11.8 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis

    Tag: instituto de estudios agrarios mártires de sobredo

    O Teatro Principal de Tui acolle este sábado o acto cívico e social «Sobredo na memoria 100 anos despois»

    O Instituto de Estudios Agrario Mártires de Sobredo (IEAMSo) organiza este Acto cívico e social «Sobredo na memoria 100 anos despois», evento que terá lugar o sábado 19 de novembro a partir das 19 horas no Teatro Principal de Tui e no que se proxectará o documental Os sucesos de Sobredo, video gañador do premio 'De Escola a Escola', TVE-Galicia 1991.

    Conmemoración do 97 aniversario dos «Sucesos de Sobredo»

    Diversas entidades sociais concéntranse, este domingo 24 de novembro, en Sobredo, lugar da parroquia de Guillarei, no concello de Tui, para conmemorar os «Sucesos de Sobredo», no seu 97 aniversario. O obxectivo da convocatoria, segundo o Instituto de Estudios Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSO), organizadores do acto, é "manter vivo o significado do carácter social e reivindicativo duns feitos producidos, no 28 de novembro do ano 1922".

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.