Tag: reactivación económica
A Deputación celebra este luns a webinar destinada a pemes e persoas autónomas sobre “axudas públicas á reactivación”
'Axudas públicas á reactivación' é o título da charla en formato webinar que, organizada pola Deputación de Pontevedra, terá lugar este luns 6 de xullo ás 10.00 horas. O evento, que se desenvolverá a través da ferramenta Zoom, terá como poñente a Fernando Picón experto en xestión empresarial, innovación, dixitalización e internacionalización.
A Xunta presenta a empresariado e sindicatos o Plan de Reactivación e Dinamización para relanzar a actividade económica
A Xunta de Galicia presentoulle onte a responsables da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e dos sindicatos UGT e CC.OO. o Plan de Reactivación e Dinamización de 2020, dotado con máis de 3.000 millóns de euros e que ten como obxectivo recuperar a actividade económica de Galicia, xerar emprego nos sectores máis golpeados pola covid-19 e fortalecer os servizos públicos.
Arbo presenta un plan de reactivación para o turismo, comercio local e empresas fronte aos efectos da COVID-19
O Concello de Arbo estuda medidas de reactivación para o sector turístico, comercio local e empresarial de Arbo, a través dun plan de reactivación deseñado polo Goberno municipal. O alcalde, Horacio Gil, reuniuse con representantes dos distintos sectores, para presentar o Plan e abordar medidas de reactivación ante a crise sanitaria e social polo coronavirus, así como para recoller as propostas e demandas de todos os sectores de Arbo.
ACiP negocia do Goberno local o incremento das partidas económicas para a reactivación comercial de Ponteareas
O portavoz do grupo municipal de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, anunciou hoxe o acordo acadado co Goberno local de cara a incrementar as partidas económicas destinadas ás axudas a empresas e autónomos que están a pasar unha complicada situación.
A ‘Mesa de Reactivación Local de Redondela’ recolle máis de 100 propostas para o estímulo económico do municipio
O Concello de Redondela, abría o pasado 24 de abril, un proceso de participación para que o sector produtivo do municipio, asociacións e partidos políticos, puideran presentar medidas específicas para a reactivación da economía local, logo da parálise sufrida como consecuencia da crise sanitaria da COVID-19 e estado de alarma decretado.
Mos pon en marcha un Estudo do Impacto Económico da COVID-19
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, vén de anunciar a realización dun Estudo do Impacto Económico do COVID-19 en Mos, traballo que se fará a través do contacto directo con todas as empresas do municipio. No estudo, confeccionado polo Concello de Mos, están a traballar cinco técnicos e técnicas a Axencia de Colocación e conta, sinala o Concello "coa implicación de todo o equipo de Goberno local".
Tui traballa na posta en marcha un Plan de Reactivación Económica Local
O Concello de Tui traballa na posta en marcha dun Plan de Reactivación Económica Local co que busca facer fronte as consecuencias económicas derivadas da crise provocada polo COVID-19. Consensuado por toda a corporación municipal, esta actuación terá coma principal destinatarios ás empresas e as persoas autónomas do municipio.