10.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: roteiro canino

    Nigrán organiza o domingo 11 o seu «I Roteiro Canino» en Monteferro

    O Concello de Nigrán ofrece o domingo 11 de setembro o seu 'I Roteiro Canino' por Monteferro coa organización a cargo do Rey Midas. Este partirá ás 12:00 horas do Monumento á Mariña Universal para percorrer 3,2 kilómetros polos sendeiros desta península. Os interesados en participar deben inscribirse previamente a través dun formulario web en www.nigran.es ou ben no propio lugar de 11:00 h a 11:45 horas. Ao finalizar esta andaina circular, sobre as 13:15 horas, organizaranse actividades que constarán de diferentes premios.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.