19.7 C
Pontevedra
Martes, 15 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: san xoan

    Nigrán valora novas medidas para o vindeiro San Xoan

    O Concello de Nigrán recibíu na pasada noite de San Xoan unha aglomeración de xente seguramente sen precedentes na historia do municipio.

    O Concello de Nigrán asume a organización das festas de San Xoan co Grupo América

    O Concello de Nigrán asume este ano ao 100 % a organización das festas de San Xoan de Panxón ante a ausencia de comisión. Así, ademais de confeccionar as tradicionais fogueiras na praia, como novidade nesta edición será o Concello quen, a través do seu programa 'Música nas Parroquias', ofrecerá toda a programación socio-cultural .

    O Concello de Nigrán abre ata o 13 de xuño o prazo de solicitude para facer fogueiras en San Xoan

    O Concello de Nigrán abre o prazo ata o 13 de xuño inclusive para solicitar autorización para facer unha fogueira en San Xoan. As persoas físicas ou xurídicas deben dirixirse ao Rexistro Xeral do Concello ou Sede Electrónica, onde farán constar na solicitude o lugar elixido para facela.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.