11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: paseo do louro

    O BNG do Porriño solicita rematar a compra de parcelas no Louro

    O grupo municipal do BNG do Concello do Porriño vén de rexistrar unha moción solicitando ao goberno municipal comprar as parcelas pendentes de adquirir polo Concello no entorno do Río Louro. A concellaría de Urbanismo e Patrimonio dirixida entón polo Bloque, iniciou no 2021 un expediente para a adquisición de terreos que comprendían un ámbito de 20,285m2 e afectaban a 17 fincas particulares.

    O Porriño recupera e acondiciona un dos seus tesouros naturais, o Paseo do Louro

    O Goberno Municipal do Porriño, que preside Alejandro Lorenzo, vén de poñer en marcha un plan de recuperación e acondicionamento do paseo do río Louro a fin de recuperar este espazo como a alternativa verde de lecer saudable. A tal fin, o rexedor anunciou hoxe que xa se traballa na licitación do mantemento e limpeza da senda fluvial.

    O Porriño compra parcelas no Paseo do Louro

    A Concellería de Urbanismo e Patrimonio do Porriño, dirixida por Pedro Pereira, informa da sinatura en notaría das escrituras de compra de varias parcelas situadas na contorna do río Louro.

    O Porriño prepara circuítos no paseo do río Louro para camiñantes e corredores

    As Concellerías de Medio Ambiente e Deportes prepararon nestes días circuitos sinalizados no paseo do Río Louro cara ao inicio da denominada 'desescalada' o vindeiro sábado 2 de maio, xornada na que se permitirá saír a camiñar só ou en parella, así como a correr de xeito individual.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.