quedara sen reparar unha vez rematadas as obras.

Os sete eixos do programa social de ACIP

Juan Carlos González Carrera, Candidato á alcaldía de ACIP, anunciou que se compromete a cubrir todas as necesidades de Emerxencia Social a través dun amplo Plan de traballo e seguimento, sempre que os cidadáns lle otorguen, nas eleccións do domingo 24 de maio, unha maioría suficiente para gobernar.

ACIP propón “achegar a Administración ao rural”

O candidato á alcaldía de Ponteareas por Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, salientou que “é preciso achegar á Administración aos veciños e veciñas do rural”. O candidato de ACIP, que esta noite estivo en Areas, estará mañá ás 21:00 horas no Centro Cultural de Xinzo, para o sábado e o domingo reuirse con veciños e veciñas de Angoares e Moreira.

ACIP creará un Gabinete Técnico Municipal para o Deporte

O candidato de ACIP á alcaldía de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, aproveitou o mitin celebrado na parroquia de Fontenla, para dar a coñecer as iniciativas que en materia deportiva, desenvolverá no caso de acadar responsabilidades de goberno logo das eleccións do día 24.

CxG afirma "alucinar" coa proposta urbanística de ACIP

Compromiso de Galicia de Ponteareas asegura que "alucinan" coa proposta urbanística feita pública estas pasadas datas por Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACIP), pola que os independentes, en caso de acadar responsabilidades de Goberno, converterían a Oficina Técnica Municipal nunha Axencia de Urbanismo. Para os galeguistas "iso é como decidir se un se chama Pepe ou José" o importante e que se pretende facer co persoal existente, sen incrementar custes e sen facer unha oferta de emprego pública.

ACIP afirma que hai "falta de vixilancia" na obras de Gas Natural

O candidato de ACIP, Juan Carlos González Carrera, vén de denunciar a situación na que se encontran moitas rúas da zona urbana logo das obras realizadas nas mesmas por parte da empresa Gas Natural. Segundo o candidato de ACIP a alcaldía de Ponteareas “o Concello non realiza ningún tipo de control ao remate das obras” quedando en moitas delas o firma en un estado deplorable.

Suscribirse a este canal RSS