19.4 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis

    Tag: jesús vázquez almuíña

    Xunta e Concello do Porriño acordan axilizar a ampliación do Centro de Saúde

    Concello do Porriño e Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia acadaron hoxe un acordo polo que ámbalas dúas administracións poñerán o "máximo empeño" en axilizar prazos e execución das obras de ampliación do Centro de Saúde do Porriño. En virdude do convenio asinado, en dous meses licitarase a redacción do proxecto.

    Xunta e Concello do Porriño asinarán un convenio para a cesión da parcela para ampliación do Centro de Saúde

    A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén citar hoxe á alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre para que o vindeiro día 3 de setembro, ás 11 horas, asine en Santiago o convenio de cesión da parcela que permitirá ampliar o Centro de Saúde da vila da Louriña.

    A Xunta licitará a ampliación do Centro de Saúde do Porriño

    A Consellería de Sanidade licitará nos próximos días o proxecto básico de execución para a ampliación do Centro de Saúde do Porriño. Así llo confirmou o titular da carteira sanitaria, Jesús Vázquez Almuíña, ao voceiro dos populares porriñeses, Alejandro Lorenzo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.