8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: santos héctor

    O Rosal acada un aforro enerxético do 70 % a través dunha achega do IDAE xestionada pola Deputación

    As rúas Xulio Sesto e Fornelos e a estrada da Loureza, no concello do Rosal, locen un novo aspecto tras ser renovados 46 puntos de luz a través dunha achega do IDAE que foi xestionada pola Deputación de Pontevedra. O deputado de Cooperación, Santos Héctor, achegouse ao municipio para coñecer de preto esta actuación, que contou cun orzamento de 23.700 euros e supón un aforro enerxético do 70 %.

    A Deputación porá o vindeiro ano 73 millóns a disposición dos concellos nun ‘plan de choque’ para reactivar á provincia

    Consolidar a recuperación económica nos concellos da provincia e inxectarlles maiores recursos para que poidan enfrontar o acceso aos fondos europeos, como principal ferramenta da reactivación, son os dous principais obxectivos da decisión da Deputación de Pontevedra que o ano que vén porá á disposición dos municipios 73 millóns de euros co Plan Concellos.

    O Servizo de Apoio Psicolóxico á veciñanza de Salceda de Caselas cumpre un ano co apoio da Deputación

    O Gabinete de Atención Psicolóxica á veciñanza de Salceda de Caselas vén de cumprir un ano despois de ser creado polo Concello en xullo de 2020 co apoio económico da Deputación. O deputado Santos Héctor, acompañado da alcaldesa, Verónica Tourón, visitou hoxe as instalacións que o servizo estreou no Centro municipal de Servizos Sociais na rúa Coruña. Na visita participaron tamén a tenente de alcalde, Loli Castiñeira; a concelleira Gela Ledo e a psicóloga e a traballadora social do gabinete.

    A Guarda acolle a campaña do proxecto DepoMar

    A praza Avelino Vicente do Concello da Guarda foi onte a nova parada da campaña informativa do proxecto DepoMar, que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha con financiamento europeo xunto á Fundación Biodiversidad para fomentar a protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas mariños en espazos da Rede Natura 2000 da provincia a través da participación activa e directa das mulleres mariscadoras.

    A Guarda reforza a súa oferta de deportes de praia e petanca reformando a área deportiva do Codesal co apoio da Deputación

    Transformar unha instalación deportiva infrautilizada e dedicada anteriormente ao fútbol nun complexo lúdico vinculado aos deportes de verán e á integración social foi o obxecto das obras acometidas polo Concello da Guarda co apoio da Deputación. O antigo campo do Codesal, na parroquia de Camposancos, é agora un complexo dedicado á práctica do volei-praia, balonmán-praia e fútbol praia, que inclúe, ademais, 16 canchas específicas para o xogo da petanca.

    Baiona completa o paseo fluvial de Baredo cunha achega de 170.000 euros do Plan Concellos da Deputación

    Percorrer a senda fluvial que transcorre a carón do Río da Fraga, situado preto do Monte Baredo, en Baiona, é unha actividade do máis atractiva tanto para a veciñanza de Baiona como para todas as persoas amantes da natureza que se achegan ao municipio do Val Miñor, un fermoso enclave que conta agora coa prolongación da súa pasarela gracias a unha achega de 167.300 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

    O Centro Municipal de Remo de Tui gaña en confort cun novo equipo de climatización con medidor de CO2 e novo pavimento

    O Centro Municipal de Remo do Concello de Tui vén de renovarse interiormente cunha achega de 58.000 euros da Deputación. As obras consistiron na climatización e renovación de aire, incluíndo a medición dos niveis de CO2 e a substitución completa do pavimento. Supoñen a terceira mellora destas instalacións dende o ano 2015, sempre con financiamento do Plan Concellos, e unha achega total que supera os 150.000 euros.

    Máis de 400 deportistas danse cita este domingo no ‘Trail Aventura Muíños de Folón’ no Rosal

    A cuarta edición do Trail Aventura Muíños do Folón chega este domingo ao Rosal cunha proba adaptada ao cento por cento á nova realidade. Máis de 400 persoas participarán nesta carreira cun percorrido de 15 quilómetros e un protocolo sanitario específico deseñado para velar pola saúde de todas as persoas: durante unha hora e media celébranse saídas de dous corredores cada 20 segundos.

    Mondariz estrea un parque infantil cuberto e recupera o local social de Tourón cunha achega de 70.000 euros da Deputación

    Mondariz vén de transformar dous espazos moi relevantes a súa veciñanza ao abeiro do Plan Concellos. Cun investimento total de 70.774 euros, a institución provincial deu un impulso aos servizos que ofrece o concello do Condado coa construción dun parque infantil cuberto e a instalación do tellado no local social de Toutón.

    Redondela inmortaliza nun monumento “a todas as persoas asasinadas por defender a República”

    Este 14 de abril, 90º aniversario da proclamación da II República española, foi a data elixida polo Concello de Redondela para inaugurar no alto da Concheira, un dos lugares máis vinculados á memoria histórica de Galicia, un monumento conmemorativo en memoria de todas as persoas asasinadas por defender a República, elaborado pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra.

