20.9 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Xullo de 2024
Máis

    Tag: quiosco

    Adxudicados os quioscos de praia en Nigrán

    O Concello de Nigrán ven de adxudicar os 8 quioscos de praia do municipio por un importe total de 160.480 € con prezos de licitación que oscilaron desde os 34.125 € de Praia América (cifra récord) aos 7.120 € do posto de churros de Lourido.

    Nigrán arrancará o mes de xuño cos quioscos de praia en pleno funcionamento

    O Concello de Nigrán ven de adxudicar os quioscos de praia do municipio por un importe total de 153.948 € con prezos de licitación que oscilaron desde os 30.525 € de Panxón aos 7.300 € do posto de churros de Lourido.

    Nigrán abre hoxe o prazo para presentar ofertas aos quioscos de praia do municipio

    O Concello de Nigrán abre desde hoxe e ata o 11 de maio o prazo para a presentación de ofertas para explotar os quioscos de praia este verán, sendo a tempada desde a resolución en maio ao 30 de setembro, igual que o ano pasado.

    O “Quiosco de Mucha” do Porriño trasnformarase en biblioteca escolar

    O coñecido "Quiosco de Mucha" do Porriño iniciará unha nova etapa este curso transformado en Biblioteca de Patio do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios.

    O Concello de Nigrán dispón xa dos quioscos de praia do municipio a pleno funcionamento

    O Concello de Nigrán conta xa cos quioscos de praia do litoral funcionando a pleno rendemento desde hai dúas semanas e así seguirán ata o 30 de setembro despois de que o ano pasado, por mor do confinamento que obligou a retrasar toda a tramitación, só estivesen 3 meses operativos.

    Sae a licitación para a explotación do quiosco permanente na Explanada do Horizonte no Rosal

    O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou este mércores 28 de abril a licitación para a explotación do quiosco permanente situado na Explanada do Horizonte no Camiño de Santiago ao seu paso por Portecelo.

    O Concello de Nigrán abre o prazo para presentar ofertas aos quioscos de praia do municipio

    O Concello de Nigrán abre desde hoxe e ata o 5 de maio o prazo para a presentación de ofertas para explotar os quioscos de praia este verán, retomándose a tempada desde o 1 de maio (o ano pasado por mor do Covid-19 comezara o 1 de xullo) ata o 30 de setembro, tal e como publicou onte o BOP.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.