21.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: mel

    A Deputación achega 40.000 euros a ASEFOGA para impulsar a produción de mel ecolóxico

    A Deputación de Pontevedra achegará 40.000 € á Asociación Sectorial Forestal Galega, ASEFOGA, para a realización dun programa formativo sobre a xestión e boas prácticas nos apiarios para o impulso da produción de mel ecolóxico.

    A Feira do Requeixo das Neves abrangue este ano un grande número de propostas

    A Feira do Requeixo e Mel deste 2019, a número 28, que se celebra nas Neves, abrangue este ano un gran número de actividades que irán sucedéndose durante varias semanas ate chegar aos días ‘centrais’ desta celebración, que este ano serán dous: o 19 e 20 de abril. O programa...

    BTT e sendeirismo nos prolegómenos da Feira do Requeixo e Mel das Neves

    O vindeiro domingo, 24 de marzo, ACD Sanomedio, coa colaboración do Concello das Neves, organizan a VIII ruta BTT 'Los 66 del Requesón', e unha nova ruta de Sendeirismo polos montes da vila. Ámbalas dúas actividades forman parte da programación da Festa do Requeixo, que terá lugar nas Neves...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.