    A Rúa do Calvario, na Guarda, volve a contar con pavimento de pedra grazas a unha achega de 122.000 euros da Deputación

    O Concello de A Guarda dá un novo paso a prol da calidade urbana e a posta en valor do seu patrimonio coas obras de urbanización da rúa do Calvario, que veñen de rematar despois dun investimento de 122.000 euros da Deputación a través do Plan Concellos. O deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor, e o alcalde, Antonio Lomba, percorreron hoxe esta vía que une o centro histórico coa capela da Nosa Señora da Guía e valoraron o resultado final. Estiveron acompañados da deputada Raquel Giráldez e os concelleiros Montserrat Magallanes e Miguel Español.

    Oia pon a punto o parque infantil de Viladesuso e o campo de fútbol das Tornas cunha achega de 80.000 euros da Deputación

    O Concello de Oia mellorou a súa oferta de lecer grazas a dúas achegas da Deputación de Pontevedra por valor de 80.000 euros ao abeiro do Plan Concellos. As obras fixeron posible a mellora do parque infantil de Viladesuso e tamén do campo de fútbol das Tornas. Os deputados provinciais de Cooperación, Santos Héctor, e de Cohesión Social, Olga García, visitaron hoxe as actuacións xunto coa alcaldesa Cristina Correa e o concelleiro José Manuel Rodríguez.

    As Neves mellora as súas infraestruturas rurais en Setados, Tortoreos e Vide cunha achega de máis de 85.000 euros da Deputación

    Un investimento de máis de 85.000 euros da Deputación de Pontevedra permitiu mellorar as infraestruturas municipais das que gozan os veciños das parroquias de Setados, Vide e Tortoreos. Unha vez rematadas as obras, hoxe foron supervisadas polo deputado de Cooperación, Santos Héctor, e o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez. Na visita participaron tamén a deputada Olga García, o tenente de alcalde, Marcelino Couto, e o concelleiro Óscar González.

    Salvaterra pon a punto as instalacións do campo do Casal e do pavillón de Leirado cunha achega de 240.000 euros da Deputación

    Salvaterra de Miño goza duns espazos deportivos renovados grazas a unha achega de preto de 240.000 euros da Deputación de Pontevedra. As obras realizadas ao abeiro do Plan Concellos permitiron a substitución da superficie de herba artificial do campo de fútbol de O Casal e a dotación dunha nova cancha deportiva de madeira no polideportivo de Leirado. Os deputados provinciais de Cooperación, Santos Héctor, e de Deportes, Gorka Gómez, supervisaron as actuacións xunto coa alcaldesa, Marta Valcárcel e o concelleiro de Deportes, Edgar Martínez.

    Deputación e Concello de Salceda recuperan a antiga escola de Vendanova para convertela nun centro integral de atención a persoas con Alzhéimer

    A Deputación de Pontevedra vén de dar un novo impulso á mellora da calidade de vida da veciñanza do Concello de Salceda de Caselas nos ámbitos da asistencia social e o deporte coa rehabilitación integral da antiga Escola de Vendanova e a mellora das instalacións deportivas municipais do campo de Penedo Redondo. O deputado de Cooperación Municipal Santos Héctor visitou, xunto á alcaldesa Loli Castiñeira, e tenente de alcalde, Verónica Tourón, as novas instalacións, que contaron cun investimento total de 187.239 euros ao abeiro do Plan Concellos.

    A Cañiza reafirma a súa aposta polo rural con 178.000 euros para obras de pavimentación e traída de augas financiadas pola Deputación

    O Concello da Cañiza mellorou os accesos, así como os servizos de varios núcleos rurais do municipio grazas a achegas do Plan Concellos da Deputación, cun orzamento de preto de 178.000 euros. O deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor, quen visitou algúns destes traballos xunto ao alcalde Luis Antonio Gómez Piña e a deputada provincial Olga García, subliñou que son obras que teñen en común “a dotación de prestacións de calidade para fixar poboación no rural”. Na visita participaron tamén, por invitación da Alcaldía, representantes de tódolos grupos da Corporación municipal.

    A Deputación reafirma o seu compromiso con Nigrán coa estrea da Praza da Carrasca e garante as sendas peonís de Chandebrito e Parada

    A praza da Carrasca xa está recuperada para o desfrute da veciñanza de Nigrán e, especialmente, da parroquia de Parada. Os deputados de Cooperación, Santos Héctor, e de Infraestruturas, Gregorio Agís, visitaron hoxe a actuación, na que se teñen investido 73.795 euros con cargo ao Plan Concellos, acompañados polo alcalde, Juan González.

