21.6 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda oferta tres novos obradoiros gratuítos para comercio, hostalaría e empresas

    A Guarda oferta tres novos obradoiros gratuítos para comercio, hostalaría e empresas

    Plans de Marketing para Campañas Comerciais, Venta a través das principais redes sociais e Venta online web e a través de marketplaces son as propostas formativas que se ofertan entre febreiro e marzo.

    O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local oferta nos meses de febreiro e marzo tres obradoiros de xeito gratuíto dirixidos a comercio, hostalería e empresas.

    Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio local, iniciada xa no ano 2020 por mor da situación sanitaria e que, a finais de 2021, propiciou a realización de dous obradoiros e que, nesta primeira parte de ano 2022, inclúe un obradoiro para a realización de Plans de Marketing para Campañas Comerciais, outro sobre Venta a través das principais redes sociais e un sobre venta online web e a través de marketplaces.

    No obradoiro sobre Plans de Marketing para Campañas Comerciais os participantes terán a oportunidade de aprender cales son os pasos necesarios para actuar ante unha campaña comercial elaborando un Plan de Marketing, porqué é necesario facelo e cales son os seus beneficios, así como os pasos a seguir para a súa correcta elaboración, ferramentas e aplicacións que axudan á súa correcta execución. Terá lugar o venres 18 de febreiro ás 20:30 h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.

    O sobre Ventas a través das principais redes sociais permitirá coñecer cales son as principais redes sociais do mercado que permiten a venda a través das súas plataformas, cales son as súa vantaxes e desvantaxes e como é o seu funcionamento. Terá lugar o venres 4 de marzo ás 20:30 h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.

    O último obradoiro para esta primeira parte do ano 2022 versará sobre Venta online web e a través de marketplaces, onde os participantes ampliarán información sobre as diversas plataformas de venda multicanal existentes no mercado, empregando unha comparativa que axudará a elixir cal é a máis axeitada en función de cada tipo de sector ou empresa, os seus custos e metodoloxías de traballo. Terá lugar o venres 18 de marzo ás 20:30 h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.

    Os obradoiros teñen unha duración aproximada dunha hora e media e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986 610 000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS