8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: sigue o teu instinto

    “Sigue o teu instinto” coróase como a mellor película turística do mundo

    O audiovisual ‘Sigue o teu instinto’, a campaña turística da Deputación de Pontevedra en 2020, vén de acadar por segundo ano consecutivo o premio á Mellor Película Turística do Mundo na categoría de Produto Turístico no circuíto de premios audiovisuais turísticos CIFFT.

    A Deputación recolle o 9º premio do documental “Sigue o teu instinto” en Aveiro

    O audiovisual turístico da Deputación de Pontevedra “Sigue o teu instinto”, peza central da campaña promocional do destino Rías Baixas - Pontevedra Provincia en 2020, continúa o seu paso triunfal polo circuíto de festivais internacionais.

    Novo ouro no Tourism Film Festival de Turquía para “Sigue o teu instinto”

    O audiovisual turístico da Deputación de Pontevedra “Sigue o teu instinto”, peza central da campaña promocional do destino Rías Baixas - Pontevedra Provincia en 2020, continúa o seu paso triunfal polo circuíto de festivais internacionais.

    A campaña ‘Sigue o teu instinto’ da Deputación xa superou neste verán os obxectivos marcados para todo o ano

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer os resultados da campaña de promoción turística “Sigue o teu instinto”, que neste verán xa superou “con moito todos os obxectivos marcados para todo o ano” ao acadar máis de 24 millóns de impactos, cando o obxectivo anual era de 20 millóns”. Silva lembrou que esta campaña de difusión estivo enfocada a tres tipos de canles: Smart TV, redes sociais e medios de comunicación. “Os datos son espectaculares, sinalou, e isto ten que ver cos resultados que acadaron as Rías Baixas nos meses de verán”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.