Tag: porrigalia
Cortes de tráfico no centro do Porriño pola celebración de Porrigalia
A Policía Local do Porriño informou hoxe dos cortes e restricións de tráfico que se aplicarán os 22, 23, 24 e 25 de xuño no centro urbano pola celebración de Porrigalia.
A celebración de Porrigalia será os 22, 23, 24 e 25 de xullo
A vila do Louro acollerá os días 22, 23, 24 e 25 de xullo os xogos olímpicos do Porriño, Porrigalia. As festas que foron pospostas pola declaración de loito oficial na data na que estaban programadas, celebraranse nestes días para non pisar o resto de festas organizadas nas parroquias do municipio e poder cadrar axenda coas actividades que conformaban a programación.
Castrexos, galos, exipcios e romanos volverán a tomar O Porriño
Galos, castrexos, romanos, exipcios e gregos tomarán un ano máis O Porriño para disputar os Xogos Olímpicos nos que cada verán se miden estas civilizacións. O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polos concelleiros Bienvenio Estévez e Antía Carrera, e representantes do tecido asociativo e comercial da vila, presentou hoxe a programación desta edición de Porrigalia. Unha edición que aúna deporte, música, gastronomía, espectáculos para todos os públicos e moitas actividades infantís.
Os nenos do Porriño dan o pistoletazo de saída a Porrigalia 2023
O pavillón municipal acolleu hoxe a segunda edición de “Pre-Porrigalia”, un evento co que preto de 200 nenos de sete centros educativos do Porriño iniciaron a conta atrás para Porrigalia 2023, que este ano se celebrará os días 7, 8 e 9 de xullo.
O Porriño publica as bases para partcipar nas comparsas de Porrigalia 2023
O Porriño quenta motores para celebrar unha nova edición de Porrigalia. A concellería de Festexos vén de publicar as bases para participar nos desfiles de comparsas que terán lugar o venres 7 e o sábado 8 de xullo.
O Porriño recupera os seus xogos olímpicos, volve Porrigalia
O Porriño volve transformarse en sede dos xogos olímpicos que reúnen ás principais civilizacións. Galos, castrexos, exipcios, romanos e gregos loitarán esta fin de semana impoñerse nos VI XOGOS OLÍMPICOS DO PORRIÑO. PORRIGALIA 22.
O PP do Porriño pide ao Goberno local que explique os motivos polos que decidiu poñer fin a ‘Porrigalia’
O PP do Porriño lamenta que o Goberno local "faga oídos xordos ás reclamacións da veciñanza, comerciantes e hostaleiros" e decida poñer fin a Porrigalia, un evento que, sinala o portavoz dos populares Alejandro Lorenzo, "goza de gran recoñecemento e que repercute de maneira moi importante no comercio e a hostalería da vila".