13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: hackatlon

    Arranca o #SocialHack, primeiro Hackatlon online de innovación para o tercer sector que lanza a Deputación a través da SmartPeme

    Durante esta fin de semana terá lugar o “#SocialHack”, o primeiro Hackathon online de innovación, un reto tecnolóxico para o terceiro sector que lanza a Deputación de Pontevedra a través de SmartPeme. En total, danse cita virtualmente neste reto tecnolóxico máis de 30 persoas procedentes de Galicia, Madrid, Andalucía e Cataluña, que concursarán desenvolvendo as solucións tecnolóxicas máis innovadoras para facilitar a xestión das entidades sociais xa que, como sinalou a condutora do acto, Adriana Muñoz, de minube,“os momentos que vivimos están a demostrar que son clave e que sen elas non haberá crecemento intelixente.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.