Tag: río miñor
O río Miñor rexistra un incremento significativo do seu caudal ao paso pola localidade de Gondomar
Nas últimas horas, o río Miñor presentou valores de caudal por riba dos limiares establecidos, polo que, desde o 112 Galicia, foron informados os servizos de emerxencias da zona para que adoptaren as medidas de prevención correspondentes.
A Xunta inviste 2,6 millóns de euros para reducir o risco de inundacións nos ríos Zamáns e Miñor en Gondomar
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou un investimento da Xunta de 2,6 millóns de euros para reducir o risco de inundacións nos ríos Zamáns e Miñor, en Gondomar.
A Xunta activa o Plan Especial de Risco por Inundación ante a suba do caudal do río Miñor
Os sistemas de control e seguimento da Rede de Aforos de Augas de Galicia indican que a seguinte estación continúa en seguimento ao superar os limiares.