14.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: hotel de insectos

    Mos instala o segundo ‘hotel’ para insectos de Galicia

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Julia Loureiro, visitaron o novo 'hotel' de insectos instalado desde o mércores na Veigadaña e que, xunto co que existe na Illa de Sálvora, son os únicos de Galicia. Este peculiar hotel forma parte das actuacións que está a desenvolver o alumnado do Obradoiro Municipal de Emprego Mos Peregrino no tramo do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso por Mos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.