26.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis

    Tag: venda ambulante

    A Cañiza leva hoxe a Pleno a ordenanza reguladora da venda ambulante no municipio

    O Pleno da Corporación da Cañiza que se celebrará hoxe, aprobará, inicialmente, a Ordenanza que regulará o exercicio da venda ambulante no termo municipal de A Cañiza, establecendo a Feira Tradicional da Cañiza que seguirá celebrándose todos os días 6 e 20 de cada mes (coa particularidade de que cando cadre en festivo manterase a súa celebración) e a Nova Feira da Cañiza que se celebrará todos os últimos e antepenúltimos domingos de cada mes.

    Aberto o prazo para a renovación e solicitude de postos de venda ambulante en Ponteareas

    Até o día 15 de decembro permanecerá aberto o prazo para a renovación das autorizacións de venda ambulante en feiras e mercados de Ponteareas. Dentro dese mesmo prazo poderanse realizar as solicitudes para obter a autorización para a adxudicación dos postos que queden vacantes.

    A Policía Local inspecciona a venda ambulante e detecta unha trintena de infraccións

    A Policía Local desenvolveu o pasado sábado un amplo operativo de inspección da venda ambulante na feira de Ponteareas detectando preto dunha trintena de infraccións que foron obxecto da correspondente denuncia.

    Ponteareas inspeccionará “e sancionará” o incumprimento de horarios e depósito de residuos da venda ambulante

    A Concellería de Medioambiente e a de Bo Goberno que dirixen Rosa Covelo e Roberto Mera, respectivamente, anunciaron que se “inspeccionará e sancionará o incumprimento dos horarios e o depósito de residuos na venda ambulante”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.