19.5 C
Pontevedra
Domingo, 13 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: telefonía

    Aprobada a cesión de terreos da coa Comunidade de Montes de Xunqueiras – Couto ao concello da Cañiza

    Na sesión de hoxe, celebrada ás 9:00 h, o Pleno do Concello da Cañiza aprobou por unanimidade o texto do convenio de colaboración coa Comunidade de Montes de Xunqueiras – Couto, para a cesión de uso de 81 m2 de terreo, así como os permisos de acceso aos mesmos, nunha parcela próxima ao campo de fútbol do Couto.

    O alcalde anuncia que as operadoras de telefonía móbil na Cañiza despregarán 4G e 5G

    As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron que durante as próximas semanas realizarán na Cañiza o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz.

    As Neves adxudica a Vodafone un contrato de telefonía máis ventaxoso para o concello

    O novo contrato do servizo, por 12 meses, supón un importante aforro económico e unha mellora nas prestacións. Este cambio vén motivado pola análise dos actuais servizos contratados.

    A Plataforma pola Seguridade e a Privacidade Dixital denuncia a R Cable “polo tratamento das reclamacións na súa área de clientes”

    A PSPD –Plataforma pola Seguridade e Privacidade Dixital da que forman parte a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), Asociación de Internautas (AI) e Asociación Pro Derechos Civís, Económicos e Sociais (ADECES)– vén de denunciar ao operador R Cable e Telecable ante as autoridades de competencia e telecomunicacións "polo tratamento das reclamacións dos consumidores na súa área de clientes". As entidades consideran que o operador "podería estar a construír unha imaxe irreal da calidade dos seus servizos que vulneraría o dereito á información dos consumidores e que lle favorecería respecto a os seus competidores".

    “Vodafone” gañou a nova licitación do Concello do Porriño

    A oferta de “Vodafone” foi a mellor valorada entre as empresas de telefonía que presentaron plicas na licitación que ven de resolver e adxudicar a correspondente mesa de contratación celebrada polo Concello.

    Charla sobre facturación e reclamacións de telefonía móbil na Aula CeMIT de Tomiño

    A Aula CeMIT de Tomiño acolle o vindeiro luns 7 de outubro unha charla sobre a relación da cidadanía coas empresas que ofrecen os servizos de telefonía e Internet organizada en colaboración coa Escola Galega de Consumo, unha actividade que busca tanto informar sobre os principais aspectos que poden axudar a resolver problemas na factura de teléfono móbil.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.