Tag: mascotas
Gondomar inaugura o maior parque lúdico do sur de Pontevedra
“É unha gran satisfacción como alcalde poder inaugurar este gran espazo lúdico para a nosa cidadanía”, manifestou o rexedor de Gondomar Paco Ferreira, quen lembrou “que atende unha demanda de moitas persoas que reclaman lugares nos que sexa posible a convivencia de mascotas e os seus donos, co resto da poboación”. Obxectivo que entende “sitúanos no camiño marcado desde a Unión Europea de fomentar a construción e desenvolvemento de cidades máis sostibles e inclusivas”.
O Concello de Mos anuncia unha campaña de fomento da implantación do microchip nas mascotas
Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Can, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Medio Ambiente Sostible e Mocidade, Leo Costas, anunciaron onte a posta en marcha dunha campaña municipal de fomento da implantación do microchip entre as mascotas das familias do municipio.
«Mosto» e «Sura» viaxan dende o CAAN aos seus novos fogares en Asturias e Madrid
O Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra segue coa súa boa racha de adopcións neste inicio de ano e precisamente nestes últimos días dous dos cans que permanecían no centro atoparon un novo fogar fóra de Galicia, en concreto en Xixón e Madrid. As persoas que adoptaron a 'Mosto' e 'Sura' viñeron expresamente desde os seus lugares de residencia para levarse a estes cans, que levaban desde finais do pasado ano no centro.
Nigrán habilita o primeiro espazo de recreo para cans na Ramallosa
O Concello de Nigrán ven de habilitar o primeiro espazo específico de esparexemento para cans do municipio atendendo así a solicitude realizada por un grupo de veciños da Ramallosa. Este atópase no parque Carlos Casares (enriba da piscina mancomunada) e ocupa 350 metros cadrados en forma de 'L' que están deseñados para que os animais poidan estar soltos sen necesidade de correa.
Belén Villar presenta o seu proxecto ‘Pontecan’ para “mellorar a convivencia cos cans”
A portavoz e candidata do Partido Popular á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, presentou, onte outra das propostas que levará no seu programa electoral e que se engade á zona lúdica con piscinas xa presentada. Desta volta trátase dun proxecto que baixo o nome de 'Pontecan' va dirixida ás...