    O plan ‘DepoRemse’ da Deputación leva a Ponteareas un novo espazo urbano do século XXI na contorna dos principais equipamentos da vila

    A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva e o alcalde de Ponteareas Xosé Represas veñen de visitar as obras de transformación da contorna da piscina municipal, do centro deportivo Álvaro Pino e do centro de saúde que nun prazo de tres meses van configurar un renovado espazo, propio do século XXI, no acceso á vila.

    O plan ‘Deporemse’ da Deputación, “cámbialle a cara” ao Porriño entre o colexio, instituto e pavillón de deportes

    O Concello do Porriño está a poñer en valor a súa zona de equipamentos escolares e deportivos coa humanización executada no marco do Plan de Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse) da Deputación de Pontevedra. Os deputados provinciais Carlos López Font e Santos Héctor, acompañados pola alcaldesa, Eva García de la Torre e representantes municipais, visitaron hoxe a contorna, que loce un aspecto totalmente renovado de cara ao comezo do novo curso escolar.

    Baiona benefíciase das obras da avenida de Sabarís baixo o modelo de mobilidade segura promovido pola Deputación

    As obras realizadas na avenida urbana de Sabarís, en Baiona, unha das zonas de maior tránsito do centro da vila, para adaptalas ao modelo de mobilidade segura da Deputación, no que prima a accesibilidade peonil, foron cualificadas como un acerto polo deputado provincial Santos Héctor durante a visita que realizou, acompañado polo alcalde, Carlos Gómez. A actuación fixo posible a humanización integral do espazo urbano no que se sitúan puntos de encontro como o Centro de Día, a Escola de Educación Infantil O Areal, o parque infantil e a praia da Ladeira.

    A Deputación pon en valor o centro de Crecente acondicionando a contorna do centro de saúde, colexio, residencia e pavillón de deportes

    O núcleo municipal de Crecente afronta unha completa transformación grazas ás obras de mellora integral da mobilidade e accesibilidade executadas no marco do Plan de Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse) da Deputación de Pontevedra. Os deputados provinciais Carlos López Font e Santos Héctor, acompañados polo alcalde, Julio César García-Luengo, visitaron hoxe esta actuación, na que a institución provincial investiu 426.300 euros.

    A Deputación recupera para as persoas o antigo Campo da Feira da Devesa de Salceda

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou hoxe xunto á alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira; aos deputados de infraestruturas e Cooperación, Gregorio Agís e Santos Héctor, amais da tenenta de alcalde, Verónica Tourón e integrantes do Goberno local, dúas obras levadas a cabo con achegas da institución provincial neste concello cun investimento próximo ao millón de euros, a urbanización do antigo Campo da Feira da Devesa, incluída no Plan DepoRemse, e a actuación de mobilidade sostible na estrada provincial EP-2505 ao seu paso polo núcleo urbano.

    A Deputación reafirma a súa aposta pola eficiencia enerxética na Semana Gobal de Acción polo Clima

    No marco da Semana Mundial de Acción polo Clima a Deputación de Pontevedra vén de realizar esta mañá unha acción simultánea centrada na eficiencia enerxética e protagonizada polas deputadas Olga García e Iria Lamas e os deputados Gregorio Agís e Santos Héctor Rodríguez. As deputadas e deputados provinciais visitaron á mesma hora os concellos de Meaño, Poio e O Porriño, onde a Deputación está a impulsar un proxecto para substituír puntos de luz por luminarias LED.

    Tui inviste case que 76.000 euros nos novos vestiarios e baños do ‘Álvarez Durán’

    As instalacións deportivas Álvarez Durán contan con novos vestiarios e baños tras o investimento de case 76 mil euros realizado polo Concello de Tui ao longo dos últimos meses. Máis polo miúdo o concello tudense investiu preto de 70.000 euros do Plan Concellos na renovación dos vestiarios e 6.000 euros de fondos propios na renovación dos baños.

    A Deputación ultima as obras das novas instalacións de atletismo do Porriño

    O concello do Porriño contará nas próximas semanas co novo e moderno equipamento deportivo para a práctica do atletismo, que financia ao cen por cen a Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Reequilibrio (800.000 euros) e o Plan Concellos (200.000 €).

    Santos Héctor supervisa en Mondariz as obras de mellora dos campos municipais da Lagoa

    As obras para a dotación e mellora de infraestruturas nos campos municipais de fútbol da Lagoa, en Mondariz, entran no tramo final de execución, estando previsto que estean rematadas a finais do mes de setembro. O proxecto está financiado na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra con 529.962,31 euros ao abeiro do Plan de Reequilibrio e do Plan Concellos.

    O GES da Guarda participa nun simulacro de emerxencias internacional no río Miño

    A pasada semana, un operativo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Guarda participou nun simulacro de emerxencias internacional no marco do proxecto ARIEM 112 con medios de emerxencias galegos e portugueses que contou coa participación de persoal da AXEGA, Guardia Civil, GES da Guarda, Armada Española, Helicóptero Pesca...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.