8.5 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: luisa piñeiro

    As Neves reclama, da Xunta de Galicia, o 100 % do custo do Servizo de Axuda no Fogar

    Nunha reunión telemática mantida o pasado mércores 20 polo o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez e a concelleira de Benestar Social, Pilar González Santos, coa delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, o Concello foi informado do aumento de horas asignadas para a prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que supón unha subida de 552 horas, e sitúa As Neves en 20.364 horas de SAF, o que representa un incremento do 2,7 % respecto de 2020.

    A Xunta concede máis de 192.000 euros a seis asociacións e dez comercios do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta para impulsar o sector

    A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, anunciou que o Goberno galego vén de conceder unha axuda de 192.414 € a seis asociacións e dez comercios das bisbarras do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta. En concreto concédense subvencións á Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui (Acitui), Centro Comercial Aberto da Guarda, Adeto Tomiño, Mercado Municipal de Tomiño, Asociación Local de Comerciantes de Ponteareas e Praza de Abastos de Ponteareas.

    Mondariz e Covelo inauguran o obradoiro dual ‘Medrando entre todos/as’

    O obradoiro dual "Medrando entre todos/as", organizado conxuntamente polos concellos de Mondariz e Covelo, xa está en marcha. Este mércores, 30 de decembro de 2020, foi inaugurado oficialmente na sede da Escola Municipal de Música de Mondariz (antigo C.E.I.P. Riofrío-Vilar) coa presenza da delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro; o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros.

    O Rosal agradece a colaboración e compromiso amosados pola delegada territorial da Xunta na súa visita ao municipio

    A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e membros do goberno local mantiveron esta mañá a primeira visita institucional coa delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, na que se expuxeron as peticións e demandas da veciñanza con respecto ao executivo autonómico. Luisa Piñeiro garantiu a colaboración da Xunta co concello rosaleiro e comprometeuse a realizar de inmediato as primeiras xestións sobre os temas máis urxentes e a manter un contacto periódico co Concello do Rosal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.