12.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: porriño accede

    O Concello pretende crear co sector da automoción local unha bolsa de emprego regular

    David Alonso, concelleiro de Emprego, está a manter reunións telemáticas con empresas do sector da auto moción con diversas propostas de colaboración que inclúen o establecemento dunha bolsa de emprego regular en atención ás necesidades do sector da automoción na comarca.

    O programa “Porriño Accede” conseguiu 75 prazas de emprego

    O programa de formación e inserción "Porriño Accede" obtivo a inserción laboral de 75 persoas, todas elas residentes no municipio, durante este ano 2020. A maioría das inseridas no mercado laboral estaban desempregadas.

    Visita do concelleiro de Emprego a “Staroil”, empresa colaboradora co programa ‘Porriño Accede’

    Unha delegación do Concello do Porriño encabezada por David Alonso, concelleiro de Emprego realizou o pasado venres unha visita ás instalacións da estación de servizo da firma Staroil no polígono da Granxa.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.