Tag: machismo
O Concello de Mos manifesta a súa “pública repulsa” polo concerto dun dos cantantes de trap “con letras máis machistas”
O Concello de Mos "en consenso e co asesoramento das técnicas e técnicos do Centro de Información á Muller, vén de facer público o seu rexeitamento e a súa pública repulsa polo vindeiro concerto de inicio da xira 'The Rockport Tour', do cantante de trap, Kid Keo nun local do municipio. Dito rexeitamento vén dado, sinala o Concello, polo feito de que "as letras deste cantante caracterízanse polos contidos e as expresións machistas, con comentarios denigrantes, despectivos e vexatorios sobre a muller".
Carmela Silva: “O machismo négalle ás mulleres o dereito a ser”
“Cando descubrín o feminismo dinme conta que non me ían poder parar, porque tiña un arma que non facía dano, que non mataba, a arma do pensamento feminista”. Carmela Silva fixo unha defensa férrea da importancia do feminismo para a sociedade nun coloquio organizado pola Agrupación Socialista de Baiona. “De...