19.5 C
Pontevedra
Domingo, 13 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: intelixencia artificial

    A nova webinar do Ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos da Deputación aborda o xoves a intelixencia artificial

    A cuarta sesión do I Ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos, que a Deputación de Pontevedra organiza en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias para achegar a ciencia á sociedade, abordará este xoves 5 de novembro diversas cuestións relacionadas coa Intelixencia Artificial.

    Nigrán empregará drons con intelixencia artificial para mellorar o control de aforo en Praia América e Patos

    O Concello de Nigrán mellorará o control do aforo dos seus principais areais (Praia América e Patos) mediante o emprego de drons equipados co sistema experto DGH Intelligent Watchful Vision desenvolvido pola enxeñería ubicada en Porto do Molle DGH, que cede o software altruístamente.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.