14.6 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: mesoamérica

    Deputación e Coordinadora Galega de ONGD, visibilizan o papel das mulleres mesoamericanas defensoras de dereitos humanos

    Por terceiro ano consecutivo a Deputación de Pontevedra e a Coordinadora Galega de ONGD impulsan 'Defensoras de Dereitos', un proxecto que ten por obxectivo visibilizar o papel que as mulleres mesoamericanas están a desenvolver para defender a equidade e os dereitos humanos. Neste 2020, o proxecto contempla a exposición itinerante 'Defensoras. Sementes de cambio' que percorrerá Pontevedra, Gondomar e A Estrada, un encontro online con mulleres que están a traballar na procura dos dereitos e a presentación duns libros de Lara Dopazo para concienciar á mocidade de secundaria.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.