16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: san pedro

    Nigrán organiza as festas patronais de San Pedro co novo espectáculo do ‘Bruxo Queimán’

    O Concello de Nigrán continúa co seu programa ‘Música nas Parroquias’ organizando as festas patronais de San Pedro da Ramallosa coa gran actuación do ‘Bruxo Queimán’ o 28 de xuño (22:30 horas) no Torreiro de San Pedro.

    Comeza o asfaltado de nove rúas de San Pedro e a posta en valor do cruceiro de Mallón, en Nigrán

    O Concello de Nigrán iniciou o asfaltado de nove rúas da parroquia de San Pedro de A Ramallosa por importe de 151.145 € a cargo do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra despois de agardar máis de tres anos por todas as autorizacións.

    O Concello culmina con San Pedro e Nigrán o estudo da microtoponimia das súas sete parroquias

    O Concello de Nigrán conclúe coas parroquias de San Pedro e Nigrán un traballo de cinco anos e máis de 13.000 € de investimento para recompilar toda a microtoponimia da localidade. Durante este tempo o Concello contratou sucesivamente ao Clube Espeleolóxico Maúxo para realizar Chandebrito e ao Instituto de Estudios Miñoranos para Priegue, Panxón, Camos, San Pedro e Nigrán, entregando o IEM estes dous últimos traballos esta semana

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.