Tag: jorge cubela
A Deputación celebra o seu primeiro pleno telématico que da luz verde ás novas medidas para paliar a crise do COVID-19
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, comunicou hoxe á Corporación provincial, no primeiro pleno telemático da súa historia, que convocará aos alcaldes e alcaldesas da provincia a fin de “avaliar cos concellos a situación que están a vivir e as consecuencias da crise sanitaria xerada polo Covid19”. Silva confirmou que o vindeiro mércores, 29 de abril, manterá unha primeira reunión cos alcaldes e alcaldesas dos 52 concellos de menos de 20.000 habitantes.