12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: senda fluvial

    Mondariz asina un convenio coa CHMS para a ampliación e mellora dunha senda fluvial

    O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, e o concelleiro de Facenda desta mesma localidade, José Luis Fernández, foron recibidos este xoves polo presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, na sede desta institución para asinar un convenio de colaboración

    Mondariz levará a Pleno a mellora e ampliación dunha senda fluvial no río Xabriña

    O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, acordou coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil un convenio de colaboración para a execución dun proxecto de mellora e ampliación da senda fluvial da Coviña, que transcorre pola beira do río Xabriña, afluente do Tea e parte do espazo protexido pola Rede Natura 2000.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.