7.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: punto verde

    O Rosal pon en marcha un punto verde para xestionar os restos de poda e herbas

    O Concello mantén a súa aposta por facer do Rosal un municipio o máis sostible posible. Por este motivo, a partir da vindeira semana o Goberno municipal porá en funcionamento un punto verde, un espazo creado para axudar á veciñanza a xestionar os restos vexetais que non poden ser depositados nos colectores verdes da rúa.

    O Plan de Compostaxe da Guarda permitirá a creación dun Punto Verde

    O Concello da Guarda, dentro da posta en marcha do seu Plan de Compostaxe que inclúe reparto de composteiros que permitirán a posta en marcha da compostaxe doméstica, vai a proceder á creación dun “punto verde” ao carón do Punto Limpo da Sangriña.

    O Concello de Tui adquiriu unha biotrituradora coma paso previo á creación dun Punto Verde Municipal

    O Concello de Tui conta dende hai uns días cunha biotrituradora que vai optimizar o triturado de restos de poda municipal. É un paso máis para a próxima creación dun Punto Verde Municipal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.