Tag: temporal
Problemas no alumeado público de Redondela polo paso do ‘Hortensia’
A causa do paso do temporal Hortensia, o Concello de Redondela sufriu diversas roturas e avarías na rede de iluminación pública o que deu lugar a deficiencias eléctricas e cortes de luz xeneralizados ao longo das 13 parroquias.
Protección Civil retirou árbores, postes, toldos e chapas derrubados polos refachos de vento
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Porriño informa que ao longo destes días realizou diversas intervencións para retirar árbores, postes, toldos e chapas derrubados polos refachos de vento.
Continúa a alerta laranxa por vento e temporal costeiro na provincia de Pontevedra
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de ampliar a alerta laranxa por vento activada para onte na Mariña de Lugo tamén ás provincias da Coruña e Pontevedra.
O mar de novo en alerta
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun novo aviso de nivel laranxa no mar que afectará ao litoral Noroeste, Oeste e Suroeste da provincia da Coruña e a todo o litoral da provincia de Pontevedra, con ondas que poderán alcanzar ata os 6 m. Agárdase que esta situación comece a partir desta madrugada.
Alerta laranxa por choivas na Cañiza, Covelo e nas Rías Baixas
A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dun fenómeno adverso de nivel laranxa por choiva, que afectará o interior da provincia de Pontevedra a partir desta mañá. Segundo a previsión, as precipitacións serán intensas.
Alerta laranxa por episodio adverso costeiro en Galicia
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa da chegada dun fenómeno adverso no mar que deixará ventos fortes e ondas de ata oito metros en todo o litoral de Galicia. Deste xeito, actívase a alerta de nivel laranxa a partir de hoxe, día 3 de decembro.
Peche temporal do paseo do río Maceiras de Redondela
A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Redondela, despois das chuvias torrenciais acaecidas o pasado 18 de Decembro, e previndo que as fortes precipitacións continúen os próximos días, decidiu pechar o paseo peonil que transcorre á beira do río Maceiras.
A Deputación activa o protocolo de seguimento do temporal na provincia
O goberno de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra activou na tarde deste mércores o protocolo de seguimento en emerxencias e estradas provinciais ante a alerta vermella emitida por Aemet ao fío do aviso para este xoves de fenómenos costeiros coincidentes coas mareas vivas, así como o risco de inundacións en zonas próximas ás beiras dos ríos.